Análise sobre a situación xeopolítica da Federación Rusa
Autoría
M.M.B.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)

Data da defensa
20.02.2025 10:00
20.02.2025 10:00
Resumo
Neste TFG realizarase unha análise sobre a xeopolítica de Rusia en relación cos países occidentais e o espazo postsoviético. A Federación Rusa adoita argumentar que os países occidentais están a violar a súa seguridade mediante a expansión da súa influencia, e que permite ataques contra as comunidades rusas que residen no territorio da antiga URSS. Con esta xustificación, Rusia tende a levar a cabo diversas campañas en certos países, nas que frecuentemente se violan leis internacionais ou tratados. Con este traballo temos a hipótese de que a Federación Rusa realiza este tipo de campañas debido a que non pode competir coas outras potencias mundiais e se atopa nunha crise que podería provocar a perda do seu estatus como potencia global. Para iso, analizaranse varios apartados como o político, social, económico e militar. Para o apartado de metodoloxía, utilizáronse noticias, datos de organismos oficiais e mapas históricos para apoiar a hipótese.

Dirección
SANTOS SOLLA, XOSE MANUEL (Titoría)
SANTOS SOLLA, XOSE MANUEL (Titoría)
Tribunal
SANTOS SOLLA, XOSE MANUEL (Titor do alumno)