Proceso de produción de aluminio lacado
Autoría
J.C.S.
Grao en Química
J.C.S.
Grao en Química
Data da defensa
20.02.2025 09:00
20.02.2025 09:00
Resumo
Dende o seu illamento ata a actualidade, o aluminio converteuse nun dos metais máis importantes da nosa sociedade polas súas propiedades. Ten numerosos usos vinculados, fundamentalmente, á industria alimentaria, fabricación de bens de consumo, transporte, construción e sector militar. Neste Traballo Fin de Grao estúdase en profundidade un dos procedementos de protección do aluminio contra a corrosión, o lacado, que mellora a súa resistencia e durabilidade. Deste tipo de tratamentos xurdiu unha industria de produción de aluminio que na actualidade está moi demandada. En concreto, descríbese polo miúdo o proceso de lacado realizado nas fábricas de Aluminios Cortizo S.A.U, o cal implica un pretratamento con diferentes disolucións químicas, un recubrimento en pó e un curado final no cal se polimerizará. Describense tamén os diferentes controis de calidade aos que é sometido o proceso enteiro.

Dirección
GONZALEZ NOYA, ANA MARIA (Titoría)
GONZALEZ NOYA, ANA MARIA (Titoría)
Tribunal
ESTEVEZ CABANAS, JUAN CARLOS (Presidente/a)
GARCIA SUAREZ, LUIS ALBERTO (Secretario/a)
Sanmartin Matalobos, Jesus (Vogal)