Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Máster Universitario en Desafíos das Cidades

Modalidade
Híbrida
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Centro(s)
Facultade de Xeografía e Historia
Praza da Universidade, 1, 15703
Santiago de Compostela
881812585 (Conserxaría)
881812589 (Decanato)
zhisdeca@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Miguel Pazos Oton
Contacto
miguel.pazos.oton@usc.es
+info
Web propia do título
Cidade

O Mestrado en Desafíos das Cidades ofértase no ámbito do Proxecto UNISF (Universidade Sem Fronteiras), liderado pola Universidade do Minho e desenvolvido polo consorcio respectivo coa participación das tres universidades do norte de Portugal (UMinho, UPorto e UTAD) e as tres universidades do Sistema Universitario Galego (USC, UVigo e UDC).

  • Duración: 2 anos académicos
    Código RUCT: 4317739
    Número de ECTS: 90
    Número prazas: 6

    Decano/a ou director/a do centro:
    ANTONIO MIGUEZ MACHO
    antonio.miguez@usc.es

    Coordinador-a do título:
    Miguel Pazos Oton
    miguel.pazos.oton@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego, Portugués

    Universidade coordinadora:
    Universidade da Coruña

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña Universidade de Vigo Universidade de Trás-Os-Montes e  Alto Douro Universidade do Minho Universidade do Porto

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Orde do 27/07/2022 (DOG do 10/08/2022)

    Data de publicación no BOE:
    BOE do 14/04/2023

    Data da última acreditación:
    24/05/2021

    O seu obxectivo xeral é mellorar a capacidade das universidades e as autoridades públicas para a creación de títulos conxuntos entre Galicia e o norte de Portugal, e a consolidación da área Fronteiriza para a Educación Superior e a Investigación na Euro-rexión. É, por tanto, un mestrado internacional e interuniversitario, e é unha oferta única tanto no contexto español canto no contexto portugués. 
    O seu marcado carácter multidisciplinar e internacional, e sobre todo o perfil do estudantado ao que vai dirixido, que provén de diferentes países e que, en moitos casos, será xa profesional en activo, exponse impartir o título en modalidade semipresencial. 

  • Condicións de terminación:

    Obrigatorias: 35
    Optativas: 20
    Prácticas externas 5
    Traballo fin de máster: 30
    Total: 90

    A titulación contempla diferentes “dimensións” ou “áreas científicas”, de entre as cales o alumno deberá cursar unha. Las dimensións que contempla o plan coas materias de que consta cada unha son as seguintes:

    -Dimensión Física:
    -A formalización das estruturas urbanas
    -A materialización do espazo público
    -O espazo construído como patrimonio sustentable
    -Dimensión Social
    -Desafíos sociais e educacionais das cidades
    -Sustentabilidade urbana e estilos de vida saudables
    -Políticas e prácticas de inclusión e desenvolvemento en cidades sustentables
    -Dimensión Ambiental
    -Desafios ambientais das cidades
    -Sistemas das cidades sustentables
    -Xestión do ambiente urbano: monitorización, avaliación e minimización
    -Dimensión Tecnolóxica
    -Desafios tecnolóxicos das cidades
    -Tecnoloxías IoT e de comunicacións para a creación de cidades intelixentes
    -Sistemas de información para as cidades intelixentes
    -Dimensión Política
    -Gobernanza e políticas urbanas
    -Gobernanza urbana e dereito á cidade
    -Planificación, prospectiva e xestión urbana
    -Dimensión Económica
    -Economía urbana
    -Economía urbana e cidades intelixentes
    -Economías de aglomeración e clústeres

    Para completar o plan de estudios o alumno deberá elixir dúas materias optativas das dimensiones que non tivese elixido sempre e cando non pertenzan as dúas á mesma dimensión. Finalmente deberá realizar un Traballo fin de mestrado de 30 créditos no terceiro semestre do curso.

  • O límite de prazas para o mestrado é dun total de 36 estudantes (6 en cada universidade). No caso de que nalgunha das Universidades non se alcance a cota de matrícula asignada, o número de prazas non cubertas poñerase, se é posible, ao dispor do resto, de forma que se repartirán as prazas entre o resto das universidades en base á priorización do alumando prerexistrado.

  • O obxectivo xeral do mestrado é a formación avanzada de profesionais no campo das políticas urbanas, a planificación e o urbanismo, analizando, diagnosticando e propoñendo medidas en ámbitos relacionados coa construción de cidades sustentábeis, intelixentes, eficientes, resilientes e inclusivas. E iso, fomentando a interacción, e a mobilidade, de estudantes e docentes entre seis universidades no norte de Portugal e Galicia.

  • Mobilidade

    A Universidade de Santiago, no marco das súas estratexias de internacionalización, alberga diferentes programas de mobilidade nacionais e internacionais para que os estudantes realicen estancias noutras universidades socias, prácticas en empresas asociadas ou para que estudantes da Área Europea de Educación Superior ou de fóra poidan completar os seus estudos.

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    As prácticas vinculadas ao contorno profesional consistirán na execución dun traballo asociado a competencias desenvolvidas no curso da titulación.

    A práctica fixará uns obxectivos xerais, uns resultados de aprendizaxe e un plan de actuación. O número de créditos vinculados ás prácticas profesionais é de 5, é dicir, 125 horas de traballo do estudante, que quedarán distribuídas aproximadamente da seguinte forma:

    - Actividade presencial na empresa ou institución colaboradora: 60-75%
    - Acción de coordinación e consulta coa ou o profesor-titor: 5-10%
    -Traballo persoal (consulta de información, preparación de memorias, etc.): 20-30%

    Asignarase a cada práctica unha ou un profesor-titor (interno á universidade) e unha ou un titor externo (persoal da empresa ou institución en que se realicen as prácticas) proposto pola entidade colaboradora. Ambas as figuras proporán ao estudantado a resolución de problemas vixentes e reais nas institucións ou empresas colaboradoras e guiarán, asesorarán e avaliarán o traballo realizado polos estudantes. A avaliación final será realizada pola ou polo profesor-titor a partir dos informes da ou do titor externo e da presentación da memoria de prácticas por parte do estudantado.

  • O obxectivo do Traballo Fin de Máster (TFM) é introducir o alumnado nun tema de investigación e/ou desenvolvemento con obxectivos concretos e atinxíbeis nun curto espazo de tempo. Ao finalizar o traballo, cada estudante será capaz de:

    - No plano cognitivo: integrar os coñecementos adquiridos para aplicalos a un traballo de investigación e/ou desenvolvemento concreto
    - No plano subxectivo: presentar e defender os resultados do traballo ante un público especializado

    O traballo consistirá no estudo dun tema de investigación e/ou desenvolvemento naquela dimensión, das 6 que articulan a temática do mestrado, na cal o alumno ou alumna teña cursado as dúas materias optativas do segundo cuadrimestre. Este traballo terá obxectivos concretos atinxíbeis no período de un cuatrimestre.

  • O profesorado está composto por docentes que pertencen ás seis Universidades do Consorcio. A súa traxectoria docente e investigadora convérteos en idóneos para abordar as seis dimensións do plan de estudo: física, social, ambiental, tecnolóxica, económica e política. 
    Polo que refire a USC, os docentes pertence ao Departamento de Xeografía; entre as súas liñas de investigación destacan temas relacionados coa ordenación e planificación do territorio, o medioambiente, a paisaxe, a configuración demográfica e social do territorio (migracións, vulnerabilidade social), a actividade turística (planificación dos destinos turísticos, xentrificación, alugueiros turísticos, Camiño de Santiago), o urbanismo (procesos de periurbanización, metropolitanización, plans de renovación/rehabilitación), a gobernanza urbana, xestión de centros históricos, vulnerabilidade urbana, xeografía económica, cooperación internacional, etc. Finalmente, cabe destacar que a experiencia os profesores e investigadores no uso dos Sistemas de Información Xeográfica facilítalles unha aproximación sistémica, relacional e multiescalar aos factores que interveñen no territorio -tanto de carácter natural e antrópico-, que será trasladada ao alumnado do mestrado.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.05.2025.