Skip to main content
This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/en/legal-notice">cookies policy</a>.

Location

Research Support Building (CACTUS)
Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782
Santiago de Compostela
Phones
881 816 261
Email
magnetom@usc.gal
Schedule
De luns a venres, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00
Magnetómetro SQUID de Quantum Design permite levar a cabo medidas de susceptibilidade magnética en modo DC e AC e medidas de transporte eléctrico.
  • As prestacións deste equipo permiten a caracterización magnética de materiais, as cales son unha ferramenta fundamental no estudo de imáns moleculares para o deseño de dispositivos de almacenamento de información e sistemas de computación cuántica, nanopartículas magnéticas con aplicacións como axentes de contraste, administradores de fármacos ou sistemas para terapia de hipertermia magnética; tamén se levará a cabo o desenvolvemento e estudo das propiedades de novos materiais supercondutores, imáns permanentes, e compostos similares, cubrindo ámbitos da química, física, ciencia dos materiais, biomedicina e biotecnoloxía.

    Magnetómetro de tecnoloxía SQUID con sistema de funcionamento en ciclo pechado (cryogen-free evercool system).
    Campo magnético de ± 7 Tesla.
    Rango de temperatura de traballo, desde 1.8 K ata 400 K.
    Imán supercondutor con alta homoxeneidade na zona de posicionamento da mostra e con sistema para desimanar o campo remanente.
    Módulo de medida DC, sensibilidade de 5 x 10-8 emu (≤ 2,500 Oe) e 6 x 10-7 emu (> 2,500 Oe).
    Módulo de medida VSM, sensibilidade de 1 x 10-8 emu (≤ 2,500 Oe) e 8 x 10-8 emu (> 2,500 Oe).
    Módulo de medidas AC con intervalo de frecuencia de 0.1-1000 Hz e amplitude do campo de 0.1-10 Oe.

    A adquisición deste equipamento foi financiada mediante a axuda EQC2021-007176-P da convocatoria do ano 2021, para a concesión de axudas para a adquisición de infraestruturas de investigación e equipamento científico-técnico da Agencia Estatal de Investigación a través de fondos NextGenerationEU.

  • Magnetosusceptibility Unit

    Research Support Building. 1st floor
    • Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782
      Santiago de Compostela