Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

TFG

Os Graos conclúen coa elaboración e defensa dun Traballo de fin de grao (TFG) que debe realizarse na fase final dos estudos e estará orientado á avaliación das competencias asociadas ao título.

O TFG é unha materia obrigatoria do 4.º curso do Grao en Química, de 15 ECTS, orientada á avaliación das competencias asociadas ao título. Para a súa presentación é requisito necesario ter aprobadas as demais materias do Grao.

O TFG consistirá na elaboración dun traballo académico orixinal no que se integren e desenvolvan os coñecementos, capacidades, competencias e habilidades adquiridos durante os estudos realizados nas titulacións de grao e incluirá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, redacción, presentación e defensa. 

 

Convocatoria TFG

TFG ofertados en Grao e Dobre Grao

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.06.2023.