Co obxecto de avanzar no proceso de internacionalización da Universidade no ámbito docente, a Vicerreitoría de Estudantes e Cultura aproba a presente convocatoria.
Solicitantes
Poderán solicitar praza de aloxamento no SUR os/as estudantes que participen nos programas de mobilidade internacional admitidos/as na USC para cursar estudos durante o curso académico 2024-2025.
Excepcionalmente, poderán solicitar praza os/as estudantes de intercambio SICUE que precisen aloxamento só durante o primeiro semestre ou só durante o segundo semestre. Os/as estudantes que desexen aloxarse durante o curso completo deberán realizar a solicitude a través da Convocatoria ordinaria de prazas de aloxamento do SUR.
Prazas ofertadas
O número total de prazas que se ofertan é de 100.
Todas as prazas son en réxime de só aloxamento en cuarto individual
Solicitudes
Deberán cumprimentar o formulario web.
Prazo de presentación
O prazo de presentación abrangue desde o día seguinte á publicación desta convocatoria e ata que se cubran a totalidade das prazas ofertadas.
Os prezos son os seguintes:
a) Curso completo: 2.628 €:
Do 1 de setembro de 2024 ao 31 de maio de 2025. 9 meses x 292 €/mes = 2.628 €
b) Primeiro cuadrimestre 1.403,48 €:
Do 1 de setembro de 2024 ao 25 de xaneiro de 2025. 4 meses e 25 días x 292 € / mes = 1. 403,48 €
c) Segundo cuadrimestre: 1.215,10 €:
Do 27 de xaneiro de 2025 ao 31 de maio de 2025. 4 meses e 5 días x 292 €/mes = 1. 215,10 €
Aqueles/as solicitantes aos/ás que se lles autorice a permanencia por un período superior ao indicado anteriormente deberán aboar, mensualmente, polo aloxamento a cantidade de 292 €.
Os/as solicitantes que abandonen a residencia antes da finalización do período solicitado non terán dereito á devolución dos importes xa pagados, salvo causas de forza maior que deberán acreditar documentalmente.
As prazas de aloxamento serán adxudicadas por orde de recepción da solicitude ata cubrir o total das ofertadas.
As prazas adxudicaranse por orde de solicitude, unha vez recepcionado o pago no Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado
Para confirmar a reserva deberán aboar por anticipado o importe correspondente á totalidade do período solicitado, agás as persoas que soliciten a estadía polo curso completo que poderán aboar soamente o importe correspondente ao primeiro cuadrimestre.
Para facer efectivos os importes previstos nesta convocatoria, as persoas solicitantes deberán utilizar unha das seguintes modalidades de pagamento:
a) Con tarxeta de crédito ou de débito, a través da pasarela habilitada nos formularios de solicitude web.
b) Mediante transferencia bancaria á conta da Universidade de Santiago de Compostela:
Entidade: ABANCA
Oficina de Organismos: Rúa Montero Ríos, 7 15706-Santiago de Compostela (A Coruña)
Código internacional de conta bancaria IBAN: ES53 2080 0388 2831 1000 1172
Código de identificación bancaria (Swift): CAGLESMMXXX
Nos ingresos por transferencia bancaria deberán indicar como concepto “o número de solicitude e os apelidos e nome da persoa solicitante”, e remitir o xustificante ao correo electrónico sur [at] usc.es (sur[at]usc[dot]es) no prazo de 24 horas. Se no prazo sinalado anteriormente non se realizan os trámites previstos neste punto entenderase que se renuncia á praza concedida.
Os/as solicitantes de curso completo poderán optar por unha das seguintes opcións de pagamento:
- Pagamento da totalidade do período solicitado: De elixir esta opción o/a solicitante deberá efectuar o pagamento da totalidade do período solicitado no momento de confirmar a reserva da praza adxudicada.
- Pagamento do primeiro cuadrimestre e pago mensual do resto do período solicitado: O pagamento mensual farase mediante tarxeta de crédito ou de débito a través da pasarela habilitada nun enlace que se lle enviará por correo electrónico.
- Curso completo: Do 1 de setembro de 2024 ao 31 de maio de 2025.
- Primeiro cuadrimestre: Do 1 de setembro de 2024 ao 25 de xaneiro de 2025.
- Segundo cuadrimestre: Do 27 de xaneiro de 2025 ao 31 de maio de 2025.
En circunstancias excepcionais, poderá autorizarse ocupar as prazas fóra dos períodos anteriormente indicados, para o que deberán solicitalo. No caso de ser autorizado, deberán aboar o importe correspondente ao período de ampliación solicitado.
As Residencias Universitarias e Colexios Maiores do SUR poderán pechar nos períodos en que non existan actividades docentes ou exames (Nadal, Semana Santa e mes de agosto).
A Vicerreitoría de Estudantes e Cultura resolverá o aloxamento dos/das residentes/colexiais que, previa xustificación, necesiten permanecer no SUR. No Campus de Santiago de Compostela facilitaráselle aloxamento nun dos centros que permanezan abertos. Aos residentes da Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay do Campus de Lugo, facilitaráselle o aloxamento nun dos centros que permanezan abertos en Santiago de Compostela e pagaránselles os custos do desprazamento de ida e volta a Santiago.
A ocupación dunha praza no SUR implica:
a) A aceptación das normas que o rexen: as recollidas nesta convocatoria, as que figuran no Regulamento do SUR, as do regulamento de réxime interno do centro, e as normas ditadas por cada dirección.
b)A obriga de ocupar a praza adxudicada durante todo o período solicitado.
Os/as residentes de curso completo que aboen por meses o resto do aloxamento, deberán facelo nos 6 primeiros días de cada mes, senón terá como consecuencia o establecido no artigo 7 do Regulamento do SUR.
Cando as necesidades do servizo o requiran, poderá procederse á agrupación ou reorganización de cuartos dentro do mesmo centro.
Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado
Sección de Servizos á Comunidade Universitaria
Pavillón Estudantil, 1º andar
Campus Vida. 15782 Santiago de Compostela
Tlfs.: 881 814 574 / 881 814 560 / 881 814 525
Correo electrónico: sur [at] usc.es (sur[at]usc[dot]es)