
Toda a terminoloxía do SNL (e máis) a un só clic de distancia.
Busca terminoloxía nas máis de 170 000 fichas do seu banco de datos.
Se precisas información sobre un concepto técnico (definición, nome en galego ou noutra(s) lingua(s), área de especialidade a que pertence...), pregúntalle a bUSCatermos.
-
Está formada a partir da compilación, análise e reelaboración de tres grandes tipos de materiais, que teñen o galego como idioma de referencia ou de traballo:
- Os vocabularios e léxicos elaborados polo Servizo de Normalización Lingüística da USC.
- Un conxunto de dicionarios e vocabularios elaborados por outras persoas e colectivos, que incorporamos coa súa autorización explícita.
- Os rexistros elaborados no SNL para responder a consultas externas, ou a dúbidas xurdidas na revisión de textos.
bUSCatermos non pode entenderse como un proxecto completo nin rematado. O seu estado natural é a actualización practicamente continua, tanto para engadir novos dicionarios, vocabularios ou consultas como para reorganizar, completar e reelaborar materiais xa existentes. Se es autor dun traballo que cres que podería incorporarse aquí contacta con nós.
- Os vocabularios e léxicos elaborados polo Servizo de Normalización Lingüística da USC.