Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Campaña de doazón de sangue

Fac. de Psicoloxía
mércores 06 de novembro, de 9.30 h a 14.30 h

No marco da campaña de doazón de sangue que desenvolve o Centro de Transfusión de Galicia nas Universidades galegas, a unidade móbil de doazón de sangue estará na Facultade (no lugar habitual), o mércores 06 de novembro, de 9.30 h a 14.30 h 
 

O día anterior á campaña de doazón, acudirá persoal da Axencia a impartir breves charlas informativas en todos os cursos, co obxectivo de sensibilizar ao alumnado e clarexar dúbidas, polo que lles agradecemos faciliten a súa labor.

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) fai un chamamento á participación activa tamén do profesorado e persoal de administración e servizos neste acto solidario, necesario para que moitas persoas recuperen a súa saúde, agradecendo a colaboración de todo o persoal.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.10.2024.