Skip to main content
This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/en/legal-notice">cookies policy</a>.

Location

Research Support Building (CACTUS)
Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782
Santiago de Compostela
  • Operational equipment
US (“UNISPRAY”) é unha nova fonte de ionización para ionizar unha gama máis ampla de compostos. Permite descubrir máis detalles da mostra nunha única análise.
  • Trátase duna técnica de ionización atmosférica que permite a ionización multimodo de analitos tanto polares como non polares nunha única inxección. O efluente da columna nebulízase ó saír dunha sonda conectada a terra e quentada. O spray diríxese a un pin de aceiro inoxidable que se mantén a alto voltaxe. Isto crea gotas máis pequenas que as de ESI, o que aumenta a desolvatación dos ións. O fluxo nebulizado cúrvase arredor da superficie do pin impactador ata o cono de mostra debido ó efecto Coanda. Este mecanismo permite unha maior ionización e eficiencia de mostraxe.

    A xeometría única da fonte de ionización UniSpray xera varios mecanismos diferentes para producir gotas máis pequenas e mellorar a desolvatación. Estes efectos combínanse para xerar un maior número de ións libres e adoita dar lugar a un aumento da resposta nunha ampla gama de compostos.

    A fonte de ionización UniSpray ofrece:

    • Maior eficacia de ionización: unha gama máis ampla de compostos ionizados nun único análise e posible aumento da sensibilidade.
    • Redución da necesidade de cambiar a fonte de ionización entre diferentes análises.

    Instrumentación: Xevo TQ Absolute (Waters).

    Para máis información, pódese consultar a seguinte ligazón: Fuente de ionización UniSpray | Ionización por espectrometría de masas | Waters

  • Mass Spectrometry and Proteomics Unit

    Research Support Building (CACTUS)
    • Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782
      Santiago de Compostela
    • 881 816 242