Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Localización

Edificio de apoio á investigación (CACTUS). Lugo
Campus Lugo s/n, 27002
Lugo
Horario
De luns a venres, de 10 a 14 h e de 16 a 18 h.
  • Equipo operativo
Todo proceso químico, físico o biolóxico vai acompañado de produción ou consumo de calor. A microcalorimetría é unha técnica moi versátil para o estudio da actividade térmica en forma de calor, fluxo de calor e capacidade calorífica.
  • TAM-III é un microcalorímetro con sistema multicanal que posúe un termóstato que controla a temperatura do baño cunha precisión de 0,0001 °C. Este termóstato utiliza aceite mineral que disipa rapidamente a calor e minimiza os gradientes de temperatura no sistema. As flutuacións de temperatura no TAM-III son de ±10 µK no rango de 15-150 ºC e a deriva en 24 h está en torno a ±100 µK. Pode ser usado en modo isotermo, step-isotermo ou en gradiente de temperatura.

    Instrumentación

    Multicalorímetro TAM-III (TA Instruments) con seis minicalorímetros de 4 mL de capacidade. Pode utilizar ampolas de vidro para experimentos a rangos de temperatura baixos, ou de aceiro inoxidable, para mostras que reaccionan co vidro, ou cando se traballa a temperaturas mais altas ou se sospeita que pode haber desprendemento de gases durante o ensaio.

  • As aplicacións máis comúns son en:

    • Farmacéutica: polimorfismos, compatibilidade fármaco-excipiente, estabilidade, amorficidade e cristalinidade.
    • Materiais: Estabilidade e compatibilidade.
    • Ciencias da vida: actividade microbiana, detección de microorganismos en sangue, curvas dose-resposta.
  • Unidade de Análise Instrumental

    Edificio de Apoio á Investigación (CACTUS) Lugo