Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Máster Universitario en Planificación e Xestión Territorial

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Ámbito de coñecemento
Interdisciplinar.
Centro(s)
Facultade de Xeografía e Historia
Praza da Universidade, 1, 15703
Santiago de Compostela
881812585 (Conserxaría)
881812589 (Decanato)
zhisdeca@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Ines Sante Riveira
Contacto
ines.sante@usc.es

Este máster pretende formar especialistas en planificar e xestionar o territorio desde unha perspectiva multiescalar, abranguendo espazos urbanos, rurais, periurbanos e naturais. O seu obxectivo consiste en transmitir as habilidades necesarias para que os seus egresados sexan quen de liderar equipos de traballo para a ordenación territorial e o urbanismo. Isto comporta a elaboración de documentos de planificación (vinculantes ou indicativos) e o deseño de procesos participativos na liña do desenvolvemento territorial. Parte dun enfoque decididamente multidisciplinar e presta especial atención á sustentabilidade do territorio nas súas dimensións ambiental, económica e sociocultural.

  • Duración: 1 ano académico
    Código RUCT: 4317431
    Número de ECTS: 60
    Número prazas: 13

    Decano/a ou director/a do centro:
    ANTONIO MIGUEZ MACHO

    Coordinador-a do título:
    Ines Sante Riveira
    ines.sante@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Orde do 16/06/2020 (1/07/2020)

    Data de publicación no BOE:
    07/05/2021

    Data da última acreditación:
    18/05/2020

  • Condicións de terminación:

    Obrigatorias: 27
    Optativas: 21
    Prácticas externas 6
    Traballo fin de máster: 6
    Total: 60

    Este máster contempla tres especialidades:

    -Especialidade en Planificación urbana e rexional
    -Especialidade en Tecnoloxías da información e planificación ambiental
    -Especialidade en Xestión de áreas rurais e de interese natural

    Para obter o título por unha especialidade, o alumno debe cursar un mínimo de 15 créditos de materias pertencentes ao módulo da dita especialidade. O resto de créditos optativos pode cursarlos con materias do mesmo ou dos outros modulos de especialidade. Finalmente, se así o desexa, de non cumprir o requisito anterior, tamén poderá obter o título sen especialidade.

  • Este programa está dirixido a titulados en tres grandes áreas: Arquitectura e Enxeñaría, Ciencias Sociais e Xurídicas e Ciencias. Na primeira, terán prioridade de acceso os titulados en Enxeñaría (Agrícola, Forestal, Civil), Paisaxe e Arquitectura; na segunda, os de Xeografía e Ordenación do Territorio. En función das súas preferencias formativas, os estudantes poderán optar por cursar unha das tres especialidades ofertadas:

    1. Planificación urbana e rexional;
    2. Tecnoloxías da información e planificación ambiental;
    3. Xestión de áreas rurais e de interese natural.
  • Modalidade: Criterios xerais

    Titulacións de acceso por orde de preferencia:

    1º Titulados en Enxeñaría Agrícola, Enxeñaría Forestal, Enxeñaría Civil, Paisaxe e Arquitectura; Grao ou Licenciatura en Xeografía e Ordenación do Territorio.
    2º Outras titulacións da rama de Enxeñaría e Arquitectura ou de Ciencias Sociais e Xurídicas
    3º Titulacións da rama de Ciencias

    Os alumnos procedentes de países de lingua diferente ao galego, portugués ou español deberán acreditar o nivel de lingua galega: Celga I, ou española: B1.
    De non posuíren algún dos títulos, a USC realizaralles unha proba de nivel e, de non superala, deberán modificar a matrícula de modo que só poderán matricular un 25% de materias do 1º semestre, e asistir ao mesmo tempo a un curso intensivo de galego ou español no primeiro semestre até acadaren o nivel requirido.

    Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    A titulación inclúe a realización de prácticas en empresa por un total de 6 créditos.

    Os contidos de cada práctica son potencialmente tan diversos como os contidos do propio mestrado, debido á grande diversidad de convenios e empresas e institucións en que se poderán realizar as prácticas.

    A avaliación das prácticas realizarase mediante o informe emitido pola empresa ou institución de acollida e a memoria de actividades presentada polo estudante. A cualificación final será establecida polo docente coordinador das prácticas.

  • O mestrado contempla a realización dun traballo fin de máster de 6 créditos.

    O alumnado será capaz de aplicar os coñecementos teóricos e prácticos a casos de estudo reais e á resolución de problemas. O alumnado reforzará os coñecementos adquiridos, particularmente os conceptos, modelos e teorías, mediante a súa posta en práctica.

    As competencias adquiridas son unha síntese do conxunto do mestrado, con maior énfase nas de carácter investigador. O alumnado poderá realizar unha proposta de hipótese, definir obxectivos, determinar a metodoloxía de toma de datos, análise e interpretación, realizar unha revisión bibliográfica, elaborar conclusións, redactar un documento científico ou técnico e expoñer e comunicar os resultados.

  • O corpo docente do programa procede de diferentes disciplinas científicas (Xeografía, Enxeñaría, Economía, Bioloxía) e está integrado en grupos de investigación recoñecidos como unidades de investigación competitivas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Todo o equipo docente participa habitualmente en proxectos de investigación, así como en contratos e convenios con entidades públicas e privadas relacionados coa práctica da planificación territorial.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.04.2022.