Toda persoa interesada no máster en Química Teórica e Modelización Computacional poderá acceder á información sobre o título e sobre os procesos de acceso e matriculación a través de diferentes vías como son as páxinas web institucionais das catorce universidades implicadas no convenio. Nestas páxinas web ofrécese información detallada sobre o Máster de tipo características xerais, obxectivos e competencias do plan de estudos, os criterios, órganos e procedementos de admisión, o plan de formación (obxectivos/competencias, metodoloxía, contidos, criterios de avaliación, recursos bibliográficos e documentais, responsable docente, etc.)
O Coordinador do Máster Universitario ocuparase persoalmente de liquidar todas aquelas dúbidas que o potencial alumnado lle suscite, facilitándolles as direccións pertinentes dos diferentes servizos das Universidades aos que poden dirixirse. No caso de que a persoa interesada o requira terán unha reunión previa á matriculación para explicar de forma detallada as características do Máster Universitario.
Cada Universidade conta con Unidades encargadas de dar información e asesoramento sobre a oferta formativa de posgrao.
Os estudantes inscritos no programa serán recibidos no seu primeiro día polo Coordinador do máster na súa Universidade. O Coordinador presentarao ao resto de persoal, explicaralle os procedementos propios da Universidade e poñeraos en contacto coa oficina de xestión do máster para requirimentos posteriores relacionados co mesmo.
Unha vez matriculados, a normativa de xestión de Másteres Universitarios (oficiais) establece que os estudantes contarán cun titor ou titora persoal que lles asignará a Comisión de Coordinación Académica do Máster trala súa matrícula, ademais do director de traballo fin de máster, que cada estudante escolle baseándose na oferta anual de traballos realizada polo profesorado. Ambos actuarán como orientadores na toma das decisións necesarias para o bo desenvolvemento académico dos seus estudos de posgrao.
Así mesmo, o responsable e os profesores ou profesoras que forman a Comisión de Coordinación Académica do Máster están sempre accesibles ás necesidades do alumnado do Máster, así como todo o profesorado implicado, que dispón dun tempo de titoría.