Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
A materia afonda no acceso a bases e fontes documentais como actividade básica na elaboración de contidos informativos ou na planificación de actividades de comunicación. Potenciarase o uso de bases en liña e a creación e utilización de bases documentais propias. Tamén se traballará na interpretación e análise de datos e a súa explotación visual, con big data e propostas de xestión intelixente dos territorios (smart cities, por exemplo) como referencias.
O obxectivo principal é habilitar ao alumno para recoñecer historias agochadas nos datos. O traballo con Big Data, a recolección de datos, o seu tratamento, análise e posterior interpretación serán partes fundamentais do módulo. Finalmente, a visualización xogará un papel crucial á hora de comunicar todo o traballo previo.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
Documentación online —identificación e uso de bases e fontes documentais online—, creación e uso de repositorios, visualización de datos e Data Scraping. Datos, metadatos, Big Data, formatos, ferramentas e innovación.
TEMA 1. DATOS E XORNALISMO
1.1. Concepto
1.2. Antecedentes e evolución
1.3. O big data (concepto, evolución e usos)
1.4. O Open Data (concepto, evolución e usos)
1.5. Os datos como fonte xornalística
1.6. O xornalismo de datos
TEMA 2. A VISUALIZACIÓN DE DATOS
2.1. Concepto e evolución
2.2. Usos no xornalismo
2.3. Formas gráficas (tipoloxías e función no relato xornalístico)
2.4. Deseño xornalístico e infografía (cor, retícula, imaxe, tipografía, etc.)
2.5. Exemplos e experiencias no marco do xornalismo actual
CONTIDOS PRÁCTICOS
O alumnado realizará actividades dirixidas á procura, selección e comunicación de datos con ollada xornalística. Para tal fin serán realizadas actividades como:
- Procura e identificación de datos en fontes oficiais
- Elaboración de infografías
- Elaboración de visualizacións de datos
- Aprendizaxe no uso de ferramientas destinadas á producción de gráficos interactivos
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Bounegru, L., Chambers, L., & Gray, J. (Eds.). (2012). The Data Journalism Handbook 1. European Journalism Centre. https://datajournalism.com/read/handbook/one
Bounegru, L., Chambers, L., & Gray, J. (Eds.). (2021). The Data Journalism Handbook 2. Towards a Critical Data Practice. European Journalism Centre. https://datajournalism.com/read/handbook/two
Cairo, A. (2011). El arte funcional. Alamut.
Cairo, A. (2016). The truthful art. New Riders.
Colle, R. (2013). Prensa y" Big Data": El desafío de la acumulación y análisis de datos/Press and" Big Data": The challenge of data accumulation and analysis. Revista Mediterránea de Comunicación/Mediterranean Journal of Communication, 4(1).
Crucianelli, S. (2013). ¿ Qué es el periodismo de datos?. Cuadernos de periodistas, 26, 106-124.
Ibáñez, D. B. (2015). Big Data y técnicas cuantitativas: una introducción al análisis de contenido informatizado. Revista San Gregorio, 2(8), 106-111.
Tascón, M. (2013). Introducción: Big Data. Pasado, presente y futuro. Telos: Cuadernos de comunicación e innovación, (95), 47-50.
Sánchez-Bonvehí, C., & Ribera, M. (2014). Visualización de la información en la democratización de los datos: propuestas desde el periodismo y la narratividad. El profesional de la información, 23(3), 311-318.
Schönberger, V. M., & Cukier, K. (2013). Big data: la revolución de los datos masivos. Turner.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Bravo, A. A. (2013). El periodismo de datos y la web semántica. Cuadernos de Información y Comunicación, 18, 99.
Casero Ripollés, A., & López Meri, A. (2015). Redes sociales, periodismo de datos y democracia monitorizada.
Crucianelli, S. (2010). Herramientas digitales para periodistas. Knight Center for Journalism in the Américas.
Domínguez, M. Á. C. (2013). La evolución del periodismo de precisión: el blog de The Guardian sobre periodismo de datos. In I Congreso Internacional de Comunicación y Sociedad Digital (p. 11). Universidad Internacional de La Rioja.
Ferrer-Sapena, A., & Sánchez-Pérez, E. (2013). Open data, big data:¿ hacia dónde nos dirigimos?. Anuario ThinkEPI 2013, 7, 150-156.
Fumero, A. (2014). Big Data: una perspectiva desde la comunicación ciudadana. Revista de Estudios de Juventud, (105), 39-51.
Herrero-Solana, V., & Rodríguez-Domínguez, A. M. (2015). Periodismo de datos, infografía y visualización de la información: un estudio de El País, El Mundo, Marca y El Correo.
Paniagua, S. (2013). Un mundo de sensores. De los datos al Big Data. Telos: Cuadernos de comunicación e innovación, (95), 94-96.
Rodríguez, N. (2013). Big data. ILLA comunicación, 20.
BÁSICAS E XERAIS
CG01 - Coñecer dinámicas, produtos e soportes para a produción, xestión e difusión do coñecemento.
CB7 - Que os alumnos saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolver problemas en ambientes novos ou descoñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
TRANSVERSAIS
Non existen datos
ESPECÍFICAS
CE01 - Coñecer a xestión de bases de datos en liña e a creación e uso de bases de datos documentais propias para a interpretación e análise de datos e a súa explotación visual.
O estudante será capaz de empregar ferramentas de recolección de datos, tratar estes como paso previo á súa análise usando software específico de Big Data así como de realizar visualizacións interactivas dos mesmos para a súa difusión.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
O alumnado terá as seguintes actividades formativas programadas: sesións teóricas (12 horas) e sesións prácticas (9 horas). Así, o tempo total de asistencia é de 21 horas. A maiores, o alumnado debe dedicarlle 49 horas ao traballo persoal e autónomo para o estudo e a preparación das actividades programadas.
Clases expositivas (9 horas)
Clases interactivas (12 horas)
Titorías en grupo (3 horas)
Actividades de avaluación (2 horas)
Traballo personal do alumnado (49 horas)
Recoméndase o traballo continuo ao longo do itinerario formativo. Os coñecementos adquiridos nas sesións teóricas terán o seu reflexo nas prácticas, que avanzarán de forma parella co obxectivo de aplicar o aprendido.
Recoméndase tamén o seguimento dos medios de comunicación e, de xeito especial, aquelas iniciativas encadradas no campo do xornalismo de datos e a visualización da información. Identificalas e afondar no seu coñecemento resultará tamén vital para tomalas como modelos a seguir á hora de entender as súas estratexias e de afrontar o traballo cos datos no marco desta materia.
Angel Antonio Vizoso Garcia
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816544
- Correo electrónico
- angel.vizoso [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
09.01.2025 16:00-20:00 | Grupo de exame | Aula 0 |
11.06.2025 16:00-20:00 | Grupo de exame | Aula 0 |