Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Traballos presentados

Entre a violencia que perdura e a memoria que pervive. O recordo vivo dos Adrio.
Autoría
M.A.N.
Máster Universitario en Historia Contemporánea (3ªed)
Data da defensa
16.07.2025 09:30
Resumo
O obxectivo deste traballo é analizar a evolución da memoria das vítimas do golpe de 1936 en Pontevedra, tomando como exemplo á familia Adrio. Esta foi vítima directa das prácticas xenocidas o 12 de novembro de 1936. Porén, a violencia iniciada este ano prolongouse no tempo, afectando tamén aos seus familiares, quen deben ser integrados na análise da violencia golpista. Cada familia xestionou o trauma de maneira distinta, o que influíu na forma en que se transmitiu (ou non) a memoria. Por iso, resulta necesario atender aos factores que condicionaron esas dinámicas e como, co paso das xeracións, ocultar o pasado resultaba cada vez máis difícil. A recuperación de cartas, diarios e outros documentos persoais como as memorias inéditas de Germán Adrio Mañá (que serán aquí analizadas) permitiu en moitos casos descubrir verdades ocultas durante décadas. Arredor dos anos setenta, a reivindicación das vítimas comeza a manifestarse de forma pública, aínda que sempre condicionada polo relato herdado polos perpetradores. O diario de Germán preséntase neste sentido como unha ferramenta que cuestiona a memoria imposta polos verdugos e que contribúe á construción dun relato máis plural, crítico e menos incómodo.
Dirección
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ PRIETO, LOURENZO (Presidente/a)
LANERO TABOAS, DANIEL (Secretario/a)
GRANDIO SEOANE, EMILIO FRANCISCO (Vogal)
A folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 en Vigo: os nomes, os feitos e o porvir
Autoría
D.A.N.
Máster Universitario en Historia Contemporánea (3ªed)
Data da defensa
16.07.2025 11:00
Resumo
Ao igual que en todo o Estado español, o 5 de outubro de 1934 declárase a folga xeral revolucionaría en Vigo, paralizando a cidade varios días. Tralo seu sofocamento, comezan unha serie de medidas represivas contra o movemento obreiro organizado: a patronal en base a despidos; o Exército a través de causas militares e consellos de guerra, o Goberno civil cesando á corporación municipal… Na explicación deste proceso irán aparecendo unha serie de nomes e apelidos, tanto de militares e gardas civís, como de militantes de esquerda e dereita. Estes nomes seguirán presentes a partir do 18 de xullo de 1936, algúns como perpetradores e outros como vítimas, mais foron persoas que non apareceron dun día pra outro, senón que sempre estiveron aí.
Dirección
GRANDIO SEOANE, EMILIO FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
NUÑEZ SEIJAS, XOSE MANOEL (Presidente/a)
LANERO TABOAS, DANIEL (Secretario/a)
CABO VILLAVERDE, MIGUEL (Vogal)
MPC. Un xeoportal galego para a cidadanía
Autoría
S.A.S.
Máster Universitario en Patrimonio Cultural Dixital
Data da defensa
02.07.2025 09:45
Resumo
Nos últimos anos estamos achegándonos a novas realidades e posibilidades dixitais que poden ser exploradas dende o campo das humanidades. Neste marco, nace este proxecto baseado no desenvolvemento dunha aplicación a modo de xeoportal que tentará resolver a problemática de achegar a importancia do patrimonio á cidadanía de maneira amena. Esta nova proposta ofrece a posibilidade de aprender en canto ó patrimonio e contribuír na súa conservación de maneira colaborativa, sen necesidade de acudir a diferentes portais de información. Memoria, Patrimonio e Cidadanía (MPC) converxen na App, axudando a descubrir e redescubrir sentimentos e/ou recordos para moitos esquecidos. Deste xeito, preséntase un achegamento da conceptualización teórica, a par que unha aplicación real da mesma (Concello de Outes, A Coruña), converxendo desta forma o campo das humanidades co tecnolóxico nun diálogo común a prol do patrimonio. Viaxemos cara ó futuro tomando como punto de partida o presente, sen esquecer o pasado e coa tecnoloxía como aliada.
Dirección
MONTERROSO MONTERO, JUAN MANUEL (Titoría)
CHAVES FRAGA, DAVID Cotitoría
Tribunal
MUÑOZ ABELEDO, LUISA MARIA (Presidente/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Secretario/a)
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Vogal)
Un percorrido polo imaxinario popular galego a través da realidade virtual
Autoría
M.A.T.
Máster Universitario en Patrimonio Cultural Dixital
Data da defensa
20.02.2025 15:30
Resumo
Este traballo propón a creación dun proxecto para a divulgación de determinadas lendas e seres míticos do imaxinario popular galego a través da realidade virtual, de maneira que sexa posible interaccionar con elas. O obxectivo é estudar as lendas e os seres que as protagonizan, reflexionando sobre o seu significado no contexto social no que xerminaron, e dalas a coñecer en novos formatos adaptados á sociedade actual, dada a creba da súa transmisión espontánea. En concreto, abórdanse as lendas sobre mouras, cidades asolagadas, lobishomes, trasnos e as aparicións de ánimas, especialmente, da compaña. Mediante as novas tecnoloxías, a intención é crear un maior interese na cidadanía e fomentar a súa conservación de cara ao futuro, continuando como patrimonio vivo.
Dirección
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Titoría)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI Cotitoría
Tribunal
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Presidente/a)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Secretario/a)
CAPELAN FERNANDEZ, MONTSERRAT (Vogal)
As posibilidades dos Sistemas de Información Xeográfica. A evolución urbanística de Santiago de Compostela.
Autoría
J.M.B.N.
Máster Universitario en Patrimonio Cultural Dixital
Data da defensa
19.02.2025 10:00
Resumo
Esta investigación explora as potencialidades de QGIS, un Sistema de Información Xeográfica (SIX) cuxas funcionalidades e posibilidades expóñense e analizan a partir da aplicación desta ferramenta dixital a un caso de estudo concreto: Santiago de Compostela e a evolución do seu tecido urbano desde as súas orixes ata o século XIX. Neste traballo escrito recóllese pormenorizadamente o procedemento aplicado coa ferramenta no transcurso desta investigación e faise unha valoración do produto, co fin de dar a coñecer a utilidade destas magníficas ferramentas de difusión do patrimonio cultural.
Dirección
SANCHEZ PARDO, JOSE CARLOS (Titoría)
Díaz Rodríguez, Mikel Cotitoría
Tribunal
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Presidente/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Secretario/a)
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Vogal)
A infraestrutura verde de Santiago de Compostela
Autoría
J.B.Q.
Máster Universitario en Planificación e Xestión Territorial [S]
Data da defensa
21.02.2025 10:15
Resumo
A análise da infraestrutura verde de Santiago de Compostela destaca a importancia da rede fluvial e os bosques de ribeira como elementos clave para a cidade. Estes espazos multifuncionais proporcionan beneficios culturais, de regulación hídrica e de conservación da biodiversidade. É esencial establecer zonas de protección e amortecemento para garantir unha xestión adecuada. A presenza de especies exóticas como o eucalipto supón un risco para a biodiversidade, a pesar de ser unha fonte económica. Os bosques autóctonos, como o bosque atlántico, deben ser promovidos para mitigar o cambio climático e conservar ecosistemas sustentables. O acceso a espazos verdes é limitado en áreas urbanas densamente poboadas, afectadas polos efectos da illa de calor. Para mellorar isto, deberase priorizar intervencións en zonas con menor acceso a espazos verdes.
Dirección
MARTI EZPELETA, ALBERTO (Titoría)
Tribunal
Pérez Fra, Mª do Mar (Presidente/a)
VILA VAZQUEZ, JOSE IGNACIO (Secretario/a)
MARTI EZPELETA, ALBERTO (Vogal)
Relixión e conservación no Salón de Reinos. Un achegamento ao proceder de Filipe IV en materia de estado a partir das súas relacións coas Provincias Unidas dos Países Baixos
Autoría
M.C.B.
Máster Universitario en Historia Moderna: Monarquía de España Séculos XVI-XVIII
Data da defensa
15.07.2025 10:00
Resumo
Segundo a historiografía, a Monarquía de España seguiu durante o reinado de Filipe IV (1621-1665) unha política confesional, xustificando a súa belicosidade na defensa do catolicismo. Porén, no aparato propagandístico do Salón de Reinos do Palacio del Buen Retiro a relixión foi a grande ausente. O obxectivo do presente Traballo Fin de Mestrado é realizar un achegamento ao proceder de Filipe IV en materia de estado a partir das súas relacións coas Provincias Unidas dos Países Baixos, o seu maior inimigo protestante. Dado que se trata dunha aproximación, as fontes utilizadas son documentos diplomáticos e papeis de estado impresos e dixitalizados. Como resultado, obsérvase a primacía concedida por Filipe IV á conservación da súa Monarquía sobre calquera cuestión relixiosa, semellando que seguiu unha «razón de estado en conciencia». Unhas conclusións que abren paso ao estudo do talante político de Filipe IV e á renovación historiográfica da política, non só exterior, do seu reinado.
Dirección
SAAVEDRA VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
LOPEZ LOPEZ, ROBERTO JAVIER (Coordinador)
SOBRADO CORREA, HORTENSIO (Presidente/a)
Fernández Armesto, Mónica (Secretario/a)
CASTRO REDONDO, RUBEN (Vogal)
A construción da imaxe de Mariana de Austria a través de fontes literarias e iconográficas
Autoría
P.C.S.
Máster Universitario en Historia Moderna: Monarquía de España Séculos XVI-XVIII
Data da defensa
15.07.2025 10:00
Resumo
No presente traballo analizarase, a través de fontes literarias e iconográficas, a construción que a raíña Mariana de Austria experimentou da súa imaxe no ámbito textual e visual. Estas fontes teñen un carácter laudatorio e propagandístico, pero, como se verá brevemente, tamén se dará unha satirización da imaxe da raíña co fin de deslexitimala. Deste xeito, este traballo artellarase en dous grandes capítulos que se complementan entre si, xa que o primeiro contextualiza a traxectoria vital e política da raíña; e o segundo analiza a construción literaria e iconográfica que experimentou a súa imaxe.
Dirección
LOPEZ LOPEZ, ROBERTO JAVIER (Titoría)
Tribunal
LOPEZ LOPEZ, ROBERTO JAVIER (Coordinador)
SOBRADO CORREA, HORTENSIO (Presidente/a)
Fernández Armesto, Mónica (Secretario/a)
CASTRO REDONDO, RUBEN (Vogal)
Dixitalización cartográfica: unha proposta teórica para a Cidade Vella da Coruña
Autoría
D.C.F.
Máster Universitario en Patrimonio Cultural Dixital
Data da defensa
02.07.2025 09:00
Resumo
Este traballo pretende apoiar unha posible dixitalización patrimonial da Cidade Vella da Coruña. Neste sentido, preténdese recuperar o mapa como ferramenta dixital fundamental para a difusión do patrimonio, así como a posibilidade de crear unha relación máis estreita co cidadán. Para isto, créase un relato urbano coherente que nos aporta a información necesaria para levar a cabo o hipotético proxecto, ademais dunha análise crítica dos diferentes recursos dixitais que temos ao noso alcance e cales son útiles á hora de elaborar o noso mapa interactivo.
Dirección
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Titoría)
Tribunal
MUÑOZ ABELEDO, LUISA MARIA (Presidente/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Secretario/a)
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Vogal)
A evolución da capilla de música da catedral de Santiago entre as Cortes de Cádiz (1810) e o Concordato (1851)
Autoría
C.C.D.
Máster Universitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte
Data da defensa
25.06.2025 10:00
Resumo
Tras as Cortes de Cádiz, a redución do orzamento da capela de música da catedral de Santiago de Compostela implica rebaixas nos salarios dos seus músicos, obrigándoos a introducirse na vida civil na busca de segundos empregos. Os traballos de investigación publicados ao respecto, así como os artigos de prensa das décadas posteriores ao período que nos interesa, fixeron posible realizar unha revisión do tema, co obxectivo de comprender cara que tipo de eventos ou espazos se orientaron estes instrumentistas, ademais de analizar as consecuencias que isto terá tras a publicación do Concordato de 1851. Deste xeito, establecemos que, por tratarse esta etapa dunha transición, a localización dos músicos é máis ben itinerante entre as posibilidades da cidade: festas, a Banda de Música, o Teatro, etc., o que lles causaría problemas coa Igrexa e non favorecería a súa situación de precariedade; porén, non romperían o vínculo coa catedral. Isto constitúe una síntese do estudado por autores como Pilar Alén, María García Caballero ou Carlos Villanueva, profundizando así na tese que este último establece en “De la iglesia al salón: una crónica desde el concordato al motu proprio en Galicia (1851-1903)”.
Dirección
CAPELAN FERNANDEZ, MONTSERRAT (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ GONZALEZ, MIGUEL ANXO (Presidente/a)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Secretario/a)
DE LLANO NEIRA, PEDRO (Vogal)
Poboación, vellez e grupo doméstico nunha comarca de emigración. Caldevergazo (1752 a 1877)
Autoría
N.C.F.
Máster Universitario en Historia Moderna: Monarquía de España Séculos XVI-XVIII
Data da defensa
15.07.2025 10:00
Resumo
A partir da documentación recompilada nos arquivos, na que se inclúen fontes fiscais (Catastro de Ensenada), notariais (protocolos), demográficas (censos de poboación), este traballo realiza unha análise sobre a vellez na antiga xurisdicción de Caldevergazo, nun marco cronolóxico situado entre os anos 1752 e 1787. Por iso, entre as súas liñas inclúese a reconstrución do proceso de envellecemento e feminización da poboación comarcal, así como as condicións persoais dos anciáns e anciás, o ser protagonismo familiar, as características dos seus grupos domésticos, tamaño, estructura e composición, e os recursos de subsistencia e de asistencia vencellados ás fórmulas de coidado da vellez.
Dirección
FERNANDEZ CORTIZO, CAMILO JESUS (Titoría)
Tribunal
LOPEZ LOPEZ, ROBERTO JAVIER (Coordinador)
SOBRADO CORREA, HORTENSIO (Presidente/a)
Fernández Armesto, Mónica (Secretario/a)
CASTRO REDONDO, RUBEN (Vogal)
A silicose como reflexo da expansión industrial: A crise dos afectados pola industria do granito en Porriño e a comarca da Louriña (1980-actualidade)
Autoría
M.C.R.
Máster Universitario en Historia Contemporánea (3ªed)
Data da defensa
19.02.2025 12:00
Resumo
A industria do granito en Porriño comezou a súa andaina dende comezos do século XX. A partir das décadas de 1970 e 1980, experimenta unha forte expansión, traendo consigo a bonanza económica e a creación de numerosos empregos. Sen embargo, as pésimas condicións ambientais de traballo provocaron un alto número de intoxicados pola sílice que se suspendía no aire; como consecuencia centenas de afectados pola industria comezaron a sufrir silicose. A partir deste traballo búscase dar visibilidade á gran cantidade de afectados pola enfermidade, mais tamén se busca demostrar a relación que ten a expansión económica e a erosión da saúde dos traballadores. Para aliviar a situación deste contexto tan daniño foi necesario a acción de médicos e institucións sanitarias que destaparon os casos e demostraron que os niveis ambientais estaban lonxe de ser os adecuados. Ademais, a mobilización obreira foi esencial para acadar unha mellora nas súas condicións e tamén unhas compensacións dignas. A contextualización deste traballo establécese dentro do marco da Grande Aceleración e o Wasteoceno. A través das entrevistas e diversos documentos búscase chegar ao nivel de conciencia e responsabilidade que cada actor tivo dentro do proceso.
Dirección
BARCA , STEFANIA (Titoría)
Tribunal
LANERO TABOAS, DANIEL (Presidente/a)
DIAZ GEADA, ALBA (Secretario/a)
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Vogal)
A muller na portada do século XX. Estado do arte e proposta expositiva.
Autoría
I.D.L.
Máster Universitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte
Data da defensa
25.06.2025 10:00
Resumo
Este traballo ten como obxectivo a creación dunha proposta expositiva sobre os cambios no prototipo de muller ideal ao longo do século XX a través das portadas das revistas femeninas de alta gama. En primeiro lugar se analizarán os arquetipos propostos, poñendo atención na moda e no físico ideal de cada momento, recurrindo a exemplos do mass media. A continuación, farase un estudo das revistas femeninas, en concreto das de alta gama e as súas características. Por último, presentarase a proposta de exposición na que se combinarán as portadas elixidas con outros recursos que dan contexto a cada momento histórico. O obxectivo e amosar de maneira clara as transformación ás que víronse expostas as imaxes de muller que se presentan nos medios de masas.
Dirección
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ GONZALEZ, MIGUEL ANXO (Presidente/a)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Secretario/a)
DE LLANO NEIRA, PEDRO (Vogal)
A Nova Canción Latinoamericana: manifestación musical dunha efervescencia cultural global
Autoría
A.F.G.
Máster Universitario en Historia Contemporánea (3ªed)
Data da defensa
15.07.2025 11:00
Resumo
Este traballo aborda o fenómeno da Nova Canción Latinoamericana (NCL), coma un movemento cultural e unha expresión musical que se inscribe nun período de efervescencia cultural a nivel mundial na década dos anos sesenta. Se tentará afondar en como os procesos históricos, políticos, económicos e sociais acontecidos no contexto da Guerra Fría Latinoamericana afectan no eido cultural, concretamente no musical. A NCL estará fortemente marcada polos cambios estruturais globais, o desenvolvemento da Nova Esquerda e o impacto da Revolución cubana, coma catalizadora das esperanzas dos pobos latinoamericanos e as clases sociais oprimidas na súa loita contra o imperialismo norteamericano. Este horizonte ideolóxico marcará a produción musical da NCL, que seguindo a liña de revalorización da cultura propia, tomarán coma inspiración a música tradicional e folclórica das distintas rexións, neste traballo se tomará o caso de Cuba, Chile, Uruguai e Nicaragua, variantes rexionais dun fenómeno continental. Porén tamén se analizarán características musicais, poéticas e estéticas de xeito conxunto. Igual que o análise dos temas das letras, nas que se fala de compromiso social, identidade e loita revolucionaria de xeito común a todos os territorios latinoamericanos. Se buscarán transmitir eses mensaxes ao pobo a través de mecanismos de oralidade e grazas aos medios de comunicación de masa, coñecendo o potencial da canción para calar no público. Os músicos buscan relacionarse entre si, con lugares encontros e colaboracións musicais, que se construirán a NCL como un fenómeno artístico profundamente político e colectivo, que articulou unha voz e un mensaxe de resistencia e loita a través da música.
Dirección
REY TRISTAN, EDUARDO (Titoría)
Tribunal
Cagiao Vila, María Pilar (Presidente/a)
BARRAL MARTINEZ, MARGARITA (Secretario/a)
PAZOS PAZOS, M. LUISA JULIA (Vogal)
Os lugares sagrados do Lacio romano: unha aproximación dende a astronomía na cultura
Autoría
N.D.C.F.R.
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (4ªed)
Data da defensa
25.06.2025 13:00
Resumo
Nas últimas décadas, a astronomía cultural gañou popularidade e alcance, o que a converteu nunha disciplina consolidada entre outras especialidades arqueolóxicas. Neste senso, este proxecto pretende dilucidar se existe algunha relación entre a astronomía e o mundo relixioso romano, máis concretamente estudando a materialidade dos seus templos e santuarios. Para conseguilo, analizamos as orientacións de 25 templos, tanto da cidade de Roma como de diferentes partes da rexión do Lacio, construídos entre os períodos monárquico e republicano. Tras analizar estes datos, determinamos que o 68 % dos edificios analizados teñen unha clara orientación cara ao leste, con concentracións significativas nos puntos correspondentes á saída do Sol no Equinoccio e no Solsticio de Inverno. Estas cifras demostran, en primeiro lugar, que, efectivamente, existiu unha relación entre os fenómenos astronómicos e a arquitectura relixiosa romana. En segundo lugar, fan que nos preguntemos se os santuarios que se desvían deste patrón responden a dinámicas de orientación relacionadas con cultos locais ou se existen outras explicacións para estas anomalías.
Dirección
GARCIA QUINTELA, MARCO VIRGILIO (Titoría)
González García, César Cotitoría
Tribunal
Reboreda Morillo, Susana María (Presidente/a)
DIEZ PLATAS, MARIA DE FATIMA (Secretario/a)
VILLANUEVA ACUÑA, MANUEL (Vogal)
O cambio social, político e económico da Marina guardesa: a Cofradía de Pescadores 'Santa Tecla' da Guarda (1939-1975).
Autoría
S.F.M.
Máster Universitario en Historia Contemporánea (3ªed)
Data da defensa
16.07.2025 12:30
Resumo
Este traballo pretende aproximarse ao que foi o desenvolvemento da política social do franquismo para as traballadoras e os traballadores do mar a través das Cofradías de Pescadores, centrándose no caso da Cofradía de Pescadores 'Santa Tecla' da Guarda, coa intención de que, a través do estudo deste caso en particular, poidan obterse unhas primeiras conclusións que contribúan a unha análise máis ampla do fenómeno. Con todo, buscaremos aproximarnos a como é que a institución exerceu as súas funcións no contexto do barrio mariñeiro da vila, que recibe o nome da Marina. Afondarase, deste xeito, nas condicións de vida e traballo no barrio durante o período que nos concirne, así como no contexto político e institucional que derivou na creación da Cofradía. Así, o elemento central da investigación consistirá nunha análise global de todos os ámbitos da cotiandade que se viron afectados polas accións da confraría durante a ditadura, coa intención de profundar no grao de influencia real que tivo na vida dos mariñeiros. Finalmente, buscaremos comprender como é que o crecemento económico do barrio, comprendido no contexto de crecemento económico global do estado español e a súa flota pesqueira, afectou á vida cotiá e ás propias funcións desempeñadas pola confraría. Para a elaboración do traballo, foron principalmente utilizadas, ademais de bibliografía xeral e específica, fontes primarias de arquivo, en concreto do Arquivo municipal da Guarda e do Arquivo da Confraría de Pescadores 'Santa Tecla' así como un corpus de entrevistas orais realizadas a veciñas e veciños do barrio nacidos nas décadas dos trinta e os corenta.
Dirección
LANERO TABOAS, DANIEL (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ PRIETO, LOURENZO (Presidente/a)
CABANA IGLESIA, ANA (Secretario/a)
MUÑOZ ABELEDO, LUISA MARIA (Vogal)
Pinceladas de Vida: Unha app que revitaliza o Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela
Autoría
A.G.G.
Máster Universitario en Patrimonio Cultural Dixital
Data da defensa
02.07.2025 11:15
Resumo
O presente Traballo de Fin de Máster desenrola o concepto dunha aplicación móvil deseñada para dinamizar e difundir dunha maneira innovadora o Museo das Peregrinacións a través da Realidade Aumentada (RA). O obxetivo é enriquecer a experiencia dos visitantes ao proporcionar contido interactivo que de vida ás obras expostas no museo. Así mesmo, a premisa é transformar a forma na que se perciben e comprenden as pezas do museo, ofrecendo narrativas visuais e contextuais que conectan ao usuario ca historia e a cultura da propia institución. Este traballo tambén aborda gran parte dos aspectos técnicos do desarrollo da aplicación, como a selección de plataformas, o deseño de interfaz e a integración de tecnoloxía de RA. Asimesmo, evalúanse os beneficios potenciais desta ferramenta en términos de aumento de afluencia de visitantes e o fomento del interés. En conclusión, Pinceladas de Vida representa unha innovadora proposta para conectar á sociedad actual co Patrimonio Cultural, promovendo unha experiencia novedosa, enriquecedora e interactiva.
Dirección
MONTERROSO MONTERO, JUAN MANUEL (Titoría)
Gestal Pose, Marcos Cotitoría
Tribunal
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Presidente/a)
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Secretario/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Vogal)
Achega á materialidade e o simbolismo das láminas órficas
Autoría
I.G.R.
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (4ªed)
Data da defensa
25.06.2025 18:30
Resumo
Este traballo pretende achegarse ás láminas órficas dende unha perspectiva multidisciplinar dada a súa dobre natureza. Por un lado, procuraráse comprender a realidade material detrás da súa produción e uso, polo outro, analizaranse os textos orixinais inscritos nelas. Preténdese con isto, non limitar o estudo das láminas a unha soa das súas facetas senón aproximarse a elas, tendo en conta a información achegada polas súas múltiples dimensións en conxunto. O obxectivo deste traballo é comprender mellor o pensamento órfico a través das láminas, tanto pola súa realidade material como pola realidade simbólica que implica a súa produción, uso e contido textual.
Dirección
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
VALDERRABANO GONZALEZ, IRUNE Cotitoría
Tribunal
Reboreda Morillo, Susana María (Presidente/a)
DIEZ PLATAS, MARIA DE FATIMA (Secretario/a)
VILLANUEVA ACUÑA, MANUEL (Vogal)
Liber Sancti IAcobi. Proposta dun chatbot para divulgar o patrimonio documental do Códice Calixtino a través da IA
Autoría
C.H.G.
Máster Universitario en Patrimonio Cultural Dixital
Data da defensa
20.02.2025 15:30
Resumo
O proceso de inclusión das novas tecnoloxías en diferentes ámbitos considerados tradicionais é unha das características que define o contexto histórico e social dos últimos anos. Por este motivo, preséntase unha nova proposta que introduce a intelixencia artificial como ferramenta para divulgar o patrimonio documental. Desta forma, emerxe o proxecto Liber Sancti IAcobi, unha demo de chatbot ou asistente conversacional, que emprega a intelixencia artificial xenerativa para difundir o contido do manuscrito. O elemento central escollido na proposta é o Códice Calixtino, por tratarse dunha obra fundamental da Idade Media, para o coñecemento da Compostela tanto medieval como contemporánea, que posúe uns contidos valiosos que se reflicten nas prácticas actuais. A novidade que marca a diferenza desta proposta é que o modelo de chatbot emprega fontes documentais e bibliográficas escollidas e seleccionadas de xeito minucioso, marcando o rigor no resultado e a transferencia. O obxectivo final é a creación dunha ferramenta que poida ser empregada polos usuarios para satisfacer as incertezas relacionadas coa orixe, evolución e transformación do volume de Santiago de Compostela, con aplicación na investigación, transferencia e mesmo no turismo. Deste xeito, será posible coñecer a evolución histórica e artística, personaxes como a raíña Lupa, o Apóstolo Santiago, a relación de Carlomagno con Compostela, os milagres que protagoniza o Apóstolo, ou incluso en qué consistiu a “traslatio”, entre moitas outras singularidades.
Dirección
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Titoría)
Martínez Torres, Javier Cotitoría
Tribunal
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Presidente/a)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Secretario/a)
CAPELAN FERNANDEZ, MONTSERRAT (Vogal)
Unha reconstrucción en 3D da arquitectura popular de Santiago de Compostela. O Pazo do Espiño.
Autoría
V.I.D.L.F.
Máster Universitario en Patrimonio Cultural Dixital
Data da defensa
19.02.2025 10:00
Resumo
Grazas ás novas tecnoloxías, a preservación dixital do patrimonio permite recuperar arquitecturas desaparecidas ou que está nun estado crítico de conservación, sempre que se dispoña das fontes documentais adecuadas. Mediante a modelaxe 3D, este proxecto busca unha nova vida a unha das múltiples construcións que, no seu momento, formaron parte da paisaxe urbana de Santiago de Compostela. Ademais do seu valor histórico e cultural, esta iniciativa planea unha estratexia alternativa para descentralizar o turismo, reducindo a presión sobre as zonas máis transitadas e evitando o seu desgaste acelerado. Deste modo, a dixitalización do patrimonio non só facilita a súa conservación e difusión, senón que tamén fomenta un debate sobre a protección do patrimonio popular. Máis alá dos grandes monumentos, é fundamental preservar aquelas construcións que deron forma á identidade da cidade, contribuíndo así a unha xestación máis sostible do entorno urbano e a unha experiencia máis equilibrada.
Dirección
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Titoría)
BALSA BARREIRO, JOSE Cotitoría
Tribunal
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Presidente/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Secretario/a)
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Vogal)
Desenvolvemento eólico e desenvolvemento rural en Galicia. O caso da Comunidade de Montes de Baroña
Autoría
I.J.A.
Máster Universitario en Planificación e Xestión Territorial [S]
Data da defensa
21.02.2025 11:00
Resumo
As enerxías renovables, entre as que se atopa a eólica, sitúanse habitualmente en áreas rurais. Estas áreas atópanse, a miúdo, afectadas por situacións de declive demográfico e económico. Así, o desenvolvemento da enerxía eólica preséntase como unha oportunidade para revitalizar estes espazos. O obxectivo deste traballo é analizar como o desenvolvemento eólico pode contribuír a impulsar o desenvolvemento rural. Sendo así, realízase unha análise dos principais fluxos económicos que recibe unha comunidade local derivados da instalación dun parque eólico. Tamén se realiza o estudo dun caso de éxito, o da CMVMC de Baroña, que logrou aproveitar os ingresos procedentes da enerxía eólica para impulsar a súa aposta por unha xestión multifuncional do monte. Grazas a esta estratexia, a comunidade de montes xera actividade económica e emprego para Baroña, ao tempo que promove diferentes actividades socioculturais e ofrece múltiples beneficios para os comuneiros. Os resultados obtidos mostran que o modelo galego apenas conta coas comunidades locais para o desenvolvemento eólico, ofrecendo certos privilexios aos promotores dos parques eólicos. Isto limita o seu potencial para impulsar o desenvolvemento rural. Malia todo, a instalación de moitos parques eólicos en terras de titularidade comunitaria (a través da figura do MVMC) contribúe a compensar algunha das eivas do modelo. A propiedade compartida das terras posibilita un reparto de beneficios máis xusto, e a vinculación da participación na mesma á residencia, asegura que eses beneficios permanecen na propia comunidade local.
Dirección
Pérez Fra, Mª do Mar (Titoría)
COPENA RODRIGUEZ, DAMIAN Cotitoría
Tribunal
Pérez Fra, Mª do Mar (Presidente/a)
VILA VAZQUEZ, JOSE IGNACIO (Secretario/a)
MARTI EZPELETA, ALBERTO (Vogal)
Traballo fin de máster
Autoría
M.L.
Máster Universitario en Historia Contemporánea (3ªed)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
Resumo
Este estudo céntrase no período de transición socioeconómica de China entre 1990 e 2010, unha etapa crítica que marcou a transición do país desde unha economía planificada cara a un sistema de economía de mercado socialista, caracterizada por reformas institucionais significativas e transformacións socioeconómicas que remodelaron fundamentalmente os patróns de consumo familiar e os roles das mulleres tanto no ámbito económico como doméstico, utilizando un método que combina análises cuantitativas e cualitativas para examinar en profundidade os patróns de consumo dos fogares urbanos e a participación da muller no mercado laboral. O estudo céntrase nos detalles do consumo diario dos fogares, como a alimentación e a sanidade, e analiza os cambios no papel da muller no ámbito laboral e familiar. Os resultados revelan que, durante este período, a estrutura do consumo familiar pasou de ser materialista a desenvolvementista, e que a maior participación da muller no mercado laboral impulsou a mellora do consumo familiar, aínda que tamén plantexou o reto de conciliar a vida laboral e familiar.
Dirección
MUÑOZ ABELEDO, LUISA MARIA (Titoría)
Tribunal
LANERO TABOAS, DANIEL (Presidente/a)
SOTO FERNANDEZ, DAVID (Secretario/a)
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Vogal)
Pasado, presente e futuro do Patrimonio Marítimo de Bueu
Autoría
L.N.D.
Máster Universitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte
Data da defensa
06.02.2025 10:00
Resumo
O patrimonio marítimo constitúe un elemento fundamental para entender o desenvolvemento e a identidade dos pobos costeiros. A vila de Bueu, situada na comarca do Morrazo en Pontevedra, preséntase como un escenario ideal para analizar, estudar e catalogar o seu patrimonio marítimo, así como buscar fórmulas para unha xestión sostible do mesmo. O presente traballo analiza os posibles bens patrimoniais e o estado no que se atopan. Teranse en conta aqueles bens desaparecidos, os que sufriron algunha transformación, os que aínda se conservan, e os que se atopan en risco de desaparecer. Explóranse aspectos como a preservación, a conservación e a xestión de bens materiais, como poden ser, construcións arquitectónicas, embarcacións, artes de pesca, etc., e bens inmateriais, como oficios, marcacións ou toponimia entre outros. Para darlle un sentido práctico, buscase a súa integración en dinámicas turísticas, educativas e económicas. O obxecto de estudo non so pretende documentar e valorar o patrimonio marítimo de Bueu, senón tamén poñelo en valor como recurso estratéxico na configuración dunha identidade local. É importante comprender como as comunidades locais perciben e participan na conservación do seu patrimonio, e como este pode servir de motor de cohesión social e reactivación cultural.
Dirección
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Titoría)
Memoria e esquecemento: estudo de valoración patrimonial, propostas de recuperación e difusión a partires de tres xacementos prehistóricos de Santiago de Compostela.
Autoría
E.O.R.
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (4ªed)
Data da defensa
25.06.2025 11:30
Resumo
A presente proposta pretende realizar unha análise do estado actual de conservación, así como abordar propostas de valoración patrimonial, partindo do exemplo de tres xacementos da Prehistoria Recente, localizados no concello de Santiago de Compostela. Desde o punto de vista cronolóxico o traballo abarca desde o Neolítico ata a Idade de Ferro a partires do estudo da Mámoa 1 de Sabugueira, o petróglifo do Castriño de Conxo e o Castro de Santa Eulalia de Bando. A análise partirá do estado da cuestión no tocante á conservación destes xacementos, para desenvolver unha serie de propostas encamiñadas á conservación, mantemento e difusión, de cara á súa preservación e valorización patrimonial. A información aportada neste documento pretende destacar a relevancia do patrimonio arqueolóxico compostelán, situado ao pé de dúas vías históricas de peregrinación como son o Camiño Francés e o Camiño Portugués e a escasa distancia da cidade, esquecido da memoria social, feito que provoca o seu actual estado de abandono e degradación.
Dirección
CESAR VILA, MARIO (Titoría)
Tribunal
FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, ADOLFO (Presidente/a)
RABUÑAL GAYO, JOSÉ RAMÓN (Secretario/a)
Garcia Casas, David (Vogal)
Viñetas en vegliota, o nacemento da Banda Deseñada Galega
Autoría
U.P.L.
Máster Universitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte
Data da defensa
05.02.2025 10:00
Resumo
No presente traballo pretendese contextualizar e explicar o nacemento da Banda Deseñada Galega (BDG), profundando no seu carácter reivindicativo e na súa importancia patrimonial como nova canle de creación e expresión artística, prestando especial atención a incidencia que teñen na súa xestación tanto o arte e a cultura galega do século XX, como a cultura undeground e os movementos contraculturais internacionais. Con isto en mente, comezaremos por describir os antecedentes da banda deseñada que atopamos no noso territorio dende o século XIX, así como os cambios sociais e cultural da Galicia tardo-franquista, para en conxunto mostrar un contexto que nos axude a comprender en base a que referentes e en que circunstancias nace a nosa Banda Deseñada (BD). Posteriormente presentaremos aqueles autores que impulsan o nacemento da BDG na década de 1970, explicando como entran en contracto co medio e a visión que tiñan do mesmo, analizando como esta se materializa nos diversos proxectos de BD que levan a cabo. Con este fin, se realizara unha lectura analítica de varias obras seleccionadas, prestando atención especialmente aos rasgos temáticos e estilísticos que axudarán a definir aqueles aspectos singulares e identitarios da nosa BD.
Dirección
RODRIGUEZ GONZALEZ, MIGUEL ANXO (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ GONZALEZ, MIGUEL ANXO (Presidente/a)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Secretario/a)
DE LLANO NEIRA, PEDRO (Vogal)
A presenza das prácticas colectivas artísticas nas coleccións museísticas españolas
Autoría
E.P.T.
Máster Universitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte
Data da defensa
05.02.2025 10:00
Resumo
O presente traballo parte dunha experiencia previa. Esta versou sobre as prácticas artísticas colaborativas no mundo contemporáneo e o estudo de tres colectivos, analizando cuestións como o feito de que estas prácticas artísticas responden a unha concepción actual, pero tamén atendendo ao carácter político nos seus discursos. Por tanto, a partir desa análise, elaborouse un estudo sobre a presenza das prácticas artísticas colectivas nas coleccións dos principais museos españois contemporáneos, considerando, entre outros factores, se estes museos fixéronse eco destas prácticas e a súa representación nos mesmos. Partese dun tema que non foi examinado en profundidade a nivel nacional. Deste xeito, e confeccionando un baleirado artístico de colectivos nos museos seleccionados (e presentando a dicotomía co denominado ''parellas'' ou ''dúos''), tentarase mostrar a representación museística destes no estado español.
Dirección
DE LLANO NEIRA, PEDRO (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ GONZALEZ, MIGUEL ANXO (Presidente/a)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Secretario/a)
DE LLANO NEIRA, PEDRO (Vogal)
A ditadura de Primo de Rivera en Galicia: implantación, intervención, mudanzas e reformas do Estado primorriverista en territorio galego.
Autoría
M.R.A.
Máster Universitario en Historia Contemporánea (3ªed)
Data da defensa
16.07.2025 10:00
Resumo
A Ditadura de Primo de Rivera supuxo un importante cambio que se viviu en todo o territorio estatal, xa que se tratou da primeira experiencia dun sistema de corte autoritario na España do século XX. Aínda que o Exército xa tivera un peso relevante na política do século XIX, estamos ante unha forma diferente de intervención, pasando dos antigos pronunciamentos a un golpe de Estado militar que se produciu o 13 de setembro de 1923. O golpe supuxo a instauración dunha ditadura castrense que trouxo consigo unha importante intervención por parte do Estado en materia económica, laboral e social. Isto tamén implicou que se foi deixando atrás a concepción liberal do Estado de mínima intervención, decantándose o primorriverismo por unha terceira vía que é semellante á doutros movementos europeos, particularmente á dos fascismos do período de entreguerras. A través desta memoria de final de mestrado búscase ver como se levou a cabo a introdución da Ditadura de Primo de Rivera e as súas institucións e proxectos en territorio galego, para así poder analizar cal foi o grao de penetración da mesma e poder ver cales foron as mudanzas en distintos eidos sociais e económicos. Deste xeito, poderemos ver cales foron as continuidades, os fracasos e os éxitos da ditadura á hora de levar a cabo o seu proxecto de nacionalización, integración e pacificación das masas, ademais da creación de estruturas para o control da economía, da sociedade e das materias primas; todo isto arredor dun programa fortemente autárquico e nacionalista.
Dirección
BARRAL MARTINEZ, MARGARITA (Titoría)
Tribunal
CABO VILLAVERDE, MIGUEL (Presidente/a)
RICO BOQUETE, EDUARDO (Secretario/a)
Cagiao Vila, María Pilar (Vogal)
A neolitización da península ibérica a partir dos datos carpolóxicos: modelos de dispersión
Autoría
P.D.L.R.D.L.P.
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (4ªed)
Data da defensa
25.06.2025 10:00
Resumo
Preséntase un estado da cuestión das investigacións carpolóxicas orientadas á interpretación dos inicios do proceso de neolitización na península ibérica. Esta revisión susténtase na compilación sistemática dunha base de datos que integra os macrorrestos vexetais datados dispoñibles até a actualidade. A información recompilada foi empregada na construción dun modelo de dispersión xeográfica, co obxectivo de ofrecer novas perspectivas e interpretacións espaciais sobre o Neolítico peninsular desde unha óptica arqueobotánica. O modelo proposto contrástase con outros existentes, o que permite artellar unha visión máis integrada e crítica do estado actual da investigación.
Dirección
CARRERO PAZOS, MIGUEL (Titoría)
Cerrillo Cuenca, Enrique Cotitoría
Tribunal
CARRERO PAZOS, MIGUEL (Coordinador)
Grandal d' Anglade, Aurora María (Presidente/a)
MARTIN SEIJO, MARIA (Secretario/a)
Sanjurjo Sánchez, Jorge (Vogal)
O preito da capitalidade de Galicia nos procesos estatutarios: da II República á Lei de Sedes
Autoría
A.R.B.
Máster Universitario en Historia Contemporánea (3ªed)
Data da defensa
16.07.2025 17:00
Resumo
Galicia viviu dous procesos constituíntes para a súa autonomía política: o Estatuto republicano de 1936 e o vixente, de 1981. Esas oportunidades abriron a porta a unha necesaria concreción, que non se deducía tan doadamente coma noutros territorios: a capitalidade. Preténdese abordar o tratamento que se lle deu á cuestión: dende os axentes políticos encargados da redacción estatutaria; os debates e discusións mantidos nos órganos representativos oficiais; mais tamén as reaccións municipais, mediáticas e populares que se xeraron nas dúas cidades que desputaban o título: A Coruña e Santiago de Compostela. Farase fincapé nos discursos e argumentos para determinar o que se mantén no tempo e o que non; que perfís os usan e con que intereses; que diferenzas e semellanzas entre lugares e cronoloxías se poden determinar. Entender, en definitiva, como unha cuestión en aparencia menor -e que moitas veces se omite ou relata como simple anécdota- deveu o punto máis polémico e crítico dos dous textos, mesmo ameazando a súa propia consecución; un preito que se resolveu oficialmente coa Lei de Sedes de 1982.
Dirección
NUÑEZ SEIJAS, XOSE MANOEL (Titoría)
Tribunal
VILLARES PAZ, RAMON (Presidente/a)
CABO VILLAVERDE, MIGUEL (Secretario/a)
GRANDIO SEOANE, EMILIO FRANCISCO (Vogal)
Redescubrindo a muralla de Santiago: Proposta para a súa revaloración e reconstrucción
Autoría
N.R.C.
Máster Universitario en Patrimonio Cultural Dixital
Data da defensa
21.02.2025 10:00
Resumo
A muralla de Santiago de Compostela é un elemento na súa maioría desaparecido debido á súa demolición nos séculos XIX e XX, que forma parte da historia da cidade. O presente proxecto intentará reconstruíla dixitalmente, utilizando as novas tecnoloxías como son o modelado 3D e a Realidade Aumentada (RA) para ofrecer unha experiencia interactiva aos cidadáns e turistas, sensibilizando sobre o valor do patrimonio perdido e o deber da sociedade de preservar o que temos.
Dirección
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Titoría)
BALSA BARREIRO, JOSE Cotitoría
Tribunal
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Presidente/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Secretario/a)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Vogal)
O corpo político: estudo da metáfora no discurso político do último século da República romana.
Autoría
M.R.R.
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (4ªed)
Data da defensa
25.06.2025 18:30
Resumo
Durante o último século da República romana, o sistema político experimentou unha notable axitación política que foi expresada e elaborada a través da linguaxe metafórica. A imaxe do corpo político adquiriu un papel central como recurso retórico para representar a división e a unidade ideal da comunidade republicana. Este traballo analiza como dita metáfora foi empregada para conceptualizar a crise institucional e xustificar posicións políticas enfrontadas. A través da definición da división dentro do sistema e do discurso de autores catalogados como optimates e populares, revisamos como a metáfora se converte nunha clave para interpretar o solpor da República
Dirección
LOPEZ BARJA DE QUIROGA, PEDRO MANUEL (Titoría)
Tribunal
Reboreda Morillo, Susana María (Presidente/a)
DIEZ PLATAS, MARIA DE FATIMA (Secretario/a)
VILLANUEVA ACUÑA, MANUEL (Vogal)
O fenómeno neorrural no cinema español. Os casos de Alcarràs (Carla Simón, 2022) e El Agua (Elena López Riera, 2022).
Autoría
E.A.R.C.
Máster Universitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte
Data da defensa
05.02.2025 10:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Mestrado analiza o fenómeno do cinema neorrural en España, tomando como casos de estudo os filmes Alcarràs (Carla Simón, 2022) e El Agua (Elena López Riera, 2022). Para iso, proporciónase un contexto histórico e social do fenómeno neorrural, entendido como o conxunto de migracións da cidade ao campo, así como un contexto sobre a evolución do cinema rural español desde os seus inicios ata a actualidade. A través dun enfoque cualitativo, examínanse os elementos estéticos, narrativos e temáticos que conectan e diferencian ambas as producións, situándoas dentro do debate cultural da ‘España vacía (da)’. Deste xeito, o traballo explora o papel do cinema como ferramenta artística contemporánea para reflexionar sobre as transformacións sociais e territoriais nas últimas décadas.
Dirección
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ GONZALEZ, MIGUEL ANXO (Presidente/a)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Secretario/a)
DE LLANO NEIRA, PEDRO (Vogal)
Afectos (anti)patrimoniais: Unha Historia do Incorrecto para Recordar
Autoría
C.S.F.
Máster Universitario en Patrimonio Cultural Dixital
Data da defensa
02.07.2025 10:30
Resumo
No presente traballo de fin de máster propoñemos un percorrido polos elementos que son populares e apreciados socialmente na vida cotiá pero que non están lexitimados por un sector patrimonial. A través de imaxes, lugares e non lugares exemplificaremos casos de estudo e reflexionaremos sobre como se decide que é patrimonio. Atravesando o paradigma dixital contemporáneo, analizaremos tamén as problemáticas das Intelixencias Artificiais (IA), do mundo hiperconectado/hipercansado, a xeración de elementos patrimoniais futuros nados dixitalmente ou a construcción dunha nova sensibilidade contemporánea pola máquina que vai alterar (ou que xa está alterando) o noso proceso de creación.
Dirección
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Titoría)
Tribunal
MUÑOZ ABELEDO, LUISA MARIA (Presidente/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Secretario/a)
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Vogal)
Cuestión nacional, milicias e guerra revolucionaria: unha aproximación ao internacionalismo do Partido Obrero de Unificación Marxista (1936 - 1939))
Autoría
F.J.S.G.
Máster Universitario en Historia Contemporánea (3ªed)
Data da defensa
17.02.2025 14:00
Resumo
Este estudo examina o papel central do internacionalismo proletario no Partido Obrero de Unificación Marxista (POUM) durante a guerra civil española (1936-1939). O traballo plantexa como a defensa do internacionalismo foi fundamental na disputa polo relato dentro do bando republicano, na procura de cohesionar ideoloxicamente a militancia do partido e na mobilización bélica realizada polo POUM. Dende un enfoque cultural, estudarase a relación entre os debates acerca da cuestión nacional, a organización das milicias durante a guerra civil e a procura por conducir o esforzo bélico republicano cara a o triunfo da revolución socialista. A partir da hipótese da existencia dunha cultura de guerra revolucionaria forxada ao longo do conflito, buscarase tamén mostrar a circulación ideolóxica do internacionalismo «dende abaixo» centrándonos especialmente no discurso e uso da linguaxe dos milicianos do POUM.
Dirección
NUÑEZ SEIJAS, XOSE MANOEL (Titoría)
Tribunal
VILLARES PAZ, RAMON (Presidente/a)
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Secretario/a)
GRANDIO SEOANE, EMILIO FRANCISCO (Vogal)
Aproximación ao estudo da indumentaria feminina na Idade do Bronce exea a través da glíptica
Autoría
E.T.B.
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (4ªed)
Data da defensa
26.06.2025 10:00
Resumo
O presente traballo pretende levar a cabo unha aproximación ao estudo das prendas básicas que conformaron a indumentaria das mulleres da Idade do Bronce exea, empregando como fonte principal os selos minoicos y micénicos, a través da creación dun exhaustivo corpus de selos específicamente destinado ao estudo da indumentaria feminina das mulleres minoicas e micénicas. A parte da análise dos tipos de prendas e os posíbles precedentes, levarabase a cabo un estudo da relación entre a iconografía dos selos que conforman o noso corpus e cada tipo de prenda, para tratar de plantexar respostas á certa anonimidade da arte exea
Dirección
DIEZ PLATAS, MARIA DE FATIMA (Titoría)
Tribunal
CARRERO PAZOS, MIGUEL (Coordinador)
LOPEZ BARJA DE QUIROGA, PEDRO MANUEL (Presidente/a)
López Gómez, Helena (Secretario/a)
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
Aplicando novas comunicacións. Narrativas Transmedia e Museos.
Autoría
E.V.T.
Máster Universitario en Patrimonio Cultural Dixital
Data da defensa
02.07.2025 12:00
Resumo
O presente traballo de fin de máster ten por obxecto explorar as diversas aplicacións das narrativas transmedia aos museos. Cando falamos de narrativa transmedia se fai referencia a aquela forma de comunicación que dispersa os relatos en multitude de medios, na súa maioría dixitais, e que xeran una acción-reacción nos espectadores. Estes novos formatos comunicativos veñen a abrir novas vías para a transferencia dixital do patrimonio, incorporando de forma activa ao espectador. Os museos son quen de abordar novas estratexias de comunicación dixital, aportando una nova dimensión a este espazo tradicional, grazas a aplicación das posibilidades ofrecidas polas narrativas transmedia.
Dirección
FERNANDEZ RODRIGUEZ, BEGOÑA (Titoría)
Tribunal
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Presidente/a)
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Secretario/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Vogal)
Área Metropolitana de Vigo: Lexitimación, Conflito e Prospectiva.
Autoría
P.V.D.
Máster Universitario en Planificación e Xestión Territorial [S]
Data da defensa
21.02.2025 09:30
Resumo
Esta investigación pescuda sobre a Área Metropolitana de Vigo, centrándose no proceso, na lexitimación e na prospectiva. O obxectivo principal consiste na validación, ou non, da hipótese da investigación, que é a seguinte: os diferentes axentes realizan unha constatación xeral de que a materialización da Área Metropolitana de Vigo melloraría a calidade de vida, en canto a oferta de servizos públicos e eficacia dos mesmos, dos habitantes dos 14 concellos incluídos na mesma, mais os desacordos partidistas baseados nas axendas e orientacións políticas diverxentes dos diferentes partidos, nos distintos niveis territoriais, imposibilitan a súa posta en funcionamento. Para acadar este obxectivo, desenvólvese unha análise bibliográfica, con especial atención na conceptualización do termo “área metropolitana” e os antecedentes existentes deste ente supramunicipal, tanto a nivel internacional como no caso español. Metodolóxicamente, realízanse entrevistas aos principais actores dos concellos involucrados na Área Metropolitana de Vigo, para posteriormente realizar unha análise discursiva. Os resultados acadados permiten evidenciar como o conflito político é o principal motivo da paralización deste ente metropolitano.
Dirección
VILA VAZQUEZ, JOSE IGNACIO (Titoría)
Tribunal
Pérez Fra, Mª do Mar (Presidente/a)
VILA VAZQUEZ, JOSE IGNACIO (Secretario/a)
MARTI EZPELETA, ALBERTO (Vogal)
Traballo Fin de Máster
Autoría
A.V.R.
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (4ªed)
Data da defensa
13.02.2025 10:30
Resumo
O presente traballo ten por obxectivo analizar as dinámicas de incendio durante a prehistoria recente na serra do Xistral. A través do estudo de microcarbóns, presentes en preparacións paleopalinolóxicas obtidas dun rexistro de turba de 8000 anos de antigüidade, do estudo dos patróns espaciais de bens de interese cultura e da revisión da literatura especializada, tratarase de coñecer a relación entre os réximes de incendios do pasado e os patróns de asentamento na zona. O reconto de microcarbóns dun total de 23 mostras, que abranguen un marco cronolóxico que vai dende o ca. 4000 BP ata o ca. 1050 BP, permitiunos relacionar os eventos de incendio da serra do Xistral cos xacementos arqueolóxicos da zona coa axuda de sistemas de información xeográfica. Así mesmo, a comparación cos datos xeoquímicos do mesmo rexistro permitiu distinguir eventos de incendio a escala local e a escala rexional. O impacto do lume modificou drasticamente a paisaxe cara finais da Idade do Ferro e o período romano, sen embargo, a presencia de eventos de queima anteriores advirten da importancia do seu emprego dende, cando menos, a Idade do Bronce Inicial. Ademais, a comparativa con outros puntos do noroeste peninsular permitiunos coñecer que a transformación da paisaxe como consecuencia da actividade humana non foi igual en toda a rexión, existindo distintos ritmos entre as zonas estudadas. Advertiuse tamén como certos factores como a localización dos rexistros pode influír na captación das sinais, provocando que turbeiras moi próximas poidan amosar diferencias significativas. Así mesmo, a ausencia dunha bibliografía sobre o rexistro arqueolóxico do Xistral relativo á prehistoria recente fai moi difícil relacionar os xacementos detectados cos SIX coas sinais de lume detectadas no rexistro ao descoñecer as fases de ocupación.
Dirección
SILVA SANCHEZ, NOEMI (Titoría)
Tribunal
CARRERO PAZOS, MIGUEL (Coordinador)
MARTINEZ CORTIZAS, ANTONIO MANUEL (Presidente/a)
MARTIN SEIJO, MARIA (Secretario/a)
Sanjurjo Sánchez, Jorge (Vogal)