Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Contacto

Enderezo
Praza Rodríguez Cadarso, s/n, 15782
Santiago de Compostela
Teléfonos
881 814 354

O Colexio Maior Rodríguez Cadarso, sito na Praza Rodríguez Cadarso, no Campus Vida, é a primeira das edificacións do proxecto de Jenaro de la Fuente.

  •   Cuartos    
      Indiv. Dobres Baño Limpeza
    Residentes 44 (2 cuartos adaptados para residentes con necesidades especiais) 2 SI 1 veces por semana
    Estudantes internacionais SI 1 veces por semana
    Invitados 3 6 SI 2 veces por semana

    Normas

    • Aparellos eléctricos nos cuartos: só se permite traer unha neveira pequena (non mais de 60 cm de altura, e cualificación enerxética A+ ou superior). Non están permitidos aparellos tipo torradoras, microondas e cafeteiras (agás as de cápsulas).

    Servizos

    • Conserxería 24 horas (servizo de vixilancia nocturno e fins de semana).
    • Cociñas: 3 cociñas de uso común en toda o Colexio, asignadas por plantas, tanto para residentes como para invitados. Dispoñibles armarios individuais. Utensilios do fogar propios, non se facilita (só a invitados, de haber dispoñibilidade).
    • Lavandería: unha sala con lavadora e secadora (de pagamento) a disposición de residentes.
    • Biblioteca. Consulta directa de libros (non préstamo) a residentes. Dispoñibilidade 24 horas para residentes.
    • Salón de actos.
    • Salas: lectura, estudo, traballo, ocio, vídeo/TV, e espazo de ensaios.
    • Cafetería: externa. Os menús e prezos seguen o establecido para todas as cafeterías da USC que traballan con concesión privada. Horarios: Luns a venres de 8 a 21 horas. Sábado de 10 a 15:30 horas.
  • Este colexio maior é o máis antigo da universidade galega (foi construído en 1940). En principio foi masculino; logo estar pechado un par de anos por reformas, foi residencia de posgraduados nos anos 70. A partir do curso 1973-74 comeza unha nova etapa como colexio feminino ante a escaseza de residencias femininas, para converterse desde o curso 1988-89 nun colexio mixto.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.07.2024.