Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 288 Horas de Titorías: 9 Clase Interactiva: 3 Total: 300
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía, Departamento externo vinculado ás titulacións, Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Microbioloxía, Área externa M.U en Bioloxía Mariña, Zooloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Realización dun traballo no ámbito da Bioloxía Mariña, no que se apliquen coñecementos e competencias adquiridos polo alumnado durante os estudos de Máster
O TFM é unha actividade fundamenta na formación do alumnado, dado que inclúe todo o proceso de plantexamento, desenvolvemento e defensa dun proxecto profesional
Os seus contidos inclúen a planificación de tarefas para resolver un proxecto, a realización de ditas tarefas e finalmente a concreción dos resultados nunha memoria explicativa do problema plantexado, o procedemento seguido para o seu estudo ou elaboración, a interpretación dos resultados o do deseño plantexado e finalmente o resultado ou a plasmación do proxecto final.
Os contidos varian en funcion de si o proxecto plantexado é de perfil profesional ou académico-investigador. Aínda que conceptualmente son similares, os contidos e a forma de estructuralos varían lixeiramente, requerindo no caso do proyecto de pérfil académico-investigador que o titor sexa doutor.
Estará en funcion do ámbito e os obxectivos de cada traballo
O alumnado adquirirá as competencias xerais sinaladas na memoria de verificación do título, ademáis das competencias específicas relacionadas coa temática do seu proxecto. O TFM que será presentado públicamente ante o tribunal designado ao efecto, permite ao alumnado adquirir a capacidade de sintetizar un traballo ou proxecto relacionado coas prácticas externas realizadas nunha empresa ou nun laboratorio de investigación, de modo que sexa capaz de expor de forma lóxica e ordeada os procedimentos e resultados obtidos no desenvolvemento do proxecto. O alumnado estructurá a información obtida, a comparará con datos bibligráficos e sera capaz de cotexarla e avaliar a súa viabilidade.
Por último, a exposición do TFM ante un tribunal confiere ao alumnado a capacidade de preparar a defensa do proxecto, expoñelo públicamente de forma clara e concisa e defendelo sobre a base dos coñecementos propios ou as experiencias axenas que permiten inferir a súa viabilidade
Cada alumno terá un titor para o seu TFM de maneira que estea asesorado en todo momento. As tarefas a realizar polo alumnado, varian en función do tipo de perfil ou itinerario elegido.
A memoria do TFM debe recoller no sólo as tarefas realizadas, senon tamen aspectos de reflexión, discusión e comparación con referencias bibliográficas.
A Comisión encargada de valorar os TFM terá en conta para a cualificación final, a calidade dos contidos, a claridade na exposición e a capacidade de defensa fronte as cuestíns plantexadas pola Comisión
O TFM ten unha carga correspondente a 12 ECTS, equivalente a 300 horas de traballo total
Resultados da aprendizaje
Capacidade de sintese e habilidades na comunicación e discusión crítica de ideas. Calidade dds traballos ou informes científicos. Adquisición de coñecementos e metodologías avanzadas no campo da investigación biolóxica. Autonomía na elaboración de novas hipótesis, na interpretación de resultados. Coñecemento dos límites das técnicas empregadas, posibles artefactos e da necesidade de estandarización das técnicas
Plan de continxencia: se seguirán as indicacións das autoridades sanitarias e académicas