Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Grao en Historia da Arte

  • En extinción
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Artes e Humanidades
Centro(s)
Facultade de Xeografía e Historia
Praza da Universidade, 1, 15703
Santiago de Compostela
881812585 (Conserxaría)
881812589 (Decanato)
zhisdeca@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Imaxe dun museo

A Historia da Arte é unha disciplina científica e humanística que ten como obxectivo a análise da produción artística, dos seus procesos de creación, e a súa contribución social dentro da Historia da Cultura. Entre as saídas profesionais destaca a xestión do patrimonio cultural, os museos e coleccións e as tarefas de investigación e ensino secundario e universitario.

  • Duración: 4 anos académicos
    Código RUCT: 2500974
    Número prazas: 85

    Decano/a ou director/a do centro:
    ANTONIO MIGUEZ MACHO
    antonio.miguez@usc.es

    Coordinador-a do título:
    Montserrat Capelan Fernandez
    montserrat.capelan@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Nivel MECES: 2

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Decreto 385/2009 do 27 agosto (DOG 16/09/09)

    Data de publicación no BOE:
    5 de marzo de 2010 (correc de erros: 6 de xullo de 2010)

    Data da última acreditación:
    28/09/2021

    A Historia da Arte é unha disciplina científica e humanística que ten como obxectivo principal a análise da produción artística, dos seus procesos de creación e recepción, así como a súa contribución social dentro da Historia da Cultura. Nos últimos anos, coincidindo co seu recoñecemento como estudos independentes, experimentou notables avances disciplinares en campos afíns como a Historia da Música, a Historia do Cine e das Artes Audiovisuais, Historia, Literatura, Filosofía ou Xeografía, así como noutros campos como o Patrimonio Cultural, a Museoloxía, os estudos de Xénero e a publicidade

    No plan de estudos deste grao se lle concede especial importancia xunto ao labor teórico, ao coñecemento práctico do estudante, de maneira que  na planificación das súas actividades son frecuentes as saídas e prácticas fóra da aula.

  • Non se contempla

  • Non se contemplan

  • Na actualidade a Facultade de Xeografía e Historia dispón de 18 aulas dedicadas á docencia. Todas elas están equipadas con recursos informáticos e adaptados ás características específicas que requiran as materias impartidas. Dentro deste conxunto o centro conta con 3 aulas de informática, con un total de 60 postos, tamén conta cunha aula de cartografía (21 postos) e dous laboratorios (1 laboratorio de Técnicas de prehistoria e outro de xeografía e prehistoria).

    A biblioteca da facultade está dotada cun fondo considerable e dispón de máis de 400 postos de lectura.

    Tamén hai que destacar que desde calquera punto da Facultade é posible a conexión sen fíos a Internet.

  • 1. Proporcionar ao alumnado coñecementos racionais e críticos da produción artística ao longo da Historia e das súas manifestacións en distintas culturas e a través das diversas linguaxes artísticas.
    2. Preparar ao alumnado nunha formación específica en diferentes campos, funcións e actividades propias do historiador da arte.
    3. Coñecer as características, funcións, e as liñas básicas da arte nas súas diferentes manifestacións, ao longo do discorrer histórico e no marco das distintas culturas, así como as causas primordiais desas características, funcións e evolución, incardinando sempre a obra de arte co contexto social, económico, político, ideolóxico, relixioso e individual no que se xestou e conectándoa con outras formas de expresión artística ou manifestación cultural.
    4. Coñecer as diferentes linguaxes formais e visuais, así como, as distintas técnicas artísticas utilizadas pola humanidade ao longo da historia.
    5. Coñecer a teoría da arte e o pensamento estético no seu discorrer histórico e dentro dos diferentes contextos culturais, sociais, económicos, políticos, ideolóxicos, relixiosos, que condicionaron os discursos, a estética, a función, as técnicas e as linguaxes formais da Arte.
    6. Coñecer especificamente as fontes, as tendencias, os artistas e as obras máis importantes e representativos da Historia da Arte no marco de diferentes culturas.
    7. Coñecer e manexar de forma rigorosa e axustada a linguaxe específica e a terminoloxía propias das diferentes manifestacións da Arte.
    8. Coñecer os diversos procedementos de creación artística e as técnicas de conservación, tutela e divulgación do Patrimonio Cultural.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    Os alumnos poderán obter até 6 créditos pola realización de prácticas en empresas optativas.

  • Poderase realizar unha vez superados os 180 créditos obrigatorios. No momento da presentación do traballo o alumno deberá ter superado todos os demais créditos necesarios para o título de grao, isto é, polo menos 228 ECTS. Para non atrasar a gradación dos estudantes que reúnan os requisitos, a Facultade ofertará traballos de Fin de Grao para a súa realización en ambos os cuadrimestres.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.06.2024.