Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Estudo da fotografía contemporánea. Coñecemento dos fundamentos dunha das disciplinas que, na actualidade, maior achega está a levar a cabo (na sociedade e na comunicación) desde os puntos de vista da publicidade, a arte, o xornalismo ou a ciencia. Fortalecemento dun tipo de visión que posibilite as actitudes críticas coas imaxes que a contemporaneidade xera, así como a posibilidade de adquisición de coñecemento dirixido a unha análise máis precisa da nosa contorna visual.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
Teoría
1. Introdución a fotografía contemporánea: Linguaxe visual como medio de comunicación. Relación e diferencias entre fotografía e imaxe.
2. Composición: Conceptos básicos da composición e elementos utilizados na linguaxe visual.
3. Situación actual: Que se entende por fotografía hoxe en día. Importancia da fotografía na sociedade actual. Democratización da fotografía.
4. Información: Importancia da imaxe. A formulación dos xornais: as galerías de fotos e as fotonoticias. A importancia da Instantaneidade. Diversificación de fontes. Os retos da fotografía na comunicación. Foto ou vídeo?
5. Traballo do fotógrafo: Situación da profesión. O caso do Fotoxornalista. Relación Fotógrafo / Editor / Redactor.
6. Publicidade: Desaparición dos límites ente CGI e imaxe real. Nova explosión creativa. Studium e Punctum
7. Educación y Ciencia: A imaxe como fonte de coñecemento. Ferramenta de estudo, cálculo e análise. Medio de difusión dos logros e avances da ciencia. Aplicacións tecnolóxicas e industriais.
8. Relacións persoais: Álbums familiares e memoria colectiva. Redes sociais e comunicación a través de imaxes. Concepto do público e o privado. Avatar e marca persoal.
9. Ética e legalidade: Que se pode fotografar. Que se pode publicar. Que se debe publicar. Usos e abusos. Regulación do informador gráfico. Dereito á propia imaxe. Propiedade intelectual. Creative Commons (CC).
10. Imaxe dixital: Definición. Formatos: Raw e JPG. Concepto de calidade e resolución. Medios de saída: impresión vs. Pantalla
11. Tecnoloxías: Equipos fotográficos actuais: cámaras de fotos, móbiles e cámaras de vídeo. Transmisión: equipos e software de transmisión. Sistemas e métodos.
12. Posprodución: Diferenciar entre posprodución e retoque. Revelado de arquivos Raw. Conceptos de temperatura de cor, luminosidade e contraste. Filtros de ruído e máscara de enfoque.
13. Edición: Saber escoller unha imaxe, contar unha historia. Importancia do formato de saída. Coñecer o contexto, historia e situación social na que convive a nosa fotografía.
14. Revelado: Diferenciar entre posprodución e retoque. Revelado de arquivos Raw. Conceptos de temperatura de cor, luminosidade e contraste. Filtros de ruído e máscara de enfoque.
15. Uso e arquivo: Medios de publicación de imaxes, Calidade da imaxe, arquivo e seguridade.
Práctica
1. Proxecto persoal: Realización dun proxecto fotográfico persoal orientado a súa ampliación en redes sociais. O alumno terá que deseñar e executar un proxecto fotográfico: escoller unha liña estética e argumental, realizar as fotografías, seleccionalas, editalas e xustificar as decisión tomadas.
2. Proxecto colectivo: O alumnos traballaran de maneira colectiva e por grupos na produción de unha exposición fotográfica sobre un concepto escollido na clase. Os alumnos executarán dende cero todo o proxecto, tomando decisión sobre a temática, obxectivo e aplicación ata a produción final da exposición, así como a difusión da mesma.
Bibliografía Básica. Lecturas Obrigatorias:
• Salked, Richard. Como leer una fotografía. Barcelona, Editorial Gustavo Gill, 2014.
• Caballo Ardilla, Diego (coord.): Fotoperiodismo y edición. Historia y límites jurídicos. Madrid, Universitas, 2006.
• Ledo, M. Documentalismo Fotográfico Contemporáneo. Madrid, Cátedra, 1998
Bibliografía Complementaria. Lecturas Recomendadas:
• Sarvas, Risto; Frohlich, David M. From Snapshot to Social Media, The Changing Picture of Domestic Photography. Springer-Verlag London Limited, 2011
• Barthes, Roland. La cámara lúcida. Barcelona, Editorial Paidós, 2009.
• Foncuberta, Joan. La cámara de Pandora. Barcelona, Editorial Gustavo Gill, 2011.
• Ribalta, Jorge (ed.). Efecto Real, debates posmodernos sobre fotografía. Barcelona, Editorial Gustavo Gill. 2004
• Foncuberta, Joan. El beso de Judas, Fotografía y Verdad. Barcelona, Editorial Gustavo Gill. 2012
• Rosler, Martha. Imágenes Públicas, la función política de la imagen. Barcelona, Editorial Gustavo Gill. 2007.
• Baqué, Dominique. La fotografía plástica. Barcelona, Editorial Gustavo Gill. 2003
• San Francisco Museum of Modern Art. Public Information (catálogo). 1995.
• Vitamin Ph: New Prespectives in Photography. Londres,Phaidon. 2007
• Webb, Jeremy. Diseño fotográfico. Barcelona, Editorial Gustavo Gill. 2011
Capacitación do alumnado no manexo básico do instrumental fotográfico. Coñecemento das condicións que fixeron posible a ruptura fotográfica que xerou a aparición da contemporaneidade e o propio concepto de Fotografía Contemporánea. Revisión das diferentes correntes sobre as que a fotografía opera no momento presente, analizando os diferentes puntos de vista e formas que adopta.
BÁSICAS E XERÁIS
CB2 - Que os alumnos saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e teñan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución dos problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de recoller e interpretar datos relevantes (normalmente dentro do seu campo de estudo) para emitir xuízos que inclúa unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os alumnos poidan transmitir información, ideas, problemas e soluciones a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os alumnos teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un algo grado de autonomía.
CG1 – Competencia contextual básica de orde transdisciplinar.
CG2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación.
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
TRASVERSAIS
CT1 - Capacidade de organización e planificación
CT2 - Capacidade de xestionar información
CT3 - Traballo en equipo
CT4 - Aprendizaxe autónomo
CT5 - Creatividade
CT6 - Iniciativa e espírito empresarial
CT7 - Coñecementos básicos da profesión
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024
O día do exame, amais de realizar esa proba escrita, as persoas matriculadas teñen que entregar a tarefa práctica acordada co profesor ao inicio de cuadrimestre.
Maria Soliña Barreiro Gonzalez
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- mariasolina.barreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
22.05.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 0 |
04.07.2025 16:00-20:00 | Grupo de exame | Aula 2 |