A acción titorial está dirixida a facilitar a súa integración na institución e serve de ponte entre o alumnado e os diferentes servizos. Ademais, contribúe a personalizar a educación universitaria e da soporte ao alumnado no seu proceso de formación nas titulacións que se imparten no Centro.
Os obxectivos que persegue o Plan de Acción Titorial son:
- Facilitar a integración do alumnado de novo ingreso.
- Orientar, apoiar e asesorar ao alumnado no seu proceso formativo.
- Informar ao alumnado sobre aspectos académicos e profesionais que lle permitan planificar o seu itinerario académico e o seu futuro profesional.
- Realizar un seguimento personalizado do alumnado.
- Identificar as dificultades de aprendizaxe e organizativas nos estudos de Grao para poder analizalas e atoparlles unha solución.
- Animar ao alumnado á participación na vida da Facultade de Psicoloxía e da Universidade de Santiago de Compostela.
A normativa de avaliación do rendemento académico da USC permite establecer un sistema de apoio titorial extraordinario para axudar aos estudantes a superar aquelas materias que lles presenten especiais dificultades.
Poden solicitalo os/as alumnos/as matriculados/as en calquera titulación, agás nas de posgrao, sempre que reúnan estes requisitos:
- Ter pendentes de superación para o remate dos estudos de título un máximo de 18 créditos ou tres materias (excluído o cómputo do Traballo de fin de grao, as prácticas obrigatorias, as prácticas tuteladas e o prácticum).
- Ter esgotadas 2 convocatorias, cando menos, en cada unha das materias que soliciten apoio.