Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Contacto

Enderezo
Praza Rodríguez Cadarso, s/n, 15782
Santiago de Compostela
Teléfonos
881 814 312

O Colexio Maior San Clemente, sito na Praza Rodríguez Cadarso, Campus Universitario Sur, é a segunda das edificacións do proxecto de Jenaro de la Fuente.

Actualmente este Colexio está pechado por obras

  • Instalacións e servizos

    • Cuartos: 56 individuais e 9 dobres, con baño
    • Limpeza: 1 veces por semana
    • Mobiliario: Cama, libraría, mesa, cadeira, protector de colchón e almofada. Poden solicitarse mantas.
    • Conserxería 24 horas
    • Cociñas: 1 cociñas de uso común. Dispoñibles andeis individuais. Utensilios propios, non se facilitan.
    • Lavandería: 1 sala con lavadoras e secadoras (de pagamento) a disposición de residentes.
    • Biblioteca. Préstamo de libros e películas a residentes.
    • Salas: lectura, estudo, traballo, ocio, vídeo/Tv

    Normas

    • Aparellos eléctricos nos cuartos: só se permite traer unha neveira pequena (non mais de 51 cm de altura, e cualificación enerxética A+ ou superior). Non están permitidos aparellos tipo torradoras, microondas e cafeteiras (agás as de cápsulas).

       

     

  • O Colexio Maior San Clemente foi construído no ano 1942 e perpetúa unha tradición, a "clementina", que se remonta ao século XVI, cando o arcebispo Juan de San Clemente funda o colexio, situado no que hoxe é o Instituto Rosalía de Castro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.07.2024.