Ir o contido principal

Egresados

Durante máis de tres décadas, a Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela formou con ilusión e responsabilidade psicólogas e psicólogos.

Desafortunadamente, en moitos casos o vínculo coa facultade perdeuse co paso do tempo. 

Esta páxina de perfil de Facebook ten por obxectivo reconectar o antigo alumnado co noso centro.

Queremos coñecer o voso desenvolvemento profesional, a vosa opinión e a vosa dispoñibilidade para axudar a mellorar a Facultade e a docencia que imparte, e poñernos á vosa disposición para contribuír na vosa formación continua. Ademais, grazas a esta plataforma, poderemos informar de actividades de interese propias ou doutras institucións.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.09.2020.