Fracaso empresarial e análise contable en empresas hoteleiras.
Autoría
R.Q.C.
Máster Universitario en Dirección e Xestión Contable e Financeira

Data da defensa
17.02.2025 11:00
17.02.2025 11:00
Resumo
Este traballo de fin de máster ten como obxectivo a análise do fracaso empresarial en empresas turísticas españolas do sector hoteleiros cun enfoque descritivo. O traballo organízase en tres bloques. Un primeiro bloque presenta unha revisión da literatura académica sobre o fracaso empresarial, co obxectivo de definilo e identificar as principais variables e metodoloxías que se utilizaron para o estudo. O segundo bloque do traballo presenta un estudo descritivo do fracaso empresarial en hoteis españois utilizando o Z de Altman (1968) e o Z-Score durante o período 2018-2022. Para elo, analízase unha mostra deste tipo de empresas españolas obtida través da base de datos SABI. Ao mesmo tempo, realízase un estudo separado do fracaso nas tres principais empresas hoteleiras españolas, a saber, Hoteles Turísticos Unidos, S.A., Minor Hotels Europe and América, S.A. y Meliá Hotels International, S.A. O terceiro e último bloque de traballo, presenta unha análise de información contable de natureza tanto financeira como non financeira, co obxectivo de completar a análise do fracaso empresarial abordado nos dous bloques anteriores. A modo de síntese, este traballo conclúe que, no período analizado, o fracaso empresarial é un fenómeno presente e importante que convén analizar, máxime ao considerar a gran relevancia deste sector na economía española. Ademais, os resultados obtidos trala análise do fracaso indican que unha porcentaxe importante das empresas españolas do sector hoteleiro analizadas se encontra en situación de elevado risco de quebra ou de posibles problemas financeiros. Non obstante, este resultado está en liña co forte período de crise que tiveron estas empresas durante a pandemia por COVID-19 e que é considerado dentro do horizonte temporal avaliado neste traballo (2018-2022).

Dirección
VIVEL BUA, MARIA MILAGROS (Titoría)
VIVEL BUA, MARIA MILAGROS (Titoría)
Tribunal
CANTORNA AGRA, SARA (Presidente/a)
GARRIDO RUSO, MARIA (Secretario/a)
RODRIGUEZ GULIAS, MARIA JESUS (Vogal)
CANTORNA AGRA, SARA (Presidente/a)
GARRIDO RUSO, MARIA (Secretario/a)
RODRIGUEZ GULIAS, MARIA JESUS (Vogal)