Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 48
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Audiencias e estratexias informativas é unha materia incluida nos contidos optativos do máster en Xornalismo e Comunicación Multimedia: Novas tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento. No plano de estudos figura no segundo semestre e consta de 6 créditos ECTS. O alumnado profundizará na capacitación teórica para comprender a aproximación e a transversalidade do concepto de planificación, con atención ás estratexias e públicos, no campo dos produtos informativos. Tamén no estudo da fragmentación dos públicos na sociedade da información e o coñecemento, na análise do papel e perfil dos consumidores e prosumidores, e no estudo do impacto das audiencias nos diferentes produtos comunicativos. O alumnado adquirirá competencias para entender a planificación estratéxica e o deseño das accións innovadoras no campo da comunicación, especialmente na súa relación cos públicos e coas audiencias.
Tratarase de deseñar accións innovadoras no campo da comunicación, especialmente na súa relación cos públicos e coas audiencias. Ademáis, esta materia ten como competencias específicas: que o alumno adquira coñecementos que lle permitan coñecer as principais bases de datos precisas para a planificación e o deseño estratéxico (EGM, KSTR e InstarAnalytics, OJDinteractiva, conScore, GfK, TNS, Emro, etc.) así como valor de técnicas cualitativas de investigación de audiencias (grupos de discusión, etc); que o alumnado coñeza os novos ámbitos de desenvolvemento profesional para que o xornalista identifique oportunidades laborais no ámbito da planificación estratéxica na procura de novos usuarios e audiencias; que coñeza as accións innovadoras no campo da comunicación, especialmente para a conexión e fidelización dos medios cos públicos e coas audiencias. A materia debe contribuír a que o alumno teña competencias e habilidades para executar a análise e planificación estratéxica de produtos e a súa extensión entre os usuarios e as audiencias dunha sociedade conectada.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
----
Os contidos básicos da materia recollidos na memoria Circulación: concepto e escenarios para os produtos comunicativos. O peso da hibridación. Audiencias: sistemas de recoñecemento / localización e medición para a creación e conquista de novos públicos. Tendencias de usos e consumos informativos. Estratexias como fórmulas para o emprazamento dos produtos comunicativos. Evolución e tendencias
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1: Introducción. Circulación dos produtos comunicativos no esceario actual. A era das noticias centradas nas audiencias
TEMA 2: Perfís profesionais en torno á medición e fidelización dos públicos
TEMA 3: Audiencias. Recoñecemento e identificación dos públicos
TEMA 4: Sistemas de medición: a importancia de combinar valores cuantitativos e cualitativos
TEMA 5: Tendencias nos usos e consumos informativos
TEMA 6: Estratexias para o emprazamento de produtos informativos. Evolución e tendencias
CONTIDOS PRÁCTICOS
O temario teórico compleméntase coas sesións prácticas estuturadas nun laboratorio de “Audiencias e estratexias informativas”, en consonancia cos contidos teóricos que se imparten. Coa implicación activa de docente e alumnado, traballarase de xeito aplicado coas fontes (bases de datos, informes, artigos científicos…) que permitan aproximarse ao coñecemento das tendencias de consumo no entorno converxente por parte dos públicos. Nesta parte aplicada deseñaranse, tamén, instrumentos de análise como enquisas, test, grupos de discusión, etc, tanto sobre unha mostra predefinida como a partir de propostas abertas, en torno ás ofertas informativas nos distintos soportes. Finalmente, exploraranse as distintas estratexias que se traballan nos medios de comunicación de cara a mellorar a conexión e a fidelización coa audiencia.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Carlson, M. (2018). Confronting Measurable Journalism. Digital Journalism, 6, 406-417. https://www.tandfonline.com/doi/full/10.1080/21670811.2018.1445003
Ferrer-Conill, R. & Tandoc Jr., E.C. (2018). The Audience-Oriented Editor. Digital Journalism, 6(4), 436-453. https://www.tandfonline.com/doi/full/10.1080/21670811.2018.1445003
Masip, P. (2016). Investigar el periodismo desde la perspectiva de las audiencias. El Profesional de la Información, 25(3), 323-330
Moran, R.E. & Nechushtai, E. (2022). Before reception: Trust in the news as infrastructure. Journalism, 0, 1-18. https://doi.org/10.1177/14648849211048961
Negredo, S.; Amoedo, A.; Vara-Miguel, A.; Moreno, E. & Kaufmann, J. (2021). Digital News Report.ES 2020. Reuters Institute. https://www.digitalnewsreport.es/
Newman, N., Fletcher, R.; Schulz, A., Simge, A. & Kleis, R. (2021). Reuters Institute Digital News Report 2020. https://www.digitalnewsreport.org/
Toff, B.; Badrinathan, S.; Mont’Alverne, C.; Argueda, A.R.; Fletcher, R. & Nielsen, R.K. (2020). What we think we know and what we want to know: perspectives on trust in news in a changing world. Reuters Institute. https://reutersinstitute.politics.ox.ac.uk/what-we-think-we-know-and-wh…
Tjaardstra, N. (2017). World Press Trends 2017: Trust is the new currency for success. WAN-IFRA. https://wan-ifra.org/2017/10/world-press-trends-2017-trust-is-the-new-c…
Wan-Ifra (2022). En busca de un conocimiento más profundo de nuestras audiencias. Informe sobre la 2ª Ronda de Table Stakes Europe. https://wan-ifra.org/cases/
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Callejo, J. (2001). El grupo de discusión: introducción a una práctica de investigación. Ariel.
Casero-Ripollés, A. (2020). Impact of Covid-19 on the media system. Communicative and democratic consequences of news consumption during the outbreak. El profesional de la Información 29(2), e290223. https://doi.org/10.3145/epi.2020.mar.23
Cherubini, F. & Nielsen, R.K. (2016). Editorial Analytics: How News Media are Developing and Using Audience Data and Metrics. Digital News Project 2016.
Coleman, S. (2012). Believing the news: From sinking trust to atrophied efficacy. European Journal of Communication, 27(1), 35–45. doi:10.1177/0267323112438806
Cooper-Blank, R. (2020, 19 marzo). In Uncertain Times, People Turn to Local News. Comscore Blog. https://www.comscore.com/Insights/Blog/In-Uncertain-Times-People-Turn-t…
Costera-Meijer, I. (2016). Practicing Audience-centred Journalism Research. In Witschge, T., Anderson, C.W., Domingo, D. & Hermida, A. Digital Journalism. Sabiio.
Covid0bs (2021). Observatorio de Infodemics Covid19. https://covid19obs.fbk.eu/#/
Dhanani, L.Y. & Franz, B. (2020). The Role of News Consumption and Trust in Public Health Leadership in Shaping COVID-19 Knowledge and Prejudice. Frontiers in Psychology, 11. doi: 10.3389/fpsyg.2020.560828
Fletcher, R. & Park, S. (2017). The impact of trust in the news media on online news consumption and participation. Digital Journalism, 10(5), 1281-1299. doi: https://doi.org/10.1080/21670811.2017.1279979
Kalogeropoulos, A., Suiter, J., Udris, L., & Eisenegger, M. (2019). News media trust and news consumption: Factors related to trust in news in 35 countries. International Journal of Communication, 13, 3672–3693. https://ijoc.org/index.php/ijoc/article/view/10141/2745
Krueger, R. (1991). El grupo de discusión. Guía práctica para la investigación aplicada. Pirámide.
Lamot, K. & Paulussen, S. (2020). Six Uses of Analytics: Digital Editor's Perceptions of Audience Analytics in the Newsroom. Journalism Practice, 14(3), 358-373. https://www.tandfonline.com/doi/full/10.1080/17512786.2019.1617043?scro…
Lunt, P. & Livingtone, S. (1996). Rethinking the Focus Group in Media and Communications Research. En Journal of Communication, 46(2).
Meso, K., Agirreazkuenaga, I. & Larrondo, A. (eds.) (2015). Active audiences and Journalism. Analysis of the quality and regulation of the user generated contents. UPV-EHU.
https://drive.google.com/file/d/0B2eyawMqcpTyLVpGR0NLQzAtcmc/view
Metzger, M. J., Flanagin, A. J., Eyal, K., Lemus, D. R. & McCann, R. (2003). Credibility for the 21st century: Integrating perspectives on source, message and media credibility in the contemporary media environment. Communication Yearbook, 27, 293–335.
Moreno-Moreno, E. & Sanjurjo-San-Martín, E. L. (2020). Consumo selectivo de las marcas periodísticas en España: confianza, orientación política y grado de consumo digital. Profesional De La Información, 29(5), 1699-2407. doi: https://doi.org/10.3145/epi.2020.sep.24
Nelson, J. (2016). Audience Currencies in the Age of Big Data. International Journal on Media Management, 18(1), 9-24. https://www.tandfonline.com/doi/full/10.1080/14241277.2016.1166430
Pew Research Center (2021). News Use Across Social Media Platforms in 2020. Pew Research Center. https://pewrsr.ch/3aJrUf7
Russmann, U. & Hess, A. (2020). News Consumption and Trust in Online and Social Media: An In-depth Qualitative Study of Young Adults in Austria. International Journal of Communication, 14, 3184-3201. https://ijoc.org/index.php/ijoc/article/view/13774/3115
Vara-Miguel, Alfonso (2018). Confianza en noticias y fragmentación de mercado: el caso español. Comunicació: Revista de recerca i d’anàlisi, 35(1), 95-113. doi: https://doi.org/10.2436/20.3008.01.168
No apartado das competencias, esta materia procurará desenvolver as seguintes:
BÁSICAS E XERAIS:
CG03 - Analizar ou executar os procesos de produción, de xestión e de difusión do coñecemento a través de contidos informativos.
TRANSVERSAIS:
CT01 - Elaborar e xestionar contidos informativos.
CT02 - Idear e crear produtos multimedia.
ESPECÍFICAS:
CEO-06: Deseñar accións innovadoras no campo da comunicación, especialmente na súa relación
cos públicos e coas audiencias.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
O sistema de avaliación para esta materia en extinción será:
- Proba final de coñecementos teorico-prácticos: 100% da cualificación final
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O tempo de estudo desta materia é de 150 horas. Distribúense nun total de 52 horas presenciais e 98 de traballo persoal do alumno para a preparación e realización das actividades programadas (tanto teóricas como prácticas), segundo consta na memoria do título:
Clases expositivas: 18h
Clases interactivas: 24h
Tutorías en grupo: 6h
Actividades de Avaliación: 4h
Traballo persoal do alumno (estudo autónomo, escritura de exercicios, programación/ experimentación ou outros traballos en ordenador /laboratorio): 98h
Ana Isabel Rodriguez Vazquez
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816542
- Correo electrónico
- anaisabel.rodriguez.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
15.01.2025 16:00-20:00 | Grupo de exame | Aula 0 |
17.06.2025 16:00-20:00 | Grupo de exame | Aula 3 |