Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Conferencia ‘Ciencia de datos en metabolómica e química orgánica’

26.03.2025 | 13.00h
O ciclo desenvólvese na Facultade de Química
O ciclo desenvólvese na Facultade de Química

O catedrático de Química Orgánica da Universidade de Estremadura Carlos Fernández Marcos intervirá no ciclo 'Reactiva a túa Química' do día 26 de marzo coa conferencia ‘Ciencia de datos en metabolómica e química orgánica’. Será ás 13.00 horas na Aula Magna da Facultade.

Trátase dunha actividade transversal recoñecida con 1 crédito ECTS ao alumnado dos Graos en Química, Bioloxía, Biotecnoloxía, Enxeñaría Química e Farmacia.

Carlos F. Marcos dirixe un grupo de investigación dedicado ao desenvolvemento de novas metodoloxías sintéticas baseadas en isonitrilos. Doctorouse en Química Orgánica pola Universidade de Santiago de Compostela baixo a dirección do profesor Gabriel Tojo, especializándose en química de heterociclos e síntese total de produtos naturais. Completou a súa formación posdoutoral en química organometálica na Universidade de Milán e no Imperial College de Londres, onde obtivo unha bolsa da primeira convocatoria do programa Human Capital and Mobility da Comunidade Europea. Posteriormente, regresou a España, incorporándose á Universidade de Estremadura na que iniciou unha liña de investigación sobre novos materiais heterocíclicos de xofre, en colaboración cos profesores Charles Rees (Imperial College) e Tomás Torroba (UEx).

A súa actual investigación está enfocada ao desenvolvemento de novos procesos en tándem e multicompoñente con isonitrilos, que permiten acceder a unha ampla variedade de compostos orgánicos complexos de maneira rápida e selectiva. Nos últimos anos, o seu interese estendeuse á metabolómica baseada en resonancia magnética nuclear, explorando novas fronteiras na intersección entre a química e a bioloxía.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.03.2025.