Deseño e emprego de tecnosolos para a inmobilización de nitrato e fosfato en sistemas acuáticos
Autoría
N.L.C.
Grao en Química
N.L.C.
Grao en Química
Data da defensa
20.02.2025 09:00
20.02.2025 09:00
Resumo
A retención de nitrato e fosfato en medios acuáticos é crucial para manter o equilibrio ecolóxico e evitar a eutrofización, un fenómeno caracterizado polo crecemento excesivo de algas debido á acumulación de nutrientes. Isto deriva na diminución de osíxeno e o conseguinte descenso da calidade da auga. Estes nutrientes proveñen de diversas fontes, como fertilizantes agrícolas, augas residuais urbanas ou industriais, polo que é importante unha boa xestión e un uso adecuado dos produtos. A adsorción como método de retención implica a adherencia de fosfatos, nitratos ou outras sustancias aos coloides presentes no solo ou sedimentos. Neste traballo empregáronse partículas de ferro cerovalente (ZVI) como adsorbente, obtidas mediante unha síntese verde empregando follas de eucalipto, e estudouse a súa eficacia en diferentes condicións. Ademais, avaliouse a capacidade adsorbente destas partículas en diferentes proporcións xunto con outros materiais. Os resultados mostran que o ZVI adsorbe o fosfato presente na auga, variando de forma directa a adsorción ao variar a concentración de adsorbente e de fosfato. Ao aumentar o pH diminúe a adsorción. Pola contra, non adsorbe nitratos, polo que este anión non interfire na adsorción de fosfatos. En combinación cos distintos materiais, as partículas de ferro actúan de maneira distinta dependendo da natureza destes. Así, a combinación con biocarbón de millo é pouco eficaz, mentres que combinado con tecnosol ou con serrín de pino vese unha melloría, xa que a adsorción é maior cos materiais mesturados.

Dirección
FIOL LOPEZ, SARAH (Titoría)
ANTELO MARTINEZ, JUAN Cotitoría
FIOL LOPEZ, SARAH (Titoría)
ANTELO MARTINEZ, JUAN Cotitoría
Tribunal
VAZQUEZ RODRIGUEZ, SAULO ANGEL (Presidente/a)
BARCIELA ALONSO, Ma CARMEN (Secretario/a)
RIVADULLA FERNANDEZ, JOSE FRANCISCO (Vogal)