Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Master Universitario de Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Artes e Humanidades
Ámbito de coñecemento
Historia, arqueología, geografía, filosofía y humanidades.
Centro(s)
Facultade de Xeografía e Historia
Praza da Universidade, 1, 15703
Santiago de Compostela
881812585 (Conserxaría)
881812592 (Decanato)
zhisdeca@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Miguel Carrero Pazos
Contacto
miguel.carrero@usc.es

Este Máster é unha oferta única no sistema universitario de Galicia e singular en España. Este máster interuniversitario, impártese xunto coa Universidade de Vigo e a Universidade de A Coruña, en colaboración co Incipit-CSIC, e ten un dobre perfil, profesionalizante e investigador. Na súa concepción ten como obxectivo formar aos alumnos para afrontaren actividades arqueolóxicas reguladas pola normativa vixente na Comunidade Autónoma de Galicia. Así entre outros: prospeccións, sondaxes, escavacións arqueolóxicas, xestión e identificación de materiais, así como a aplicación de diferentes técnicas arqueométricas e as novas tecnoloxías neste ámbito de coñecemento.

  • Duración: 1 ano académico
    Código RUCT: 4317354
    Número de ECTS: 60
    Número prazas: 25

    Decano/a ou director/a do centro:
    ANTONIO MIGUEZ MACHO

    Coordinador-a do título:
    Miguel Carrero Pazos
    miguel.carrero@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña Universidade de Vigo

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Orde do 16/06/2020 (DOG do 1/07/2020)

    Data de publicación no BOE:
    23/04/2021

    Data da última acreditación:
    18/05/2020

  • Condicións de terminación:

    Obrigatorias: 21
    Optativas: 24
    Prácticas externas OB 6
    Traballo fin de máster: 9
    Total: 60

    Este mestrado contempla dúas especialidades:

    -Especialidade en Arqueoloxía
    -Especialidade en Historia do Mundo Clásico

    Para obter o título cunha especialidade o alumno deberá cursar un mínimo de 18 créditos optativos do correspondente módulo da especialidade elixida. Se non cumpre este requisito Se non cumpre este requisito poderá titularse no Mestrado en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade sen especialidade.

  • O máster vai dirixido a aqueles estudantes de calqueira titulación de grao que desexen profundizar na arqueoloxía como profesión e /ou investigación.

  • O Mestrado en Arqueoloxía e Ciencias da antigüidade é unha titulación que, sen estar vinculada a unha profesión regulada, está directamente relacionada coa actividade profesional para a que se require a formación específica que se imparte neste título. Os estudos dan satisfacción ás cambiantes necesidades do mercado laboral, permiten a formación continua e favorecen a validación dos coñecementos, habilidades e destrezas adquiridos.

  • Mobilidade

    Actualmente a Universidade de Santiago de Compostela colabora nos programas Sócrates-Erasmus , Erasmus Mundus e Sicue, que complementa con varios programas que pretenden fomentar a mobilidade dos membros da comunidade universitaria con universidades de América, Asia, Australia e Suiza.

    As facultades contan coa colaboración de varios profesores/as que actúan como coordinadores académicos, e cuxa función é tutorizar e asistir nas súas decisións académicas aos estudantes propios e de acollida.

    A selección dos candidatos lévaa a cabo, para cada convocatoria ou programa, unha comisión de selección, composta polo decano ou decana, o vicedecano ou vicedecana responsábel de programas de intercambio, o/a responsábel da UAGCD e os/as coordinadores académicos, de acordo con criterios de baremación previamente establecidos, que teñen en conta o expediente académico, unha memoria e, de ser o caso, as competencias en idiomas que esixe a Universidade de destino.

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    A cuarta edición do Mestrado en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade contempla prácticas externas obrigatorias, que se desenvolverán durante un mes. O seu carácter formativo apóiase en torno a dous eixos:

    1.- Articular teoría e práctica através da aproximación global aos problemas e situacións, poñendo en xogo os coñecementos conseguidos através das distintas materias do plan de estudos.
    2.- Reflexionar sobre a acción permitindo unha aprendizaxe reflexiva, alén da mera acción.

    As prácticas sitúan o alumnado en escenarios profesionais reais que favorecen a adquisición de coñecemento e posta en práctica das habilidades e destrezas necesarias na súa futura inserción laboral. Polo tanto, en cada caso o estudantado realizará tarefas e aprenderá metodoloxías de acción relacionadas coa institución seleccionada.

    O alumno debe entregar un informe-memoria, cumprindo o calendario estabelecido, onde explique o traballo realizado durante as prácticas. Contará cun titor profesional do programa, que realizará un informe de avaliación de cada estudante que realice as prácticas na súa empresa. Por outro lado, o titor académico da USC que lle corresponda avaliará, tendo en conta a memoria e o informe do titor profesional, o traballo de cada estudante.

  • O Traballo de Fin de mestrado (TFM) consistirá na elaboración por parte do estudante, de forma individual, dun traballo, memoria ou estudo orixinal en que se integren e desenvolvan os coñecementos, capacidades, competencias e habilidades adquiridos durante os estudos realizados no máster.

    Incluirá, como mínimo, tarefas de procura e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de resultados relevantes, redacción, e presentación e defensa do traballo. Estará orientado á avaliación das competencias asociadas á titulación como: capacitar para a procura, xestión, organización e interpretación de datos relevantes, normalmente da súa área de estudo; emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas destacados de índole social, científica, tecnolóxica ou ética, e que facilite o desenvolvemento dun pensamento e xuízo crítico, lóxico e creativo.

    A extensión do TFM non deberá superar as 20.000 palabras (unhas 50 páxinas a espazo e medio), sen contar bibliografía nin anexos. O TFM deberá adecuarse aos temas tratados nas materias do máster. O alumno deberá demostrar que é capaz de facer un uso adecuado da bibliografía especializada.

  • Unha treintena de profesores van impartir as diferentes materias do master. O profesorado deste máster ten unha recoñecida experiencia docente e investigadora de prestixio nacional e internacional no seu respectivo ámbito, axustado ao perfil das materias que imparte. O noso profesorado pertence a grupos de investigación consolidados (EcoPast, Sincrisis, Territorio e Biodiversidade, Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio, Grupo Interdisciplinar de Patrimonio Cultural y Geológico, ...) e implicados na docencia no master, que desenvolven liñas de investigación relacionadas cos contidos do Máster e, teñen traxectorias docentes e investigadoras axustadas ao perfil das materias que configuran a oferta docente do programa.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.05.2025.