Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Grao en Historia

  • En extinción
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Artes e Humanidades
Centro(s)
Facultade de Xeografía e Historia
Praza da Universidade, 1, 15703
Santiago de Compostela
881812585 (Conserxaría)
881812592 (Decanato)
zhisdeca@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Biblioteca de historia

O coñecemento da Historia vai máis alá da crónica de acontecementos pasados. Trátase de comprender criticamente os procesos históricos, entendendo o presente, a sociedade, a cultura, as estruturas económicas e políticas actuais como o seu produto. Entre as saídas profesionais destacan, entre outras, a docencia, a investigación ou a xestión cultural.

  • Duración: 4 anos académicos
    Código RUCT: 2501097
    Número prazas: 110

    Decano/a ou director/a do centro:
    ANTONIO MIGUEZ MACHO

    Coordinador-a do título:
    Miguel Cabo Villaverde

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Nivel MECES: 2

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    D. 385/2009 do 27 agosto (DOG 16/09/09)

    Data de publicación no BOE:
    5 de marzo de 2010

    Data da última acreditación:
    28/09/2021

    O ensino da historia implica hoxe en día o coñecemento racional e crítico do pasado da humanidade. Desta maneira afóndase na diversidade cultural dos diferentes períodos históricos para fomentar actitudes de tolerancia, igualdade, paridade de xénero ou non discriminación. En última instancia, o estudo da historia contribúe a desenvolver unha conciencia cívica e a comprender mellor a sociedade actual.

    No plan de estudos deste grao se lle concede especial importancia á formación teórica e práctica do alumnado, de xeito que  na planificación das súas actividades son frecuentes as saídas e prácticas fóra da aula (prácticas de campo e prácticas académicas externas).

  • Non se contempla

  • Non se contemplan

  • Na actualidade a Facultade de Xeografía e Historia dispón de 18 aulas dedicadas á docencia. Todas elas están equipadas con recursos informáticos e adaptados  ás características específicas que requiran as materias impartidas. Dentro deste conxunto o centro conta con 3 aulas de informática, con un total de 60 postos, así como cunha aula de cartografía (21 postos) e dous laboratorios (1 laboratorio de Técnicas de Prehistoria e outro de  Xeografía e Prehistoria)

    A biblioteca da facultade está dotada cun fondo considerable e dispón de máis de 400 postos de lectura.

  • 1.- Proporcionar un coñecemento racional e crítico do pasado da humanidade a fin de comprender o presente.
    2.- Contribuír ao recoñecemento crítico da diversidade histórica e cultural
    3.- Contribuír á inculcación de actitudes de tolerancia e respecto polos puntos de vista que se derivan de tradicións históricas e culturais.
    4.- Educar nos valores da igualdade, a paridade de xénero e a non discriminación, a través do coñecemento da loita por estes valores nos diferentes momentos históricos.
    5.- Contribuír ao desenvolvemento dunha conciencia cívica.
    6.- Proporcionar un coñecemento preciso dos acontecementos e dos procesos de cambio e de continuidade nunha perspectiva diacrónica.
    7.- Adquirir un coñecemento básico dos principais métodos, técnicas e instrumentos de análises:
    a. Explicar o pasado desde o estudo dos seus restos, arqueolóxicos, documentais ou artísticos:
    b. Ordenar, organizar, definir ou sintetizar a información de fontes documentais, arqueolóxicas ou bibliográficas:
    c. Analizar os procesos sociais históricos e contemporáneos: comprender ou explicar problemáticas humanas e ofrecer solucións.
    d. O obxectivo final é formar pensadores da conduta humana en sociedade.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    Os alumnos poderán realizar prácticas externas optativas. Recoñeceranse 6 créditos optativos.

  • Os alumnos e alumnas poderán inscribir o traballo de fin de grao unha vez superados 150 créditos, entre eles todos os da primeira metade da titulación. Para non atrasar a gradación do estudantado que reúnan os requisitos, a Facultade ofertará traballos de Fin de Grao para a súa realización en ambos os dous cuadrimestres.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.06.2024.