Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Programa de Doutoramento en Comunicación e Información Contemporánea

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.comunicacion@usc.es

O Doutoramento en Comunicación e Información Contemporánea ofrece unha formación universitaria cun alto nivel de especialización para atender as necesidades académicas e científicas que se derivan das diferentes liñas de investigación vinculadas ao Xornalismo e á Comunicación Audiovisual.

  • Duración: 3 anos académicos
    Código RUCT: 5600691
    Número prazas: 15

    Coordinador-a do título:
    Jose Soengas Perez
    jose.soengas@usc.es

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    21/01/2014

    Data de publicación no BOE:
    11/03/2014

    Data da última acreditación:
    01/03/2022

    Códigos ISCED:
    (321) Periodismo
    (310) Ciencias sociales y del comportamiento
    (0321) Periodismo y comunicación

    O Doutoramento en Comunicación e Información Contemporánea ofrece unha formación universitaria cun alto nivel de especialización para atender as necesidades académicas e científicas que se derivan das diferentes liñas de investigación vinculadas ó Xornalismo e á Comunicación Audiovisual. A principal finalidade deste Doutoramento é garantir unha aprendizaxe que satisfaga as exixencias dos alumnos que realizaron o grao en Xornalismo ou en Comunicación Audiovisual, e tamén noutras titulacións, principalmente de Ciencias Sociais, e que desexan continuar a súa formación investigadora. Trátase dun programa que ofrece múltiples opcións de especialización a través de liñas de traballo xa consolidadas, explorando as linguaxes e as posibilidades informativas e comunicativas dos diferentes formatos e soportes.

    Apóstase por unha formación altamente cualificada e por un coñecemento vencellado ó intercambio científico permanente a través dos convenios que existen con universidades de referencia europeas e americanas, que xa colaboran cos grupos de investigación que participan no programa de Doutoramento.

    A principal finalidade deste Doutoramento é garantir unha aprendizaxe que satisfaga as exixencias dos alumnos que realizaron o grao en Xornalismo ou en Comunicación Audiovisual, e tamén noutras titulacións, principalmente de Ciencias Sociais, e que desexan continuar a súa formación investigadora. Trátase dun programa que ofrece múltiples opcións de especialización a través de liñas de traballo xa consolidadas, explorando as linguaxes e as posibilidades informativas e comunicativas dos diferentes formatos e soportes. Apóstase por unha formación altamente cualificada e por un coñecemento vinculado ao intercambio científico permanente a través dos convenios que existen con universidades de referencia europeas e americanas, que xa colaboran cos grupos de investigación que participan no programa de Doutoramento.

  • Seminario métodos de investigación cualitativos

    • E3021A01

    Seminario métodos de investigación cuantitativos

    • E3021A02

    Seminario métodos de investigación aplicados á comunicación

    • E3021A03

    Divulgación de resultados científicos

    • E3021A05

    Análise e Visualización de Datos

    • E3021A06
  • A CAPD do programa de doutoramento avaliará de forma individualizada aos/ás candidatos/as e a aqueles con perfís que non se axusten aos indicados para o acceso directo ao programa de doutoramento propoñeralles uns complementos de formación específicos adecuados ao seu perfil. Os complementos de formación que deberán cursar estableceranse en función da formación previa do/a alumno/a e serán tales que lle permitan alcanzar as competencias necesarias para o bo desenvolvemento da súa tese doutoral dentro do programa de doutoramento. Devanditos complementos de formación poderán ser de materias ou módulos de máster e grao e terán, a efectos de prezos públicos e de concesión de bolsas e axudas ao estudo, a consideración de formación de nivel de doutoramento. No caso de realizarse con carácter previo, o seu desenvolvemento non computará a efectos do límite temporal establecido para a realización da tese. Estes créditos non computarán para os efectos dos requisitos comúns de acceso ao programa de doutoramento. No caso específico do Programa de Doutoramento en Comunicación e Información Contemporánea, considerarase a posibilidade de esixir complementos de formación (como máximo ata 15 ECTS) a aqueles perfís que non acrediten formación en másteres oficiais con contidos exclusivos de xornalismo, de comunicación, de comunicación audiovisual ou de publicidade e relacións públicas. A realización dos complementos será previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa. No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa. No caso de ser previa só se matriculará destes complementos, non se asinará o Compromiso de Supervisión nin se abrirá o Documento de Actividades do doutorando ata a súa superación, e a súa realización non computará para os efectos dos prazos mínimos e máximos marcados para a realización dos estudos de doutoramento. Os complementos son valorados pola CAPD durante o proceso de admisión, antes de formalizar a matrícula. A cada alumno/a asígnanselle uns diferentes (máis ou menos materias), segundo a proximidade que teña coas Ciencias da Comunicación (maior ou menor) a titulación coa que accede ao doutoramento. Os complementos de formación deberán superarse no prazo máximo de catro cuadrimestres consecutivos (durante o primeiro ano de matrícula). De non facelo así, o alumno causará baixa no programa.

  • A principal finalidade deste Doutoramento é garantir unha aprendizaxe que satisfaga as exixencias dos alumnos que realizaron o grao en Xornalismo ou en Comunicación Audiovisual, e tamén noutras titulacións, principalmente de Ciencias Sociais, e que desexan continuar a súa formación investigadora.

    O Doutoramento en Comunicación e Información Contemporánea ofrece unha formación universitaria cun alto nivel de especialización para atender as necesidades académicas e científicas que se derivan das diferentes liñas de investigación vinculadas ó Xornalismo e á Comunicación Audiovisual. A principal finalidade deste Doutoramento é garantir unha aprendizaxe que satisfaga as exixencias dos alumnos que realizaron o grao en Xornalismo ou en Comunicación Audiovisual, e tamén noutras titulacións, principalmente de Ciencias Sociais, e que desexan continuar a súa formación investigadora. Trátase dun programa que ofrece múltiples opcións de especialización a través de liñas de traballo xa consolidadas, explorando as linguaxes e as posibilidades informativas e comunicativas dos diferentes formatos e soportes.

    Apóstase por unha formación altamente cualificada e por un coñecemento vencellado ó intercambio científico permanente a través dos convenios que existen con universidades de referencia europeas e americanas, que xa colaboran cos grupos de investigación que participan no programa de Doutoramento.

  • Para dar cobertura a todos os requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

    A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

    • Bases de datos reunidas

    • Revistas electrónicas

    • Sumarios electrónicos

    • Servizo de préstamo interbibliotecario

    Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

    A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

    A Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

    O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. A tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

    Outros recursos:

    Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)

    Redes de aulas de informática

    Área de xestión de infraestruturas

    Servizo de medios audiovisuais

    Servizo de prevención de riscos

    Unha descrición máis detallada dos recursos materiais está dispoñible no apartado sete da Memoria do Título

  • Título Data de lectura Autoría Dirección
    Intelixencia artificial, innovación e novas tecnoloxías en medios de comunicación públicos e privados Mención doutoramento internacional, Tese por compendio de publicacións 08/11/2024 César Fieiras Ceide Jose Miguel Tuñez Lopez
    A produción cinematográfica de longametraxes e series de ficción na Rexión Norte de Portugal - subvencións para un estudo sobre prácticas, estratexias e sustentabilidade 14/02/2025 José Manuel De Oliveira Quinta Ferreira
    Análise da comunicación política na rede social X en España e Portugal 10/01/2025 Juan Estraviz Portela Jose Sixto Garcia
    O RETRATO E OS ESTEREOTIPOS DA INMIGRACIÓN EUROPEA NO CINE: ANÁLISE DO CASO ESPAÑOL (1990-2022) 13/02/2025 Ikhlass Chetouani Marta Perez Pereiro
    Diplomacia Pública e Dixital en Twitter dos Estados Unidos en Arabia Saudita 17/01/2025 Hussain Abdu A Najmi Jose Sixto Garcia
    A alfabetización mediática nas radiotelevisións públicas españolas 20/03/2025 Virginia Oya Alcalá
  • Coordinador/a
    Jose Soengas Perez

    Secretario/a
    Jose Sixto Garcia

    Vogais
    Berta Garcia Orosa
    Enrique Castello Mayo
    Antia Maria Lopez Gomez
    Ana Isabel Rodriguez Vazquez
    Marta Perez Pereiro
    Jose Miguel Tuñez Lopez
    Xose Lopez Garcia
    Alba Silva Rodriguez
    Jorge Vázquez Herrero

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.09.2023.