Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Contacto

Enderezo
Avda. de Castelao, s/n, 15782
Santiago de Compostela
Teléfonos
881 811 952

A residencia está situada no Campus Norte, a uns 500 metros do núcleo histórico da cidade. Nos seus arredores atópanse a Facultade de Filoloxía, a de Ciencias Económicas e Empresariais e a de Ciencias da Comunicación, así como o Auditorio de Galicia.

    • Cuartos para residentes e estudantes internacionais: 400 individuais (2 cuartos adaptados para residentes con necesidades especiais) con baño, cama, libraría, mesa e cadeira, protector de colchón e posibilidade de solicitar mantas. Limpeza 1 vez / semana.
    • Cuartos para convidados: 9 individuais e 9 dobres con baño, limpeza dous días á semana, cama, libraría, mesa, cadeira, mantas, protector de colchón, sabas e toallas.
    • Apartamentos: 3 grandes (3 cuartos: 1 cama de 135 cm e 2 camas de 90 cm), 4 medianos (2 cuartos: 1 cama de 135 cm e 1 cama de 90 cm) e 2 pequenos (1 cuarto: 2 camas de 90 cm) con limpeza 2 veces/semana, utensilios de cociña, mobiliario, televisión, sabas e toallas.

    Normativa

    • Aparellos eléctricos nos cuartos: so se permite traer unha neveira pequena (non mais de 80 cm de altura, e cualificación enerxética A+ ou superior). Non están permitidos aparellos tipo torradoras, microondas e cafeteiras (con excepción das de cápsulas).

    Servizos

    • Conserxería 24 horas
    • Cociñas: 12 cociñas de uso común en toda a Residencia, asignadas por cuartos, tanto para residentes como para invitados. Dispoñibles armarios individuais. Utensilios propios, non se facilitan (só a estudantes de mobilidade internacional de haberen dispoñibilidade).
    • Lavandería: dúas salas con lavadoras e secadoras (de pagamento) a disposición de residentes.
    • Bicicletas: a Residencia conta con bicicletas propias para préstamo por horas.
    • Biblioteca e videoteca. Préstamo de libros e películas a residentes.
    • Salas: lectura, estudo, traballo, ocio, vídeo/Tv, e espazo de ensaios. Ximnasio.
    • Cafetería: próxima reapertura
  • O edificio actual da residencia ocupa unha parte do complexo denominado "Burgo das Nacións", construído con carácter provisorio no ano 1965 para albergar os peregrinos que viñan a Compostela nese Ano Santo Xacobeo. Foi explotado pola Administración Turística Española e chegou a ter unha capacidade de preto de 4.000 prazas distribuídas en 47 pavillóns.

    Rematado o Xacobeo 1965, este conxunto de módulos, construídos con materiais lixeiros e efémeros, cubriu deficiencias e albergou institucións necesitadas de instalacións: foi residencia de posgrao, aulario de varias especialidades universitarias, sede da imprenta da Universidade e da súa gardería, acolleu as dependencias da Policía Nacional etc.

    En 1979 a USC comezou a utilizar o Burgo das Nacións como residencia universitaria mixta. No curso académico de 1986-87 iniciáronse as obras do edificio actual, que se rematou no 1992-93.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.02.2025.