Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Tanto se es docente como estudante, nas actividades vinculadas coa docencia tes uns dereitos que é importante que coñezas.
dereitos lingüísticos

A lexislación vixente (artigo 15 da Lei 3/1983, de normalización lingüística e artigo 7 do Regulamento de usos lingüísticos da USC) recoñece que tanto o alumnado como o persoal docente teñen o dereito a usar a lingua oficial que prefiran nas actividades académicas da USC.

Isto supón que ninguén ten por que cambiar a lingua que emprega, sexa galego ou castelán, por problemas de comprensión oral ou escrita dos demais nas actividades académicas. 

E concrétase nunha serie de dereitos coma os que podes ver nas lapelas de máis abaixo.
 

  • tes dereito:

    • a dirixirte en galego ao profesorado, tanto en público como en privado.
    • a usar este idioma en traballos escritos ou en exposicións orais.
    • a responder en galego os exames tanto escritos como orais.
    • a coñecer que lingua se vai usar en cada materia e grupo docente antes de matriculáreste nela.
  • tes dereito:

    • a impartires clases en galego.
    • empregar esta lingua nos teus materiais docentes (apuntamentos, presentacións...).
    • a redactares en galego os exames e outras probas escritas ou orais.

    No seguinte vídeo de pouco máis dun minuto, unha profesora da USC explica os fundamentos legais destes dereitos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.02.2025.