Recoñecemento de ADN de tres vías con péptidos helicoidais
Autoría
L.P.S.V.
Máster Universitario en Química na Fronteira coa Bioloxía e a Ciencia de Materiais

Data da defensa
30.01.2025 11:30
30.01.2025 11:30
Resumo
As dianas terapéuticas do ADN coñécense dende fai moito tempo e os axentes farmacolóxicos dirixidos a estas, coma o cisplatino, son armas poderosas para combater enfermidades coma o cancro. Ademais do ADN-B, as estruturas non canónicas do ADN, coma as unións de tres vías (3WJ), xurdiron recentemente coma novas e prometedoras dianas, as cales poden permitir o desenvolvemento e deseño de novos axentes quimioterapéuticos con mellores propiedades medicinais. As unións de tres vías de ADN son ensamblaxes simétricos formados por tres segmentos de ADN dúplex entrelazados, estas estruturas poden aparecer a través da replicación defectuosa de secuencias repetitivas de ADN chamadas microsatélites. Polo tanto, os axentes de unión a 3WJ poderían encontrar aplicación coma fármacos selectivos dirixidos a fenotipos deficientes en mecanismos de reparación do emparellamento incorrecto (MMR) ou ben que presenten inestabilidade de microsatélites, coma nos carcinomas colorrectais. Modelar, sintetizar e caracterizar novas moléculas terapéuticas, así como, medir as súas propiedades de unión ao ADN a través das súas constantes de disociación (KD), son os primeiros pasos no camiño de cara á xeración de novos compostos ata alcanzar tratamentos viables y eficaces. Aquí, describirei péptidos cortos deseñados racionalmente, que se unen selectivamente como hélices á cavidade central dos 3WJs, explorarei os determinantes estruturais da unión e optimizarei aínda máis a estrutura mediante a exploración doutras estruturas secundarias, tales como a hélice 310.

Dirección
VAZQUEZ SENTIS, MARCO EUGENIO (Titoría)
VAZQUEZ SENTIS, MARCO EUGENIO (Titoría)
Tribunal
PEREZ MEIRAS, MARIA DOLORES (Presidente/a)
INSUA LOPEZ, IGNACIO (Secretario/a)
GIMENEZ LOPEZ, MARIA DEL CARMEN (Vogal)