Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Contacto

Enderezo
Estrada da Granxa, 130. Polígono Acea de Olga, 27002
Lugo
Teléfonos
982 824 300

A R.U. Jesús Bal y Gay é a residencia propia da USC no Campus Universitario de Lugo. Foi rematada no ano 1994 polo Concello de Lugo e cedida á USC no curso 1994/95. O seu réxime de aloxamento, dende a súa apertura ten carácter mixto.

    • 90 cuartos individuais (2 adaptados) para residentes e estudantes internacionais con ducha e lavabo na habitación, limpeza 1 veces/semana, cama, mesiña de noite, mesa, cadeira, carriño de baño, armario, almofada, mantas e colcha baixo solicitude, protector e funda de colchón. Os estudantes internacionais disporán de sabas e toallas con limpeza por conta do estudantado. Deben entregalas no mesmo estado ao finalizar a súa estadía.
    • 4 cuartos individuais para convidados con ducha e lavabo individual, limpeza dous días á semana, mobiliario completo, almofada, colcha, manta, sabas e toallas.

    Normas

    • Aparellos eléctricos nos cuartos: só se permite traer unha neveira pequena (non máis de 80 cm de altura, e cualificación enerxética A+ ou superior). Non están permitidos aparellos tipo torradoras, microondas, cafeteiras (con excepción das de cápsulas), calefactores etc.

    Servizos

    • Conserxería 24 horas e Administración de 8 a 15 h.
    • Cociñas: 1 cociña de uso común en toda a Residencia, tanto para residentes como para invitados. Dispoñibles armarios individuais, adxudicadas a principios de curso coa habitación. Utensilios propios, non se facilita (só a estudantes de mobilidades internacional e en función da dispoñibilidade).
    • Neveiras e microondas: neveiras, microondas e arcaz conxelador de uso común para os/as residentes.
    • Lavandería: autoservizo cunha lavadora e unha secadora (de pago), ferro de pasar a disposición dos residentes.
    • Ximnasio con diversos aparatos de musculación, mesa de tenis e futbolín.
    • Biblioteca e sala de estudo.
    • Salas: comedor de residentes, vídeo/TV, salón de actos, sala de informática con acceso a Internet.
  • Foi finalizada no ano 1994 polo Concello de Lugo e cedida á USC no curso 1994-95.

    O seu réxime de aloxamento, desde a súa apertura, ten carácter mixto.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.07.2024.