
A docencia é unha das cernas da actividade universitaria.
Nela, o galego debe xogar un papel relevante, dado o seu carácter de lingua propia da USC e os dereitos que amparan a profesorado e alumnado, recoñecidos e protexidos pola lexislación universitaria.
Con todo, os datos amosan que, na realidade de moitas aulas, o galego non ten aínda unha presenza asentada e seguen sendo necesarias actuacións institucionais que promovan o seu uso.