Pasar al contenido principal

Este portal utiliza cookies propias o de terceros con fines analíticos, así como enlaces a portales de terceros para poder compartir contenido en las redes sociales. Puede obtener más información en la política de cookies.

Andel de traballos elaborados

Revisa os que fomos elaborando ao longo dos anos. Seguro que atopas algún que che interesa.

  •  

    • Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela (2025): Termos esenciais de xestión universitaria (2ª ed.) 
      Consulta en liña. [Traballo difundido baixo a licenza Atribución-NonComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional de Creative Commons].
    • Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela (2025): Termos esenciais de avaliación de tecnoloxías sanitarias
      Consulta en liña. [Traballo difundido baixo a licenza Atribución-NonComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional de Creative Commons].
    • Délégation générale à la langue française et aux langues de France (2024): Vocabulaire panlatin du trampoline
      Consulta en formato .pdf ou descarga os datos en formato .xlsx.
    • Délégation générale à la langue française et aux langues de France (2024): Vocabulaire panlatin du volleyball de plage
      Consulta en formato .pdf ou descarga os datos en formato .xlsx.
    • Délégation générale à la langue française et aux langues de France (2023): Vocabulaire panlatin du rugby – langues romanes et basque
      Consulta en formato .pdf (0,6 Mb).
    • Fréjaville, R. M.; Dumont, R.; Silva-Mallet, A. (2023): Lexique multilingue de la mobilité étudiante: (francés-catalán-español-galego-italiano-portugués-romanés-inglés). Milano : EDUCatt. [Accesible en liña desde aquí]. [Consulta: 02/02/25].
    • Alonso Salgado, C.; A. Rodríguez Álvarez; X. A. Rodríguez Río (2023): Termos esenciais de dereito procesual: (galego-español)
      Consulta en formato .PDF (1,46 Mb). [Traballo difundido baixo a licenza Atribución-Non comercial-Non derivadas 4.0 Internacional de Creative Commons]
    • Callegari, E. (coord.) (2022): Vocabulaire panlatin du numérique : feux et pare-feux (francés-catalán-español-galego-italiano-portugués-romanés-inglés)
      Consulta en liña
    • Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela (2021): Termos esenciais de vacinas
      Consulta en liña
    • Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela (2020): Termos esenciais da COVID-19
      Consulta en liña
    • Codesido García, A. I.; X. A. Rodríguez Río (2019): Termos esenciais de logopedia e audioloxía: (galego-español-inglés)
      Consulta en formato .PDF (1,15 Mb). [Traballo difundido baixo a licenza Atribución-Non comercial-Non derivadas 4.0 Internacional de Creative Commons]
    • TERMCAT, Centre de Terminologia; Realiter (2019): Terminologia de gestió de la qualitat. 2ª ed.
      Consulta en liña
    • Zanola, M. T. (coord.) (2018): Léxico panlatino da enerxía xeotérmica (italiano-catalán-español-francés-galego-portugués-romanés-inglés)
      Consulta en liña
    • Grimaldi, C.; Romagnoli, E. (coord.) (2018): Léxico panlatino da cidade intelixente (italiano-catalán-español-francés-galego-portugués-romanés-inglés)
      Consulta en liña
    • Villalba Sánchez, A.; X. A. Rodríguez Río (2018): Termos esenciais de dereito do traballo e da seguridade social: (galego-español-inglés)
      Consulta en formato .PDF (1,17 Mb). [Traballo difundido baixo a licenza Recoñecemento-CompartirIgual 4.0 Internacional de Creative Commons]
    • Rodríguez Río, X. A. (2017): Glosario básico de acceso aberto (galego-inglés) 
      Consulta en formato .PDF (144 Kb). [Traballo difundido baixo a licenza Recoñecemento-CompartirIgual 4.0 Internacional de Creative Commons]
    • Guinarte Cabada, G.; X. A. Rodríguez Río; F. Vázquez-Portomeñe Seijas (coord).  (2015): Vocabulario de criminoloxía (galego-español-inglés)
      Consulta en formato .PDF (1,3 Mb). [Traballo difundido baixo a licenza Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 de Creative Commons]
    • Martínez Pérez, M.; X. A. Rodríguez Río (2014): Termos esenciais de dereito mercantil: (galego-español)
      Consulta en formato .PDF (368 Kb). [Traballo difundido baixo a licenza Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 de Creative Commons]
    • Martínez García, P.; X. A. Rodríguez Río (coord.) (2014): Termos esenciais de administración electrónica (galego-español-francés-inglés-catalán)
      Consulta en formato .PDF (319 Kb). [Traballo difundido baixo a licenza Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 de Creative Commons]
    • Grané, M. (coord.) (2014): Vocabulario panlatino das redes sociais (catalán-español-francés-galego-italiano-portugués-romanés-inglés)
      Consulta en liña
    • Nogueira López, A.; X. A. Rodríguez Río (coord.) (2014): Termos esenciais de dereito administrativo: (galego-español)
      Consulta en formato .PDF (650 Kb). [Traballo difundido baixo a licenza Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 de Creative Commons]
    • Nieto Alonso, A.; X. A. Rodríguez Río (coord.) (2013): Termos esenciais de dereito civil: (galego-español)
      Consulta en formato .PDF (447 Kb). [Traballo difundido baixo a licenza Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 de Creative Commons]
    • Antelo Suárez, E.; X. A. Rodríguez Río (2012): Termos esenciais de arquitectura de computadores: (galego-español-inglés)
      Consulta en formato .PDF (358 Kb) ou en formato .TBX (648 Kb)
    • Maseda Rodríguez, J,; C. Teijo García; X. A. Rodríguez Río (2012): Termos esenciais de dereito internacional: (galego-español-inglés)
      Consulta en formato .PDF (621 Kb)
    • Rodríguez Río, X. A. (coord.) (2012): Vocabulario forestal: (galego-español-inglés)
      Consulta en formato .PDF (1.518 Kb)
    • Abel Souto, M; X. A. Rodríguez Río (2011): Termos esenciais de dereito penal (galego-castelán)
      Consulta en formato .PDF (312 Kb)
    • López Portas, B; X. A. Rodríguez Río (2011): Termos esenciais de dereito constitucional (galego-castelán)
      Consulta en formato .PDF (341 Kb)
    • Célestin, T. (coord.) (2010): Vocabulario panlatino de material de oficina (francés-catalán-español-galego-italiano-portugués-romanés-inglés)
      Consulta en formato .PDF (1.380 Kb)
    • Célestin, T. (coord.) (2010): Vocabulario panlatino da difusión e da distribución do libro (francés-catalán-español-galego-italiano-portugués-romanés-inglés)
      Consulta en formato .PDF (4.350 Kb)
    • Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela (2009). Termos esenciais de matemáticas para a economía e a empresa: (galego-español-inglés)
      Consulta en formato .PDF (106 Kb) ou como cartafol terminolóxico (documento .PDF de 505 Kb).
    • Célestin, T. (coord.) (2009): Vocabulario panlatino da gripe aviaria (francés-catalán-español-galego-italiano-portugués-romanés-inglés)
      Consulta en formato .PDF (1.640 Kb)
    • Rodríguez Río, X. A. (coord.) (2008). Vocabulario de medicina: (galego-español-inglés-portugués)
      Consulta en formato .PDF (8.206 Kb)
    • Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela (2008). Termos esenciais de contabilidade: (galego-español-inglés)
      Consulta en formato .PDF (147 Kb) ou como cartafol terminolóxico (documento .PDF de 3.157 Kb).
    • Rodríguez Río, X. A. (coord.) (2008). Vocabulario de morfoloxía, anatomía e citoloxía veterinaria: (galego-español-inglés)
      Consulta en formato .PDF (3.870 Kb)
    • Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela (2007). Termos esenciais de nova economía: (galego-español-inglés)
      Consulta en formato .PDF (252 Kb) ou como cartafol terminolóxico (documento .PDF de 2.610 Kb).
    • Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela (2006). Termos esenciais de recursos humanos: (galego-español-inglés-catalán)
      Consulta en formato .PDF (353 Kb)
    • VV. AA. (2006). Vocabulario panlatino de hemodinámica (italiano-catalán-francés-galego-portugués-romanés-castelán-inglés)
      Consulta en liña
    • Rodríguez Río, X. A. (coord.) (2004). Termos esenciais de botánica: (galego-español-inglés)
      Consulta en formato .PDF (1069 Kb)
    • Guitián Rivera, Xoán (coord.) (2002). Vocabulario de química: (galego-español-inglés)
      Consulta en formato .PDF (801 Kb). Contén táboas.
    • Rubal Rodríguez (coord.) (2002). Léxico de métodos de investigación e diagnóstico en educación: (galego - español)
      Consulta en formato .PDF (1765 Kb)
    • Unión Latina-Realiter-Bureau de la traduction du Canada (2001). Léxico panlatino de Internet: (catalán-español-francés-galego-italiano-portugués-romanés)
      Consulta da obra completa en formato .PDF (6.571 Kb)
      Consulta da versión ordenada a partir das entradas en galego, formato .PDF (463 Kb)
      Consulta ordenada a partir das entradas en inglés, formato .PDF (564 Kb)
    • Asociación Internacional para a Orientación Escolar e Profesional (2000). Glosario de orientación escolar e profesional: (galego-español-inglés- francés-alemán)
      Consulta en formato .PDF (420 Kb)
    • Caballo Villar, Belén et alii (1996). 131 conceptos clave de educación social: (castelán-galego)
      Consulta en formato .PDF (539 Kb)
    • CNL da Facultade de Xeografía e Historia (1996). Léxico de xeografía: (castelán-galego)
      Descarga en formato .DOC comprimido (27 Kb)
    • CNL da Facultade de Xeografía e Historia (1996): Léxico de arqueoloxía: (castelán-galego)
      Descarga en formato .DOC comprimido (44 Kb)
    • Masa Vázquez, Xosé M. (1995): Vocabulario de matemáticas: (galego-castelán-inglés- portugués)
      Descarga en formato .DOC comprimido (108 Kb)
    • Colectivo "A Corrente" (1994): Léxico básico das ciencias naturais: (castelán-galego)
      Descarga en formato .DOC comprimido (16 Kb)
    • Candocia Pita, P. et alii (1994): Vocabulario de historia: (castelán-galego)
      Descarga en formato .DOC comprimido (80 Kb)
    • Blanco Valdés, X. L. (1993): Léxico editorial: (castelán-galego)
      Descarga en formato .DOC comprimido (23 Kb)
  • Desde 1993 vimos elaborando e editando vocabularios e glosarios especializados, ata chegar case aos 50 traballos publicados.

    Así, ofrecémoslle á comunidade universitaria materiais de apoio que faciliten a utilización do galego nas relacións de ensino-aprendizaxe, na difusión da investigación e nas actividades administrativas. Poden consultarse na lapela Lista de traballos.

    Esta produción organízase en tres coleccións:

    1. Vocabularios
      Son traballos que abranguen grandes áreas de especialidade (normalmente o ámbito dunha titulación) e que compilan e presentan un número relativamente alto de conceptos (entre 4000 e 5000, normalmente)
    2. Léxicos
      Son traballos que se centran en áreas de especialidade máis restrinxidas e que compilan un número de de conceptos menor ca os vocabularios (entre 1000 e 3000, normalmente).
    3. Termos esenciais
      Son traballos pensados especificamente para o alumnado, tanto no seu deseño e formato como no seu contido: recollen terminoloxía básica de áreas de especialidade relevantes nos plans de estudo de diferentes titulacións.

    Todos estes materiais difúndense a través de soportes diversos:

    • Ata o ano 2018, distribuíanse de balde en formato impreso entre os membros da comunidade universitaria, ben a través do propio SNL ou das comisións de normalización lingüística dos diferentes centros da USC, que podían optar ademais, por formatos alternativos, como os cartafoles terminolóxicos.
    • En formato electrónico distribúense libremente desde esta páxina, en diferentes formatos. Ademais, desde maio de 2013, difúndense baixo a licenza Recoñecemento-Compartir Igual 3.0 de Creative Commons, o que permite copialos, facer obras derivadas ou un uso comercial deles sempre que se recoñeza a autoría e se compartan baixo a mesma licenza.
    • Ademais, intégranse en bUSCatermos, de tal xeito que os membros da comunidade universitaria da USC poden facer unha busca puntual en todos eles -e noutras moitas fontes- de xeito simultáneo.
  • En 2013 o Servizo de Normalización Lingüística da USC acordou protexer a súa produción de glosarios coa licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual (CC-BY-SA 4.0). Isto deixa sen efecto todas as mencións que neses traballos se poidan atopar referidas á protección dos seus contidos a través da figura do copyright (©).

    Este cambio de licenza non se aplica aos traballos elaborados no marco da Rede Panlatina de Terminoloxía (Realiter), pois neles o SNL ten unicamente dereitos sobre os contidos referidos á lingua galega, e non sobre a publicación íntegra.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.04.2025.