Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Grao en Xornalismo (1ª Edición)

  • En extinción
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro(s)
Facultade de Ciencias da Comunicación
Avda de Castelao, s/n. Campus norte, 15782
Santiago de Compostela
881816500 (Conserxaría)
881816555 (Decanato)
cc.comunicacion.decanato@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
un plató de radio

O Grao en Xornalismo atende á formación universitaria inicial dun ámbito de coñecemento científico e académico e de un campo de exercicio profesional consolidado e amplamente estendido. O xornalista xa está incorporado aos distintos ámbitos da sociedade, dende os entes públicos, ata iniciativas privadas.

  • Duración: 4 anos académicos
    Código RUCT: 2501111
    Número prazas: 75

    Decano/a ou director/a do centro:
    ANA ISABEL RODRIGUEZ VAZQUEZ
    anaisabel.rodriguez.vazquez@usc.es

    Coordinador-a do título:
    Xose Lopez Garcia
    xose.lopez.garcia@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Nivel MECES: 2

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Decreto 385/2009 do 27 agosto (DOG 16/09/09)

    Data de publicación no BOE:
    5 de marzo de 2010

    Data da última acreditación:
    30/11/2017

    A titulación de Grao en Xornalismo atende á formación universitaria inicial dun ámbito de coñecemento científico e académico e de un campo de exercicio profesional consolidado e amplamente estendido.

    O xornalista xa está incorporado aos distintos ámbitos dunha sociedade, dende os entes públicos, fundamentalmente a través dos gabinetes de comunicación, ata importantes iniciativas privadas que adquiren dimensións de multinacionais.

  • Non se contempla

  • Non se contemplan

  • O centro conta 9 aulas de propósito xeral, de diversa capacidade, 3 salas de seminario, 3 aulas de visionado, 5 salas de informática, 2 estudios de radio, 2 platós de televisión, un plató de cine con tremoia, unha aula de redacción televisiva, 7 cabinas de edición de vídeo, e unha sala de dobraxe.

    Entre os espazos habilitados para o alumnado, conta dúas aulas de informática equipadas con ordenadores.

    Tamén hai que destacar que desde calquera punto da Facultade é posible a conexión sen fíos a Internet.

    A Biblioteca da Facultade de Ciencias da Comunicación conta con máis de 80 postos de lectura e de unha sala de traballo.

  • Favorecer o coñecemento racional e crítico do presente, coa finalidade de que o estudante poida comprender a sociedade actual e saiba transmitila de maneira comprensible aos demais.
    Fomentar o coñecemento básico dos principais acontecementos e procesos das sociedades actuais desde unha perspectiva sincrónica e desenvolver a capacidade de comprender a diversidade e fomentar o respecto polos sistemas de valores alleos e a conciencia cívica.
    Proporcionar un coñecemento suficiente das técnicas de procura, recollida de información, identificación e selección, así como dos métodos apropiados para examinar criticamente calquera clase de fontes, documentos e feitos, e transformalos en informacións de interese mediante as linguaxes informativo- comunicativas específicas.
    Favorecer a expresión concisa e coherente nas linguas propias da nosa comunidade, así como noutros idiomas, en particular o inglés.
    Ofrecer un coñecemento básico das teorías e métodos de investigacións propios das diferentes ramas da investigación informativo-comunicativa.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    Hai un Módulo de Prácticas en empresas xornalísticas que se trata de actividades formativas períodos formativos complementarios en empresas do sector da comunicación, vinculadas á USC a través do convenio de practicas USC-Empresa que regula esta actividade. As competencias que adquirirán os estudantes son as relacionadas co propio desenvolvemento da súa estancia formativa nas empresas convidas. Xunto a estas competencias específicas, os estudantes coñecerán a modo experimental a casuística do mercado laboral.

  • O Traballo fin de grao constará de 12 créditos obrigatorios a realizar no segundo cuadrimestre do cuarto curso do grao.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.09.2024.