Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Prácticas

O plan de estudos do Grao en Química contempla a posibilidade de que o alumnado realice con carácter optativo prácticas externas, por un total de 4,5 ECTS, o que supón una dedicación de 90 horas de traballo presencial nunha empresa ou institución externa, ou ben en departamentos, centros ou servizos da propia USC.

Para poder realizar as prácticas, a Facultade establecerá no primeiro caso convenios de colaboración e, no segundo, solicitará a autorización do Reitorado. 

Na súa convocatoria é de aplicación o Real Decreto 592/2014, do 11 de xullo , que regula as prácticas académicas externas dos estudantes universitarios, o Regulamento de Prácticas Académicas Externas da Universidade de Santiago de Compostela (2015); e o indicado no Manual de Procesos da Facultade de Química (PC-04 Desenvolvemento dás ensinanzas), así como as normas fixadas nos respectivos convenios. 

En canto á tipoloxía das prácticas externas contémplanse as seguintes posibilidades: 

•    Prácticas na propia USC 
•    Prácticas en empresas ou institucións externas á USC 
•    Prácticas en empresas a través do programa Erasmus 
•    Prácticas no SERGAS

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.04.2023.