
Se queres enviar un documento para corrixir ou para traducir envíao a este correo electrónico.
Para a corrección
Comproba que o documento teña pasado o corrector ortográfico. lembra tamén que se é unha versión dun documento anteriormente corrixido por este Servizo, marca as partes diferentes, para centrar a corrección nelas.
Para a tradución
Lembra que existe unha ferramenta de tradución automática que permite a tradución de texto plano e tamén acepta arquivos en diferentes formatos (.docx, .odt ou .pptx).
-
Que se corrixe
Os documentos que o SNL vaia corrixir terán que contar cunha mínima calidade lingüística. Se non fose así o SNL resérvase o dereito a lle devolver ao autor o documento sen corrixir. Á parte disto, o autor do documento terá que respectar as seguintes normas:
En soporte informático
Os documentos que se envíen en formato dixital, deben cumprir as seguintes esixencias:
- Ter pasado un corrector ortográfico.
- Estar escritos en formatos estándar
En papel
Os documentos para corrixir que veñan en papel deberán cumprir as seguintes pautas:
- Ter pasado un corrector ortográfico actualizado.
- Ter un tipo de letra mínimo de 12 ptos.
O SNL da Universidade presta servizo de corrección gratuíto aos membros da comunidade universitaria nos seguintes casos:
PAS
NON SI - Documentos de carácter persoal
- Memorias de servizos
- Documentos de carácter profesional con alto valor divulgativo (carteis, follas informativas, dípticos, etc)
- Normas
- Documentos enviados ás listas de distribución institucionais
PDI
NON SI - Documentos de carácter persoal
- Documentos cuxa finalidade é a de seren publicados por editoriais alleas á USC
- Documentos de escaso valor divulgativo
- Probas de exames
- Apuntamentos para a docencia
- Diapositivas para a docencia
- Mensaxes enviadas ás listas de distribución institucionais
Alumnado
NON SI - Traballos de clase
- TFM, TFG nin PFC
Premios á calidade lingüística - Documentos de asociacións estudantís
- Partes de teses pactadas coa autora ou co autor.
Axudas á investigación en galego - Mensaxes enviadas ás listas de distribución institucionais
-
Que se traduce
Os documentos que o SNL vaia corrixir terán que contar cunha mínima calidade lingüística. Se non fose así o SNL resérvase o dereito a lle devolver ao autor o documento sen corrixir. Á parte disto, o autor do documento terá que respectar as seguintes normas:
En soporte informático
Os documentos que se envíen en formato dixital, deben cumprir as seguintes esixencias:
- Ter pasado un corrector ortográfico.
- Estar escritos en formatos estándar
En papel
Os documentos para corrixir que veñan en papel deberán cumprir as seguintes pautas:
- Ter pasado un corrector ortográfico actualizado.
- Ter un tipo de letra mínimo de 12 ptos.
O SNL da Universidade presta servizo de corrección gratuíto aos membros da comunidade universitaria nos seguintes casos:
PAS
NON SI - Documentos de carácter persoal
- Memorias de servizos
- Documentos de carácter profesional con alto valor divulgativo (carteis, follas informativas, dípticos, etc)
- Normas, convenios, etc.
- Documentos enviados ás listas de distribución institucionais
PDI
NON SI - Documentos de carácter persoal
- Documentos cuxa finalidade é a de seren publicados por editoriais alleas á USC
- Documentos de escaso valor divulgativo
- Probas de exames
- Apuntamentos para a docencia, segundo programas acordados.
- Diapositivas para a docencia, segundo programas acordados.
-
A corrección co control de cambios
Normalmente o usuario vai recibir o documento corrixido co sistema de control de cambios. Esta forma permite:
- Devolver ao autor do texto a responsabilidade sobre a súa calidade final, ao poder aceptar ou rexeitar os cambios propostos.
- Converter a corrección nunha ferramenta de formación ao percibir o usuario onde están os erros e cales son as solucións.
- Gañar fiabilidade na corrección do texto, pois é o autor do documento quen, ao cabo, pode reparar correccións mal feitas polo noso Servizo.
-
Xeneralidades dun corrector ortográfico
Un corrector ortográfico é unha ferramenta moi útil para conseguir textos de calidade, pero hai que ter en conta que:
- non todas as palabras dun idioma están contidas nun corrector ortográfico, de xeito que palabras de pouco uso, como as que forman parte da linguaxe de especialidade, adoitan non estar recollidas. Neste caso vanse considerar como "erróneas" (debéramos dicir "non rexistradas") palabras correctas;
- o corrector non relaciona palabras nin no seu contido nin na súa construción sintáctica, de xeito que unha frase coma "a can ben falou" vai ser considerada correcta porque cada unha das palabras que a integran é correcta.
Quen ten que pasar o corrector?
O corrector ortográfico debe ser pasado pola persoa que escriba o documento por dous motivos:
- Vimos anteriormente que pasar o corrector ortográfico a un documento é unha boa forma de aprender.
- A corrección do documento gaña en fiabilidade.
Cando hai que pasar un corrector?
Un corrector ortográfico é unha ferramenta que se pode ter activa cando se escribe o documento, de tal xeito que vaia subliñando as palabras que el non teña recollidas. Se esta opción non nos cadra, é mellor pasar o corrector ortográfico antes da derradeira lectura que se lle vai dar ao documento.
Instalar o corrector
Se es membro da comunidade universitaria da USC, podes descargar o paquete Office 365 co corrector incluído de xeito gratuíto desdeaquí. Debes entrar coa conta da USC (por exemplo: sabela.ferreiro@usc.es).
Se optas polo software libre, hai correctores instalados nas últimas versións:
-
Sabías que podes ampliar o dicionario xeral que usa o corrector ortográfico mediante dicionarios personalizados?
Iniciamos unha colección da USC de suplementos temáticos para correctores (dicionarios personalizados centrados nunha área de especialidade). Se os instalas no teu ordenador e os activas para revisar un texto, o corrector ortográfico recoñecerá moita máis terminoloxía técnica e deixará de sinalala como erro polo simple feito de non figurar nas listas de palabras en que busca.
Tes toda a información nesta ligazón.
-
O labor de corrección do SNL está baseado na idea de que hai determinados documentos que necesitan unha maior atención en canto á súa corrección lingüística, entendida esta como a base dunha comunicación clara e de calidade, que é un dos fundamentos dunha administración moderna e democrática.
Á parte dese labor primordial o SNL ofrece a posibilidade de corrección de textos cobrando unhas tarifas en tres casos ben concretos, de xeito que non pode ser considerado como un servizo aberto á toda a sociedade. Estes casos serían:
- Empresas alleas á USC pero que nun momento concreto teñen unha relación contractual con ela e, como consecuencia, xeran textos na nosa lingua. Nestes casos as tarifas aplicadas son as mesmas ca as existentes no mercado.
- Empresas con participación da USC.
- PDI, individualmente ou como grupo de traballo ou investigación, que estea desenvolvendo traballos para empresas, institucións ou calquera outro organismo.
Nas tarifas de corrección diferéncianse os documentos que teñen unha linguaxe común ou neutra, máis barata, e aqueloutros que teñen terminoloxía específica que requiren maior traballo.
Para contar as palabras dun documento hai que ir ao menú Ferramentas>Contar palabras.
Corrección galego / Empresa allea á USC
lingua común
0,015
lingua de especialidade
0,025
Corrección galego / Empresa con participación da USC
lingua común
0,010
lingua de especialidade
0,015
Corrección galego / Grupos da USC
lingua común
0,005
lingua de especialidade
0,008
Recargo por urxencia
10 %
-
O SNL ofrece a posibilidade de traución de textos cobrando unhas tarifas en tres casos ben concretos, de xeito que non pode ser considerado como un servizo aberto á toda a sociedade.
Estes casos serían:
- Empresas alleas á USC pero que nun momento concreto teñen unha relación contractual con ela e, como consecuencia, xeran textos na nosa lingua. Nestes casos as tarifas aplicadas son as mesmas ca as existentes no mercado.
- Empresas con participación da USC.
- PDI, individualmente ou como grupo de traballo ou investigación, que estea desenvolvendo traballos para empresas, institucións ou calquera outro organismo.
Nas tarifas de tradución diferéncianse os documentos que teñen unha linguaxe común daqueloutros textos relacionados con linguaxes de especialidade.
Para contar as palabras dun documento hai que ir ao menú Ferramentas>Contar palabras.
Tradución galego / Empresa allea á USC lingua común
0,050
lingua de especialidade
0,060
Tradución galego / Empresa con participación da USC
lingua común
0,030
lingua de especialidade
0,040
Tradución galego / Grupos da USC lingua común
0,020
lingua de especialidade
0,030
Recargo por urxencia 10 %