Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Contacto

Enderezo
Praza Rodríguez Cadarso, s/n, 15782
Santiago de Compostela
Teléfonos
881 814 376

Como os restantes colexios maiores, o C.M. Fonseca trata de ofrecer os seus residentes non só a posibilidade de aloxárense, senón de realizar tamén unha serie de actividades que sirvan para promover e completar a súa formación científica, cultural e deportiva.

    • Cuartos: 57 individuais (4 adaptados), 32 dobre, con baño
    • Limpeza: 1 veces/semana
    • Mobiliario: Cama, libraría, mesa, cadeira, almofada, protector de colchón e posibilidade de solicitar mantas.

    Normas

    • Aparellos eléctricos nos cuartos: só se permite traer unha neveira pequena (non mais de 51 cm de altura, e cualificación enerxética A+ ou superior). Non están permitidos aparellos tipo torradoras, microondas e cafeteiras (agás as de cápsulas).

       

    Servizos

    • Conserxería 24 horas
    • Cociñas: cociñas de uso común, tanto para residentes como para invitados. Dispoñibles armario compartido. Utensilios do fogar propios, non se facilita.
    • Lavandería: unha sala con lavadoras e secadoras (de pagamento) a disposición de residentes.
    • Salas: lectura, estudo, traballo, ocio, vídeo/Tv, e espazo de ensaios. Préstamo de libros.
    • Cafetería: externa. Os seus menús e prezos seguen os establecidos para todas as cafeterías da USC que traballan en réxime de concesión privada.
  • En 1930 o arquitecto vigués Jenaro de la Fuente Álvarez (1891-1963) elaborou o proxecto definitivo da Residencia de Estudantes que se comezara a xestar en 1919. Neste proxecto contemplábanse cinco pavillóns principais, catro aos lados, destinados a Colexios Maiores, e un central dedicado a servizos xerais.

    A Guerra Civil, primeiro, e as dificultades orzamentarias, despois, fixeron variar ostensiblemente o proxecto, ademais de atrasar a súa construción. O conxunto inicial de cinco pavillóns quedou reducido a tres, e o central foi transformado para convertelo noutro Colexio Maior, o actual Fonseca. A súa construción foi máis tardía que a dos outros dous; foi inaugurado en 1963. Como os restantes Colexios Maiores, o C.M. Fonseca trata de ofrecer os seus residentes non só a posibilidade de aloxárense, senón de realizar tamén unha serie de actividades que sirvan para promover e completar a súa formación científica, cultural e deportiva.

    O actual colexio maior combina, así, un vedraño avoengo con modernas instalacións e unha situación privilexiada no corazón do Campus Vida.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.07.2024.