Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Multimedia: Teoría, Técnica e Aplicacións é unha materia incluída nos contidos básicos da titulación do Grao de Xornalismo. No plan de estudos figura no terceiro curso e impártese no primeiro cuadrimestre.
O obxectivo prioritario da materia é que o alumnado adquira coñecementos arredor da orixe e desenvolvemento das características da linguaxe multimedia informativa e que entenda o papel da interactividade nas narrativas hipertextuais e multimedia nos contextos informativos actuais. Considérase preciso afondar no novo campo do xornalismo multiplataforma, especialmente no tocante aos dispositivos móbiles, xa que supoñen un horizonte de futuro no campo da comunicación.
Para iso, a través desta materia, o alumnado coñecerá cales son os novos xéneros que emerxen na nova pantalla e identificará a estrutura multimedia, interactiva e hipertextual que se dá no novo soporte, así como as características específicas que teñen os novos dispositivos á hora de transmitir os contidos xornalísticos.
Os obxectivos da materia resúmense a continuación:
a) Entender as características da linguaxe multimedia no contexto multiplataforma.
b) Analizar modelos e formatos de narrativas multimedia tanto para a web coma para os dispositivos móbiles.
c) Elaborar pezas informativas con linguaxe multimedia.
d) Explorar as posibilidades das novas modalidades expresivas na construción de mensaxes xornalísticas.
e) Aprender a crear contidos en soportes multiplataforma.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2023-2024 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2022-2023.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. O ciberxornalismo: panorama actual e perspectivas
1.1 Novo nome para unha nova forma de facer xornalismo
1.2 Características da linguaxe ciberxornalística
1.3 O impacto das ferramentas tecnolóxicas
TEMA 2. A dimensión multimedia
2.1 A linguaxe multimedia. Elementos definitorios.
2.2 Elementos definitorios do produto informativo multimedia
2.3 Teoría e técnica da multimedialidade. Unha visión a partir dos autores.
TEMA 3. A narrativa dixital: da man da narrativa hipertextual e da narrativa multimedia
3.1 O valor da interactividade
3.2 Orixe e evolución da narrativa hipertextual e multimedia.
3.3 Tendencias actuais: modelos e formatos de narrativas multimedia.
3.4 A construción das mensaxes en clave multimedia e interactiva: a reportaxe multimedia.
TEMA 4. O desafío das narrativas móbiles
4.1 Introdución ao xornalismo móbil
4.2 Adaptación de contidos a novos soportes dixitais
4.3 Redes sociais e uso do vídeo móbil
TEMA 5. Creación de contidos móbiles multimedia e xestión multiplataforma
5.1 Modelos informativos para o xornalismo móbil
5.2 MojoKit: dispositivos e equipamento para o xornalismo móbil
5.3 Consellos para a edición e a gravación dende o móbil
TEMA 6. Condicións tecnolóxicas e culturais actuais
6.1 Novas competencias tecnolóxicas para os xornalistas
6.2 A verificación de feitos e o fact checking
6.3 Debates arredor dos retos e desafíos do impacto tecnolóxico no xornalismo actual
CONTIDOS PRÁCTICOS
Realización dun especial multimedia de temática libre.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Bernal, A. (2015). Herramientas digitales para periodistas. UOC.
Burum, I. & Quinn, S. (2015). MOJO: The Mobile Journalism Handbook: How to Make Broadcast Videos with an iPhone or iPad. Focal Press.
Canavilhas, J. & Satuf, I. (2015). Jornalismo para Dispositivos Móveis: Produção, Distribuição e Consumo. Labcom.
Castells, M. (2010). Comunicación y Poder. Alianza.
Cebrián, M. & Flores, J.M. (2012). Periodismo en la telefonía móvil. Editorial Fragua.
Craig, R. (2005). Online Journalism. Thomson.
Salaverría, R. (2005). Redacción periodística en Internet. Eunsa.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Aguado, J. M. L (2020). Mediaciones ubicuas. Ecosistema móvil, gestión de identidad y nuevo espacio público. Gedisa.
Aliaga, R. S. (2015). Los labs como fórmula de innovación en los medios. El profesional de la información, 24(4), 397-404. https://doi.org/10.3145/epi.2015.jul.06
Astro GiL, M.A. (2002). Diseño y desarrollo multimedia: Sistemas, imagen, sonido y vídeo. Ra-Ma.
Castells, M. (2001). La galaxia Internet. Plaza&Janes.
Counts, E.L. (2004). Multimedia design and production for students and teachers. Pearson/Allyn and Bacon.
Davies, T. & Gangadharan, S.P. (2009). Online Deliberation: Design, Research, and Practice. CSLI.
Díaz noci, J. (2001). La escritura digital. Hipertexto y construcción del discurso informativo en el periodismo electrónico. Universidad del País Vasco.
Díaz noci, J. & Salaverrría, R. (2003). Manual de Redacción Ciberperiodística. Ariel.
Flores vivar, J.M. & Esteve Ramírez, F. (2009). Periodismo Web 2.0. Fragua.
García galindo, J.A; Vasallo, M.I. & Vera Balanza, M.T. (2009). Construir la Sociedad de la Comunicación. Tecnos.
Garrand, T. (2008). Escribir para multimedia y la web: una guía práctica para el desarrollo de contenido en los medios interactivos. Escuela de Cine y Vídeo.
Handler Miller, C. (2008). Digital storytelling. A creator’s guide to interactive entertainment. Focal Press.
Moreno, P. (2016). Comunicación, ciberperiodismo y nuevos formatos multimedia interactivos. Universidad de Sevilla.
Salaverría, R. (2016). Ciberperiodismo en Iberoamérica. Fundación Telefónica & Editorial Ariel.
Stewart, P. (2017). The Live-Streaming Handbook: How to create live video for social media on your phone and desktop. Routledge.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS (CB e CX)
CB2 - Que o alumnado poida aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e teñan competencias tipicamente necesarias para defender argumentos e resolver problemas dentro do seu campo de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de recoller e interpretar datos relevantes (normalmente dentro do seu campo de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de tipo social, científico ou ético
CB4 - Que o estudantado poida comunicar información, ideas, problemas e solucións a públicos especializados e non especializados
CB5 - Que os estudantes desenvolvan as habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender de xeito posterior estudos cun alto grao de autonomía
CX1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
CX2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación
CX3 - Competencia para a práctica da profesión con ética profesional e compromiso cívico
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS (CT)
CT1 - Capacidade de organización e planificación
CT2 - Capacidade de xestión da información
CT3 - Traballo en equipo
CT4 - Aprendizaxe independente
CT5 - Creatividade
CT6 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT7 - Coñecementos básicos da profesión
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS (CE)
CE04 - Coñecer as técnicas axeitadas para escribir textos nos medios de comunicación
CE05 - Coñecer os mecanismos de transmisión de mensaxes informativas a través dos medios de comunicación audiovisuais
CE06 - Coñecer os modelos de creación de información nos medios de comunicación de masas.
CE07 - Coñecer as técnicas para a creación de produtos multimedia
CE08 - Aprender as técnicas narrativas do fotoxornalismo e do documental
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2023-2024 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2022-2023.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2023-2024 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2022-2023.
Recoméndase o seguemento da actualidade nos medios de comunicación, dominar as redes sociais e facer uso das horas de titorías.
Alba Silva Rodriguez
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- alba.silva [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
10.01.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 1 |
10.01.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 2 |
11.06.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 1 |