The University's system of government is based on three components: the representation of the university community through the Senate, social participation in the University through the Social Council and the creation of a common governing body: the Governing Council.
The Organic Law of Universitary System (LOSU) establishes the main bodies, collective and individual, of government and management and their basic competences, which each university develops through its own Statutes.
Unipersonal governing entities
Delegados/as do Reitor
Luis Otero González
Delegado para Transferencia do Coñecemento
Luis Otero González é profesor titular do departamento de Economía Financeira e Contabilidade. A súa investigación nos últimos dez anos centrouse principalmente no estudo da xestión e o desempeño do risco financeiro en diferentes áreas, especificamente, en fondos de inversión, banca, seguros e turismo. Dende o ano 2014, lidera o grupo ‘Valoración financeira aplicada’. Dirixiu 11 teses de doutoramento e durante máis de dúas décadas foi o responsable do mestrado en Banca, Finanzas e Seguros da USC. Tamén ten desenvolvido unha intensa actividade de transferencia con máis de 45 contratos con empresas e institucións. Otero González ten publicado máis de medio cento de artigos en revistas indexadas en JCR ou SJR.
Diana Santiago Iglesias
Delegada para Racionalización e Calidade Normativa
Diana Santiago Iglesias é profesora titular da área de Dereito Administrativo. As súas liñas de investigación abranguen o dereito local, servizos públicos, contratación administrativa, e organización administrativa. Ten realizado diversas estancias en centros de referencia internacional e participou de forma ininterrompida, dende o comezo da súa carreira académica, en proxectos de investigación financiados a través de convocatorias públicas en réxime de concorrencia, tanto como investigadora principal como membro do equipo de investigación. Así, foi investigadora principal do proxecto ‘Instrumentos xurídicos para a loita contra a despoboación no ámbito rural’. É autora dos libros Las sociedades de economía mixta como forma de gestión de los servicios públicos locales e La jurisprudencia y su función en el ordenamiento jurídico administrativo. Elaborou múltiples artigos e capítulos de libro, tanto en España como no estranxeiro, publicados en revistas de impacto e editoriais de prestixio internacional.
Sonia E. Rodríguez Boente
Delegada para a Igualdade
Sonia Esperanza Rodríguez Boente é profesora titular da Área de Filosofía do Dereito. Xa no ano 2000 desfrutou dunha bolsa concedida pola Xunta de Galicia para a realización dun estudo de investigación sobre a discriminación da muller no ámbito laboral (discriminacións salariais, nas condicións de traballo, acoso sexual, etc.). Son dúas as liñas de investigación que ten desenvolvido dende que, no ano 2002 , acadou o título de doutora pola USC. A primeira delas céntrase na interpretación e aplicación do Dereito e ten como obxectivo a análise da actividade xudicial, a denuncia dos seus fallos e a proposta de melloras. A segunda abrangue o estudo dos dereitos fundamentais e liberdades públicas sendo a que recolle as súas achegas en materia de igualdade home muller (estudos xurisprudencias, conciliación...) e de atención ás vítimas de violencia de xénero (a proba nestes supostos e os nesgos que existen na función xudicial sobre estas vítimas). Foi a investigadora principal dun proxecto, financiado pola USC e desenvolvido no ano 2023, que deu como froito a elaboración dun Protocolo de atención ás vítimas de violencias sexuais no ámbito da USC. Dirixiu a tese, recentemente defendida por Carla Romero Álvarez, e titulada “O xénero no dereito: concepto, xustificación e aplicacións”.
Javier Rico Díaz
Delegado para o Deporte
Javier Rico é profesor na Facultade de Ciencias da Educación. A súa liña de investigación desenvólvese en torno á educación física e á actividade física no contexto escolar, así como en torno á actividade física e a saúde, xerando publicacións en revistas especializadas, capítulos de libros e comunicacións en congresos nacionais e internacionais, así como accións de divulgación sobre o traballo desenvolvido. Forma parte do grupo de investigación ESCULCA da USC. Durante a pandemia da COVID-19, foi o coordinador do proceso de elaboración e implementación dos protocolos FISICOVID-DXTGALEGO da Secretaría Xeral para o Deporte para darlle continuidade á práctica deportiva nos anos 2020 e 2021.
Mª Elvira López Mosquera
Delegada para o Campus Terra
Mª Elvira López Mosquera é profesora titular na Escola Politécnica Superior de Enxeñería dende 1991. En materia de xestión académica, foi coordinadora do Mestrado Oficial Interuniversitario USC-Agrocampus Ouest ‘Industria e Economía Leiteira/Industrie et Econmie Letière’ (2007-2011), directora do Instituto de Investigación Agraria e Desenvolvemento Rural (2011-2015), adxunta ao Vicerreitorado de Coordinación do Campus de Lugo en Investigación, Transferencia e Innovación (2018-2022) e directora científica da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias da USC (dende xullo de 2019). Como investigadora pertence ao grupo Agronomía e ciencia animal, do que foi coordinadora de 1999 a 2014. A súa principal liña de investigación é a xestión de residuos e subproductos orgánicos xerados en explotacións agrogandeiras e industrias de transformación, así como a súa valorización como fertilizantes, emendas, substratos e bioestimulantes. Nos últimos dez anos, obtivo financiamento competitivo para I+D+i, participando en doce proxectos de investigación, sendo investigadora principal en seis deles. Dirixiu tres teses doutorais e publicou 50 artigos científicos e capítulos de libro.