Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Convocatoria 2024

Convocatoria de prazas de aloxamento do SUR para membros da comunidade universitaria durante o período comprendido entre o 1 de xuño e o 31 de agosto de 2024.

  • Nesta convocatoria ofértanse prazas en todas as residencias universitarias e colexios maiores do SUR, agás no mes de agosto que só permanecerán abertos os centros necesarios en función da demanda de prazas.

    Solicitantes

    Poderán solicitar aloxamento nesta convocatoria:

    • Os/As que foron residentes ou colexiais do SUR durante a convocatoria ordinaria do curso 2023- 2024.
    • Os/as estudantes que vaian realizar prácticas ou actividades académicas durante o verán e o xustifiquen documentalmente.
    • As persoas que realicen traballos de investigación, de administración ou laborais que impliquen a necesidade de permanencia continuada en Santiago de Compostela (sectores de terceiro ciclo, investigadores en formación e persoal da USC).
    • Quen vaia participar en cursos ou congresos organizados pola USC.
    • Membros da comunidade universitaria (nacional ou estranxeira).

    Quedan excluídos/as desta convocatoria os/as residentes que cometeron faltas graves e foron sancionados/as coa expulsión definitiva durante a súa estadía no SUR, os/as que cederon o uso total ou parcial da habitación a outras persoas sen dereito a praza, así como os/as que a día 1 de xuño de 2024 tiveran cantidades pendentes de pagamento.

  • Para a ampliación de estancia para residentes e colexiais do curso 2023-2024 que desexen continuar dende o 1 de xuño en diante no centro no que están residindo, poderán facer a solicitude ata as 14.00 h do 28 de maio de 2024.

    Para o resto das persoas interesadas en reservar días soltos do verán, foran residentes ou non durante o curso, o prazo de solicitude permanecerá aberto dende o 30 de maio ata as 14.00 h do 23 de agosto de 2024

  • Os/As residentes ou colexiais do SUR:
    • Para solicitar a ampliación do período de aloxamento ata o 18 de xullo non precisarán ningunha xustificación.
    • Para solicitar a ampliación do aloxamento ata despois do 18 de xullo e como máximo ata o 31 de agosto deberán acreditar documentalmente a necesidade de permanecer no SUR.

    As persoas que veñan participar nalgunha actividade organizada pola USC deberán achegar o documento que acredite este feito.

    As persoas que formen parte dunha comunidade universitaria (nacional ou estranxeira) deberán presentar a documentación acreditativa da súa universidade.

  • A solicitude deberá cumprimentarse mediante o formulario accesible por vía telemática que figura na páxina web:

    https://www.usc.gal/gl/servizos/area/residencias/acceso-servizo-univers…

    achegando a documentación xustificativa de cada caso.

     

     

  • Os/as residentes e colexiais do curso 2023-2024 que soliciten a ampliación do seu período de aloxamento manterán a cota que tiñan asignada.

    Os/as estudantes que foron residentes ou colexiais durante todo o curso 2023-2024, e que obtiveron a súa praza pola Convocatoria ordinaria, poderán solicitar aloxarse en días soltos para realizar actividades académicas. O prezo do cuarto individual é de 12 € (IVE incluído) por día. Poderán aloxarse en cuarto dobre cando as dúas persoas solicitantes foran residentes ou colexias da citada Convocatoria ordinaria. O prezo do cuarto dobre é de 20 € (IVE incluído) por día. Estes cuartos só se poderán reservar completos.

    Para os estudantes non relacionados no punto anterior que precisen aloxarse días soltos para realizar actividades académicas o prezo é de 22 € (IVE incluído) por día en cuarto individual.
    Poderán aloxarse en cuarto dobre cando as dúas persoas solicitantes sexan estudantes. O prezo é de 33 € (IVE incluído) por día en cuarto dobre. Estes cuartos só se poderán reservar completos.

    Para o resto das solicitudes o prezo é de 33 € (IVE incluído) por día en cuarto individual e 53 € (IVE incluído) por día en cuarto dobre. En calquera caso, os cuartos dobres só se poderán reservar completos.
     

  • Para as persoas que foron colexiais ou residentes durante o curso académico 2023-2024 e soliciten unha ampliación do seu período de aloxamento utilizarase o sistema de cobro do curso académico.

    No resto dos casos, o pagamento deberá facerse preferentemente con tarxeta de crédito ou de débito mediante a pasarela de pago seguro.

    No caso de atoparse con algún problema que lle impida pagar co sistema de tarxeta mencionado, poderán realizar unha transferencia bancaria, á conta da Universidade de Santiago de Compostela na entidade: Abanca. Oficina de Organismos. Rúa Montero Ríos, 7-15706-Santiago de Compostela (A Coruña). Código internacional de conta bancaria IBAN: ES53 2080 0388 28 3110001172 e Código de identificación bancaria (Swift): CAGLESMMXXX. Nos ingresos por transferencia bancaria deberán indicar como concepto “o número de solicitude, apelidos e nome da persoa solicitante”, e subir o xustificante da transferencia á aplicación telemática de solicitudes.

    A anulación da reserva só suporá a devolución do importe cando se faga como mínimo sete días antes da data de entrada.

  • A adxudicación da praza é automática, sempre e cando a solicitude veña debidamente xustificada, e o pago se realice con tarxeta.

     

     

  • Servizo Universitario de Residencias (SUR)

    Pavillón de Estudantes
Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.05.2024.