Comunicación social e interacción social de nenos e adolescentes con Trastorno do Espectro Autista no contexto educativo. A empatía.
Autoría
A.R.P.
Grao en Psicoloxía
A.R.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2024 10:00
08.07.2024 10:00
Resumo
O Trastorno do Espectro Autista (TEA) distínguese por un desenvolvemento inusual das capacidades sociais. Entre elas, a empatía considérase clave para o establecemento de relacións emocionais. Por tanto, coñecer as características das habilidades empáticas nesta poboación resulta esencial para a planificación de futuras intervencións nesta área. De acordo con isto, neste traballo levouse a cabo unha análise das diferenzas/déficits en empatía entre persoas con TEA e sen TEA, así como as súas posibles causas. Con esta finalidade, realizouse unha revisión sistemática da literatura seguindo a metodoloxía PRISMA 2020. Os resultados atopados permitiron confirmar a existencia de diferenzas que afectan tanto á empatía cognitiva como á afectiva e conductual. Na dimensión cognitiva, concluíuse que os mozos con TEA presentan dificultades significativas para identificar as emocións alleas. En canto á dimensión conductual, as investigacións mostraron que esta capacidade está preservada en individuos con TEA, aínda que depende do seu coñecemento social. Os factores explicativos dos déficits foron identificados e agrupados nas seguintes categorías: o contexto situacional, a teoría da mente, a atención cara aos estímulos sociais, o tipo de procesamento, factores individuais, comorbilidade con outras condicións e a expresión de emocións, mantendo relacións diferentes coas distintas dimensións da empatía. Conclúese que os resultados atopados corroboraron a complexidade da empatía nesta poboación, destacando a necesidade de ter en conta as súas características á hora de avaliar e intervir.

Dirección
Rivas Torres, Rosa María (Titoría)
Rivas Torres, Rosa María (Titoría)
Tribunal
Rivas Torres, Rosa María (Titor do alumno)

Anorexia Nerviosa Atípica: Revisión da literatura.
Autoría
L.F.V.
Grao en Psicoloxía
L.F.V.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2024 10:30
08.07.2024 10:30
Resumo
A anorexia nerviosa atípica (AAN) é un diagnóstico que, a diferenza da anorexia nerviosa (AN), caracterízase pola ausencia de baixo peso como criterio central. Este feito expón un desafío significativo para a psicoloxía e os profesionais da saúde, xa que tradicionalmente a emaciación foi un indicador crucial na identificación e tratamento da AN. Este traballo ten como obxectivo revisar a literatura xerada desde 2013, ano en que a AAN inclúese como diagnóstico no DSM-5, respecto á caracterización da AAN en comparación ca AN. Para iso, analízanse 13 artigos publicados entre 2013 e 2024, seleccionados a través de bases de datos como PubMed, Medline, e PsycInfo, abarcando unha ampla gama de investigacións que avalían diferentes aspectos do trastorno, como factores etiolóxicos, prevalencia, e comorbilidades. Os resultados evidencian que, aínda que os pacientes con AAN non presentan emaciación, si experimentan unha severa psicopatoloxía vinculada coa restrición alimentaria, preocupacións polo peso e a forma corporal, e unha alta incidencia de comorbilidades psiquiátricas. Entre os factores destacados, atópase a relación entre antecedentes de obesidade e a severidade do trastorno, así como a presenza de síntomas similares á AN. Obsérvase unha prevalencia significativa de AAN en mulleres novas e adolescentes, con idades comprendidas entre 9 e 25 anos. Finalmente, destácanse diversas limitacións e suxírense direccións futuras de investigación, ademais de presentar conclusións que buscan clarificar a información analizada.

GUTIERREZ GARCIA, EMILIO (Titoría)
GUTIERREZ GARCIA, EMILIO (Titoría)
Tribunal
GUTIERREZ GARCIA, EMILIO (Titor do alumno)

Prevalencia da violencia sexual mediante submisión química: unha revisión sistemática.
Autoría
S.P.D.
Grao en Psicoloxía
S.P.D.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2024 10:30
08.07.2024 10:30
Resumo
A violencia sexual mediante submisión química é unha forma grave de violencia na que se produce unha agresión sexual non consentida cando a vícitima atópase baixo o efecto de substancias psicoactivas, que cobrou especial importancia. A este respeto, a literatura advirte que se trata dun problema social e de saúde pública, sen embargo, é necesario incrementar o coñecemento existente. Esta revisión sistemática ten coma obxectivo principal examinar a literatura sobre violencia sexual mediante sumisión química en poboación universitaria e estudar variables asociadas a este fenómeno. Para iso, realizouse unha revisión sistemática seguindo as directrices do método PRISMA, nas bases de datos Web of Science, Pubmed, Psychinfo, Dialnet e Scopus. Analizáronse 16 estudios sobre a temática obxecto de estudo. Os resultados poñen de manifesto a existencia de casos de violencia sexual mediante sumisión química, especialmente en mulleres, con rango de idade entre 18 e 30 años. Adicionalmente, os datos revelan que o etanol é a sustancia máis empregada para a comisión deste delito. Tendo en mente as limitacións da nosa revisión, os estudos revisados poñen de manifesto a necesidade de implementar accións preventivas, especialmente no ámbito universitario. Estos plans de acción deben centrarse en promover condutas seguras entre a poboación, especialmente aquelas vinculadas ao ocio nocturno.

Novo Pérez, Mercedes (Titoría)
Novo Pérez, Mercedes (Titoría)
Tribunal
Novo Pérez, Mercedes (Titor do alumno)
Novo Pérez, Mercedes (Titor do alumno)
Medición da satisfacción do alumnado cos programas de mobilidade da Universidade de Santiago de Compostel
Autoría
S.M.F.
Grao en Psicoloxía
S.M.F.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2024 11:00
08.07.2024 11:00
Resumo
Sendo a actualidade un mundo desafiante para calquera organización, ofrecer un servizo de calidade aos clientes pode supoñer a diferenza fronte outras opcións no mercado. Deste xeito, os centros de ensinanza non quedan fóra destas esixencias, e deben adaptarse igualmente aos cambios. Por iso, a comprensión da calidade como satisfacción do usuario, é dicir, de que maneira se adecúa a percepción do servizo coas expectativas do mesmo, pode permitir saber en que puntos mellorar. Así, o obxectivo principal deste estudo consiste en comprobar a satisfacción do alumnado universitario co servizo de mobilidade intercentro, onde se inclúen os programas Erasmus, Sicue e Convenio Bilateral. Para iso, emprégase o cuestionario SERVQUAL onde se mide a calidade de servizo en cinco dimensións básicas: tanxibilidade, seguridade, capacidade de resposta, empatía e fiabilidade. A análise dos resultados revelou que as expectativas superaban ás percepcións por norma xeral, e máis concretamente nos apartados de tanxibilidade, fiabilidade e capacidade de resposta. Isto indica unha insatisfacción xeral co servizo de mobilidade, o cal podería repercutir non soamente no nivel de participación do alumnado en próximas edicións, senón no desempeño académico dos alumnos e na imaxe de marca da propia universidade. Para poñer remedio a isto proponse varias medidas para cada unha das dimensións en particular e medidas para o servizo en xeral.

VARELA MALLOU, JESUS (Titoría)
VARELA MALLOU, JESUS (Titoría)
Tribunal
VARELA MALLOU, JESUS (Titor do alumno)
VARELA MALLOU, JESUS (Titor do alumno)
A Atención Temperá no Trastorno do Espectro Autista en España: unha revisión dos últimos cinco anos
Autoría
B.P.F.
Grao en Psicoloxía
B.P.F.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2024 11:00
08.07.2024 11:00
Resumo
Os servizos de Atención Temperá en nenos con Trastorno do Espectro Autista son obxecto de diversas investigacións nos últimos anos, emerxéndose como un compoñente esencial en dar resposta ás necesidades únicas de nenos entre os 0 e 6 anos. O obxectivo desta revisión sistemática é analizar as características prioritarias dos servizos de Atención Temperá no Trastorno do Espectro Autista no último lustro. Para isto, realizouse unha búsqueda sistemática na que se seleccionarion 13 estudos empíricos, publicados dende o 2019 ata a actualidade, e que analizan as diversas caracterísitcas normativas dos servizos, así como as variables que lles afectan. Tras a revisión dos traballos, detectouse a falta dun modelo diagnóstico homoxéneo rexional e unha falta de formación de profesionais no ámbito educativo. Os resultados tamén subliñaron a importancia do apoio familiar durante todas as etapas, así como a involucración desta no proceso de intervención. Por último, reforzouse a necesidade dunha coordinación eficaz entre sistemas implicados (sistema educativo, servizos sociais e sanitarios). En conclusión, os servizos de Atención Temperá en nenos con Trastorno do Espectro Autista en España nos últimos cinco anos expuxéronse a cambios normativos onde a cohesión e a eficacia é primordial para o desenvolvemento óptimo e o benestar dos nenos e as familias.

O papel da amígdala na modulación emocional da memoria: efecto modulador da depresión e da ansiedade
Autoría
M.R.V.
Grao en Psicoloxía
M.R.V.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2024 11:30
08.07.2024 11:30
Resumo
Este estudo examina as diferenzas neurales, especificamente na amígdala, entre persoas con trastornos de ansiedade e depresión, e persoas sas durante o proceso de modulación emocional da memoria explícita. Para iso, levou a cabo unha revisión bibliográfica cuxos achados revelaron disparidades tanto na amígdala como no hipocampo ao comparar estudos que incluían mostras con grupos afectados por algún destes trastornos e persoas sas. Atopáronse diferenzas neurales específicas nestas rexións durante a codificación e o recoñecemento de estímulos emocionais, ademais de identificar relacións entre a actividade neural e variables como a gravidade ou a persistencia da sintomatoloxía. Estes resultados foron máis concluíntes no contexto do trastorno depresivo maior que nos trastornos de ansiedade, posiblemente debido a limitacións desta revisión. Aínda que a investigación previa neste campo é limitada, estes achados teñen implicacións significativas tanto a nivel teórico, ao expandir o coñecemento neste ámbito, como a nivel clínico, ao facilitar o desenvolvemento de intervencións terapéuticas máis específicas e efectivas.

DOALLO PESADO, SONIA (Titoría)
DOALLO PESADO, SONIA (Titoría)
Tribunal
DOALLO PESADO, SONIA (Titor do alumno)
DOALLO PESADO, SONIA (Titor do alumno)
Terapias de humor no tratamento da depresión: Unha revisión bibliográfica
Autoría
A.V.R.
Grao en Psicoloxía
A.V.R.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2024 11:30
08.07.2024 11:30
Resumo
A depresión é un trastorno mental que, debido á súa incidencia na poboación, promove a busca de novos procesos terapéuticos que logren diminuír a sintomatoloxía. O humor é un constructo que suscita sentimentos positivos para facer fronte aos contratempos e axúdanos a mellorar o benestar emocional. Como tal, foi obxecto de investigación por parte da comunidade científica, tratando de figurar a súa utilidade para facer fronte a diversos trastornos. O obxectivo principal deste traballo é coñecer os efectos das terapias baseadas no humor (risoterapia, adestramento de humor, etc.) en persoas con sintomatoloxía depresiva. Con este fin, realizouse unha procura sistemática nas plataformas Web of Science, PubMed e PsycInfo. 15 artigos publicados entre 2005 e 2024 incluíronse na revisión. As terapia baseadas no humor conseguiron diminuír as puntuacións de depresión na maioría das investigacións. Así mesmo, recoméndase a realización de estudos adicionais con mostras máis amplas e diversas para confirmar estes resultados e explorar os mecanismos subxacentes dos seus efectos terapéuticos.

Eficacia e seguridade da agomelatina en síntomas de ansiedade
Autoría
A.R.R.
Grao en Psicoloxía
A.R.R.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2024 12:00
08.07.2024 12:00
Resumo
A agomelatina é un antidepresivo con propiedades farmacolóxicas singulares utilizado no tratamento de trastornos depresivos e de ansiedade. O seu mecanismo de acción diferénciase dos antidepresivos tradicionais e as benzodiacepinas, xa que actúa como agonista dos receptores de melatonina MT1 e MT2 e antagonista dos receptores de serotonina 5-HT2C. Este traballo revisa a evidencia sobre a eficacia e seguridade da agomelatina no tratamento de síntomas ansiosos. Utilizáronse ensaios clínicos que avalían a eficacia e seguridade do fármaco para os síntomas da ansiedade en diferentes trastornos ou enfermidades. Na maioría de casos, esta avaliación realizouse a través da comparación cun grupo placebo ou un grupo ao que se lle administrou outro fármaco. A seguridade mediouse principalmente mediante a incidencia de eventos adversos, mentres que a eficacia avaliouse utilizando escalas de avaliación da ansiedade e depresiones validadas, aplicadas antes e despois da intervención para determinar a melloría. Os resultados dos ensaios clínicos recollidos nesta revisión indican que a agomelatina é eficaz e segura nos estudos analizados. A pesar dos resultados prometedores, é necesario destacar a necesidade de investigacións adicionais para comprender mellor a súa eficacia e seguridade a longo prazo e en diferentes contextos clínicos

LOSADA VAZQUEZ, MARIA CONCEPCION (Titoría)
LOSADA VAZQUEZ, MARIA CONCEPCION (Titoría)
Tribunal
LOSADA VAZQUEZ, MARIA CONCEPCION (Titor do alumno)

Percepción de risco de escasez e conductas de aforro de auga: un enfoque psicosocial
Autoría
I.B.G.
Grao en Psicoloxía
I.B.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2024 11:00
15.07.2024 11:00
Resumo
O cambio climático está incrementando a escasez de auga en España, incluso en rexións tradicionalmente ricas en recursos hídricos como Galicia. Ante a necesidade de abordar o problema mediante a conservación da auga, o obxetivo do presente traballo é estudar, dende a perspectiva da Psicoloxía Ambental, como a percepción de risco de escasez de agua, as actitudes hacia as medidas de conservación da auga, e certas variables sociodemográficas como o xénero, a idade e a ideoloxía política, inflúen nas intencións de adoptar condutas de conservación de agua. Para chegar a población obxetivo, este estudo emprega unha enquisa para medir as variables de interese, coa participación de 101 persoas (73,3% mulleres, Midade=28), obtidas mediante o método bola de neve. Trala realización dos análises estadísticos, os resultados amosan que existe unha relación entre a percepción de risco de escasez, as actitudes hacia a conservación e a intención hacia a conservación, e que a percepción e as actitudes, xunto co xénero, son preditores das condutas de conservación. Ademáis, vese que unha maior percepción de risco de escasez é un factor relevante á hora de realizar medidas proambientais de conservación, algo que pode resultar de gran utilidade no futuro frente a seca e outros problemas hídricos.

Gómez Roman, Cristina (Titoría)
Gómez Roman, Cristina (Titoría)
Tribunal
Gómez Roman, Cristina (Titor do alumno)
Gómez Roman, Cristina (Titor do alumno)
Percepción da población universitaria sobre a violencia sexual e o consentimento.
Autoría
M.M.P.
Grao en Psicoloxía
M.M.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2024 11:00
15.07.2024 11:00
Resumo
La violencia sexual es una problemática que está creciendo notablemente. En este campo resulta de gran importancia el consentimiento y saber cómo lo percibe la población universitaria. Por esto, el presente trabajo tiene como objetivo conocer la percepción de una muestra universitaria sobre la violencia sexual, el consentimiento y cómo comunican este a su pareja sexual. Con esta finalidad, se realizó un estudio con una muestra de 248 participantes (195 mujeres y 49 hombres), con un rango de edad de entre 18 y 36 años. Como instrumentos de medida se utilizó la escala de Internal and External Consent Scale (Jozkowski et al., 2014), así como la escala de los mitos modernos sobre las agresiones sexuales (AMMSA, Gerger et al., 2007) para medir la aceptación de dichos mitos. Además, se cuenta con una parte de respuesta narrativa, con la posibilidad de analizar la posible presencia de otras categorías no contempladas en la parte cuantitativa. Los resultados obtenidos muestran que existe alguna discrepancia entre los datos cuantitativos y cualitativos. En los primeros el factor más identificado de consentimiento interno es el cuarto, Consentimiento/Deseo y del externo el primero, Conductas no verbales directas. En el segundo caso, el factor que se informó con mayor frecuencia de consentimiento interno fue Consentimiento/Deseo también y de consentimiento externo el tercero, Comunicación/Comportamiento iniciador. Con respecto a la literatura encontrada, están presentes algunas semejanzas, en especial entre la información cualitativa. De igual manera, al ser un campo con poca investigación, es preciso seguir profundizando en él.

Correlatos neurobiolóxicos no Trastorno de Xogo por Internet en adolescentes.
Autoría
C.B.D.
Grao en Psicoloxía
C.B.D.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2024 11:30
15.07.2024 11:30
Resumo
A crecente preocupación social polas adiccións sen substancia impulsou numerosas liñas de investigación, destacando o estudo dunha posible adicción aos videoxogos. Dita preocupación levou a que o Manual Diagnóstico e Estatístico dos Trastornos Mentais [DSM-5] incluíse na súa sección III o Internet Gaming Disorder (IGD). Pola súa banda, a OMS incluíu o Gaming Disorder na nova edición da Clasificación Internacional de Enfermidades [CIE-11], sinalando que podería estar causado por condutas de xogo offline como online. A pesar da proliferación de estudos, aínda existen incógnitas, particularmente acerca dos posibles correlatos a nivel neurolóxico nesta nova forma de adicción. O obxectivo da presente revisión é axuntar o coñecemento xerado nos últimos 5 anos acerca dos correlatos neurobiolóxicos asociados ao IGD e as súas repercusións condutuais en adolescentes. Os resultados indican que adolescentes con IGD teñen peor control inhibitorio e maior impulsividade. Estes déficits relacionáronse con anomalías no sistema de recompensas e na rede executiva. Acháronse conexións alteradas en áreas frontais, temporais e fronto-parietais, afectando á toma de decisións e á regulación emocional. Con respecto ao sistema de recompensa, observouse unha maior conectividade no corpo estriado, área tegmental ventral, hipocampo e cortiza motora. Finalmente, destácase a necesidade de intervencións que melloren a conectividade funcional e as capacidades cognitivas, suxeríndose un enfoque interdisciplinar no tratamento que combine terapias cognitivo-conductuales con intervencións neurolóxicas para mellorar o control de impulsos e regulación do comportamento.

RIAL BOUBETA, ANTONIO (Titoría)
RIAL BOUBETA, ANTONIO (Titoría)
Tribunal
RIAL BOUBETA, ANTONIO (Titor do alumno)
RIAL BOUBETA, ANTONIO (Titor do alumno)
Capacidade predictiva das estratexias de autofala de autoeficacia e xeración de atribucións externas sobre o rendemento académico durante a adolescencia
Autoría
L.P.A.
Grao en Psicoloxía
L.P.A.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2024 11:30
15.07.2024 11:30
Resumo
Investigacións previas sinalan que as destrezas de autorregulación actúan como facilitadores clave do rendemento académico durante a adolescencia, unha etapa crítica e chea de cambios. Neste sentido, os modelos máis recentes sobre a aprendizaxe autorregulada sitúan a regulación da faceta afectivo-motivacional nun lugar central. Trátase, non obstante, dunha emerxente liña de investigación sobre a que non se dispón dunha gran cantidade de evidencia. En consonancia con estas premisas, o presente traballo buscou explorar a capacidade predictiva de dúas estratexias de regulación motivacional (autofala de autoeficacia e xeración de atribucións externas). Así mesmo, considerouse a potencial influencia de variables sociodemográficas (sexo e idade). Os resultados confirmaron parcialmente as hipóteses formuladas. En concreto, atopouse que a autofala de autoeficacia predí positivamente o rendemento académico, mentres que a xeración de atribucións externas actúa como un predictor negativo. Ademais, observouse que as mulleres obteñen puntuacións de rendemento superiores ás dos homes e que o uso destas estratexias de autorregulación motivacional diminúe coa idade. Estes achados suxiren que as diferentes estratexias motivacionais teñen un impacto diferencial no rendemento, podendo diferenciar entre aquelas situadas no extremo intrínseco dos estilos de autorregulación (é dicir, autofala de autoeficacia) e aquelas de natureza extrínseca (é dicir, xeración de atribucións externas). Futuras liñas de investigación deberán explorar os posibles mecanismos subxacentes a estes efectos.

VILLAR GARCIA, EVA (Titoría)
VILLAR GARCIA, EVA (Titoría)
Tribunal
VILLAR GARCIA, EVA (Titor do alumno)
VILLAR GARCIA, EVA (Titor do alumno)
Actualización sobre a Farmacoloxía e Terapia comportamental no trastorno de Déficit de Atención e Hiperactividade en Adolescentes
Autoría
D.C.C.P.
Grao en Psicoloxía
D.C.C.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2024 12:00
15.07.2024 12:00
Resumo
O trastorno neuroconductual por déficit de atención e hiperactividade (TDAH) é un trastorno comunmente diagnosticado en nenos e adolescentes, que actualmente segue tendo unha alta prevalencia e diagnóstico. Este traballo ten como obxectivo principal revisar a eficacia, seguridade e consideracións clínicas dos medicamentos utilizados para o tratamento do Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) en adolescentes, incluídos os seus efectos secundarios na bibliografía desenvolvida desde 2013 ata 2024. Ademais, abordaranse as terapias alternativas, tomando como base o estudo realizado por Sibley et ao.en 2014. Os distintos traballos revisados concluíron que a farmacoloxía estimulante, como o metilfenidato, é o tratamento preferido e máis eficaz para o TDAH. Medicamentos non estimulantes como a atomoxetina e a viloxazina tamén son efectivos. Combinacións como olanzapina e atomoxetina mostraron melloras significativas nos síntomas. O adestramento cognitivo da memoria de traballo (CWMT) e o neurofeedback son terapias complementarias que ofrecen beneficios adicionais. Estudos recentes suxiren que a combinación de metilfenidato con retroalimentación EEG pode ser máis efectiva que as terapias individuais, mentres que un estudo menciona que suplementos nutricionais como o extracto de azafrán demostrou melloras comparables ás do metilfenidato no manexo dos síntomas do TDAH.

Estilos educativos parentais e consumo de sustancias na adolescencia
Autoría
A.C.C.
Grao en Psicoloxía
A.C.C.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2024 12:00
15.07.2024 12:00
Resumo
O consumo de substancias durante a adolescencia é un grave problema de saúde pública con importantes implicacións no desenvolvemento físico, emocional e social da xuventude. Entre os factores que explican este fenómeno, diversos estudos puxeron de manifesto como os estilos educativos empregados polos pais exercen unha influencia significativa no desenvolvemento das devanditas condutas de risco. O presente traballo propúxose analizar a evidencia científica existente sobre o papel dos estilos parentales no consumo adolescente, así como coñecer que estilo resulta máis protector fronte ao mesmo. Para iso, realizouse unha procura sistemática de investigacións empíricas actuais nas principais bases de datos electrónicas. Atopouse unha relación significativa entre ambas as variables, observando que mentres o estilo democrático exerce sempre un efecto protector, os estilo indulgente e autoritario presentan efectos dispares na socialización en función do contexto cultural. Dada a natureza transversal da maioría dos estudos, así como as limitacións inherentes aos autoinformes dos adolescentes, son fundamentais futuras investigacións de corte lonxitudinal que consideren outras fontes de información, así como os efectos do xénero e a cultura. En conclusión, coñecer de que maneira os estilos parentales inflúen no consumo adolescente permitirá o deseño de intervencións efectivas que preveñan a súa aparición.

Páramo Fernández, María Fernanda (Titoría)
Páramo Fernández, María Fernanda (Titoría)
Tribunal
Páramo Fernández, María Fernanda (Titor do alumno)

A comunicación interna como vehículo da cultura organizacional.
Autoría
I.B.B.
Grao en Psicoloxía
I.B.B.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2024 12:30
15.07.2024 12:30
Resumo
O mundo do traballo e os recursos humanos está sempre en constante cambio, o contexto no que se desenvolven as empresas é cada vez máis volátil e estas deben tratar de adaptarse o mellor posible. Para iso xorde o management estratéxico, que trata de coordinar todos os recursos dispoñibles para que a empresa poida conseguir os seus obxectivos do xeito máis eficiente posible. Cada vez foi gañando máis peso dentro do management a dirección estratéxica da comunicación interna na empresa e a xestión da cultura organizacional. Estes dous conceptos, aínda que poidan parecer independentes, están estreitamente interrelacionados. Ao longo deste traballo afóndase na importancia destes dous activos para a organización e trátase de analizar de que xeito están relacionados. Para iso revisouse a literatura relativa tanto á cultura organizacional como á comunicación interna na empresa. Sen dúbida, a comunicación interna é o canal que posibilita transmitir os valores, as actitudes e as condutas que permiten establecer unha cultura organizacional que satisfaga tanto os intereses dos traballadores, como os da propia empresa. Ao mesmo tempo, a cultura organizacional configura, en gran medida, o xeito no que os integrantes da empresa se relacionan entre si.

FRAGA CAROU, ISABEL (Titoría)
FRAGA CAROU, ISABEL (Titoría)
Tribunal
FRAGA CAROU, ISABEL (Titor do alumno)
FRAGA CAROU, ISABEL (Titor do alumno)
Análise dos factores determinantes dos estilos de xestión de conflitos: o papel da intelixencia emocional e da personalidade.
Autoría
S.C.C.
Grao en Psicoloxía
S.C.C.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2024 12:30
15.07.2024 12:30
Resumo
Este estudo explorou como as variables intelixencia emocional e tipo de personalidade inflúen nos diferentes estilos de xestión de conflitos utilizando as escalas TMMS-24, NEO-FFI e ROCI-II. Ademais, estudiáronse as diferenzas entre sexos e cursos académicos. A mostra estivo formada por 204 estudantes do Grao en Psicoloxía da USC con idades comprendidas entre os 18 e os 46 anos. Os resultados confirmaron relacións entre Integración e Amabilidade, Responsabilidade, Compromiso, Atención e Reparación; o estilo Evitativo con Neuroticismo, Servilismo e Extraversión; Dominación con Extraversión, Atención, Reparación, Amabilidade e Idade; o Compromiso coa Apertura, a Amabilidade, a Integración, o Servilismo, a Atención e a Idade. Ademais, os tres factores de intelixencia emocional mostraron correlacións con Extraversión, Apertura e Neuroticismo. Por outra banda, a Reparación correlacionou coa Amabilidade e a Responsabilidade e a Claridade coa Responsabilidade. Observáronse diferenzas significativas entre sexos, destacando que as mulleres presentaron puntuacións máis altas en Neuroticismo, Responsabilidade, Amabilidade e Atención. No que respecta aos cursos académicos, só se atoparon diferenzas significativas entre o primeiro curso e o terceiro e cuarto na variable Dominación. Ademais de atopar resultados consistentes coas investigacións anteriores, este estudo tamén revelou novas correlacións e modelos preditivos. Estes achados abren novas vías para futuras investigacións no campo da xestión de conflitos, permitindo unha mellor comprensión das relacións existentes entre as variables estudadas.

RODRIGUEZ FERNANDEZ, MANUEL DAMASO (Titoría)
RODRIGUEZ FERNANDEZ, MANUEL DAMASO (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ FERNANDEZ, MANUEL DAMASO (Titor do alumno)

Búsqueda de biomarcadores mediante neuroimaxe por resonancia magnética funcional no TDAH
Autoría
A.C.P.
Grao en Psicoloxía
A.C.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
10.09.2024 10:00
10.09.2024 10:00
Resumo
O Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) é un trastorno do neurodesenvolvemento caracterizado por déficits en atención, impulsividade e hiperactividade. Afecta a poboación de todas as idades, pero ten comezo na infancia e afecta globalmente ao redor dun 5,3% da poboación, chegando á cifra do 6,8% en España. Aínda que se avanzou na comprensión neurobiolóxica do TDAH, o seu diagnóstico séguese baseando en criterios clínicos subxectivos, o que dá lugar a problemas tanto de infradiagnóstico como de sobrediagnóstico. Este traballo revisa a literatura do últimos dez anos sobre activación e conectividade funcional diferencial entre individuos con TDAH e neurotípicos mediante a técnica de neuroimaxe da Resonancia Magnética Funcional (RMf). Os estudos revisados revelan diferenzas de activación e conectividade funcional entre grupos en rexións frontais, estriatales, temporais e límbicas. Estes achados suxiren que o TDAH está asociado con alteracións específicas na actividade e comunicación entre rexións cerebrais implicadas na regulación do control cognitivo e a inhibición de resposta. Con todo, as discrepancias metodolóxicas entre estudos subliñan a necesidade de que futuras investigacións estandaricen os métodos para xeneralizar estes achados a contextos clínicos e educativos.

GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Titoría)
GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Titoría)
Tribunal
GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Titor do alumno)

En busca do efecto de sinalizacion
Autoría
M.F.R.
Grao en Psicoloxía
M.F.R.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
10.09.2024 10:30
10.09.2024 10:30
Resumo
A seguinte investigación pretende resolver se, nunha tarefa de interferencia tipo Stroop de catro cores, con dúas fases, unha sinalizada e outra sen sinalizar, e cunha cor soamente como marca de incongruencia, os suxeitos poden usar o sinal de incongruencia na fase sinalizada, para mellorar o seu tempo de resposta e o seu numero de acertos, fronte a fase sen sinalizar, durante os ensaios incongruentes. Usáronse para isto dous factores, sinalización e congruencia, que pretendían medir se os ensaios sinalizados diferían dos non sinalizados, e se os ensaios congruentes diferían dos incongruentes, sendo mais rápidos e habendo menos erros nos ensaios incongruentes sinalizados fronte aos incongruentes non sinalizados. Os resultados mostraron que o factor congruencia é significativo, probando que existe unha mellor execución por parte dos suxeitos nas tarefas congruentes fronte as incongruentes, pero non así no factor sinalización, que non é significativo

JIMENEZ GARCIA, LUIS MIGUEL (Titoría)
JIMENEZ GARCIA, LUIS MIGUEL (Titoría)
Tribunal
JIMENEZ GARCIA, LUIS MIGUEL (Titor do alumno)

O síndrome do burnout deportivo.
Autoría
J.G.L.
Grao en Psicoloxía
J.G.L.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
10.09.2024 10:30
10.09.2024 10:30
Resumo
O burnout deportivo refírese a un estado de esgotamento físico, emocional e mental que afecta os deportistas como resultado dun estrés crónico e a presión relacionada coa súa actividade deportiva. O obxectivo principal desta investigación consiste en analizar de maneira sistemática a evidencia científica dispoñible sobre o burnout deportivo. Para lograr este obxectivo, realízase unha revisión bibliográfia da literatura científica, seguindo como referencia os estándares PRISMA 2020. Desta revisión, conclúese que, o burnout deportivo é unha síndrome que afecta a moitos deportistas a nivel mundial, ademais que, existe unha relación inversa entre os niveis de burnout e a satisfacción nos deportistas, en contraparte, a presenza de características psicolóxicas que reflictan un atrapamiento deportivo relaciónase con maiores niveis de burnout nos deportistas. De igual forma, a literatura revisada subliña a importancia de considerar factores multicausales, como o estado nutricional, o rendemento deportivo, a idade, o estado cognitivo e a conduta do deportista, no desenvolvemento do burnout.

ARCE FERNANDEZ, CONSTANTINO (Titoría)
ARCE FERNANDEZ, CONSTANTINO (Titoría)
Tribunal
ARCE FERNANDEZ, CONSTANTINO (Titor do alumno)

Perdas disfrazadas de ganancias nas máquinas comecartos multi-liña
Autoría
N.I.F.
Grao en Psicoloxía
N.I.F.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
10.09.2024 11:00
10.09.2024 11:00
Resumo
As perdas disfrazadas de ganancias (PDGs) danse cando, nunha máquina comecartos, o premio resultante dunha tirada é menor á aposta realizada na mesma. Este fenómeno só se pode dar nas máquinas multi-liña, que permiten a aposta a múltiples liñas de pago simultaneamente e presentan características propias. A pesar de ser perdas netas, as PDGs son tratadas como premio pola máquina, e esta produce sons e luces iguais que ante ganancias reais, facilitando a formación de asociacións entre ambas. O obxectivo principal deste traballo céntrase na revisión da literatura existente sobre o fenómeno das PDGs en máquinas multi-liña e o seu impacto no comportamento dos xogadores. Recóllense 11 estudos publicados nos últimos 9 anos, cuxos resultados indican que as PDGs actúan como reforzadores positivos, provocando que os xogadores sobreestimen as súas ganancias e continúen apostando por máis tempo. Estes tamén prefiren máquinas con PDGs que sen elas. Ademais, parece observarse a existencia dunha frecuencia óptima de PDGs que maximiza a persistencia e sobreestimación, pero para a que sería necesaria máis investigación, e demóstrase a influencia que o uso de sons negativos ten sobre a percepción de PDGs. Existe unha gran variabilidade de deseños entre os estudos, o que complicou nalgúns casos a obtención de conclusións sólidas. Cabe resaltar tamén a necesidade de estudos futuros que profunden neste fenómeno no contexto español, dada a aparente falta total dos mesmos.

ALCARAZ GARCIA, MIGUEL ANGEL (Titoría)
ALCARAZ GARCIA, MIGUEL ANGEL (Titoría)
Tribunal
ALCARAZ GARCIA, MIGUEL ANGEL (Titor do alumno)

Benestar nas aulas: Eficacia de intervencións baseadas en Mindfulness no benestar e noutras variables da psicoloxía positiva no ámbito educativo.
Autoría
M.L.C.
Grao en Psicoloxía
M.L.C.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
10.09.2024 11:00
10.09.2024 11:00
Resumo
O mindfulness é unha práctica dentro da psicoloxía positiva que implica o entrenamento da atención focalizada e da monitorización aberta (sen xulgar) das experiencias. Os beneficios das intervencións baseadas en mindfulness (IBM) foron moi estudiados en diferentes poboacións, sendo a poboación infanto-xuvenil e estudantil unha das menos investigadas, pero con resultados prometedores. O obxectivo principal do seguinte traballo foi analizar os efectos que poden chegar a ter as IBM dentro do marco da psicóloga positiva e nas variables que esta recolle (atención ou flow’ saboreo ou afecto positivo, afecto negativo e benestar), así como noutras variables (p.ex., funcións cognitivas, estrés, regulación emocional, competencias socio-emocionais, clima da aula) dentro do sistema educativo (desde primaria hasta estudos universitarios de posgrado). Para ilo realizouse unha busca de artigos científicos en inglés e español coas palabras chave ('Mindfulness-based interventions' AND 'Positive Psychology' AND 'Effects' AND 'Educat*') nas bases de datos PsycInfo e no catálogo Iacobus. Localizáronse nove investigacións. Delas, cinco foron estudos experimentais e catro cuasi-experimentais. Os resultados mostraron un patrón xeral de aumento de mindfulness como estado/rasgo e benestar; unha mellora en funciones cognitivas, competencias socio-emocionais e clima da aula; así como unha diminución do estrés e comportamentos disruptivos na aula. Ademais, observouse que estas intervencións son viables e ben recibidas polo profesorado e polos estudantes.

VAZQUEZ GONZALEZ, FERNANDO LINO (Titoría)
VAZQUEZ GONZALEZ, FERNANDO LINO (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ GONZALEZ, FERNANDO LINO (Titor do alumno)

A relación entre a autoeficacia e o consumo de drogas en adolescentes: unha revisión sistematizada
Autoría
G.P.D.L.L.
Grao en Psicoloxía
G.P.D.L.L.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
10.09.2024 11:30
10.09.2024 11:30
Resumo
O consumo e abuso de sustancias é unha problemática mundial que afecta a unha parte significativa da poboación, especialmente durante a adolescencia, xa que esta adoita ser a etapa de inicio do consumo. Por outra banda, a autoeficacia defínese como as crenzas nas propias capacidades para organizar e executar os cursos de acción necesarios para manexar situacións futuras. Numerosas investigacións estudaron a súa relación co consumo de sustancias. O obxectivo desta revisión sistematizada é analizar a relación entre a autoeficacia e o consumo de sustancias, e observar como outras variables inflúen nesta relación nos adolescentes. Para isto realizouse unha busca sistemática na que se seleccionaron 10 estudos que analizan o consumo de sustancias e as súas variables relacionadas. Tras a revisión destes artigos observouse que, aínda que a relación entre autoeficacia e consumo non sempre é significativa, é innegable que existe certa relación entre eles. Pero tampouco se pode negar que esta relación vese afectada por múltiples variables intervinientes, como a empatía, o funcionamento familiar, a sintomatoloxía de ansiedade social, a educación por parte dos pais e a impulsividade.

TORRES MAROÑO, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
TORRES MAROÑO, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
TORRES MAROÑO, MARIA DEL CARMEN (Titor do alumno)

Regulación motivacional e rendemento académico durante a adolescencia: O papel da autofala dirixida a metas de aprendizaxe, de rendemento e de evitación.
Autoría
A.S.D.
Grao en Psicoloxía
A.S.D.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
10.09.2024 11:30
10.09.2024 11:30
Resumo
O presente traballo realizouse co obxectivo de explorar a capacidade de predición de tres estratexias de regulación motivacional (i.e. autofala dirixida a metas de aprendizaxe, de rendemento e de evitación). Ademais, trátanse de identificar os posibles efectos que poden ter o sexo e a idade neste fenómeno. Para este fin, contouse cunha mostra composta por 464 estudantes de educación secundaria dos que se recolleu información acerca do aprendizaxe autorregulado, a información sociodemográfica e o rendemento académico. A información foi obtida mediante tres subescalas da versión española do MRS e a EEMA-VS, un cuestionario ad hoc e as cualificacións durante a segunda avaliación do curso, proporcionadas polas familias do alumnado. Os resultados do estudo permitiron concluír a existencia dunha relación positiva e estatisticamente significativa entre a estratexia de regulación de metas de rendemento e o rendemento académico, así como unha relación negativa significativa entre a regulación de metas de evitación e o rendemento. En xeral, os efectos destas variables sobre o rendemento foron maiores para as mulleres que para os homes, chegando a ser estatisticamente significativos.

Relación entre o uso das redes sociais e a autoestima e a ansiedade nos mozos
Autoría
A.V.C.G.
Grao en Psicoloxía
A.V.C.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
10.09.2024 10:30
10.09.2024 10:30
Resumo
Os avances tecnolóxicos dos últimos anos revolucionaron a forma en que os humanos se comunican, especialmente as redes sociais. As redes sociais caracterízanse pola súa facilidade de resposta, rapidez e accesibilidade, facilitando as actividades da vida diaria. Non obstante, o uso excesivo das redes sociais pode xerar condutas adictivas nos seus usuarios, sendo os mozos e adolescentes un grupo de especial risco. O obxectivo fundamental deste estudo é analizar a relación entre o uso das redes sociais coa autoestima e a ansiedade. Para iso, realizouse unha batería de probas a unha mostra de 268 estudantes galegos de grao, posgrao, doutoramento e formación profesional (Md= 21, M= 23,26, SD= 6,889). Os resultados suxiren que existe unha relación estatisticamente significativa entre a adicción ás redes sociais e a ansiedade, polo que canta máis adicción ás redes sociais, maior será a ansiedade. Non obstante, non se atopou ningunha relación negativa significativa entre a adicción ás redes sociais e a autoestima. Cómpre sinalar que os resultados deste estudo baséanse en investigacións previas sobre o uso das redes sociais e as súas consecuencias a nivel psicolóxico e social. Ademais, preséntanse as limitacións do proxecto, así como suxestións para futuras investigacións.

PICON PRADO, EDUARDO (Titoría)
PICON PRADO, EDUARDO (Titoría)
Tribunal
Vazquez Rodriguez, Maria Isabel (Presidente/a)
FRAGA CAROU, ISABEL (Secretario/a)
FERRACES OTERO, MARIA JOSE (Vogal)

Traballo fin de grao
Autoría
L.C.T.
Grao en Psicoloxía
L.C.T.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2024 10:00
08.07.2024 10:00
Resumo
A chegada das novas tecnoloxías e plataformas, como as Redes Sociais, transformou a vida das persoas ao proporcionar unha innovadora vía de comunicación e interacción. A pesar dos múltiples beneficios que ofrecen, como a conexión constante, o acceso a información e unha nova forma de entretemento, tamén existen efectos adversos derivados do seu uso inapropiado, destacando o FoMO (Fear of Missing Out ou medo a perderse algo). Este traballo explora a relación entre o FoMO e o uso das Redes Sociais, así como posibles diferenzas segundo o xénero. Tamén se investiga a vinculación do FoMO con outros fenómenos derivados do uso de novas tecnoloxías, como a nomofobia, así como a súa relación coa ansiedade, autoestima e necesidade de pertenza, apostando por un enfoque psicosocial. Realizouse cunha mostra de 200 estudantes do Grao de Psicoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, incluíndo tanto homes como mulleres. Os resultados revelaron unha correlación significativa entre o FoMO e o uso problemático das Redes Sociais e dispositivos móbiles. Ademais, observouse unha relación entre a necesidade de pertenza, o FoMO e o risco de desenvolver un uso problemático destas plataformas, xa que a procura de conexión social e validación pode conducir ao seu uso excesivo.

RODRIGUEZ CASAL, MAURO LUCIO (Titoría)
RODRIGUEZ CASAL, MAURO LUCIO (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ CASAL, MAURO LUCIO (Titor do alumno)

Estudo comparativo do perfil psicolóxico, niveis de decisión e ansiedade dos artistas marciais brasileiros e españois.
Autoría
M.D.C.F.
Grao en Psicoloxía
M.D.C.F.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2024 10:00
08.07.2024 10:00
Resumo
O obxectivo deste traballo é a comparación do perfil psicolóxico e de decisión dos artistas marciais brasileiros e españois, así como a comparación dos seus niveis de ansiedade e autoconfianza. No estudo participaron un total de 76 practicantes de artes marciais, 37 de Brasil e 39 de España, abarcando diversas idades, niveis de experiencia e categorías. Para recoller a información necesaria utilizáronse tres cuestionarios nas súas versións adaptadas ao castelán e ao portugués: o TOPS-3 (Thomas et al., 1999), o CETD (Ruíz et al., 1998) e o CSAI-2R (Cox et al., 1998). al., 2003). Ademais, exploráronse as posibles relacións entre os compoñentes avaliados. Os resultados obtidos indican que a mostra brasileira mostra unha maior capacidade para establecer obxectivos e iniciativa de toma de decisións. Non obstante, tamén teñen altos niveis de ansiedade e pensamentos de fracaso. A pesar diso, os artistas marciais brasileiros amosan unha adecuada adaptación ao estrés, xestionando ben as súas emocións. Por outra banda, os artistas marciais españois destacaron por ter un mellor enfoque atencional e resistencia a variables alleas, así como un patrón máis complexo nas relacións que se producen entre os distintos compoñentes. Isto suxire un uso óptimo dos compoñentes estudados, incluíndo unha mellor xestión da atención e unha menor influencia de factores externos no rendemento. As diferenzas atopadas entre ambas as mostras destacan a influencia da variable cultural nos perfís psicolóxicos e de decisión dos practicantes de artes marciais, así como os seus niveis de ansiedade e autoconfianza.

Ponte Fernández, Dolores (Titoría)
Ponte Fernández, Dolores (Titoría)
Tribunal
Ponte Fernández, Dolores (Titor do alumno)

Relación entre a autoestima e o apoio social percibido nos estudantes universitarios de primeiro e terceiro curso.
Autoría
C.E.L.
Grao en Psicoloxía
C.E.L.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2024 10:30
08.07.2024 10:30
Resumo
Numerosos estudos da literatura informan sobre a relación entre a autoestima e a percepción de apoio social no alumnado. A percepción de apoio social contribúe a aumentar a autoestima e tamén é un predictor da mesma. O obxectivo deste traballo é estudar a relación entre a autoestima e o apoio social percibido nunha mostra de 158 estudantes universitarios de primeiro e terceiro curso utilizando datos empíricos que avalían a autoestima mediante a Escala de autoestima de Rosenberg (1965) e a escala social percibida. apoio mediante a Escala de Aceptación Percibida (Brock, Sarason, Sanghvi e Gurung, 1998). Os resultados mostran que a aceptación percibida dos amigos aumenta no terceiro ano en comparación co primeiro e que as alumnas teñen unhas puntuacións de autoestima máis baixas que os seus compañeiros. Observamos que a aceptación percibida de amigos e pais, así como o xénero, son predictores significativos da autoestima dos estudantes universitarios. Os resultados obtidos destacan a importancia de incluír o sexo no estudo da autoestima do alumnado.

RODRIGUEZ GONZALEZ, MARIA SOLEDAD (Titoría)
RODRIGUEZ GONZALEZ, MARIA SOLEDAD (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ GONZALEZ, MARIA SOLEDAD (Titor do alumno)

Correlatos neurofuncionais do procesamento de expresións faciais afectivas en sintomatoloxía depresiva e depresión
Autoría
C.L.A.
Grao en Psicoloxía
C.L.A.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2024 10:30
08.07.2024 10:30
Resumo
Realizáronse numerosos estudos para identificar biomarcadores fiables que permitan diferenciar características obxectivamente medibles en individuos con depresión, co fin de personalizar o tratamento e identificar subtipos depresivos. Aínda que parece que se atoparon achados consistentes acerca dalgúns marcadores condutuais e funcionais, moitos dos resultados non son concluíntes debido a unha falta de homoxeneidade na metodoloxía. Con todo, os estudos con mostras en risco de padecer depresión ou con síntomas subclínicos son moi escasos. É por iso que a presente revisión analizou os estudos máis recentes realizados en mostras con trastorno de depresión maior (TDM), sintomatoloxía depresiva subclínica ou en risco de desenvolver depresión, nos que se mediu a resposta neural de activación a través de resonancia magnética funcional (RMf) durante tarefas de procesamento de expresións faciais. Os resultados parecen apoiar a existencia dun procesamento emocional alterado en pacientes con TDM, en risco de padecelo e con sintomatoloxía subclínica. Esta alteración no procesamento reflíctese, a nivel condutual, nunha menor precisión para identificar rostros, especialmente felices. A nivel neurofuncional, atopouse ante rostros de valencia negativa unha actividade aumentada en rexións límbicas implicadas na percepción e o procesamento emocional. En canto a rexións frontais, mentres que algúns estudos apoian a hipótese do ánimo desregulado na depresión, outros apoian a existencia dun mecanismo compensatorio.

Pazo Álvarez, Paula (Titoría)
Pazo Álvarez, Paula (Titoría)
Tribunal
Pazo Álvarez, Paula (Titor do alumno)
Pazo Álvarez, Paula (Titor do alumno)
Programas de intervención con menores infractores
Autoría
J.F.J.
Grao en Psicoloxía
J.F.J.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2024 11:00
08.07.2024 11:00
Resumo
A intervención no ámbito da delincuencia xuvenil baséase nas leis orgánicas que regulan a responsabilidade dos menores, que destacan a importancia de que dita intervención sexa de carácter educativo. A través diso, non só busca reducir a reincidencia criminal, senón que tamén busca a correcta reintegración dos mozos na sociedade mediante procesos de socialización e habilidades de aprendizaxe que os adestran e lles proporcionen alternativas á vida criminal. A través deste traballo realízase unha revisión dos programas máis utilizados neste ámbito, especialmente a nivel nacional, tanto as súas características como os seus resultados. Esta análise terá como obxectivo establecer as características compartidas polos programas que sexan eficaces coa intención de que se teñan en conta en futuras intervencións. Para iso lévase a cabo unha contextualización condutual, epidemiolóxica e teórica previa sobre o problema da delincuencia xuvenil en España. Como resultado da análise, conclúese que, aínda que os programas son efectivos segundo os estudos realizados, hai unha serie de recomendacións a seguir no futuro para que esa eficacia se manteña e mesmo mellore, e que axuden a seguir avanzando. e superar as limitacións que poidan xurdir se o coñecemento sobre o campo non se axusta ao progreso da sociedade, o que pode levar á aparición de novos factores de risco e, polo tanto, á obsolescencia das teorías e programas que son efectivos na actualidade.

VILARIÑO VAZQUEZ, MANUEL (Titoría)
VILARIÑO VAZQUEZ, MANUEL (Titoría)
Tribunal
VILARIÑO VAZQUEZ, MANUEL (Titor do alumno)

O impacto da estimulación transcranial de corrente alterna (tACS) nos procesos cognitivos en pacientes con Enfermidade de Alzheimer
Autoría
A.F.R.
Grao en Psicoloxía
A.F.R.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2024 13:00
08.07.2024 13:00
Resumo
Nas últimas décadas, observouse unha maior incidencia da Enfermidade de Alzheimer (EA) na poboación. O síntoma principal desta patoloxía son os problemas relacionados coa memoria así como déficits noutras capacidades cognitivas. Esta realidade resalta a importancia de explorar tratamentos que poidan ofrecer algún beneficio tamén en estadios prodrómicos da enfermidade, como o deterioro cognitivo leve (DCL). O obxectivo desta revisión bibliográfica é estudar o impacto da estimulación transcranial de corrente alterna (tACS) nos procesos cognitivos en pacientes con EA. Analízanse diversos estudos que exploran como a frecuencia e a duración da tACS afectan ás funcións cognitivas específicas segundo a dirección da estimulación a distintas áreas cerebrais. Ademais, examínanse os correlatos neuropatolóxicos asociados á estimulación nestas áreas cerebrais concretas. Os achados suxiren que a tACS mellora o rendemento nas funcións cognitivas, especialmente na memoria, aínda que a variabilidade nos protocolos de estimulación e métodos de avaliación dificulta a comparación de resultados. A pesar das limitacións, os estudos revisados suxiren que a tACS podería ser unha ferramenta prometedora no tratamento da EA ao modular a actividade neuronal e mellorar a conectividade funcional nas áreas involucradas na patoloxía destas enfermidades, aínda que se requiren estudos adicionais para confirmar a súa eficacia e durabilidade a longo prazo.

CID FERNANDEZ, SUSANA (Titoría)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Titoría)
Tribunal
CID FERNANDEZ, SUSANA (Titor do alumno)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Titor do alumno)
Liderado informal entre iguais en equipos deportivos
Autoría
C.G.C.
Grao en Psicoloxía
C.G.C.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2024 11:30
08.07.2024 11:30
Resumo
O presente traballo de fin de grao consiste nunha revisión bibliográfica da investigación realizada sobre a lideranza informal entre pares en equipos deportivos. A lideranza supón en si mesma un obxecto de estudo de alta relevancia tanto na psicoloxía en xeral como na psicoloxía do deporte en particular. Os distintos apartados que conforman esta investigación centraránse na lideranza informal, é dicir, aquela que xorde de forma espontánea e non respondendo a unha estrutura xerárquica de poder e entre pares, ou sexa, entre os compañeiros que conforman o vestiario nun equipo deportivo. Así, este estudo ten como obxectivo avaliar a importancia de ditos líderes informais entre pares atendendo á súa relación coa lideranza formal e en base ao modelo de lideranza de orientacións de líder. Neste sentido, recóllense as catro orientacións de líder: tarefa, social, motivacional e externa, e analízase a súa importancia dentro do rendemento deportivo. Faise referencia tamén ao que se coñece como lideranza compartida e que avoga por que esta sexa distribuída entre os distintos membros do equipo, podendo cumprir cada individuo á súa vez varios roles de lideranza simultaneamente. Tamén se analizan as variables que inflúen na eficacia da lideranza, tanto aquelas que se limitan ao ámbito máis deportivo, como a posición do xogador no campo, como aquelas referidas a características máis persoais como a extraversión e a motivación. Desta maneira, recóllese nas seguintes liñas os resultados da investigación sobre a lideranza informal entre pares co obxectivo de facer énfase na importancia que ten para un rendemento deportivo óptimo, así como poñer de manifesto a imperante necesidade de que o seu estudo sexa foco de atención de futuras investigacións

Influencia da regulación emocional na adaptación á universidade
Autoría
D.D.V.P.M.
Grao en Psicoloxía
D.D.V.P.M.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2024 11:30
08.07.2024 11:30
Resumo
O obxectivo deste traballo foi determinar a importancia da regulación emocional no proceso de adaptación dos estudantes á universidade. Para iso #utilizar unha mostra formada por estudantes da Universidade de Santiago de Compostela, cun rango de idade comprendido entre os 19 e 20 anos no terceiro ano do grao (N=176; 93 mulleres e 83 homes). Aplicáronse as adaptacións españolas da Escala de Axuste á Universidade (SACQ; Baker e Siryk, 1989), e a Escala de Dificultades na Regulación das Emocións (DERS; Gratz e Roemer, 2004). Os achados deste estudo apoian a consideración da regulación emocional, como un predictor importante do axuste universitario. Desde unha perspectiva de sexo, atopáronse pequenas diferenzas significativas na dimensión de axuste persoal-emocional, a favor dos homes. Isto suxire que os homes presentan un maior benestar psicolóxico e un mellor axuste nesta dimensión. As correlacións entre a regulación emocional son estatisticamente significativas e inversas con todas as dimensións do axuste. A análise de regresión revelou que a dimensión de claridade, foi un predictor significativo do axuste xeral e das súas dimensións, a excepción do axuste social. Ademais, o impulso #predicir o axuste persoal-emocional e institucional dos estudantes, mentres que as metas, inflúe sobre o axuste académico. As dimensións da regulación emocional explicarían un 35 % da varianza total do axuste xeral.

Factores psicosociais relacionados co binge drinking: revisión bibliográfica
Autoría
L.V.P.
Grao en Psicoloxía
L.V.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 10:00
09.07.2024 10:00
Resumo
O binge drinking (BD) é un patrón de consumo de alcohol caracterizado por consumir grandes cantidades de alcohol nun breve espazo temporal, seguido de períodos de abstinencia. Segundo a enquisa ESTUDES (2023), o 28,2% dos adolescentes (14-18 anos) referiu realizar BD algunha vez na súa vida, situándoo como o patrón de consumo máis frecuente entre adolescentes e estudantes universitarios, que se asocia a múltiples consecuencias negativas. O obxectivo desta revisión é identificar variables psicosociais relacionadas co BD, considerando tanto variables individuais como variables relacionais relativas aos principais microsistemas das persoas (familia, escola, grupo de iguais). Para iso, revisáronse 10 artigos que exploraron esta relación, tras a súa identificación mediante unha procura sistemática en diferentes bases de datos. A nivel individual, o sexo masculino, a idade, o consumo de tabaco e outras drogas, o estatus socioeconómico, as actitudes e expectativas positivas cara ó consumo, e o comportamento fóra da norma presentan asociacións significativas co BD. A nivel relacional, malas relacións cos pais, o consumo dos pais, experiencias negativas na escola, a norma social percibida e a influencia do grupo de iguais relaciónanse cunha maior probabilidade de BD. O apoio percibido, as experiencias positivas na escola e a relixión asócianse cun rol protector ante o BD. Os resultados atopados dan conta da gran influencia de factores psicosociais sobre o binge drinking, e deben ser tidos en conta á hora de deseñar intervencións preventivas.

Cadaveira Mahía, Fernando (Titoría)
SUAREZ SUAREZ, SAMUEL Cotitoría
Cadaveira Mahía, Fernando (Titoría)
SUAREZ SUAREZ, SAMUEL Cotitoría
Tribunal
PICON PRADO, EDUARDO (Presidente/a)
GOMEZ FRAGUELA, Xosé Antón (Secretario/a)
AMENEDO LOSADA, MARIA ELENA (Vogal)

Traballo de fin de grao
Autoría
I.V.P.
Grao en Psicoloxía
I.V.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 10:00
09.07.2024 10:00
Resumo
A autoeficacia, entendida como a convicción de poder realizar a conduta requirida para poder levar a cabo os resultados desexados, é unha variábel crucial no proceso de deixar de fumar, relacionada cunha maior probabilidade de éxito no abandono do tabaco e mantemento da abstinencia. Algúns estudos sinalan menor éxito ao deixar de fumar nas mulleres, evidenciando a necesidade de analizar as posíbeis causas. Dada a influencia da autoeficacia no proceso de deixar de fumar, e o menor número de estudos específicos en mulleres, o obxectivo desta revisión sistemática é analizar o papel da autoeficacia no proceso de deixar de fumar en mulleres. Seleccionáronse un total de 15 artigos, cuxos resultados evidenciaron a relación da autoeficacia coa probabilidade de éxito no abandono do tabaco nas mulleres. Tamén se sinala o papel de determinadas variábeis para explicar a existencia de menores niveis de autoeficacia en mulleres en comparación cos homes, como son as expectativas de presentar síntomas do síndrome de abstinencia, a motivación para deixar de fumar e a dependencia nicotínica. Dado o volume de estudos encontrados, dedicouse un apartado específico ás mulleres embarazadas ou en período de postparto. En conclusión, é preciso profundar máis no estudo das variábeis que poden ser relevantes no proceso de deixar de fumar, como é o caso da autoeficacia, e tendo en conta a existencia de diferenzas entre homes e mulleres.

López Durán, Ana (Titoría)
RAMOS CARRO, MARIA Cotitoría
López Durán, Ana (Titoría)
RAMOS CARRO, MARIA Cotitoría
Tribunal
PICON PRADO, EDUARDO (Presidente/a)
GOMEZ FRAGUELA, Xosé Antón (Secretario/a)
AMENEDO LOSADA, MARIA ELENA (Vogal)
PICON PRADO, EDUARDO (Presidente/a)
GOMEZ FRAGUELA, Xosé Antón (Secretario/a)
AMENEDO LOSADA, MARIA ELENA (Vogal)
Prevención de TCA en la adolescencia
Autoría
M.A.I.
Grao en Psicoloxía
M.A.I.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 10:00
09.07.2024 10:00
Resumo
Na actualidade, os trastornos da conduta alimentaria (TCA) consolidáronse como unha das patoloxías máis comúns entre os adolescentes, sendo necesaria a súa prevención e tratamento temperá debido á alta prevalencia e graves consecuencias que supoñen. Así, o obxectivo da presente revisión bibliográfica é avaliar a eficacia de programas de prevención de TCA en poboación adolescente. Realizouse unha procura exhaustiva en diversas bases de datos científicas e, tras aplicar criterios de inclusión e exclusión, 10 estudos foron seleccionados. Os resultados detallan a mostra de cada investigación, os elementos destacables dos diversos programas revisados e os principais efectos observados. As intervencións preventivas mostraron unha mellora da imaxe corporal e autoestima, así como a redución do comportamento alimentario desordenado. Con todo, observouse que as taxas de adherencia e continuidade dos efectos a longo prazo varían entre os diferentes estudos analizados. Por último, discútense os resultados atopados, así como as limitacións do traballo, destacando a necesidade de seguir investigando a eficacia destes programas a longo prazo.

CUTRIN MOSTEIRO, OLALLA (Titoría)
CUTRIN MOSTEIRO, OLALLA (Titoría)
Tribunal
BLANCO RIAL, MANUEL JOSE (Presidente/a)
LINDIN NOVO, MONICA (Secretario/a)
LOPEZ ROMERO, MARÍA LAURA (Vogal)
BLANCO RIAL, MANUEL JOSE (Presidente/a)
LINDIN NOVO, MONICA (Secretario/a)
LOPEZ ROMERO, MARÍA LAURA (Vogal)
Educación sexual preventiva
Autoría
L.A.C.
Grao en Psicoloxía
L.A.C.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 10:00
09.07.2024 10:00
Resumo
Na actualidade en España, a educación sexual está determinada pola Lei 2/2023, que establece a súa obrigatoriedade na educación secundaria obrigatoria. Co fin de coñecer os efectos que teñen os programas preventivos aplicados nos centros educativos en adolescentes de entre 12 e 18 anos, levouse a cabo unha revisión bibliográfica sistemática. Tras a aplicación dos criterios de exclusión e inclusión, seleccionáronse 12 artigos. No presente traballo explícase a mostra seleccionada, os compoñentes dos diferentes programas atopados e os seus principais efectos. Estes inclúen o aumento do coñecemento sobre o VIH, o aumento de intención de uso de preservativo, e a diminución de diferentes tipos de violencia e de coerción sexual, entre outros. Inclúese unha discusión dos resultados establecendo unha comparativa entre estudos para atopar puntos comúns, así como as limitacións. A modo de conclusión, os programas teñen efectos positivos para mellorar as condutas sexuais entre adolescentes e a intención de cambio no uso de anticonceptivos, así como o coñecemento de infeccións de transmisión sexual (principalmente o VIH). É necesario seguir investigando respecto diso, e avaliar con rigorosidade os programas de educación sexual dirixidos a mozas.

Placebo de etiqueta aberta: eficacia e mecanismos subxacentes
Autoría
M.F.B.
Grao en Psicoloxía
M.F.B.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 10:00
09.07.2024 10:00
Resumo
O placebo é eficaz reducindo os síntomas subxetivos. Ademáis, é unha ferramenta moi empregada na investigación clínica baixo a forma de grupos control. Sempre se pensou que o placebo precisaba engano, o que supon unha gran limitación ética para o seu uso. No 2010 descubriuse o placebo de etiqueta aberta, unha variante na que o paciente é conocedor de que se lle está a aplicar placebo. Na presente revisión bibliográfica preténdese estudar a literatura publicada nos últimos anos sobre a eficacia de estos placebos honestos, así como sobre os mecanismos subxacentes á súa eficacia. Coma resultados, pode afirmarse a eficacia dos placebos de etiqueta aberta para reducir os síntomas en múltiples condicións. Os mecanismos subxacentes á súa eficacia e a duración dos seus resultados parecen precisar maior investigación. En definitiva, é preciso ampliar a evidencia científica robusta sobre o placebo de etiqueta aberta.

Malestar psicolóxico e disposición a perdoar: un estudo con penados en réxime semi-aberto.
Autoría
A.P.G.
Grao en Psicoloxía
A.P.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 10:00
09.07.2024 10:00
Resumo
O ingreso en prisión pode producir efectos negativos sobre a saúde física e mental dos internos e internas. Nos últimos anos emerxeu un grande interese polo estudo do perdón, que foi definido como “un proceso formado por tres dimensións: a propensión a perdoarse a si mesmo, perdoar a outros e recibir o perdón doutros”. A maioría das investigacións relacionadas coa temática do perdón foron realizadas en mostras de poboación xeral e algúns estudes neste eido centráronse nas vítimas de determinados delitos. No entanto, a literatura existente sobre poboación penitenciaria é escasa. Baixo este marco, o presente estudo baséase en examinar o malestar psicolóxico e o proceso do perdón nunha mostra con penados en réxime semi-aberto. Para isto, contouse con 50 penados en réxime semi-aberto (88% homes e 12% mulleres), cun rango de idade de entre 21 e 67 anos (M = 40.80, DT = 12.78), que cumprimentaron os instrumentos de medida. Os resultados evidencian que prevalece notablemente o malestar psicolóxico nos participantes, ben como una relación inversa entre o proceso do perdón e ditos síntomas. Tendo en mente as limitacións do noso estudo, discútense os resultados obtidos e propóñense futuras liñas de investigación enfocadas en plans de acción que versen na mellora do benestar psicolóxico desta poboación e, asemade, en facilitar una axeitada reinserción.

Seijo Martínez, María Dolores (Titoría)
Seijo Martínez, María Dolores (Titoría)
Tribunal
BLANCO RIAL, MANUEL JOSE (Presidente/a)
LINDIN NOVO, MONICA (Secretario/a)
LOPEZ ROMERO, MARÍA LAURA (Vogal)
BLANCO RIAL, MANUEL JOSE (Presidente/a)
LINDIN NOVO, MONICA (Secretario/a)
LOPEZ ROMERO, MARÍA LAURA (Vogal)
Deterioro atencional en pacientes con fibromialxia, relación coas queixas cognitivas e influencia de variables moduladoras: unha revisión sistemática
Autoría
E.B.L.
Grao en Psicoloxía
E.B.L.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 10:00
09.07.2024 10:00
Resumo
Un dos síntomas da fibromialxia (FM) máis frecuentes e menos estudados é a disfunción cognitiva. Aínda que os pacientes se queixan a miúdo de problemas de atención, concentración e memoria, frecuentemente estas queixas non correlacionan cos déficits obxectivos en tests neuropsicolóxicos, ou explícanse por variables moduladoras como a depresión. Dada a heteroxeneidade dos estudos existentes e as discrepancias entre eles, esta revisión sistemática céntrase en analizar o funcionamento da atención. Ademais de comparar pacientes con FM e poboación sa, analízase a correlación de índices obxectivos con queixas subxectivas e con variables moduladoras. Para isto, levouse a cabo unha busca nas bases de datos de PsychInfo e PubMed e seleccionáronse 15 artigos en base aos criterios de inclusión e exclusión establecidos. O proceso de busca e selección de traballos realizouse dacordo coa metodoloxía PRISMA. Os datos mostraron, de forma consistente e a pesar da heteroxeneidade das probas utilizadas, que os pacientes con FM presentan máis déficits atencionais que a poboación sá, evidenciados a través de maiores tempos de reacción ou número de erros, entre outros parámetros conductuais. Non obstante, existen discrepancias entre os estudos sobre a correspondencia entre queixas cognitivas e rendemento obxectivo en tarefas neuropsicolóxicas. Con respecto ás variables moduladoras, os estudos mostran que a falta de sono e a intensidade da dor son variables que teñen unha influencia destacable sobre a función atencional, pero hai discrepancias en canto ao papel de outras variables consideradas. Todos os estudos seleccionados mostraron unha calidade adecuada de acordo coa puntuación na escala Newcastle Ottawa, utilizada para avaliar o risco de nesgo. En conclusión, os resultados avalan a existencia de déficits atencionais en pacientes con FM, o que apoiaría a hipótese de que atención e dor comparten mecanismos neurais. Dito isto, cabe destacar a necesidade de implementar estratexias de neurorehabilitación para mellorar a atención e así reducir o impacto funcional asociado á disfunción cognitiva.

Carrillo De la Peña, María Teresa (Titoría)
Carrillo De la Peña, María Teresa (Titoría)
Tribunal
Pazo Álvarez, Paula (Presidente/a)
ESMORIS ARRANZ, FRANCISCO JOSE (Secretario/a)
ALZATE GARCIA, MONICA (Vogal)

Pesadelos e Flashbacks: reexperimentando o trauma
Autoría
C.B.V.
Grao en Psicoloxía
C.B.V.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 10:00
09.07.2024 10:00
Resumo
Cando unha persoa ten unha experiencia traumática a súa memoria pode sufrir certas alteracións; pode verse alterada ao longo dun continuo que vai dende a hipermnesia, é decir, o recordo recurrente do sucedido provocado por síntomas intrusivos, ata a amnesia, que implica o olvido do ocorrido ou a aparición de lagunas en certos períodos. O obxectivo que se persegue con esta revisión é comprobar cómo se manifestan os síntomas de reexperimentación máis habituais despois dun evento traumático: as pesadelos e os flashbacks. Ademáis de comprobar a súa presenza, búscase coñecer se hai diferenzas no contido con respecto a certas variables (como o xénero e a idade), a súa prevalencia e abordar unha das catro cuestións controvertidas dentro deste campo de estudo: se os recordos traumáticos son intrínsecamente diferentes aos non traumáticos. Para a elaboración do traballo fíxose unha búsqueda bibliográfica de investigacións validadas por expertos en dúass bases de datos: PsycInfo e Dialnet. Foron seleccionados 13 artigos publicados entre o ano 2017 e o 2024, que puideron formar parte da revisión porque cumpliron os criterios de inclusión, axustándose á la temática. Cos hallazgos encontrados nos estudos púidose comprobar que é moi probable que, tras vivir un evento traumático, a persoa experimente pesadelos e flashbacks; ademais, observamos que variables como o tipo de trastorno psicolóxico, a idade, o tempo, as emocións e o xénero inflúen nestos dous síntomas. No referido á cuestión controvertida proposta por Brewin (2007), con esta revisión pódese poñer en dúbida a súa afirmación de que só no caso de mostras clínicas os recordos traumáticos e os non traumáticos son intrínsecamente diferentes.

FERNÁNDEZ REY, JOSÉ (Titoría)
FERNÁNDEZ REY, JOSÉ (Titoría)
Tribunal
Pazo Álvarez, Paula (Presidente/a)
ESMORIS ARRANZ, FRANCISCO JOSE (Secretario/a)
ALZATE GARCIA, MONICA (Vogal)
Pazo Álvarez, Paula (Presidente/a)
ESMORIS ARRANZ, FRANCISCO JOSE (Secretario/a)
ALZATE GARCIA, MONICA (Vogal)
Traballo fin de grao
Autoría
M.G.C.
Grao en Psicoloxía
M.G.C.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2024 10:00
16.07.2024 10:00
Resumo
O consumo de alcohol representa un dos principais problemas de saúde pública. Esta conduta comeza principalmente na adolescencia, sendo particularmente preocupante o patrón de consumo intensivo de alcohol (CIA). Esta etapa é especialmente vulnerable debido ao período crítico de maduración cerebral no que se atopan os adolescentes. O obxectivo desta revisión foi analizar a posible implicación do CIA nas funcións executivas dos mozos. Con tal efecto, realizouse unha busca sistemática na base de datos PubMed na que se seleccionaron, seguindo os criterios de inclusión, 18 artigos. Na revisión dos artigos observouse que a maioría indica unha asociación entre o CIA e un deterioro en funcións executivas como a memoria de traballo, o control inhibitorio, a flexibilidade cognitiva e a toma de decisións. Os adolescentes con este patrón de consumo teñen maiores dificultades nestas tarefas comparados cos que non consumen ou consumen moderadamente. Polo tanto, a revisión conclúe que o CIA na adolescencia prexudica as funcións executivas, afectando o comportamento e a adaptación, e aumentando o risco de problemas de saúde mental e física.

Rodríguez Holguín, Socorro (Titoría)
Rodríguez Holguín, Socorro (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ CASAL, MAURO LUCIO (Presidente/a)
Zurrón Ocio, Montserrat (Secretario/a)
MARTINEZ VISPO, CARMELA (Vogal)

Indicadores de boas prácticas na promoción da Saúde Mental no Traballo: Desenvolvemento e validación por persoas expertas
Autoría
A.H.C.
Grao en Psicoloxía
A.H.C.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2024 10:00
16.07.2024 10:00
Resumo
Gran parte do noso tempo en vixilia invertímolo no lugar de traballo, onde a saúde mental ten demostrado un impacto significativo na calidade de vida e benestar dos traballadores. A saúde mental pode xenerar consecuencias positivas e/ou negativas que alcanzan á población traballadora, pero tamén as organizacións e a sociedade no seu conxunto. Neste contexto, as boas prácticas na Promoción da Saúde Mental no traballo (PSMT) constitúen un elemento fundamental para guiar e promover a implantación de iniciativas e intervencións dirixidas á mellora da saúde mental no entorno laboral. O Obxectivo principal de este traballo é desenvolver e validar indicadores de boas prácticas en PSMT. Para elo, utilizouse un deseño empírico cualitativo. En base a unha revisión exhaustiva da literatura en PSMT, elaborouse un listado de indicadores que foron sometidos ao xuicio dun panel de expertos. Levouse a cabo un análise da fiabilidade do xuicio dos expertos mediante o Coeficiente de Correlación Intraclase (ICC) e se analizou a validez de contido dos indicadores resultado do panel de expertos mediante a Razón de Validez de Contido (RVC) e o estatístico Kappa modificado (K*). Como resultado, obtuvéronse 27 indicadores validados e basados na evidencia, que mostraron consistencia con resultados de iniciativas e investigacións previas. Estos resultados teén importantes implicacións a nivel teórico e práctico, e poden servir de base a investigacións futuras ademais de guiar na práctica a profesionais e organizacións na PSMT.

Montes Piñeiro, Carlos (Titoría)
Montes Piñeiro, Carlos (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ CASAL, MAURO LUCIO (Presidente/a)
Zurrón Ocio, Montserrat (Secretario/a)
MARTINEZ VISPO, CARMELA (Vogal)
RODRIGUEZ CASAL, MAURO LUCIO (Presidente/a)
Zurrón Ocio, Montserrat (Secretario/a)
MARTINEZ VISPO, CARMELA (Vogal)
A violencia de parella en adolescentes: condutas, razóns e reaccións.
Autoría
P.B.G.
Grao en Psicoloxía
P.B.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2024 10:00
16.07.2024 10:00
Resumo
O presente traballo analiza a violencia de parella en adolescentes co propósito de determinar a súa prevalencia, así como os motivos que levan a realizala e as reaccións posteriores. Para isto, utilizouse unha mostra de 217 adolescentes escolarizados (93 homes e 124 mulleres) con idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos. Para a recollida de datos aplicouse o Cuestionario para avaliar o abuso en relacións de parella en adolescentes (CARPA), as súas razóns e as reaccións (Calvete et al., 2021). Os resultados mostran que a violencia psicolóxica é a máis frecuente nas relacións de parella adolescentes, seguida da física e da sexual. Con respecto á comparación entre homes e mulleres, os principais achados son: a) tanto homes como mulleres realizan condutas violentas na relación de parella, é dicir, existe bidireccionalidade na violencia relacional (presencial e online); b) os homes realizan condutas de violencia psicolóxica e sexual máis graves e as mulleres realizan actos de violencia máis leves; c) as principais causas para exercer violencia son, tanto para os homes como para as mulleres, o enfado, os celos, querer controlar o comportamento da parella, demostrarlle amor, entender que a agresión é un xogo consentido e, reaccionar a unha agresión previa; e ademais os homes mencionan a perda do control debido ao consumo de drogas. Estes resultados poñen de manifesto a importancia de desenvolver estratexias preventivas e interventivas para eliminar a violencia nas relacións adolescentes, e evitar as graves consecuencias persoais e sociais que provoca.

Mirón Redondo, María Lourdes (Titoría)
Mirón Redondo, María Lourdes (Titoría)
Tribunal
Montes Piñeiro, Carlos (Presidente/a)
REDONDO LAGO, JAIME MAURO (Secretario/a)
VILLAR TORRES, PAULA (Vogal)

A influencia da percepción de anomia no extremismo político
Autoría
D.M.B.
Grao en Psicoloxía
D.M.B.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2024 10:00
16.07.2024 10:00
Resumo
O extremismo político carga cunha longa tradición de estudo que semella tan vixente hoxe en día coma na súa orixe. Ca fin de comprendelo mellor e poder intervir na súa prevención e rehabilitación, tratouse de identificar as variables preditoras e factores psicosociais que interveñen na súa aparición e manifestación. No presente estudo investígase o valor preditivo da percepción de anomia sobre o extremismo político e o apoio a prácticas antidemocráticas nunha mostra española. Realizouse un experimento con catro grupos aleatorios (alta rotura do tecido social, alta rotura do liderado, anomia global e control) onde a anomia foi manipulada por medio de textos redactados baixo a tradición do “framing”. Esperábase que os grupos expostos as condicións de anomia amosasen maiores puntuación en extremismo e prácticas antidemocráticas. Leváronse a cabo análises descritivas, de correlación e de varianza, resultantes nunha correlación positiva significativa entre a percepción de anomia e o extremismo político e un maior apoio as prácticas antidemocráticas por parte do grupo de alta rotura do liderado fronte á alta rotura do tecido social. Sen embargo, a manipulación foi ineficaz, suxerindo a dificultade de modificar a anomia percibida por medio dunha única mensaxe. Adicionalmente, expoñense as suxerencias de cara a futuras investigacións e as implicacións práticas dos resultados obtidos.

DONO MARTIN, MARCOS (Titoría)
DONO MARTIN, MARCOS (Titoría)
Tribunal
Montes Piñeiro, Carlos (Presidente/a)
REDONDO LAGO, JAIME MAURO (Secretario/a)
VILLAR TORRES, PAULA (Vogal)
Montes Piñeiro, Carlos (Presidente/a)
REDONDO LAGO, JAIME MAURO (Secretario/a)
VILLAR TORRES, PAULA (Vogal)
A intervención con persoas sen fogar que consumen alcohol
Autoría
I.P.F.
Grao en Psicoloxía
I.P.F.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2024 10:00
16.07.2024 10:00
Resumo
As persoas sen fogar forman parte do colectivo máis excluído da sociedade. Cando a falta de fogar continúa ao longo do tempo, a súa vulnerabilidade ao abuso de alcohol e ao desenvolvemento de trastornos mentais aumenta exponencialmente. Ademais, o acceso aos servizos asistenciais é escaso, o que fai crónica a súa situación. Os servizos dispoñibles na comunidade adoitan limitarse á dotación de recursos básicos de supervivencia (albergues e centros de acollida), necesarios pero insuficientes, xa que deixan en segundo plano funcións fundamentais como a atención individualizada e específica para cada caso. O obxectivo desta revisión sistemática da literatura é afondar nas intervencións dirixidas a persoas sen fogar para abordar o abuso de alcohol. Os resultados amosan datos sobre o impacto obtido das intervencións de cada estudo e preséntanse en táboas para facilitar a súa comprensión. Os estudos demostraron a efectividade das intervencións para reducir a cantidade de alcol consumida, reducir os danos relacionados co alcol ou mellorar a calidade de vida, entre outros. En consecuencia, conclúese que na intervención con persoas sen fogar que consumen alcol, traballar desde un enfoque de redución de danos, a vivenda estable e os servizos integrados poden producir resultados positivos. Ademais, a implementación destas estratexias de intervención pode reducir a carga desproporcionada dos problemas de atención sanitaria e servizos de emerxencia aos que se enfrontan as persoas sen fogar.

DURAN RODRIGUEZ, MARIA DEL MAR (Titoría)
DURAN RODRIGUEZ, MARIA DEL MAR (Titoría)
Tribunal
Montes Piñeiro, Carlos (Presidente/a)
REDONDO LAGO, JAIME MAURO (Secretario/a)
VILLAR TORRES, PAULA (Vogal)
Montes Piñeiro, Carlos (Presidente/a)
REDONDO LAGO, JAIME MAURO (Secretario/a)
VILLAR TORRES, PAULA (Vogal)
A masculinidade: unha barreira para a vivencia e expresión emocional
Autoría
L.P.G.
Grao en Psicoloxía
L.P.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2024 10:00
16.07.2024 10:00
Resumo
A prevalencia de depresión en mulleres duplica á de homes, con un 7,5% frente a un 3,5%, mentras que coa prevalencia de suicidios sucede ao contrario, os homes teñen o dobre de probabilidades de falecer por este motivo que as mulleres. O obxectivo de esta revisión sistemática foi entender os motivos que están detrás de estos datos, poñendo o foco no papel explicativo dos roles e estereotipos de xénero. Para isto realizouse unha búsqueda sistemática da literatura existente dende 2018 ata a actualidade na que se seleccionaron 14 estudios, a maioría dos cales analizan o papel da masculinidade na sintomatoloxía depresiva dos homes. Os resultados destas investigaciones mostran que algúns factores da masculinidad, e outras variables relacioandas con este constructo, se relacionan positivamente con un cuadro depresivo atípico presente entre os homes con una alta adherencia á norma masculina. Este cadro caracterízase pola presencia de síntomas externalizantes, como problema co uso de sustancias ou agresiones, que non atentarían contra a masculinidade como si o fai a sintomatología depresiva clásica. Así, os síntomas de moitos homes non serían permeables aos criterios diagnósticos clásicos, resultando nunha menor prevalencia de homes con depresión que se acentúa por unha menor probabilidade de búsqueda de ayuda.

Sampedro Vizcaya, María José (Titoría)
Sampedro Vizcaya, María José (Titoría)
Tribunal
Montes Piñeiro, Carlos (Presidente/a)
REDONDO LAGO, JAIME MAURO (Secretario/a)
VILLAR TORRES, PAULA (Vogal)
Montes Piñeiro, Carlos (Presidente/a)
REDONDO LAGO, JAIME MAURO (Secretario/a)
VILLAR TORRES, PAULA (Vogal)
Efectos do recordo colaborativo na transmisión da desinformación
Autoría
A.V.A.
Grao en Psicoloxía
A.V.A.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2024 10:00
16.07.2024 10:00
Resumo
A memoria colectiva, e, especialmente a memoria colaborativa, é un fenómeno pouco estudado en comparación coa memoria individual. A investigación dos falsos recordos dentro deste campo céntrase en estudios co paradigma DRM, un paradigma con pouco interés aplicado ou poucas implicacións sociais. Sen embargo, o paradigma da desinformación ou o de contaxio social no estudo dos falsos recordos parecen ter máis utilidade aplicada. O propósito deste traballo é recoller a literatura e investigación recente sobre a memoria colaborativa e os seus efectos na transmisión da desinformación, en relación coa creación de falsos recordos. Realizouse unha revisión bibliográfica basada no método PRISMA empregando varias bases de datos, na que finalmente incluíronse 11 estudos. Nestos estudos analízanse as diferentes variables que poden afectar aos efectos da colaboración, incluíndo varios métodos colaborativos.Os resultados que se atopan son bastante ambiguos, poniendo de manifiesto a necesidade de fomentar máis investigacións que profundicen nos diferentes factores ou aspectos que engloba orecuerdo colaborativo.

O estudio actual da Conciencia en Neurociencia Cognitiva
Autoría
L.E.B.Y.
Grao en Psicoloxía
L.E.B.Y.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
26.02.2024 12:30
26.02.2024 12:30
Resumo
O estudo da conciencia avanzou notablemente nos últimos anos, pero aínda presenta dificultades. Este traballo ten como finalidade coñecer a situación xeral do campo de estudo da conciencia desde a perspectiva da Neurociencia Cognitiva. Para iso, primeiro desenvólvese unha clasificación da conciencia e abórdanse as confusións comúns na súa terminoloxía. Analízanse as teorías máis comentadas no aspecto dos contidos da conciencia coa intención de descubrir posibles irregularidades ou sesgos na situación teórica actual. A continuación explícase a situación experimental, analizando comparativamente os achados dos últimos anos en canto ao contido. Respecto das bases neuronais, non existe un acordo unánime, en parte porque hai moitos subtipos de conciencia (mínima, estendida, corporal e metaconsciencia, por exemplo) que ofrecen resultados diferentes. A rede por defecto (RND) -unha rede de estado de repouso moi relacionada co vagabundeo mental- e o córtex parietal parecen estar implicados na conciencia, así como as rexións posteriores do córtex prefrontal en menor medida. En canto aos correlatos neuronais, o microestado C da actividade EEG en repouso e durante unha tarefa de memoria, así como a activación de iRMF de certas rexións do RND son dous candidatos, pero propuxéronse moitos máis. Por último, é fundamental relacionar o escenario teórico e empírico, buscando o contrastadas que están as hipóteses dalgunhas teorías e a que tipo de experimentos conducen certos enfoques sobre a conciencia.

AMENEDO LOSADA, MARIA ELENA (Titoría)
AMENEDO LOSADA, MARIA ELENA (Titoría)
Tribunal
GOMEZ FRAGUELA, Xosé Antón (Presidente/a)
FRAGA CAROU, ISABEL (Secretario/a)
Gómez Roman, Cristina (Vogal)

O estrés postraumático coma consecuencia da COVID-19 no persoal sanitario
Autoría
R.G.Q.
Grao en Psicoloxía
R.G.Q.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2024 12:00
08.07.2024 12:00
Resumo
Este estudio ten como obxetivo principal analizar a relación entre o estrés postraumático e a pandemia da COVID-19 entre os profesionais sanitarios, así como identificar os factores de risco. Para lograr responder aos obxetivos plantexados, desarróllase unha revisión bibliográfica nas bases de datos Pubmed e Web of Science, entre as cales seleccionáronse dez artículos. Os resultados encontrados revelaron que hai unha relación significativa entre o estrés postraumático e a exposición á pandemia da COVID-19 como traballador sanitario, resultando unha media aproximada dun 20% de traballadores da salud que desarrollaron sintomatoloxía do trastorno do estrés postraumático na pandemia. Ademáis, encontráronse diferentes factores de risco que facilitan a aparición deste trastorno, e incluso de ansiedade, depresión e alteracións do sono. Cabe destacar: o xénero femenino, a xuventude, os altos niveis de ansiedade e depresión, a presencia de enfermedades crónicas, a realización de quendas laborais de vintecatro horas, o traballo directo con pacientes infectados polo virus ou ter a un ser querido infectado. Finalmente, si ben existen investigacións sobre a relación entre os trastorno do estrés postraumático e a pandemia da COVID-19 nos traballadores da saude, é necesario levar a cabo máis estudos lonxitudinais que permitan comprender mellor os mecanismos subxacentes e desarrollar intervencións preventivas máis efectivas.

CORRAL VARELA, MARIA MONTSERRAT (Titoría)
CORRAL VARELA, MARIA MONTSERRAT (Titoría)
Tribunal
CORRAL VARELA, MARIA MONTSERRAT (Titor do alumno)

O uso da Estimulación Magnética Transcranial como tratamento para a Enfermidade de Alzheimer.
Autoría
L.J.V.
Grao en Psicoloxía
L.J.V.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2024 13:30
08.07.2024 13:30
Resumo
Nos últimos anos medrou o interese por atopar novas estratexias para abordar os déficits cognitivos que levan a demencia e o deterioro cognitivo, dun xeito seguro e efectivo para garantirlle ao paciente unha boa calidade de vida. Entre estas destaca a Estimulación Magnética Transcranial, unha técnica non invasiva de estimulación cerebral, con efectos positivos demostrados en diversas poboacións. Polo tanto, o obxectivo desta revisión é avaliar a evidencia científica sobre a aplicación terapéutica da Estimulación Magnética Transcranial na Enfermidade de Alzheimer e o Deterioro Cognitivo. Para iso, elaborouse unha busca sistemática, en diversos buscadores, de artigos empíricos publicados nos últimos 10 anos. Os resultados obtidos ofrecen unha evidencia alentadora sobre o potencial terapéutico que presenta esta técnica obtendo beneficios, tanto a curto como a longo prazo, sobre a función cognitiva e conductual. Ademais, demostrouse o seu potencial como tratamento complementario con outros enfoques terapéuticos. Porén, requírense investigacións adicionais e cunha mostra máis ampla.

Perdón dende a perspectiva do agresor e o malestar psicolóxico
Autoría
S.L.S.
Grao en Psicoloxía
S.L.S.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2024 12:30
08.07.2024 12:30
Resumo
O encarceramento pode ter un impacto negativo na saúde física e mental das persoas privadas de liberdade. Neste sentido, estudos recentes avalan que o perdón pode ter efectos beneficiosos sobre a saúde mental e o benestar psicolóxico, especialmente na poboación penitenciaria. Baixo este marco, o obxectivo da presente investigación baséase en examinar o proceso do perdón e o malestar psicolóxico nunha mostra con poboación penitenciaria. Para iso, contouse cunha mostra de 33 penados (87.9% homes e 12.1% mulleres), do Centro Penitenciario de Bonxe (Lugo), que cumprimentaron os instrumentos de medida. Empregáronse dúas probas ad hoc para obter información sobre características sociodemográficas, historial de tratamento e antecedentes criminais, así como para avaliar a percepción do perdón e do autoperdón. Ademais, aplicouse a escala española do GHQ-12 para medir o malestar psicolóxico. Os resultados mostraron que o 93.9% causou dano a alguén. Porén, só o 70.4% considera que os danos causados á vítima ou vítimas poden ser reparados. Sobre o perdón, o 39.4% considerou que o proceso de perdón era moi importante. En canto ao malestar psicolóxico, obtivéronse valores baixos e moderados e a sensación de non experimentar felicidade foi a que máis se informou. Tendo en conta as limitacións do noso estudo, discútense os resultados obtidos e propóñense futuras liñas de investigación que resaltan a importancia do perdón e do autoperdón na poboación penitenciaria co enfoque da Xustiza Terapéutica.

A Síndrome de Burnout no ámbito deportivo
Autoría
B.M.D.
Grao en Psicoloxía
B.M.D.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2024 12:30
08.07.2024 12:30
Resumo
A síndrome de Burnout é un fenómeno moi complexo e nos últimos anos adquiriu maior importancia no ámbito deportivo. Esta síndrome caracterízase pola presenza dun gran esgotamento físico e emocional, así como pola desvalorización da práctica deportiva. A partir do seguinte traballo preténdese coñecer como é o panorama actual en relación ao burnout deportivo e para iso realizouse unha revisión bibliográfica onde se analizaron 8 investigacións que aportaron información importante sobre o burnout deportivo. Estas investigacións axudaron a coñecer cales son os principais síntomas que trae consigo o burnout nos deportistas, cales son as variables que fan que os deportistas sexan máis vulnerables a padecer dita síndrome e cara a onde sería conveniente que se dirixiran as próximas investigacións relacionadas con este constructor. Debido ao crecente auxe que está a ter o tema da saúde mental na nosa sociedade, un gran número de expertos pretenden estudar este fenómeno en profundidade porque padecela non só afecta o rendemento do deportista senón que tamén provoca importantes implicacións para a saúde mental e no benestar xeral dos devanditos deportistas.Dado que o burnout é unha síndrome cada vez máis presente na nosa sociedade, é importante que non se esqueza o seu estudo en ámbitos distintos do traballo convencional.

Violencia no noivado adolescente: Revisión dos factores psicosociais e a influencia de xénero.
Autoría
L.R.M.P.
Grao en Psicoloxía
L.R.M.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 10:00
09.07.2024 10:00
Resumo
A Teen Dating Violence (TDV) e a Ciber Dating Violence (CDV) constitúen dous grandes problemas do noivado adolescente, poñendo de manifesto a importancia de coñecer a súa orixe para de tratar de previlos. Por tanto, o principal obxectivo deste traballo é coñecer as características de manifestación da perpetración e/o victimización por violencia no seo das relacións de parella adolescentes, así como as posibles variables (individuais, familiares e/o sociais) que actúan como factores de risco da TDV e as variables sociodemográficas que poidan influír. Para iso, realizouse unha procura sistemática en PsycInfo, MedLine e Web of Science. Dezanove artigos publicados entre 2013 e 2023 foron incluídos para revisión. A TDV asociouse a factores individuais como a baixa autoestima, o autoconcepto negativo e as crenzas proviolentas. Tamén se vincularon variables familiares como as dinámicas familiares agresivas, a exposición a violencia familiar, as prácticas parentales punitivas e a violencia filio-parental. Doutra banda, en canto a factores sociais, o consumo de alcol e drogas, a relación con iguais antisociais e a exposición a pornografía violenta. Por último, as variables sociodemográficas como as orientacións sexuais non heteronormativas e pertencer a un baixo nivel socioeconómico mostraron ser factores de vulnerabilidade para a TDV. En conclusión, débense ter en conta a multicausalidad desta problemática e a supervisión familiar dos/as adolescentes como principal factor protector da TDV e a CDV en futuras implicacións para a prevención.

VILLAR TORRES, PAULA (Titoría)
VILLAR TORRES, PAULA (Titoría)
Tribunal
Sabucedo Cameselle, Jose Manuel (Presidente/a)
Cadaveira Mahía, Fernando (Secretario/a)
Romero Triñanes, Estrella (Vogal)

Exploración do Síndrome de Burnout en Deportistas: Variables Influentes
Autoría
G.M.P.
Grao en Psicoloxía
G.M.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2024 13:00
08.07.2024 13:00
Resumo
A investigación sobre o fenómeno do burnout en deportistas medrou notablemente nas últimas décadas. Gran parte destas investigacións centráronse en atopar as variables significativas que inflúen no síndrome. Dende variables persoais como o perfeccionismo ou unha actitude optimista, ata variables deportivas e contextuais como a relación adestrador-atleta ou o clima motivacional. Nesta revisión bibliográfica examínanse os resultados e avances destas investigacións no seu esforzo por atopar os factores que afectan ás tres dimensións do burnout en deportistas. Ademais, buscarase aportar unha visión integral do fenómeno e concienciar sobre o benestar dos deportistas a todos os niveis.

Leirós Lobeiras, Luz Isabel (Titoría)
Leirós Lobeiras, Luz Isabel (Titoría)
Tribunal
Leirós Lobeiras, Luz Isabel (Titor do alumno)

Roles de xénero tradicionais e satisfacción sexual
Autoría
L.G.C.
Grao en Psicoloxía
L.G.C.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2024 13:30
08.07.2024 13:30
Resumo
Os roles de xénero tradicionais establecen unha serie de normas diferenciadas para os homes e as mulleres que permean o contexto sexual. No caso dos homes permiten unha maior liberdade sexual e, pola contra, as mulleres vense limitadas a mostrarse reprimidas e sumisas no sexo. Polo tanto, estes roles de xénero establecen o Guion Sexual Tradicional (GST) que fixa as normas nas relacións sexuais e está intensamente arraigado a nosa estrutura social. Esta revisión sistemática ten como obxectivo xeral actualizar a evidencia dos últimos 12 anos sobre a adherencia de homes e mulleres ó GST e coñecer as súas consecuencias na calidade da experiencia sexual. Para iso, se seleccionaron 19 estudos que analizan o GST, o Dobre Estándar Sexual (DES) e o Sexismo Benevolente (SB) en relación coa satisfacción nas relacións sexuais. Tras a revisión dos artigos, observouse que os roles de xénero tradicionais continúan perxudicando a calidade das relacións sexuais. Encontrouse que as mulleres adoptan un rol sumiso nas súas relacións sexuais, o cal se traduce nunha maior conformidadé con prácticas non desexadas e unha menor satisfacción. Ademais, a liberdade sexual dos homes tamén vese perxudicada por estes roles, ainda que en menor medida.

Mirón Redondo, María Lourdes (Titor do alumno)

AGalega: Experiencia do Usuario
Autoría
J.M.L.
Grao en Psicoloxía
J.M.L.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2024 10:00
08.07.2024 10:00
Resumo
O presente traballo analiza como mudou o ocio audiovisual nos últimos anos, centrando a atención na novidosa plataforma pública OTT da CRTVG, AGalega. O estudo enfócase no uso que fan de AGalega os estudantes universitarios de Santiago de Compostela, apoiándose nun traballo de campo que inclúe 60 entrevistas. A análise comeza cun percorrido histórico pola traxectoria da televisión en España, destacando o xurdimento da TVG e a evolución do consumo de contidos cara ás plataformas de streaming. Preséntase AGalega, o seu nacemento en 2024, e o seu obxectivo de ofrecer contido en galego para encher un baleiro nesas plataformas. No traballo de campo, avalíase a experiencia de usuario (UX) de AGalega, comparándoa con outras plataformas. Os resultados indican que a plataforma é pouco coñecida entre os universitarios e o seu uso é limitado. As principais debilidades identificadas inclúen problemas técnicos, como a estabilidade e a velocidade de carga, e a falta de funcionalidades presentes noutras plataformas, como recomendacións personalizadas e a posibilidade de descargar contido. A pesar destes problemas, a maioría dos enquisados recoñece a importancia de AGalega e o seu potencial para promover a cultura galega. Finalmente, destácanse áreas a mellorar, como a promoción da plataforma e a ampliación do seu catálogo de contidos, especialmente aqueles que atraian a un público xoven.

Consumo de pornografía a idades temperás. Implicacións para a persona e as súas relacions
Autoría
E.C.R.
Grao en Psicoloxía
E.C.R.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 10:00
09.07.2024 10:00
Resumo
Na actualidade, o acceso a material sexualmente explícito foi facilitado pola dixitalización, facendo que este contido sexa moito máis accesible. Grazas a Internet, o consumo de pornografía é máis estendido e anónimo que nunca. E debido a esta liberdade de acceso e ampliación de contidos sexuais de todo tipo, comezaron a soar as sireas de alarma sobre como poden afectar estes contidos ás persoas, especialmente ás que se atopan nun momento máis impresionable, como son os nenos e adolescentes. En España, a Fundación de Axuda ás Drogodependencias ten o ollo en como se está a espallar a pornografía entre os máis novos, xa que este consumo está a producirse de forma máis prematura e frecuente, o que indica a importancia de coñecer máis sobre este xigante que é a pornografía en liña. O obxectivo desta revisión é recoller aqueles estudos, realizados nos últimos 10 anos, sobre como o consumo de pornografía afecta aos mozos, tanto a nivel individual como relacional. Despois de realizar unha busca en PsycInfo e debido á escasa investigación existente nesta poboación, só se puideron incluír na presente revisión 8 estudos. Estes estudos revelan: diferenzas de xénero no consumo de pornografía, a idade de inicio do consumo deste contido, os efectos nocivos da pornografía na persoa e como perpetúa as actitudes sexistas.

Cannabis e psicose: O cannabis como factor de risco para o desenvolvemento de experiencias e trastorno psicótico.
Autoría
X.D.L.
Grao en Psicoloxía
X.D.L.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 10:00
09.07.2024 10:00
Resumo
O cannabis é unha das drogas de uso recreativo máis consumidas no mundo, e os estudos epidemiolóxicos teñen establecida unha relación entre o seu consumo e a psicose. Na presente revisión estúdase o consumo desta substancia como factor de risco para o desenvolvemento de experiencias psicóticas ou un trastorno psicótico, tendo en conta diferentes variables moduladoras. Para iso, levouse a cabo unha busca sistemática nas bases de datos de PsycInfo e PubMed, da que resultaron seleccionados un total de 12 artigos axustados á temática abordada. Na vista dos resultados, a maioría dos estudos consideran o cannabis como un factor de risco para o desenvolvemento de psicose, inclusive despois do axuste por diferentes variables estrañas. Entre as variables máis influentes na relación cannabis-psicose están os diferentes padróns de consumo de cannabis, destacando o uso de cannabis diario e de alta potencia como factor aumentativo das probabilidades de desenvolver psicose; e o inicio temperá do consumo, remarcando a adolescencia como unha etapa de vulnerabilidade para a aparición de experiencias psicóticas. Non obstante, non se pode confirmar que exista unha relación causal entre o consumo de cannabis e a aparición de fenómenos psicóticos. Debido á heteroxeneidade das definicións da psicose e a variabilidade na medición do consumo de cannabis, é moi difícil proporcionar conclusións robustas sobre a asociación entre o cannabis e a psicose. En vistas ao futuro, é relevante proseguir estudando nesta área de investigación, coa finalidade de levar a cabo melloras na medición de consumo do cannabis, así como, concienciar á sociedade dos perigos desta substancia sobre a saúde mental.

Influencia dos factores de personalidade e a empatía no acoso escolar.
Autoría
X.A.C.
Grao en Psicoloxía
X.A.C.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
O acoso escolar é un dos maiores problemas aos que se enfronta o sistema educativo, afectando a miles de nenos anualmente, esta conduta de violencia reiterada ten efectos moi negativos tanto na saúde mental das vítimas como no seu desenvolvemento académico, sendo unha causa de morte entre a poboación máis nova e unha das causas do abandono escolar. Na presente revisión inténtase atopar a relación entre os factores de personalidade e a empatía co acoso escolar, a través da análise de diversos estudos publicados nos último anos. Para a realización desta revisión empregáronse as bases de datos Scopus, Psycinfo, Google Académico e Dialnet, incluíndo estudo publicados entre Novembro de 2011 e Abril de 2024. Os resultados amosan o poder preditivo de diversos factores de personalidade, así como a función mediadora da empatía nos casos de bullying. Tendo en conta os resultados, conclúese, por unha parte, que os factores de personalidade son un bo preditor do perfil agresor e, en segundo lugar, que a empatía ten influencia mediadora nos casos de acoso escolar.

A conducta de compra compulsiva en adolescentes
Autoría
L.A.F.
Grao en Psicoloxía
L.A.F.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
A conduta de compra compulsiva implica unha adquisición excesiva, reiterativa e carente de autocontrol, con consecuencias negativas en diferentes planos, como o da saúde, o familiar, o social e o económico (San Narciso et ao., 2023). Estudos previos sinalaron o seu inicio na adolescencia; con todo, a literatura dispoñible continúa sendo escasa e arroxa resultados heteroxéneos. De maneira que, o noso obxectivo é investigar o publicado sobre a conduta de compra compulsiva en adolescentes. Ao longo do traballo centrámonos nas seguintes cuestións: a forma na que se denomina o constructo, sendo compra compulsiva o usual e recomendable; as ferramentas de avaliación utilizadas e as súas propiedades, neste apartado vemos repetido o uso dalgunhas escalas sendo The adolescent compulsive buying scale (d’Austous et ao., 1990) a que refire as mellores propiedades psicométricas; a prevalencia que podemos referir en adolescentes, variando entre un 2,4% e un 46% nos artigos revisados; e por último, as variables asociadas e diferenzas sociodemográficas achadas na literatura, destacamos como factores de risco directamente relacionados con esta conduta as adiccións con e sen substancia, o materialismo, a mocidade ou o sexo feminino, así mesmo existen variables que inflúen de forma indirecta como a comparación social, a presenza de conflitos familiares ou os estilos de apego. Finalmente, debemos mencionar a presenza de limitacións que poderían nesgar os resultados; como: a exclusión do uso de certas investigacións ou literatura gris e a imposibilidade de cumprir os criterios dunha revisión sistemática.

Efecto do Formato Sobre o Estilo de Resposta en Escalas Likert
Autoría
A.C.A.O.
Grao en Psicoloxía
A.C.A.O.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2024 10:00
15.07.2024 10:00
Resumo
A presente revisión da literatura céntrase na análise do impacto do formato no estilo de resposta en escalas tipo Likert. Os principais achados indican que a etiquetaxe completa das categorías de resposta reduce a incidencia de respostas extremas e aumenta a aquiescencia en comparación coa etiquetaxe final. Ademais, comprobouse que as escalas con menos de catro categorías tenden a aumentar o estilo de resposta extrema, mentres que aumentar o número de categorías pode reducir este tipo de resposta. A presenza dun punto medio na escala pode diminuír as respostas extremas e aumentar a aquiescencia, aínda que o seu impacto varía segundo o estudo. Outro aspecto relevante é a ordenación das categorías de resposta. Observouse que unha disposición vertical de categorías en dispositivos móbiles xera respostas máis extremas en comparación cunha disposición horizontal. Tamén se comprobou que as escalas máis compactas inducen unha maior selección de respostas extremas. En conclusión, o estudo destaca a importancia de considerar o formato das escalas Likert á hora de deseñar instrumentos de medición psicolóxica para minimizar o sesgo de resposta e mellorar a calidade da información recollida.

ANDRADE FERNANDEZ, ELENA MARIA (Titoría)
ANDRADE FERNANDEZ, ELENA MARIA (Titoría)
Tribunal
ANDRADE FERNANDEZ, ELENA MARIA (Titor do alumno)

O perdón a un mesmo en poboación penitenciaria
Autoría
M.F.C.
Grao en Psicoloxía
M.F.C.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2024 10:00
15.07.2024 10:00
Resumo
O resultado do efecto da prisionización é con frecuencia un pronunciado deterioro na saúde física e mental. Desde a Xustiza Terapéutica, un enfoque transformador que humaniza o sistema penal e percibe a lei como axente terapéutico, incorpórase o proceso de autoperdón, definido como a disposición a abandonar o resentimento cara un mesmo frente a unha falta obxectiva recoñecida, mentres se fomenta a compasión, a xenerosidade e o amor cara uno mesmo, en base a evidencia científica que alerta da importancia desta variable psicolóxica para o benestar das persoas envoltas en procesos xudiciais. Pese a crecente presencia do perdón como obxecto de investigación, os estudos con frecuencia abranguen a poboación xeral e a tradicional relación vítima-delincuente, esquecendo o traballo na dimensión máis dificil da experiencia do perdón, o perdón cara un mesmo, especialmente nas persoas baixo custodia. Baixo este marco, co propósito de explorar o proceso de autoperdón nunha mostra penitenciaria, levouse a cabo unha revisión sistemática da literatura científica. Tomando en consideración as limitacións da nosa investigación, discutense os resultados obtidos e ofrécese unha orientación en relación a futuras liñas de investigación, co designio de enriquecer o campo de estudo de cara a implementación de programas de intervención sobre o autoperdón na execución de condenas, para contrarrestar os efectos do encarceramento.

C.A.D.C.
Grao en Psicoloxía
C.A.D.C.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2024 10:30
15.07.2024 10:30
Resumo
A adolescencia é unha etapa vital definida por grandes e numerosos cambios, caracterizada por unha maior vulnerabilidade fronte a influencias externas que na actualidade abarcan as redes sociais e Internet. O feito de estar rexistrado nelas e a frecuencia do seu uso revelan cifras extraordinarias, e normalizan a súa considerable presenza no día a día. Así mesmo deriva en repercusións que afectan á poboación tanto a nivel físico como emocional, e en particular sobre unha variable de gran importancia como é a autoestima. Con este traballo, preténdense coñecer as potenciais interrelacións entre o uso da internet e redes sociais, e a autoestima e benestar emocional dos e das adolescentes incorporando unha perspectiva de xénero. A relevancia desta revisión reside na actualidade desta realidade e na rapidez coa que está a alcanzar tantos sectores da sociedade, sendo moi pequenos os que empezan a construír a súa personalidade para partir do contido da internet. Para alcanzar este obxectivo levou a cabo unha procura bibliográfica en catro bases de datos, analizando distintos estudos que relacionan de forma recíproca a autoestima e o uso das redes sociais, estudando de forma complementaria o papel do xénero nesta relación. Como conclusión, en termos xerais a literatura permite confirmar a existencia dunha relación significativa de carácter negativo entre o uso das redes sociais e a autoestima, que é especialmente manifesta para o xénero feminino. Con todo, a literatura non é concluínte respecto diso, dado que persisten certas dúbidas e contradicións que suxiren a non-linealidade da relación, ou a mediación doutras variables nesta. Así, consideramos fundamental de fronte ao futuro unha maior abordaxe e investigación desta problemática, do que se vexan beneficiadas a prevención e intervención coa poboación adolescente. Palabras chave: Redes sociais, autoestima, xénero, adolescencia.

O Apoio Social Percibido (ASP): diferencias según o sexo e a idade durante a adolescencia
Autoría
A.M.O.
Grao en Psicoloxía
A.M.O.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2024 10:30
15.07.2024 10:30
Resumo
No presente Traballo de Fin de Grao tratátonse de estudar as diferenzas existentes nas percepcións de apoio social nos adolescentes según grupos de idade e sexo. O comezo do estudo do apoio social (AS) sitúase nos anos 70, despertando o interese da comunidade investigadora polo seu gran efecto protector e optimizador do desenvolvemento e o benestar dos individuos. En concreto, semella acertado asumir que é a percepción da dispoñobilidade (i.e., apoio social percibido, ASP), a dimensión do apoio máis estreitamente relacionada con estos efectos protectores. Dada a natureza transicional da adolescencia, o estudo do AS como dimensión facilitadora do axuste chave adquire especial relevancia. Dende unha perspectiva funcional, destácase o estudo das provisións de apoio emocional, informativo e a autonomía. Por outra banda, a familia, os iguais e o profesorado son fontes de apoio especialmente relevantes durante este periodo evolutivo. Co fin de explorar potenciais diferencias en función da idade e o sexo nas percepcións das provisións e fontes mencionadas, administrouse a unha mostra de 375 adolescentes un cuestionario. Os datos recollidos foron sometidos a comprobación estadística, o cal permitiu confirmar parcialmente as hipótesis plantexadas. Así, encontráronse diferenzas significativas entre mulleres e homes, sendo éstos últimos quenes informaron de percepcións máis elevadas. Por outro lado, observáronse diferenzas según a idade dos participantes, de xeito que os alumnos do primeiro curso perciben maior apoio das súas familias e do profesorado, mentras que os de cuarto tenden a encontrar maior cantidade de apoio nos seus iguais.

Influencia do estrés sobre a memoria declarativa
Autoría
I.D.M.
Grao en Psicoloxía
I.D.M.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.02.2024 11:30
15.02.2024 11:30
Resumo
O estrés cumpre unha función adaptativa, pero ás veces pode ser desadaptativa, causando efectos nocivos non só a nivel fisiolóxico, senón que tamén pode afectar aos sistemas neuronais que soportan a memoria e a atención. Estes efectos foron estudados principalmente en animais, polo que nos humanos aínda non se sabe exactamente como afecta o estrés á memoria. Neste traballo realizouse unha revisión de estudos de neuroimaxe, en concreto de resonancia magnética, para estudar como o estrés inflúe nos diferentes procesos da memoria. Para estudar como afecta o estrés á memoria, seleccionouse o hipocampo como estrutura chave, xa que sábese que soporta diferentes procesos de memoria. Nos estudos analizados, a pesar de contar con procedementos relativamente similares, constatouse unha gran variabilidade de resultados. Por unha banda, houbo estudos que descubriron que o estrés perxudica a memoria, mentres que por outro lado houbo estudos que atoparon o efecto contrario, o estrés mellora a memoria. Non obstante, os resultados obtidos poñen de manifesto a necesidade de seguir investigando o estrés en humanos, posto que aínda non se chegou a un acordo sobre como afecta á memoria. Máis investigacións aclararían aspectos do proceso, e isto permitiría avanzar na comprensión da influencia do estrés na memoria en humanos.

Proposta de intervención de Integración sensorial en nenos con TEA
Autoría
C.B.G.
Grao en Psicoloxía
C.B.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.02.2024 10:30
15.02.2024 10:30
Resumo
As persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) presentan alteracións sociais, comunicativas e comportamentais, que condicionan a súa vida cotiá. Algúns dos síntomas comúns que poden experimentar están relacionados coa disfunción sensorial en canto á percepción e integración destes estímulos ambientais. As intervencións psicoeducativas dirixidas a persoas con TEA adoitan centrarse nos síntomas nucleares do trastorno, ignorando en ocasións a presenza destas alteracións. Por iso, proponse esta intervención, dende o ámbito psicoeducativo, que utiliza a Integración Sensorial (SI) de Ayres como metodoloxía de aplicación para o deseño dunha serie de actividades que promoven a mellora das habilidades sensoriais en nenos con TEA. A finalidade desta proposta é facilitar aos psicólogos de recursos para traballar a integración sensorial dos nenos con TEA, promovendo, ao mesmo tempo, o desenvolvemento doutras áreas con dificultades.

Lojo Seoane, Cristina (Titoría)
Lojo Seoane, Cristina (Titoría)
Tribunal
Lojo Seoane, Cristina (Titor do alumno)
Lojo Seoane, Cristina (Titor do alumno)
Traballo fin de grao - Moral: nova dimensión no estudo da acción colectiva.
Autoría
H.B.C.M.
Grao en Psicoloxía
H.B.C.M.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.02.2024 11:00
15.02.2024 11:00
Resumo
A acción colectiva, como reflexo da capacidade dunha sociedade de facer fronte ás situacións que xeran descontento e discrepancias coa norma vixente, tense caracterizado ao longo do tempo coma un síntoma de vitalidade democrática e unha ferramenta de cambio con poder transformador. Por iso, teñen sido numerosas as investigacións que buscan coñecer cales son os preditores deste tipo de comportamento, e cales son as relacións existentes entre eles. Mediante a revisión bibliográfica de 12 artigos, preténdese coñecer se a incorporación da moral e, en concreto, da convicción moral, ao estudo deste construto posúe unha relevancia o suficientemente alta como para comparar o seu efecto ao de outras variables tradicionalmente estudadas neste ámbito. Os resultados obtidos en cada unha destas investigacións avalan o gran poder motivacional da moral sobre o comportamento político colectivo e a gran influencia que a convicción moral posúe, tanto a nivel individual coma en relación con outras variables, sobre a implicación en diferentes formas de acción colectiva ocasionadas en diferentes contextos de axitación social. No referente ás conclusións, destácanse a forza de relación existente entre convicción moral e acción colectiva, moito máis prevalente e significativa que calquera outra relación atopada noutras variables con respecto a este comportamento, e o detrimento na significación desas relacións ante a presencia dun mantemento firme de conviccións morais que subxacen á conduta, pensamento e emoción do individuo.

Sabucedo Cameselle, Jose Manuel (Titoría)
Sabucedo Cameselle, Jose Manuel (Titoría)
Tribunal
Sabucedo Cameselle, Jose Manuel (Titor do alumno)

Exercicio físico e terceira idade:influencia da actividade física na calidade de vida
Autoría
S.M.C.
Grao en Psicoloxía
S.M.C.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.02.2024 11:30
15.02.2024 11:30
Resumo
O envellecemento, un proceso inevitable e intrínseco á vida humana, expón desafíos significativos na procura dunha calidade de vida óptima na terceira idade. Neste contexto, a actividade física emerxe como unha ferramenta esencial que non só busca mellorar a saúde física, senón tamén fomentar un benestar psicolóxico integral na poboación de adultos maiores. Este traballo exponse a conexión entre a actividade física e a terceira idade, contemplando os beneficios que conleva sobre a calidade de vida, a satisfacción coa vida e a autopercepción da saúde; ademais tentarase explorar as diferenzas que poidan ocorrer en función do sexo/xénero e o uso dos dispositivos de centros de día. Para iso, realízase un estudo de investigación empírica de corte cuantitativo no que participou unha mostra formada por 118 persoas da comarca do Barbanza e Vilagarcía de Arousa, con idades comprendidas entre os 60 e 90 anos, dos cales, o 53% usan o recurso de Centro de Día. Para recoller a información, utilízase a Escala de Satisfacción coa Vida (Diener et ao., 1985), o Cuestionario de Saúde Xeral de Goldberg na súa versión en escalas (Goldberg e Hillier, 1979), o Bem Sex Inventory (Bem, 1974) e unha folla de recollida de datos sociodemográficos. Tras analizar a información obtida, conclúese a relevancia que o exercicio físico ten na saúde e a satisfacción coa vida dos nosos adultos maiores, e da importancia de ter un envellecemento activo e saudable, e facer uso dos Centro de Día.

Efecto Bouba-Kiki: más que formas
Autoría
H.F.M.
Grao en Psicoloxía
H.F.M.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.02.2024 12:00
15.02.2024 12:00
Resumo
O efecto Bouba-Kiki é un fenómeno que revela unha asociación significativa entre sons e formas visuais, respaldada por bases biolóxicas e vinculada a asociacións non arbitrarias e influenciadas por características fonéticas e físicas. Este traballo ten como obxectivo unha aproximación teórica ao efecto Bouba-Kiki así como a algúns dos ámbitos nos que se manifesta. Para iso, levouse a cabo unha revisión bibliográfica da cal se extraxo información sobre investigacións que utilizaron técnicas avanzadas de neuroimaxe e procedementos non invasivos para identificar rexións cerebrais clave que desempeñan un papel crucial no procesamento da linguaxe e na representación conceptual. Ademais, atopouse evidencia de que o efecto Bouba-Kiki está relacionado coa asociación entre nomes e rostros humanos, xa que estudos demostraron que asociamos características físicas a nomes que son congruentes con esas características. Estes achados teñen implicacións importantes nos xuízos sociais, na personalidade e na publicidade. Do mesmo xeito, no efecto Bouba-Kiki tamén é relevante o papel da posición dos beizos, xa que os estudos demostraron que a forma na que pronunciamos certos sons inflúe nas nosas asociacións entre formas visuais e palabras. Estes descubrimentos en conxunto demostran que o efecto Bouba-Kiki contribúe á nosa comprensión do procesamento multisensorial e á interacción entre a linguaxe e a percepción visual. Estas novas perspectivas no campo da psicoloxía e da neurociencia ofrecen un terreo fértil para futuras investigacións e aplicacións prácticas.

BLANCO RIAL, MANUEL JOSE (Titoría)
BLANCO RIAL, MANUEL JOSE (Titoría)
Tribunal
BLANCO RIAL, MANUEL JOSE (Titor do alumno)
BLANCO RIAL, MANUEL JOSE (Titor do alumno)
Traballo fin de grao
Autoría
M.D.R.R.
Grao en Psicoloxía
M.D.R.R.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.02.2024 12:30
15.02.2024 12:30
Resumo
Nesta revisión narrativa trataremos unha serie de procesos involucrados nas relacións románticas. Comezaremos falando sobre os potenciais relacionados con eventos (ERP) e as áreas cerebrais involucradas na xeración da atracción romántica inicial (IRA). Cando unha persoa de entre unha multitude capta a nosa atención rexístranse dous compoñentes principais de ERP: LPP e P300. Ambos asociados a unha extensa rede cerebral involucrada no procesamento das emocións, o control da atención e as avaliacións sociais. Así mesmo, analizaremos cómo os procesos de atención melloran cando se presenta información asociada coa parella, non só nos momentos iniciais se non tamén ao longo da relación. No que respecta á memoria, unicamente se aprecio unha mellora significativa nas tarefas de recordo libre ante este tipo de información. Concluimos este documento expondo cómo os humanos manteñen as relacións románticas, evitando a tentación de iniciar relacións extraparella, estudando principalmente a participación das funcións executivas neste proceso. En parellas recentes o mantemento da relación descansa baixo a actividade do sistema de recompensas do cerebro, mentres que en relacións máis longas a regulación exitosa depende das funcións executivas, principalmente do CPFVL.

AMENEDO LOSADA, MARIA ELENA (Titor do alumno)
AMENEDO LOSADA, MARIA ELENA (Titor do alumno)
Traballo fin de grao
Autoría
S.M.R.
Grao en Psicoloxía
S.M.R.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.02.2024 12:30
15.02.2024 12:30
Resumo
O acoso laboral é un fenómeno que afecta a 1 de cada 10 traballadores a diario, cun impacto significativo no seu benestar psicolóxico e rendemento laboral. Neste contexto, o papel dos observadores de acoso laboral foi obxecto de interese na literatura, xa que a súa intervención pode influír na mitigación ou perpetuación destas condutas. O obxectivo do presente traballo céntrase en examinar a influencia dos testemuñas no acoso laboral, máis concretamente, na súa capacidade para modificar a evolución do mesmo. Para iso realizouse unha revisión bibliográfica sistemática seguindo as indicacións establecidas na declaración PRISMA. Analizáronse 8 artigos empíricos sobre o papel dos espectadores no mobbing. Os principais resultados revelan que a presenza de espectadores construtivos en situacións de acoso laboral está asociada con beneficios como o aumento do compromiso laboral, diminución do esgotamento emocional e a depresión laboral; tamén pode interromper o desequilibrio de poder entre o acosador e a vítima e diminuír a frecuencia e intensidade do acoso. A presenza de testemuñas destructivas asóciase cunha diminución do compromiso laboral, un aumento da intención de abandonar o posto de traballo, perpetuación dun entorno laboral inseguro e percepción dunha menor calidade de atención. En conclusión, o comportamento dos testemuñas ten unha gran influencia no curso do acoso laboral, polo que é esencial consideralas á hora de elaborar plans de prevención e intervención.

Montes Piñeiro, Carlos (Titor do alumno)

Trastorno por déficit de atención e hiperactividad
Autoría
N.C.F.
Grao en Psicoloxía
N.C.F.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
10.09.2024 10:00
10.09.2024 10:00
Resumo
O trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH) é unha alteración do neurodesarrollo de orixe multifactorial, cuxos síntomas principais son a inatención, hiperactividade e impulsividade. Este presenta un importante impacto no funcionamiento social, académico e familiar do neno ou adolescente. A prevalencia do TDAH en poboación xeral revela cifras do 5%, é dos diagnósticos máis frecuentes entre a poboación infanto-xuvenil, así como un dos máis estudados. Nesta revisión analizaránse os síntomas nucleares do TDAH, as súas posibles comorbilidades, etioloxía, as ferramentas dispoñibles para a súa detección e os tratamentos actuais. A etioloxía exacta do trastorno é descoñecida, pero teñen un importante papel a xenética e a interacción medioambiental. O seu diagnóstico está baseado en criterios clínicos, sendo os criterios do DSMV os máis utilizados. ë importante estudar en cada caso a posible presenza de comorbilidade, xa que máis do 50% dos nenos e adolescentes diagnósticados presentan, como mínimo, un trastorno comórbido asociado. Para que o tratamento sexa eficaz debe ser individualizado e multimodal. A intervención actual baséase en dous compoñentes: tratamento farmacolóxico e terapia conductua.

FERRACES OTERO, MARIA JOSE (Titoría)
FERRACES OTERO, MARIA JOSE (Titoría)
Tribunal
FERRACES OTERO, MARIA JOSE (Titor do alumno)

Estudo sobre distorsión de respostas no MMPI-2 no contexto da violencia de xénero
Autoría
V.V.L.
Grao en Psicoloxía
V.V.L.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2024 12:00
08.07.2024 12:00
Resumo
A Violencia de Xénero en España é un problema social que se combate dende as institucións. Coa Lei Orgánica 1/2004 establécese a posibilidade de suspensión de penas para realizar programas de intervención con agresores de xénero. Con todo, no proceso de avaliación penal débese sospeitar sempre de simulación e disimulación (negación de síntomas, desexabilidade social e ambas). Investigacións previas concluíron que estas distorsións prodúcense no contexto de intervención sobre agresores de xénero, pero non se comprobou se estas distorsións prodúcense do mesmo xeito en poboación normativa. Para comprobalo, administrouse o MMPI-2 a unha mostra de 27 homes en relación de parella, replicando o estudo de Arce et al., (2024) con agresores de xénero, co obxectivo de examinar a distorsión de respostas en homes sen antecedentes por agresión. Os resultados indican que de forma xeral os participantes non obtiveron puntuacións significativas nas escalas clínicas, así como non distorsionaron as súas respostas en liña coa simulación nin negación de síntomas. Con todo, detectouse unha frecuencia significativa de respostas distorsionadas no sentido da desexabilidade social .222 [.065, .379], pero que non afectaron de forma significativa ás puntuacións das escalas sintomatolóxicas.

Arce Fernández, Ramón (Titoría)
Arce Fernández, Ramón (Titoría)
Tribunal
Arce Fernández, Ramón (Titor do alumno)
Arce Fernández, Ramón (Titor do alumno)
Paradigama da película traumática
Autoría
C.V.P.
Grao en Psicoloxía
C.V.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
08.07.2024 12:30
08.07.2024 12:30
Resumo
As memorias intrusivas, son impresións sensoriais-perceptivas recurrentes que experimentanse de forma involuntaria, e poden suscitar niveis altos de anguria en quen as sofre. Moitas das investigacións sobre estas intrusións centranse na intervención, pero é crucial abordar este tema dende a prevención. Por elo, empregase o paradigma da película traumática para a súa investigación. Este paradigma consiste na presentación de películas cun contido traumático, xerando síntomas análogos a os que xurdirían nunha experiencia traumática real. Estas escenas empreganse para avaliar procesos peri e postraumáticos e como estos afectan no número posterior de memorias ou lembranzas intrusivas. Na búsqueda realizada atopanse 96 artigos, pero só 12 de eles resultaron utiles para a realización do traballo. Os resultados amosaron que a variable máis eficaz para modular a frecuencia e intensidade das intrusións foron os procesos cognitivos superiores, fronte a factores sociais, fisiolóxicos ou a realización de tarefas visoespaciais. Finalmente, recomendase que en futuras investigacións consideren a diversidade da mostra en termos de rango de idade e cultura, o tempo de rexistro das intrusións, e os aspectos éticos, ademáis de aumentar o campo de investigación a novos factores de estudo.

Controversias sobre o tratamento infanto-xuvenil do TDAH: ¿Farmacoloxía ou intervención psicolóxica?
Autoría
L.P.B.
Grao en Psicoloxía
L.P.B.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 10:00
09.07.2024 10:00
Resumo
O diagnóstico e tratamento do Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) constitúe unha das principais controversias científicas presentes no ámbito da saúde mental infanto-xuvenil. En particular, un dos focos de atención da investigación actual é a relación risco-beneficio asociada ao tratamento de elección para o TDAH, consistente na administración do psicoestimulante denominado metilfenidato (MPH). Por isto, preténdese revisar a literatura científica referida aos efectos, tanto beneficiosos como perxuiciosos, do fármaco en nenos/as e adolescentes. A súa vez, preténdese indagar en torno á eficacia das alternativas ao tratamento non farmacolóxico, concretamente sobre a terapia conductual (TC) e cognitivo-conductual (TCC), para, finalmente, poder realizar unha comparativa entre ambas modalidades de tratamento. Con este motivo, realizouse unha búsqueda sistemática en PsycInfo e Web of Science. Seleccionáronse 22 artigos centrados en observar os efectos do MPH e a terapia psicolóxica no TDAH infanto-xuvenil. Os resultados principais destacan os beneficios a corto plazo do MPH sobre a sintomatoloxía central do TDAH. Porén, encóntranse certas limitacións do fármaco, ademais de efectos adversos no desenvolvemento de nenos/as e adolescentes. Por outra parte, encóntranse efectos positivos da terapia conductual e cognitivo-conductual sobre os síntomas nucleares do trastorno, tanto por si soas como medida adicional ao fármaco. En conclusión, a TC e a TCC presentan certas ventaxas frente ao MPH, posto que permiten o mantemento dos seus efectos e non traen consigo posibles efectos iatroxénicos.

RODRIGUEZ FERNANDEZ, MANUEL DAMASO (Presidente/a)
Sampedro Vizcaya, María José (Secretario/a)
Míguez Varela, María del Carmen (Vogal)

A tarefa Stroop emocional nos trastornos alimentarios
Autoría
A.R.V.
Grao en Psicoloxía
A.R.V.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 10:00
09.07.2024 10:00
Resumo
As persoas que presentan trastornos da conduta alimentaria caracterízanse por manifestar un patrón gravemente alterado na alimentación e na preocupación excesiva polo peso e a forma corporal. A tarefa Stroop emocional analiza como os pacientes procesan e responden aos estímulos relacionados coa comida e co corpo, medindo o tempo que tardan os suxeitos en nomear a cor na que están escritas as palabras emocionais en comparación coas palabras neutras. Este test axuda a identificar sesgos cognitivos que poden causar o mantemento dos trastornos alimentarios e coñecer as posibles causas do mesmo. É por isto que, o obxectivo principal deste traballo é coñecer as diferenzas atopadas nesta tarefa entre as persoas que presentan este tipo de trastorno e as que non, e coñecer se as distintas formas de aplicala afectan aos resultados obtidos. Para elo, realizouse unha busca en diversas fontes, conseguindo un total de 10 artigos que foron incluídos na revisión. Os principais resultados atopados nos estudos foron que as persoas que padecen un trastorno da conduta alimentaria tardan máis tempo en nomear a cor das palabras relacionadas co corpo e a comida que as que no presentan este trastorno. Ademais, cada estudo aplicouna de maneiras diversas, xa sexa empregando distintas palabras obxectivo ou control, presentándoa en ordenador ou en papel, usando cantidades diferentes de palabras… A pesar destas modificacións, os resultados mantivéronse relativamente similares na maioría dos estudos.

Álvarez Cruz, Antonio Alfonso (Titoría)
Álvarez Cruz, Antonio Alfonso (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ FERNANDEZ, MANUEL DAMASO (Presidente/a)
Sampedro Vizcaya, María José (Secretario/a)
Míguez Varela, María del Carmen (Vogal)
RODRIGUEZ FERNANDEZ, MANUEL DAMASO (Presidente/a)
Sampedro Vizcaya, María José (Secretario/a)
Míguez Varela, María del Carmen (Vogal)
Personalidade tipo A e a súa relación coas enfermidades cardiovasculares
Autoría
M.S.P.
Grao en Psicoloxía
M.S.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 10:00
09.07.2024 10:00
Resumo
O patrón de personalidade tipo A é un tipo de comportamento que presentan as persoas con unha tendencia a mostrar certas características como a competitividade, as reaccións hostís e a excesiva impaciencia e implicación laboral. Este patrón de comportamento é típico das sociedades industrializados. Por outra banda, a importancia das enfermidades cardiovasculares reside no feito de que as mesmas considéranse a principal causa de morte en todo o mundo. Na década de 1970, quedou claro o valor preditivo da personalidade tipo A sobre os trastornos cardiovasculares. O obxectivo principal desta revisión sistemática é afondar na relación que existe entre ambos conceptos, xa que a pesar de ser moi estudados, aínda son numerosos debates e contradicións. Para iso, realizouse unha busca sistemática de investigacións empíricas en diferentes bases de datos, seleccionando 24 artigos para a elaboración deste traballo. Despois de revisar estes documentos, comprobouse que hai probas que avalan a relación entre o patrón de comportamento tipo A e as enfermidades cardiovasculares. Con todo, algúns estudos refutan esta relación. Tendo en conta os diferentes compoñentes do patrón de comportamento tipo A, ou o uso de diferentes instrumentos de medida, podería ser explicativo estes resultados dispares na literatura.

SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE (Titoría)
SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ FERNANDEZ, MANUEL DAMASO (Presidente/a)
Sampedro Vizcaya, María José (Secretario/a)
Míguez Varela, María del Carmen (Vogal)
RODRIGUEZ FERNANDEZ, MANUEL DAMASO (Presidente/a)
Sampedro Vizcaya, María José (Secretario/a)
Míguez Varela, María del Carmen (Vogal)
Traballo fin de grao
Autoría
L.T.Q.
Grao en Psicoloxía
L.T.Q.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 10:00
09.07.2024 10:00
Resumo
A vinculación entre as experiencias traumáticas e o Trastorno Límite de Personalidade (TLP), dadas as súas innegables implicacións para a praxe clínica, concitou un crecente interese entre os investigadores nas últimas décadas. Así, o obxectivo do presente estudo é realizar unha revisión bibliográfica dos estudos que analizan a relación entre o trauma infantil e o desenvolvemento do TLP na idade adulta. A metodoloxía empregada para tal fin segue o método PRISMA para a análise dos artigos seleccionados nas bases de datos de PsychInfo e Scopus. As conclusións dos traballos revisados confirman unha alta prevalencia de experiencias traumáticas en individuos con TLP, sendo os traumas de abuso emocional, abuso sexual e neglixencia emocional, os máis característicos. Cabe esperar que, nun futuro, sígase profundando no compoñente emocional das experiencias traumáticas para unha maior comprensión da natureza e alcance de tales vivencias en individuos con TLP.

OTERO LOPEZ, JOSE MANUEL (Titoría)
OTERO LOPEZ, JOSE MANUEL (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ FERNANDEZ, MANUEL DAMASO (Presidente/a)
Sampedro Vizcaya, María José (Secretario/a)
Míguez Varela, María del Carmen (Vogal)
RODRIGUEZ FERNANDEZ, MANUEL DAMASO (Presidente/a)
Sampedro Vizcaya, María José (Secretario/a)
Míguez Varela, María del Carmen (Vogal)
Diferenzas interseccionais na vivencia de experiencias adversas temperás e axuste psicosocial en adolescentes en acollemento residencial
Autoría
C.C.C.
Grao en Psicoloxía
C.C.C.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 10:00
09.07.2024 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao busca comprender as complexidades inherentes á poboación de adolescentes en acollemento residencial dende unha perspectiva interseccional. O obxectivo é avaliar as diferenzas nas experiencias adversas e no axuste psicosocial en función do xénero, o estatus socioeconómico (ESE) e a procedencia das persoas participantes. O método de investigación utilizado consiste nunha análise de datos cuantitativos, empregando probas estatísticas como o ANOVA e a t de student para explorar as diferenzas entre grupos. Recompiláronse datos nunha mostra total de 187 adolescentes (46.5% rapaces, 50.3% rapazas, 3.2% xénero non binario), con idades comprendidas entre os 11 e 18 anos que se atopaban en 24 recursos de acollemento residencial en Galicia. Os principais resultados indican disparidades significativas entre xéneros, coas rapazas reportando maiores niveis de neglixencia psicolóxica e problemas internalizantes. Ademais, atopáronse diferenzas segundo o ESE, con adolescentes de baixos ingresos mostrando maior incidencia de neglixencia física. A procedencia xeográfica tamén influíu, con adolescentes europeos reportando máis experiencias adversas que aqueles de África. Estes achados subliñan a necesidade de intervencións e políticas sensibles a xénero, ESE e contexto xeográfico para mellorar o benestar das persoas mozas en acollemento residencial.

MANEIRO BOO, LORENA (Titoría)
MANEIRO BOO, LORENA (Titoría)
Tribunal
FERNÁNDEZ REY, JOSÉ (Presidente/a)
Rodríguez Holguín, Socorro (Secretario/a)
MERINO MADRID, HIPOLITO (Vogal)

A mirada que revela: explorando o impacto da falta de empatía no recoñecemento emocional con eye tracking.
Autoría
A.L.G.
Grao en Psicoloxía
A.L.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 10:00
09.07.2024 10:00
Resumo
Este estudo céntrase en explorar a relación entre os trazos de dureza e insensibilidade emocional (CU), a empatía e o recoñecemento emocional en nenos. Partindo da premisa de que os trazos CU poden influír na forma en que os nenos procesan e comprenden as emocións dos demais, expúxose a hipótese de que aqueles con trazos CU elevados mostrarían niveis máis baixos de empatía e un desempeño deficiente na tarefa de recoñecemento emocional. Ademais, suxeriuse que habería diferenzas nos patróns de fixación ocular entre nenos con diferentes niveis de trazos CU ao enfrontarse a diversas emocións. Para abordar estas hipóteses, utilizáronse análises descritivas, probas T e ANOVA de medidas repetidas nos datos recompilados. Os resultados revelaron que, aínda que non houbo diferenzas significativas de xénero, existían disparidades nos niveis de empatía e precisión no recoñecemento emocional entre os grupos de alto e baixo CU. Asemade, identificáronse patróns específicos de fixación ocular asociados con diferentes emocións, o que suxire unha influencia dos trazos CU na forma en que os nenos procesan a información emocional. Estes achados subliñan a importancia de considerar os trazos CU no desenvolvemento socioemocional dos nenos e apoian a necesidade de intervencións temperás para fomentar habilidades socioemocionales saudables naqueles con trazos CU elevados. Ademais, contribúen a ampliar a nosa comprensión de como estes trazos poden afectar a percepción e comprensión emocional na infancia.

LOPEZ ROMERO, MARÍA LAURA (Titoría)
LOPEZ ROMERO, MARÍA LAURA (Titoría)
Tribunal
FERNÁNDEZ REY, JOSÉ (Presidente/a)
Rodríguez Holguín, Socorro (Secretario/a)
MERINO MADRID, HIPOLITO (Vogal)
FERNÁNDEZ REY, JOSÉ (Presidente/a)
Rodríguez Holguín, Socorro (Secretario/a)
MERINO MADRID, HIPOLITO (Vogal)
Influencia da actividade física no autoconcepto físico e a imaxe corporal dos adolescentes e da xuventude.
Autoría
S.B.P.
Grao en Psicoloxía
S.B.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2024 13:00
15.07.2024 13:00
Resumo
O obxectivo principal desta investigación é explorar o tipo de actividade física realizada, así como estudar a relación entre esta, o autoconcepto físico e a imaxe corporal. Participaron 384 mulleres e homes de entre 14 e 22 anos, aos que se lles administrou o International Physical Activity Questionnaire - Short Form (IPAQ-SF), o Cuestionario de Autoconcepto Físico (CAF) e o Body Shape Questionnaire (BSQ-14). Utilizouse un deseño expostfacto prospectivo complexo, analizando os datos mediante correlacións bivariadas de Pearson e probas de comparación de medias (proba t para dúas mostras independentes). Os resultados amosaron que non existe relación entre actividade física e os constructos estudiados para a mostra en xeral; en cambio, para as mulleres e os adolescentes si correlaciona con habilidade física, condición física e forza. Ademais, os participantes realizan con máis frecuencia a camiñata. En canto aos homes, teñen puntuacións superiores en actividade física moderada, camiñata, actividade física total e todas as subescalas do CAF amosando diferenzas significativas en Forza, Autoconcepto físico xeral e Autoconcepto xeral. As mulleres puntúan máis alto e existen diferencias significativas en insatisfacción da imaxe corporal. Respecto a idade, difiren as puntuacións en actividade física para adolescentes e mozos/as. No autoconcepto físico, os adolescentes puntúan mellor en todas as subescalas amosando diferenzas significativas en Habilidade física, Condición física, Atractivo físico, Forza e Autoconcepto físico xeral. Por último, encontráronse maiores puntuacións e diferenzas significativas na insatisfacción corporal por parte dos mozos/as maiores.

Sampedro Vizcaya, María José (Titor do alumno)

TFG_2024_Lucía Fernández Real
Autoría
L.F.R.
Grao en Psicoloxía
L.F.R.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2024 13:00
15.07.2024 13:00
Resumo
O aumento da esperanza de vida incrementou as enfermidades asociadas ao envellecemento. O Deterioro Cognitivo Leve (DCL) é unha condición que se caracteriza por un deterioro cognitivo maior do esperado para a idade da persoa, pero non o suficientemente grave como para interferir significativamente nas actividades diarias. Dada a crecente prevalencia da enfermidade e a súa potencial progresión hacia demencias máis graves, é crucial explorar intervencións innovadoras que podían axudar a manter a función cognitiva. A realidade virtual, unha tecnoloxía avanzada que permite aos usuarios interactuar con entornos virtuais tridimensionais, emerxe como unha nova alternativa neste contexto. Para elo, neste traballo evalúase a efectividade da realidade virtual como intervención para mellorar a memoria en persoas con DCL, a través da revisión de 10 estudios. Aínda que os resultados son variados, a realidade virtual perfílase como unha ferramenta prometedora para abordar os déficits cognitivos asociados ao DCL e potencialmente retrasar a progresión ata formas máis graves de deterioro.

Zurrón Ocio, Montserrat (Titoría)
Zurrón Ocio, Montserrat (Titoría)
Tribunal
Zurrón Ocio, Montserrat (Titor do alumno)

Dificultades no recoñecemento emocional nas persoas coa enfermidade de Parkinson
Autoría
S.G.D.
Grao en Psicoloxía
S.G.D.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2024 13:30
15.07.2024 13:30
Resumo
O Parkinson é unha enfermidade cuxos síntomas máis notables son os síntomas motores. Ao longo da investigación, estes síntomas foron estudados e tratados por diversos autores en profundidade, non obstante, os síntomas non motores, cognitivos, emocionais, etc. parecen atoparse nun segundo plano. O obxectivo deste traballo é realizar unha comparación bibliográfica entre as distintas investigacións para observar se o déficit no recoñecemento das emocións forma parte dos síntomas non motores da enfermidade de Parkinson. Tras presentar os resultados, pódese concluír que, aínda que hai datos que non o corroboran, o que pode deberse ás diferentes metodoloxías empregadas, o recoñecemento emocional vese afectado nas persoas que padecen a enfermidade de Parkinson.

SUAREZ SUAREZ, SAMUEL (Titoría)
SUAREZ SUAREZ, SAMUEL (Titoría)
Tribunal
SUAREZ SUAREZ, SAMUEL (Titor do alumno)
SUAREZ SUAREZ, SAMUEL (Titor do alumno)
Estudo da relación entre o nivel de actividade física realizada, a autoestima e o autoconcepto en xóvenes e adolescentes.
Autoría
M.I.S.
Grao en Psicoloxía
M.I.S.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2024 13:30
15.07.2024 13:30
Resumo
O obxectivo principal desta investigación é a exploración da relación entre o nivel de actividade física realizada, o autococepto físico, a autoestima e as diferenzas existentes entre sexos. No estudo participaron 384 adolescentes e mozos de entre 14 e 22 anos. Para a exploración da autoestima utilizouse a Escala de Autoestima de Rosenberg EAR (Rosenberg, 1965). Para explorar o autoconcepto empregouse o cuestionario CAF: Cuestionario de Autoconcepto Físico (Rodríguez et ao., 2006). Para explorar o nivel de actividade física realizada, utilizouse o IPAQ-SF: Cuestionario Internacional de Actividade Física na súa versión curta (Mantilla e Gómez-Conesa, 2007). Os resultados indican que os adolescentes realizan significativamente máis actividade física que os mozos, teñen unha mellor autoestima e mellor autoconcepto. Doutra banda, as mulleres teñen unha peor autoestima e autoconcepto que os homes, especialmente nas subescalas de Condición Física, Habilidade Física e Forza, a pesar de non existir diferenzas significativas no nivel de actividade física realizado. Por último, aquelas persoas que realizan exercicio en espazos abertos posúen unha mellor autoestima e autoconcepto que aqueles que o practican en espazos pechados. Da mesma forma, a práctica física (especialmente a vigorosa) está relacionada cunha maior autoestima e autoconcepto.

Tempo Cognitivo Lento (TCL): diferencias nas funcións executivas co TDAH
Autoría
M.L.G.
Grao en Psicoloxía
M.L.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
O Tempo Cognitivo Lento (TCL) fai referencia a un conxunto de síntomas que inclúe: fantasía ou soñar esperto, mirada fixa ou perdida, confusión, hipoactividad, preguiza, letargo, apatía e somnolencia. O seu estudo atópase moi relacionado co do TDAH, pois non está claro se se trata dun subtipo de leste ou dunha entidade diagnóstica diferente. Na presente revisión de alcance preténdese analizar a literatura sobre o funcionamento executivo (FE) en persoas con síntomas de TCL, establecendo diferenzas coas persoas con TDAH, para así definir e comprender mellor o constructo de TCL. Para iso, levou a cabo unha revisión de alcance na que se seleccionaron 10 estudos que comparan as FE en ambos os constructos. Os resultados parecen indicar unha deterioración significativamente maior en FE en persoas con TDAH que en persoas con TCL. Así mesmo, as persoas con síntomas de TCL mostraron significativamente peor rendemento en FE que a poboación normativa. Ademais, atendendo aos cinco dominios que constitúen as FE, evidénciase un patrón de deterioración das FE diferente para ambas as entidades, relacionándose o TCL cos dominio do FE Auto-organización e resolución de problemas e Autogestión do tempo, fronte ao patrón de deterioración do TDAH, que afecta a todos os dominios das FE, sendo esa asociación maior en relación aos dominios Automotivación e Autocontrol, dominios cuxo deterioro non se asocia cos síntomas propios do TCL. O dominio Autorregulación emocional lanzou resultados contraditorios.

Como se relacionan a relixiosidade e o afrontamento: efectos e diferenzas entre persoas relixiosas e non relixiosas
Autoría
A.R.F.
Grao en Psicoloxía
A.R.F.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2024 09:30
15.07.2024 09:30
Resumo
O presente estudo ten por obxectivo revisar a literatura existente datada na última década e que aborda a relación entre a relixiosidade, os procesos de afrontamento e os efectos sobre a saúde mental e o benestar. Os principais achados reflicten, na súa meirande parte, notables beneficios dos afiliados relixiosamente en comparación a aqueles non afiliados (en saúde mental, risco de mortalidade e nivel de ideación suicida, entre outros). As principais limitacións do estudo fan referencia á validez externa, non podendo xeneralizar así a maior parte dos achados. Porén, as conclusións dos estudos seleccionados aportan información relevante sobre o tema, reflectindo a necesidade de seguir investigando e abrindo novas liñas de investigación.
O presente estudo ten por obxectivo revisar a literatura existente datada na última década e que aborda a relación entre a relixiosidade, os procesos de afrontamento e os efectos sobre a saúde mental e o benestar. Os principais achados reflicten, na súa meirande parte, notables beneficios dos afiliados relixiosamente en comparación a aqueles non afiliados (en saúde mental, risco de mortalidade e nivel de ideación suicida, entre outros). As principais limitacións do estudo fan referencia á validez externa, non podendo xeneralizar así a maior parte dos achados. Porén, as conclusións dos estudos seleccionados aportan información relevante sobre o tema, reflectindo a necesidade de seguir investigando e abrindo novas liñas de investigación.
Dirección
FERRACES OTERO, MARIA JOSE (Titoría)
FERRACES OTERO, MARIA JOSE (Titoría)
Tribunal
FERRACES OTERO, MARIA JOSE (Titor do alumno)
FERRACES OTERO, MARIA JOSE (Titor do alumno)
Envellecemento e memoria de traballo. Unha revisión de estudos de potenciais evocados cerebrais con tarefas n-back
Autoría
C.M.R.
Grao en Psicoloxía
C.M.R.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2024 10:00
15.07.2024 10:00
Resumo
Co envellecemento prodúcese un declive na memoria de traballo (MT). Para avaliar o efecto do envellecemento na actividade cerebral asociada á MT, varios estudos empregan a técnica de potenciais evocados (PE). No presente Traballo de Fin de Grado realizouse unha revisión de 11 estudos de PE que avaliaron os efectos do envellecemento nos compoñentes N2 e P3 (asociados, respectivamente, coa avaliación e categorización de estímulos na MT), rexistrados ante os estímulos obxectivo dunha tarefa n-back, comparando adultos sans de diferentes grupos de idade (novos, mediana idade, maiores). Os obxectivos foron coñecer: as características dos estudos, os cambios asociados ao envellecemento na execución e nos parámetros (amplitude e latencia) de N2 e P3, e a interpretación dos resultados. Os adultos maiores e de mediana idade presentaron, respecto dos novos, un maior tempo de reacción (TR), con independencia da carga de información en memoria de traballo. Por outra parte, na tarefa 2-back, o número de respostas correctas foi menor nos maiores que nos novos, si ben os maiores con alto rendemento non amosaron diferencias significativas respecto aos novos de baixo rendemento, e ámbolos dous grupos amosaron mellor execución que os maiores de baixo rendemento. Os efectos do envellecemento en N2 non foron consistentes. Sin embargo, en localizacións parietais, a amplitude de P3 foi menor e a latencia maior nos adultos maiores e de mediana idade que nos novos. A maior latencia relacionouse cun enlentecemento na categorización dos estímulos, e a menor amplitude cun declive nos xeradores neurais posteriores deste compoñente. Os maiores, especialmente aqueles con alto rendemento, parecen recrutar recursos frontais como mecanismo compensatorio para realizar a tarefa, amosando unha distribución de P3 máis anterior.

LINDIN NOVO, MONICA (Titoría)
LINDIN NOVO, MONICA (Titoría)
Tribunal
LINDIN NOVO, MONICA (Titor do alumno)
LINDIN NOVO, MONICA (Titor do alumno)
Autoeficacia: factor de riesgo o de protección en situaciones de bullying
Autoría
C.O.G.
Grao en Psicoloxía
C.O.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2024 10:00
15.07.2024 10:00
Resumo
A autoeficacia, que é a crenza na propia capacidade e coñecemento para manexar situacións, inflúe de maneira significativa no bullying. O obxectivo desta revisión sistematizada é afondar na comprensión do papel que xoga a autoeficacia como factor de risco ou de protección en contextos de bullying. Para alcanzar este obxectivo, realizouse unha procura nas bases de datos: WOS, PsycINFO e PubMed seleccionando un total de 16 estudos publicados entre os anos 2013 e 2023. Como resultado destacado, atopamos correlacións negativas (pero significativas) en autoeficacia xeral, social, en conflitos sociais, emocional e académica para a vítima e autoeficacia para defender, social e en conflitos sociais para o espectador. Algúns estudos indícannos unha falta de relación co agresor e correlacións positivas para o espectador-defensor. Atopamos, tamén, algunhas variables que parecen mellorar esta relación, como a relación alumno-profesor, mentres que outras, como o xénero, non parecen ter ningún efecto. Finalmente, concluíuse que a autoeficacia funciona como un factor de protección tanto para a vítima como para o espectador e o espectador-defensor. As persoas con alta autoeficacia non só manexan mellor o acoso mediante o uso de habilidades sociais e resolución de problemas, senón que tamén mostran unha maior disposición para intervir e defender a outros. Non hai moitos estudos que investiguen a relación entre autoeficacia e agresor, polo que nos parece necesario seguir investigando nesta liña.

Problemas de memoria na condición post COVID-19: unha revisión sistemática
Autoría
A.N.G.
Grao en Psicoloxía
A.N.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 10:00
09.07.2024 10:00
Resumo
Na condición post COVID-19 son comúns as queixas de memoria. Con todo, o coñecemento sobre estes problemas e os factores que inflúen no seu desenvolvemento é limitado. O obxectivo desta revisión sistemática é determinar o funcionamento dos diferentes sistemas de memoria, polo menos 12 semanas despois da fase aguda do COVID; coñecer a relación coas queixas subxectivas; examinar o papel do sexo; e determinar o test máis sensibles a estes déficits. Incluíronse estudos publicados desde xaneiro do 2020 a decembro de 2023. A procura realizouse en PubMed e PsycInfo. Dos 399 estudos identificados, analizáronse 15 artigos. Os sistemas de memoria afectados foron a memoria de traballo e a memoria episódica, tanto para estímulos verbais como visuais. O test máis sensibles foron o test de Díxitos, a Figura Complexa de Rey e o Test de Aprendizaxe Auditivo Verbal de Rey. Necesítanse máis estudos sobre o papel do sexo nos síntomas da condición post COVID-19 e sobre a relación entre as queixas subxectivas e o rendemento obxectivo.
Na condición post COVID-19 son comúns as queixas de memoria. Con todo, o coñecemento sobre estes problemas e os factores que inflúen no seu desenvolvemento é limitado. O obxectivo desta revisión sistemática é determinar o funcionamento dos diferentes sistemas de memoria, polo menos 12 semanas despois da fase aguda do COVID; coñecer a relación coas queixas subxectivas; examinar o papel do sexo; e determinar o test máis sensibles a estes déficits. Incluíronse estudos publicados desde xaneiro do 2020 a decembro de 2023. A procura realizouse en PubMed e PsycInfo. Dos 399 estudos identificados, analizáronse 15 artigos. Os sistemas de memoria afectados foron a memoria de traballo e a memoria episódica, tanto para estímulos verbais como visuais. O test máis sensibles foron o test de Díxitos, a Figura Complexa de Rey e o Test de Aprendizaxe Auditivo Verbal de Rey. Necesítanse máis estudos sobre o papel do sexo nos síntomas da condición post COVID-19 e sobre a relación entre as queixas subxectivas e o rendemento obxectivo.
Dirección
CORRAL VARELA, MARIA MONTSERRAT (Titoría)
CORRAL VARELA, MARIA MONTSERRAT (Titoría)
Tribunal
FERNÁNDEZ REY, JOSÉ (Presidente/a)
Rodríguez Holguín, Socorro (Secretario/a)
MERINO MADRID, HIPOLITO (Vogal)
FERNÁNDEZ REY, JOSÉ (Presidente/a)
Rodríguez Holguín, Socorro (Secretario/a)
MERINO MADRID, HIPOLITO (Vogal)
Relación entre Bullying e Condutas Autolíticas na Adolescencia: Unha Revisión Sistemática
Autoría
V.S.C.
Grao en Psicoloxía
V.S.C.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 10:00
09.07.2024 10:00
Resumo
O bullying é un conxunto de actos repetidos de agresión interpersoal con desequilibrio de poder que pode manifestarse de diferentes formas (agresión verbal, agresión física etc.). A gravidade do bullying na adolescencia levou a unha atención crecente cara aos seus efectos na saúde mental dos mozos e as posibilidades de autolesión para mitigar o malestar que este produce neles. O presente traballo examina a relación entre o bullying e a autolesión na adolescencia mediante unha revisión sistemática da literatura. Analizáronse 17 artigos científicos que involucraron a unha mostra total de 50,651 adolescentes. Os resultados revelaron unha asociación significativa entre a victimización por acoso e as condutas autolíticas, tanto para as vítimas como para os perpetradores de acoso. Ademais, atopouse que os síntomas depresivos e de ansiedade actuaban como moderadores nesta relación, mentres que o apoio percibido de pais, mestres e compañeiros emerxía como un factor protector clave. Estes achados resaltan a importancia de abordar tanto o acoso escolar como as condutas autolíticas nun enfoque integral de saúde mental na adolescencia.

Experiencia do turista responsable: turismo consciente
Autoría
A.C.P.
Grao en Psicoloxía
A.C.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 10:00
09.07.2024 10:00
Resumo
O turismo consciente é un concepto que evoluciona do turismo sostible, entendéndose como aquel que está ligado ao turismo autocrítico, responsable e reflexivo, respectuoso co medioambiente e coa comunidade local. De aquí, nace a importancia da sustentabilidade da práctica turística e dos nosos comportamentos proambientais tanto antes, como durante e despois de viaxar. O obxectivo principal da presente investigación empírica é comprobar o nivel de concienciación e responsabilidade ambiental e social nos turistas da provincia da Coruña. Para alcanzar este obxectivo, recóllese a través de redes sociais (principalmente Whatsapp e Instagram), unha mostra poboacional cos requisitos de que sexan maiores de idade e residan na provincia. Para levar a cabo este estudo, realizouse unha investigación de tipo exploratoria-descritiva baseada nunha metodoloxía cuantitativa, coa aplicación dunha enquisa deseñada para ese efecto. Posteriormente, realizáronse análises estatísticas mediante o software SPSS para a obtención de resultados. En xeral, estes determinan que, a día de hoxe, a poboación móstrase bastante indiferente respecto ao turismo consciente. Con todo, tamén evidencian que se é máis consciente durante a viaxe, onde destacan actitudes máis proambientais e prosociais, así como que as mulleres parecen mostrar maiores porcentaxes de nivel de concienciación. A pesar dos avances, non debemos esquecer certas limitacións e futuras indicacións que se deben ter en conta para seguir mellorando como turistas responsables.

RIAL BOUBETA, ANTONIO (Presidente/a)
SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE (Secretario/a)
Rodríguez Salgado, Dolores (Vogal)

Trastorno de Xogo por Internet e síntomas de inatención e hiperactividade en poboación adolescente: unha revisión bibliográfica.
Autoría
P.C.N.
Grao en Psicoloxía
P.C.N.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 10:00
09.07.2024 10:00
Resumo
O Trastorno de Xogo por Internet (TXI) caracterízase por un uso excesivo de videoxogos, que provoca un gran malestar e interfire de forma significativa nos diferentes ámbitos da vida do individuo. A prevalencia de dito trastorno é maior en idades temperás, cun risco elevado na adolescencia. Así mesmo, os síntomas de falta de atención e hiperactividade móstranse comunmente asociados ao TXI. Por iso, o obxectivo da revisión bibliográfica baséase en examinar a literatura recente sobre a relación entre o Trastorno de Xogo por Internet en adolescentes e os síntomas característicos do TDAH. Para iso, realizouse unha busca bibliográfica nas bases de datos Web of Science e PsycInfo. Do total de 569 estudos, seleccionáronse 14, nos cales se investiga a asociación entre o TXI e os síntomas de TDAH en poboación adolescente. Os resultados mostran unha elevada comorbilidade entre o TXI e o TDAH en adolescentes. Ademais, algúns estudos mostran como o TXI predí a sintomatoloxía de falta de atención e hiperactividade, mentres que outros atopan a relación inversa, sendo que os síntomas de TDAH predín a aparición do TXI. Deste xeito, os estudos suxiren a posible existencia dunha relación bidireccional entre o Trastorno de Xogo por Internet (TXI) e os síntomas de falta de atención e hiperactividade, característicos do TDAH, en poboación adolescente. Así, xorde a necesidade de realizar investigacións futuras con estudos lonxitudinais, co fin de comprender a natureza de dita asociación.

MARTINEZ VISPO, CARMELA (Titoría)
MARTINEZ VISPO, CARMELA (Titoría)
Tribunal
RIAL BOUBETA, ANTONIO (Presidente/a)
SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE (Secretario/a)
Rodríguez Salgado, Dolores (Vogal)
RIAL BOUBETA, ANTONIO (Presidente/a)
SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE (Secretario/a)
Rodríguez Salgado, Dolores (Vogal)
Prevención universal de problemas internalizantes no contexto escolar: unha revisión bibliográfica.
Autoría
I.C.G.
Grao en Psicoloxía
I.C.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 10:00
09.07.2024 10:00
Resumo
A presenza de problemas psicopatolóxicos en poboación infanto-xuvenil aumentou nos últimos anos, situando a España como o país europeo ca tasa de prevalecencia máis elevada. Os problemas internalizantes experimentados durante a infancia non só afectan a diversas áreas nesta etapa, senón que, con frecuencia, conlevan consecuencias negativas na adolescencia e na adultez. Nas últimas decadas, introducíronse no ámbito escolar diversos programas preventivos universais que actúan sobre as dificultades emocionais dos alumnos. Así, o obxectivo deste traballo é avaliar a eficacia deses programas tanto a curto como a longo prazo, así como determinar cales son os compoñentes que distinguen unhas intervencións doutras. Para iso, levouse a cabo a revisión sistemática de 14 artigos seleccionados nas bases de datos PsycINFO, Scopus e Web Of Science. Estes decriben os efectos atopados en nenos de entre 3 e 12 anos pertencentes a diferentes países do mundo, tras a súa participación nun programa escolar. O análisis dos resultados expuxo que, actualmente, sí existen intervencións preventivas eficaces levadas a cabo na escola. Non obstante, mentres que a evidencia respalda o impacto do programa inmediatamente despois da súa implementación, os resultados sobre o seu mantemento no tempo son aínda inconsistentes. A revisión dos estudos tamén permitiu establecer que un dos compoñentes que predí a eficacia do programa é a calidade do proceso de implementación. En conclusión, os achados neste campo respaldan a utilidade dos programas de prevención universal que actúan sobre os problemas internalizantes e a necesidade de que futuras investigacións aborden as limitacións actuais no ámbito escolar.

Romero Triñanes, Estrella (Titoría)
PIÑEIRO DOSIL, SARA Cotitoría
Romero Triñanes, Estrella (Titoría)
PIÑEIRO DOSIL, SARA Cotitoría
Tribunal
RIAL BOUBETA, ANTONIO (Presidente/a)
SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE (Secretario/a)
Rodríguez Salgado, Dolores (Vogal)
RIAL BOUBETA, ANTONIO (Presidente/a)
SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE (Secretario/a)
Rodríguez Salgado, Dolores (Vogal)
Redes sociais e cigarros electrónicos en adolescentes
Autoría
S.T.P.
Grao en Psicoloxía
S.T.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 10:00
09.07.2024 10:00
Resumo
A adolescencia é unha etapa caracterizada por multitude de cambios, na que se establecen novos patróns comportamentais coa finalidade de expresar, socializar e encontrar unha identidade propia. Hoxe en día, están en crecente auxe comportamentos como o uso de redes sociais (RRSS) e o consumo de cigarros electrónicos por parte da xuventude. O obxectivo deste traballo é realizar unha revisión bibliográfica acerca da relación entre RRSS e uso de cigarros electrónicos en poboación adolescente. Para isto, realizouse unha busca sistematizada coa que se seleccionaron 24 artigos que foron revisados para o presente traballo. Os resultados apuntan a que unha maior frecuencia de uso de RRSS se relaciona con maiores probabilidades de uso posterior de cigarros electrónicos, existindo, certas condutas realizadas en RRSS que aumentan dita probabilidade. Outros estudos apuntan á influencia do marketing de cigarros electrónicos en RRSS nas actitudes e intención de uso destes produtos por parte de adolescentes e á existencia de variables persoais que modulan a relación entre RRSS e cigarros electrónicos. Por último, un menor número de estudios sinalan o papel preventivo que poderían ter as RRSS no consumo de cigarros electrónicos.

O adolescente conectado: o papel das redes sociais na impulsividade
Autoría
L.A.G.
Grao en Psicoloxía
L.A.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 10:00
09.07.2024 10:00
Resumo
Esta revisión bibliográfica recolle un total de quince artigos sobre ou efecto do uso problemático das redes sociais sobre a impulsividade nos adolescentes. A literatura mostra unha relación entre ambas as e un posible impacto sobre ou desenvolvemento dás funcións executivas na adolescencia. Ou obxectivo deste traballo é presentar vos resultados das últimas investigacións experimentais neste campo e ilustrar as consecuencias sociais e terapéuticas que dan lugar a estas achegas. Vos resultados apuntan cara a unha relación entre ou uso excesivo de pantallas, internet e redes sociais cunha peor execución en tarefas que implican ou uso de funcións executivas, sinalando unha maior procura de recompensa e unha peor inhibición. Ademais, móstranse outras consecuencias como unha peor regulación emocional, maior sintomatoloxía ansiosa e depresiva, e unha execución deficiente en relación as outras funcións executivas e estratexias de resolución de problemas. Lestes resultados poñen en substitución unha causa de preocupación en canto ao uso das pantallas non regulado durante etapas formativas como a infancia e a adolescencia. Neste traballo recóllense, tamén, estudos que sinalan as áreas cerebrais que mostran maior relevancia nas investigacións. Non seu conxunto, abórdase este tema desde unha perspectiva neuropsicolóxica e busca brindar un resumo sobre ou impacto das redes sobre a capacidade de inhibición nos adolescentes de hoxe.

Lojo Seoane, Cristina (Presidente/a)
VAZQUEZ GONZALEZ, FERNANDO LINO (Secretario/a)
Díaz Fernández, Fernando (Vogal)

O fenómeno phubbing: efectos sobre o benestar psicolóxico e o comportamento social na adolescencia.
Autoría
D.C.M.
Grao en Psicoloxía
D.C.M.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 10:00
09.07.2024 10:00
Resumo
O concepto de phubbing fai referencia ao acto de ignorar a un interlocutor presente para atender o teléfono móbil. A normalización desta conduta podería considerarse xa un fenómeno en si mesmo, que parece ter consecuencias sobre o benestar psicolóxico e relacional das persoas, o cal pode verse intensificado nunha etapa como a adolescencia. Diversos autores sitúan a prevalencia do phubbing na adolescencia arredor do 49%, polo que se fai evidente a necesidade de profundizar neste fenómeno. O obxectivo principal deste traballo é explorar as consecuencias do fenómeno phubbing sobre o benestar psicolóxico e comportamental dos adolescentes, levando a cabo unha revisión da bibliografía referente a este ámbito. Co emprego de diferentes bases de datos, obtivéronse resultados que relacionan o phubbing con variables tales como a depresión, a ansiedade, a calidade das relacións de amizade e incluso os sentimentos de soidade. O presente traballo de revisión bibliográfica permite unha visión da importancia de levar a cabo un estudo máis exhaustivo das implicacións que o phubbing, xunto a outras condutas relacionadas coas novas tecnoloxías, pode ter no benestar da poboación adolescente, podendo valorarse a necesidade de implementar medidas de prevención que protexan ás e aos adolescentes dos efectos negativos sobre o seu benestar.

MERINO MADRID, HIPOLITO (Titoría)
MERINO MADRID, HIPOLITO (Titoría)
Tribunal
Lojo Seoane, Cristina (Presidente/a)
VAZQUEZ GONZALEZ, FERNANDO LINO (Secretario/a)
Díaz Fernández, Fernando (Vogal)
Lojo Seoane, Cristina (Presidente/a)
VAZQUEZ GONZALEZ, FERNANDO LINO (Secretario/a)
Díaz Fernández, Fernando (Vogal)
A reserva cognitiva nas persoas con queixas subxectivas cognitivas: Influencia na percepción das queixas e o rendemento cognitivo.
Autoría
M.V.D.
Grao en Psicoloxía
M.V.D.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2024 10:30
15.07.2024 10:30
Resumo
O obxectivo principal desta revisión sistemática reside no estudo da relación entre a reserva cognitiva (RC) e a percepción das queixas cognitivas en persoas con queixas subxectivas cognitivas (QSC), así como o seu impacto no rendemento cognitivo e na súa progresión nas persoas con QSC dunha idade avanzada. Os principais resultados indican que a RC ten unha influencia significativa na percepción das QSC e no rendemento cognitivo. A revisión inclúe 23 estudos que cumpriron cos criterios de inclusión, despois de eliminar duplicados e estudos non pertinentes que non cumprían os criterios de inclusión. A análise dos estudos revelou que un maior nivel de RC soe estar asociado cun menor número de QSC e unha maior capacidade para detectar e compensar o deterioro cognitivo. Ademais, unha alta RC tamén se vincula cun mellor rendemento cognitivo e a unha progresión máis lenta. A RC actúa como un factor de protección contra o deterioro cognitivo, o que suxire a importancia de desenvolver avaliacións que teñan en conta a RC e intervencións preventivas e terapéuticas centradas na súa potenciación, para tratar de mellorar a calidade de vida das persoas maiores e previr ou retardar a aparición de trastornos cognitivos como a demencia.

Envellecemento e inhibición: unha revisión de estudos de potenciais evocados con tareas Go/NoGo.
Autoría
N.Z.M.
Grao en Psicoloxía
N.Z.M.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2024 10:30
15.07.2024 10:30
Resumo
Para avaliar o efecto do envellecemento na actividade cerebral asociada á inhibición, algúns estudos empregan a técnica dos potenciais evocados (PE). No presente traballo realizouse unha revisión de once estudos de PE, publicados nos últimos quince anos, que avaliaron o efecto do envellecemento na actividade eléctrica cerebral rexistrada durante tareas Go/NoGo. O obxectivo principal foi coñecer os cambios asociados ao envellecemento na execución e nos PE rexistrados ante estímulos aos que hai que responder (componentes N2-Go e P3-Go) e ante estímulos que requiren inhibición da resposta (componentes N2-NoGo e P3-NoGo). Todos os estudos observaron un TR maior nos adultos maiores que nos adultos de mediana idade ou os xóvenes. Sen embargo, os resultados foron máis inconsistentes para a tasa de acertos e errores; en varios estudos os adultos maiores mostraron peor execución, pero noutros non se obtiveron diferenzas significativas asociadas á idade. Os resultados para latencias de N2-Go, P3-Go e N2-NoGo e as amplitudes de N2-Go e P3-Go foron inconsistentes. Sen embargo, a maioría dos estudos observaron que: (1) a amplitude de N2-NoGo foi menor e a latencia de P3-NoGo maior nos maiores que nos xóvenes, o que foi asociado cun declive na inhibición nos maiores, e (2) a amplitude de P3-NoGo foi maior nos maiores que nos xóvenes, o que foi considerado reflexo dun mecanismo compensatorio nos maiores para manter un rendimento adoitado na tarea.

Heurísticos e sesgos cognitivos en inferencia humana: o razoamento médico
Autoría
A.G.C.
Grao en Psicoloxía
A.G.C.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2024 11:00
15.07.2024 11:00
Resumo
Unha porcentaxe significativa de erros médicos parece ter a súa orixe en factores cognitivos, relacionados coa utilización non consciente de estratexias non lóxicas ou heurísticos. Con frecuencia, estes atallos empréganse para razoar ou tomar decisións, tanto na vida cotiá como en contextos profesionais, como o ámbito clínico. Dado que se trata de mecanismos non formais, os heurísticos poden levar ás persoas para cometer sesgos ou erros. Este traballo é unha revisión bibliográfica centrada na análise dos heurísticos máis frecuentes cometidos por parte dos médicos, principalmente cando teñen que facer un diagnóstico clínico. Tamén examina as estratexias máis comúns utilizadas para reducir estes sesgos (estratexias des sesgo), enfocándose na toma de decisións diagnósticas. Tomando como marco teórico de referencia a teoría do dobre proceso, que distingue entre os sistemas de pensamento tipo 1 (rápido e intuitivo) e tipo 2 (lento e deliberado), esta revisión explora os heurísticos máis comúns no campo médico, así como a súa conexión cos erros diagnósticos. Os artigos revisados proporcionan unha visión xeral do uso de heurísticos por parte dos médicos na súa práctica clínica cotiá, cumprindo co obxectivo central deste estudo. Entre os resultados destacados, atopouse que o heurístico de dispoñibilidade, baseado na facilidade coa que veñen á mente exemplos de diagnósticos recentes, é un dos máis empregados e está asociado a erros diagnósticos. Con todo, o papel da experiencia médica e do razoamento reflexivo na susceptibilidade a este heurístico non está claro. O que si é evidente é que as intervencións dirixidas a mellorar o coñecemento especifico dos médicos sobre as enfermidades demostraron ser efectivas. Isto suxire que debería poñerse máis énfase neste tipo de intervencións, xa que poderían diminuír o heurístico de dispoñibilidade e, polo tanto, os erros nos diagnósticos.

MARTIN RAJO, MONTSERRAT (Titoría)
MARTIN RAJO, MONTSERRAT (Titoría)
Tribunal
MARTIN RAJO, MONTSERRAT (Titor do alumno)

Máis alá das Barreiras Sociais. Unha Revisión Bibliográfica sobre Autoeficacia e Rendemento Académico en Estudantado en Situación de Exclusión Social
Autoría
S.S.V.
Grao en Psicoloxía
S.S.V.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2024 11:00
15.07.2024 11:00
Resumo
A exclusión social defínese como a carencia de oportunidades para participar na vida económica, social e cultural. Durante a adolescencia, este risco é especialmente alto para mozos de minorías étnicas, raciais ou culturais, de orixe migratoria, en contornas desfavorecidas ou con baixos ingresos. No contexto educativo, adoitan presentar dificultades no proceso de aprendizaxe, influenciadas en parte pola súa percepción de autoeficacia, definida como a crenza nas propias habilidades e competencias para levar a cabo actividades específicas. O presente estudo ten como obxectivo principal afondar na autoeficacia académica deste grupo e examinar a súa influencia no rendemento escolar. Ademais, preténdese identificar as variables que inflúen na relación entre a autoeficacia académica e o desempeño académico destes mozos. Para isto, levouse a cabo unha revisión bibliográfica utilizando bases de datos como PsycInfo, ERIC e Pubmed, seleccionando un total de doce estudos publicados entre 2012 e 2022. Os resultados evidencian que a exclusión social constitúe un factor de risco significativo para a autoeficacia académica e o rendemento académico. Así mesmo, atopouse unha asociación positiva entre o rendemento académico e a autoeficacia percibida. Por último, constatouse o impacto de diversos elementos sobre a autoeficacia e o rendemento académico, tales como factores socioeconómicos e motivacionais, persuasión social e verbal, experiencias de dominio, asistencia escolar, logro previo, estado psicolóxico da familia, actitudes, autoconcepto académico e apoio familiar. En conclusión, é crucial continuar investigando neste ámbito para desenvolver estratexias educativas que fortalezan a autoeficacia e o rendemento académico do alumnado vulnerable, co obxectivo de mitigar as disparidades educativas e sociais existentes na actualidade.

O Feminismo Radical Trans-Excluínte: unha revisión sistemática
Autoría
M.J.S.
Grao en Psicoloxía
M.J.S.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2024 11:30
15.07.2024 11:30
Resumo
O Feminismo Radical Trans-Excluínte (TERF) é unha tendencia ideolóxica que se atopa en auxe na actualidade. As súas implicacións a nivel social adquiren cada vez maior relevancia e producen un impacto na percepción das persoas transxénero (trans) por parte da sociedade. Por tanto, o obxectivo desta revisión sistemática é examinar a bibliografía científica existente sobre o movemento TERF, un campo de investigación en cernes. Para a realización do traballo analizáronse exhaustivamente 19 artigos seleccionados, cos que se logrou comprender mellor o discurso e as implicacións desta corrente do feminismo. Os artigos foron seleccionados a través das bases de datos PsycInfo, Web of Science e Scopus, priorizando unha metodoloxía empírica. Os resultados indican que este movemento susténtase no esencialismo biolóxico para definir o xénero e percibe un risco para as mulleres cisxénero na forma na que se desenvolven as leis polos dereitos das persoas trans. Doutra banda, atopouse que os debates en liña caracterízanse por mensaxes de odio, contido emocional e reafirmación das propias crenzas. Por último, a variables apertura á experiencia, actitudes e identidade feminista son predictores inversos da transfobia, mentres que un framing feminista trans-excluínte chega a posicionar ás persoas en contra de leis pro-trans. En conclusión, esta revisión sistemática proporciona unha visión integral do estado actual da investigación sobre a corrente TERF, que deben ser tidas en consideración #ante as tendencias sociais actuais.

ALZATE GARCIA, MONICA (Titoría)
ALZATE GARCIA, MONICA (Titoría)
Tribunal
ALZATE GARCIA, MONICA (Titor do alumno)
ALZATE GARCIA, MONICA (Titor do alumno)
A aplicación da psicoloxía positiva para o tratamento da depresión (TDM)
Autoría
R.R.J.D.S.
Grao en Psicoloxía
R.R.J.D.S.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2024 11:30
15.07.2024 11:30
Resumo
Nesta revisión sistemática preténdese determinar e avaliar se a psicoloxía positiva é efectiva para o tratamento do trastorno depresivo maior (TDM) en adultos maiores de 18 anos. Para realizar o estudo, levouse a cabo unha procura exhaustiva en tres basees de datos: Scopus, Psyinfo e WOS. A partir dos resultados achados, establecéronse certos criterios de inclusión para limitar os resultados; por exemplo, estudos publicados nos últimos 10 anos e que fosen ensaios controlados aleatorizados nos que se avaliasen abordaxes de psicoloxía positiva en persoas maiores de 18 anos. Os resultados desta revisión indican que certas intervencións da psicoloxía positiva (terapia de gratitude, exercicio de optimismo, intervencións baseadas nas fortalezas) resultan ter efectos significativos para a redución dos síntomas depresivos e mesmo melloran outros aspectos, como o benestar subxectivo. Con todo, existen certas limitacións que mostran a necesidade de seguir estudando acerca da implementación da psicoloxía positiva como alternativa ou apoio aos tratamentos tradicionais para a depresión. Aínda así se destaca un bo prognóstico para a psicoloxía positiva como ferramenta que podería axudar á abordaxe da depresión.

Prevención do abuso sexual no ámbito socioeducativo
Autoría
S.B.K.M.
Grao en Psicoloxía
S.B.K.M.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2024 12:00
15.07.2024 12:00
Resumo
O abuso sexual infantil (ASI) constitúe un problema de saúde pública a nivel mundial. De feito, a Organización Mundial da Saúde (OMS, 2024) estima que esta forma de abuso afecta ao 7.6% dos nenos e ao 18% das nenas antes de cumplir os 18 años. Así, esta revisión sistemática ten como obxectivo analizar a literatura recente (últimos 5 años) sobre prevención do ASI no ámbito socioeducativo para identificar os programas ou estratexias existentes e indagar sobre cales teñen unha maior eficacia para dito fin. Con ese propósito, levouse a cabo unha búsqueda exhaustiva en seis bases de datos e, tras revisar os resultados obtidos, analizáronse once artigos. Así, a maioría dos programas mostráronse eficaces par mellorar o coñecemento, as habilidades e/ou a actitude relacionada con este tipo de abuso; manténdose en numerosas ocasións ditas ganancias más medidas de seguemento. Ademais, os autores proporcionaron información acerca dos compoñentes vinculados a mellores resultados, destacando a duración longa dos programas, as sesións curtas e un maior número destas; así como a adaptación do programa, a exposición repetida a este, o uso do modelo de formador de formadores, os métodos interactivos e o uso das mensaxes positivas. Tamén resaltaron a importancia de abordar as habilidades socioemocionales e de ensinar a diferenciar situacións seguras e inseguras. A pesar de todo o anterior, non se atoparon estudos que relacionen de maneira directa a aplicación de programas de prevención e os efectos na prevalencia do ASI, vinculándose únicamente cos indicadores secundarios previamente mencionados y, en algunhas ocasións, cas revelacións realizadas.

DURAN RODRIGUEZ, MARIA DEL MAR (Titor do alumno)

Impacto Psicolóxico nos pacientes con Poliquistose Renal: unha revisión sistemática
Autoría
I.L.F.
Grao en Psicoloxía
I.L.F.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2024 12:00
15.07.2024 12:00
Resumo
A Poliquistose Renal é unha enfermidade que afecta principalmente aos riles, producindo a formación de quistes e impedindo a súa labor de filtrado. Así pois, provoca un deterioro e un impacto físico e psicolóxico nos pacientes que a sofren. Polo tanto, o obxectivo deste traballo é coñecer o impacto psicolóxico do diagnóstico desta enfermidade nos pacientes en función da calidade de vida, da ansiedade e da depresión. Para iso, levouse a cabo unha revisión sistemática da literatura, sen establecer límite temporal, obtendo, tras verificar os criterios de inclusión e exclusión, 10 artigos en total, Nos resultados, hai diferenzas significativas nos compoñentes físicos e mentais da calidade de vida, e tamén unha relación entre a progresión da enfermidade e a diminución da calidade de vida, con diferenzas entre os diferentes estadíos da enfermidade. E ademais, a ansiedade e a depresión son aspectos importantes a ter en conta no coidado dos pacientes con Poliquistose Renal, onde a afectación tamén depende doutros factores sociodemográficos e clínicos. Así pois, o impacto psicolóxico nos pacientes con Poliquistose Renal radica en: a calidade de vida, afectada tanto nos compoñentes físicos como psicolóxicos (os físicos en maior medida); ansiedade e depresión, comúns en pacientes con Poliquistose Renal, presentes en máis da metade dos pacientes; e a correlación entre a progresión da enfermidade e a calidade de vida nos pacientes. Polo tanto, o impacto psicolóxico é un aspecto fundamental a ter en conta, e abordar as necesidades emocionais e psicolóxicas dos pacientes pode contribuír a mellorar a súa calidade de vida e a súa resposta ao tratamento.

Vazquez Rodriguez, Maria Isabel (Titoría)
Vazquez Rodriguez, Maria Isabel (Titoría)
Tribunal
Vazquez Rodriguez, Maria Isabel (Titor do alumno)

O papel da Intolerancia á Incertidume no Trastorno de Ansiedade Xeneralizada en poboación infanto-xuvenil
Autoría
A.G.R.
Grao en Psicoloxía
A.G.R.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
10.09.2024 10:30
10.09.2024 10:30
Resumo
A Intolerancia á Incertidume (II) é unha disposición cognitiva que, segundo as investigacións realizadas en poboación adulta, predí o desenvolvemento do Trastorno de Ansiedade Xeneralizada (TAG). Obxectivos: Coñecer o impacto da II no desenvolvemento de TAG na poboación infanto-xuvenil, e determinar se esta variable é tan significativa para o TAG nesta poboación como o é nos adultos. Método: Levouse a cabo unha procura bibliográfica nas bases de datos PsycInfo, Web of Science, Iacobus e Medline de estudos publicados entre o 2008 e o 2024, nos que se avalía a influencia da II na preocupación e no TAG en poboación infanto-xuvenil. Resultados: A maior parte dos estudos suxiren que a II é unha variable significativa á hora de predicir o TAG en mostras de nenos e adolescentes. Algúns estudos apuntaron á natureza transdiagnóstica do construto. Observáronse patróns de influencia contraditorios e diferentes tendo en conta variables como o xénero, a idade, o estado clínico da mostra, a asociación diferencial das dúas dimensións de II (inhibitoria e prospectiva) e a variable parental. Conclusións: A II é relevante para predicir o TAG nesta poboación, pero o patrón de influencia debe ser adaptado tendo en conta a influencia doutras variables moderadoras.
A Intolerancia á Incertidume (II) é unha disposición cognitiva que, segundo as investigacións realizadas en poboación adulta, predí o desenvolvemento do Trastorno de Ansiedade Xeneralizada (TAG). Obxectivos: Coñecer o impacto da II no desenvolvemento de TAG na poboación infanto-xuvenil, e determinar se esta variable é tan significativa para o TAG nesta poboación como o é nos adultos. Método: Levouse a cabo unha procura bibliográfica nas bases de datos PsycInfo, Web of Science, Iacobus e Medline de estudos publicados entre o 2008 e o 2024, nos que se avalía a influencia da II na preocupación e no TAG en poboación infanto-xuvenil. Resultados: A maior parte dos estudos suxiren que a II é unha variable significativa á hora de predicir o TAG en mostras de nenos e adolescentes. Algúns estudos apuntaron á natureza transdiagnóstica do construto. Observáronse patróns de influencia contraditorios e diferentes tendo en conta variables como o xénero, a idade, o estado clínico da mostra, a asociación diferencial das dúas dimensións de II (inhibitoria e prospectiva) e a variable parental. Conclusións: A II é relevante para predicir o TAG nesta poboación, pero o patrón de influencia debe ser adaptado tendo en conta a influencia doutras variables moderadoras.
Dirección
MERINO MADRID, HIPOLITO (Titoría)
MERINO MADRID, HIPOLITO (Titoría)
Tribunal
Vazquez Rodriguez, Maria Isabel (Presidente/a)
FRAGA CAROU, ISABEL (Secretario/a)
FERRACES OTERO, MARIA JOSE (Vogal)
Vazquez Rodriguez, Maria Isabel (Presidente/a)
FRAGA CAROU, ISABEL (Secretario/a)
FERRACES OTERO, MARIA JOSE (Vogal)
Heurísticos e sesgos no ámbito clínico
Autoría
N.M.M.
Grao en Psicoloxía
N.M.M.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
10.09.2024 10:30
10.09.2024 10:30
Resumo
Os heurísticos son estratexias cognitivas que poden levar ás persoas a cometer erros sistemáticos coñecidos como sesgos. Dado que as persoas úsanos no seu día a día sen ser conscientes, resulta de gran interese analizar que papel cumpren exactamente. O obxectivo principal deste traballo é revisar a literatura existente achega do desempeño dos rumbos e heurísticos no ámbito clínico, analizando como afectan o razoamento e á toma de decisións dos profesionais sanitarios. Por iso, realizouse unha procura de artigos, documentos e estudos publicados entre 2013 e 2023 sobre razoamento e toma de decisións na área clínica, ben de investigación, ou ben de revisión. A análise dos estudos revisados mostrou que, na súa maioría, os heurísticos forman parte do día a día do persoal sanitario, proporcionando un método rápido e frecuentemente eficaz de resolver problemas cotiáns, aínda que se confirmou que os heurísticos tamén poden conducir a sesgos. Por outra banda, atopáronse algunhas limitacións, como o feito de que os resultados proveñen de situacións simuladas e de que os estudos contaban cunha cantidade de suxeitos insuficiente para poder extrapolar os datos á poboación real. Finalmente, esta revisión supuxo unha oportunidade para identificar as áreas máis e menos investigadas en relación ao tema de estudo, así como os desafíos e as limitacións aos que se debe facer fronte.

A inhibicion de FAAH e as condutas de ansiedade preclinicas
Autoría
C.V.G.
Grao en Psicoloxía
C.V.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
10.09.2024 12:00
10.09.2024 12:00
Resumo
Los trastornos de ansiedad son los problemas de salud mental más prevalentes tanto a nivel nacional como internacional (Subdirección General de Información Sanitaria, 2021), y presentan una significativa prevalencia vitalicia (American Psychiatric Association [APA], 2015). De ahí la relevancia de experimentar con nuevas sustancias que puedan mejorar su tasa de remisión. Una de las líneas de investigación actuales a nivel preclínico apunta al sistema endocannabinoide por regular procesos clave en la respuesta de estrés, y en concreto a la inhibición de la amido hidrolasa de ácidos grasos (Fatty Acid Amide Hidrolase [FAAH]), (Hill et al., 2023). Así, se llevó a cabo una revisión bibliográfica acerca de cómo la inhibición de la FAAH puede modular las conductas de ansiedad producidas por estresores en modelos animales. La principal conclusión extraída de este trabajo es que la inhibición de FAAH a nivel preclínico es eficaz, siendo prometedor el salto cualitativo a la investigación clínica. Sin embargo, más literatura es precisa para determinar los factores que influyen en este tratamiento de cara al desarrollo de fármacos.

Psicoterapia en persoas con VIH e despresión. Unha revisión bibliográfica.
Autoría
J.F.F.
Grao en Psicoloxía
J.F.F.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 10:00
09.07.2024 10:00
Resumo
Ao longo dos últimos anos tense comprobado a forte relación existente entre o VIH e a depresión, polo que se volveu crucial aumentar os coñecementos sobre o tratamento deste trastorno para asegurar o benestar psicolóxico e a calidade de vida das persoas con VIH. O obxectivo desta revisión bibliográfica é avaliar a eficacia de diversos tipos de psicoterapias (psicoterapia interpersonal, terapia cognitivo-conductual e psicoterapia de apoio grupal) reducindo os síntomas depresivos. Os resultados indican que, a nivel xeral, as psicoterapias foron eficaces en diminuír a sintomatoloxía depresiva, ademais doutras variables, resultando así axeitadas para mellorar a calidade de vida das persoas con VIH.

Castro Bolaño, Maria Cristina (Titoría)
Castro Bolaño, Maria Cristina (Titoría)
Tribunal
Lojo Seoane, Cristina (Presidente/a)
VAZQUEZ GONZALEZ, FERNANDO LINO (Secretario/a)
Díaz Fernández, Fernando (Vogal)
Lojo Seoane, Cristina (Presidente/a)
VAZQUEZ GONZALEZ, FERNANDO LINO (Secretario/a)
Díaz Fernández, Fernando (Vogal)
O consumo de alcohol como factor de risco para a conducta suicida
Autoría
Y.F.G.
Grao en Psicoloxía
Y.F.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 10:00
09.07.2024 10:00
Resumo
O consumo de alcohol converteuse nun problema global con graves repercusións na saúde, a seguridade e a economía. Recoñecido como un trastorno, o alcoholismo foi un importante foco de atención médica e social, vinculado a altas taxas de mortalidade por accidentes e enfermidades crónicas. Paralelamente, o suicidio, unha das principais causas de morte a nivel mundial, vese significativamente influenciado polo consumo de alcohol, que exacerba a impulsividade e os pensamentos depresivos, incrementando o risco de conduta suicida. Este traballo ten como obxectivo realizar unha revisión bibliográfica sobre os principais achados existentes en relación co consumo excesivo, abusivo ou dependente de alcohol e a conduta suicida. Para iso, lévase a cabo unha busca dos artigos empíricos nas bases de datos Pubmed e Psycinfo, abarcando os últimos seis anos e utilizando os descritores (abuse) AND (alcohol) AND (suicide attempt). Selecciónanse 18 artigos para a análise final. Os estudos revisados indican que o consumo abusivo ou dependente de alcohol actúa como un importante factor de risco para a conduta suicida, aínda que non está claro se esta relación é directa ou se interveñen outras variables fundamentais. As conceptualizacións e protocolos de avaliación do consumo de alcohol entre estudos varían de forma destacable, e unir tales cuestións podería beneficiar futuras investigacións e, en consecuencia, mellorar as estratexias preventivas.

BECOÑA IGLESIAS, ELISARDO (Titoría)
BECOÑA IGLESIAS, ELISARDO (Titoría)
Tribunal
Lojo Seoane, Cristina (Presidente/a)
VAZQUEZ GONZALEZ, FERNANDO LINO (Secretario/a)
Díaz Fernández, Fernando (Vogal)
Lojo Seoane, Cristina (Presidente/a)
VAZQUEZ GONZALEZ, FERNANDO LINO (Secretario/a)
Díaz Fernández, Fernando (Vogal)
O efecto nocebo na depresión. Implicacións para o tratamento: unha revisión bibliográfica.
Autoría
M.G.A.
Grao en Psicoloxía
M.G.A.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 10:00
09.07.2024 10:00
Resumo
O estudo do efecto nocebo no contexto da depresión é ainda un campo de estudo con moi pouca traxectoria. Durante a última década cada vez máis clínicos e investigadores están a demandar unha maior adicación ao estudo deste fenómeno. Isto débese ao descubrimento das implicacións que ten no empeoramento da adherencia aos tratamentos e na reducción do benestar deste grupo de pacientes. O propósito desta revisión consiste en acadar e evaluar os principais achados con respecto á presencia de este fenómeno no tratamento da depresión, así como os seus factores explicativos e as súas manifestacións. Trala análise dos resultados conclúese que a presencia do efecto nocebo é notable tanto na investigación como na práctica clínica. As hipótesis explicativas continúan sendo testadas e ainda queda un longo percorrido por diante no que se refire á súa comprensión. Non obstante, os profesionais da saúde contan na actualidade con resultados relevantes cós que mellorar a prognosis dos tratamentos para a depresión.
O estudo do efecto nocebo no contexto da depresión é ainda un campo de estudo con moi pouca traxectoria. Durante a última década cada vez máis clínicos e investigadores están a demandar unha maior adicación ao estudo deste fenómeno. Isto débese ao descubrimento das implicacións que ten no empeoramento da adherencia aos tratamentos e na reducción do benestar deste grupo de pacientes. O propósito desta revisión consiste en acadar e evaluar os principais achados con respecto á presencia de este fenómeno no tratamento da depresión, así como os seus factores explicativos e as súas manifestacións. Trala análise dos resultados conclúese que a presencia do efecto nocebo é notable tanto na investigación como na práctica clínica. As hipótesis explicativas continúan sendo testadas e ainda queda un longo percorrido por diante no que se refire á súa comprensión. Non obstante, os profesionais da saúde contan na actualidade con resultados relevantes cós que mellorar a prognosis dos tratamentos para a depresión.
Dirección
GUTIERREZ GARCIA, EMILIO (Titoría)
GUTIERREZ GARCIA, EMILIO (Titoría)
Tribunal
Sabucedo Cameselle, Jose Manuel (Presidente/a)
Cadaveira Mahía, Fernando (Secretario/a)
Romero Triñanes, Estrella (Vogal)
Sabucedo Cameselle, Jose Manuel (Presidente/a)
Cadaveira Mahía, Fernando (Secretario/a)
Romero Triñanes, Estrella (Vogal)
A influencia da percepción de represión sobre a intención de acción colectiva normativa e non normativa
Autoría
A.I.D.
Grao en Psicoloxía
A.I.D.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 10:00
09.07.2024 10:00
Resumo
O cambio climático que levamos experimentando dende fai décadas como consecuencia, principalmente, do aumento nas emisións de gases de efecto invernadoiro, incrementadas a partir da Revolución Industrial, está a producir estragos importantes no noso planeta, ameazando de xeito importante á vida no mesmo. Fronte a esta problemática, milleiros de persoas alzan a súa voz a través de colectivos organizados que cada vez se atopan con máis trabas legais. Na presente investigación, trátase de investigar de que xeito a percepción sobre as medidas de coerción aplicadas polo Estado nun país democrático coma España, pode moldear a intención de participar en accións normativas e non normativas en favor da loita ecoloxista, así como a identificación co movemento, contribuíndo á literatura dedicada a explorar o nexo represión-disidencia. Distribuíndo aos participantes en tres grupos, un control e dous experimentais (nos que se manipula a percepción de represión, tratando de inducir para un dos grupos unha sensación de alta represión e para o outro unha sensación de ausencia de represión), intentouse probar un efecto de escalada por parte da represión, a cal, do mesmo xeito, se esperaba que aumentase a identificación pro-ambientalista. Para elo, realizáronse análises de correlación entre as variables a estudar e de varianza entre os grupos sometidos ás distintas condicións. Malia non atopar resultados na dirección esperada, descubriuse que a percepción dunha baixa represión podería dar lugar a unha demobilización.

A coocorrencia de TDAH e ansiedade en poboación infanto-xuvenil: revisión da súa manifestación e etioloxía dende unha perspectiva de xénero
Autoría
S.M.L.
Grao en Psicoloxía
S.M.L.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 10:00
09.07.2024 10:00
Resumo
O TDAH é o diagnóstico máis prevalecente en poboación infantil. Carrexa, ademais de importantes implicacións a nivel de comportamento desadaptativo, múltiples problemáticas e factores de risco asociados. Cando á súa vez maniféstanse de forma conxunta síntomas de ansiedade, estes dotan ao cadro de presentación coocurrente dunha gravidade acusada. Co obxectivo de explorar as súas características e trazados de evolución, así como identificar os factores de risco que permitan esclarecer a súa aparición e desenvolvemento, realizouse unha revisión sistemática. Isto, ademais, adoptando unha perspectiva de xénero que permita a identificación e análise das diferenzas que se dan en función desta variable, dada a influencia particular que exerce sobre a presenza e a expresión das distintas problemáticas psicolóxicas. Para isto recorreuse ás bases de datos de Psycinfo, Medline e Web of Science, incluíndo a revisión un total de 17 artigos publicados entre 2013 e 2024. Desta forma, existen variables temperamentales como a desregulación emocional e a alta reactividade a idades temperás que actúan como factores de risco para esta presentación coocurrente. A sintomatoloxía externalizante de alta intensidade é unha variable individual que supón á súa vez un factor de risco, do mesmo xeito que a sintomatoloxía depresiva materna. A victimización e o rexeitamento social son variables relacionais que teñen gran influencia na aparición e o curso. O xénero feminino destaca como unha variable sociodemográfica que supón un importante factor de risco, que parece non ser considerado como debería en investigación e na práctica clínica, limitando ambas de forma substancial.

Trastorno de personalidade antisocial e consumo de cocaína.
Autoría
N.M.T.
Grao en Psicoloxía
N.M.T.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 10:00
09.07.2024 10:00
Resumo
En España está moi dispoñible a cocaína por ser porta de entrada a mesma para Europa, debido a isto, o abuso de cocaína en po aumentou durante a última década, elevando a incidencia de importantes complicacións clínicas, principalmente en adultos novos. Atendendo a esta problemática, o obxectivo da presente revisión bibliográfica é analizar, de maneira máis específica, a relación entre o trastorno de personalidade antisocial e o consumo de cocaína. Para iso, realizouse unha procura de artigos empíricos dos últimos 10 anos, utilizando como criterios descritores (Cocaine OR Psychostimulants) AND (Antisocial personality disorder OR Personality disorders) nas bases de datos Pubmed e PsycInfo, obtendo un total de 20 artigos. Os resultados mostran que a relación entre o trastorno de personalidade antisocial e o consumo de cocaína é clave na maioría dos estudos. Con todo, non existe un consenso claro respecto diso, debido á inclusión de diversas variables relacionadas, a diversidade das mostras e a variabilidade de participantes. Por todo isto, unha avaliación máis precisa e un maior coñecemento das diferenzas individuais e características dos consumidores de cocaína con trastorno de personalidade antisocial poderían ter importantes implicacións. Isto facilitaría a adaptación e mellora dos programas de tratamento, ademais de axudar a previr a deterioración da súa condición e calidade de vida.

Acoso e ciberacoso: máis alá do binarismo de xénero
Autoría
U.C.P.
Grao en Psicoloxía
U.C.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 10:00
09.07.2024 10:00
Resumo
O acoso escolar ou bullying e o ciberacoso ou cyberbullying son fenómenos que veñen suscitando unha crecente preocupación global nos últimos anos. Recentes informes publicados por institucións como a propia UNESCO advirten de que se trata dun problema que pode chegar a afectar a un de cada tres adolescentes a nivel mundial. Aínda que na literatura se intentou analizar o papel do xénero nas taxas de vitimización e agresión de ambos tipos de acoso, a maior parte dos estudos leváronse a cabo dende unha perspectiva de sexo (rapazas vs. rapaces) ou exclusivamente contemplando as opcións tradicionais de xénero masculino e femenino. No presente traballo analízanse as diferenzas de xénero no bullying e o cyberbullying (atendendo ós diferentes perfiles de vitimización e agresión), tendo en conta tamén opcións non normativas, como o xénero non binario ou o xénero fluido. Con carácter exploratorio, analízase tamén o posible papel que a orientación sexual pode ter ó respecto. Levouse a cabo un estudo descritivo cunha mostra de 40.811 estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria de 12 a 17 anos, ós que se aplicou o EBIP-Q e o ECIP-Q. Os resultados mostran taxas de vitimización tanto para o bullying como para o cyberbullying significativamente maiores en adolescentes con identidades de xénero e orientación sexual non normativas, chegando a duplicarse nalgúns casos. Isto pon de manifesto a necesidade de adoptar unha perspectiva que vaia máis alá do binarismo de xénero á hora de abordar o acoso.

OTERO LOPEZ, JOSE MANUEL (Presidente/a)
JIMENEZ GARCIA, LUIS MIGUEL (Secretario/a)
REAL DEUS, JOSE EULOGIO (Vogal)

O papel da disociación na conduta autolesiva
Autoría
S.G.B.
Grao en Psicoloxía
S.G.B.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 10:00
09.07.2024 10:00
Resumo
A autolesión non suicida (NSSI) supón un desafío significativo para a psicoloxía dada a súa elevada prevalencia, tanto en contornas clínicas como comunitarios, e as súas múltiples consecuencias, incluíndo un aumento do risco de suicidio, unha das principais causas de morte en España. Nun intento por coñecer mellor os mecanismos psicolóxicos que subxacen á NSSI, este traballo examina, en particular, a influencia da disociación na NSSI, a través da análise de 20 artigos publicados entre o ano 2013 e o 2023. Os resultados evidencian unha relación significativa entre a disociación e a NSSI, destacando a regulación do afecto como unha das principais funcións da NSSI. Neste sentido, suxírese que a NSSI pode actuar como un mecanismo para deter as experiencias disociativas e proporcionar regulación emocional. Ademais, identifícanse factores que poderían mediar esta relación, tales como sufrir un trauma, a presenza de comorbilidades con outros trastornos e determinantes específicos da idade. Préstase unha atención especial á relación entre NSSI e disociación en individuos con Trastorno Límite da Personalidade (TLP) e Trastorno de Estrés Postraumático (TEPT), debido ás dificultades que estes presentan para regular as súas emocións. Finalmente, indícanse unha serie de implicacións prácticas, limitacións e futuras orientacións, así como unha serie de conclusións destinadas a esclarecer a información presentada. Entre as implicacións suxírese a Terapia Dialéctica Conductual (DBT) como un tratamento potencialmente efectivo para a reducir a NSSI e a disociación.

O carácter filoxenético da resposta condicionada de medo en humanos
Autoría
C.L.P.
Grao en Psicoloxía
C.L.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2024 12:30
15.07.2024 12:30
Resumo
Dende que en 1971 Seligman propuxo que as fobias poderían ser exemplo de condicionamento preparado de medo, estudouse a posible existencia e características de estímulos relevantes de medo e a súa orixe filoxenético ou ontoxenético. Tales estímulos relevantes de medo, caracterizados pola selectividade, a resistencia á extinción, a irracionalidade e a susceptibilidade á aprendizaxe nun só ensaio, poderían ter a súa orixe na interacción do humano co seu contexto específico ou poderían supoñer que estamos biolóxicamente preparados para aprender respostas de medo a un conxunto limitado de obxectos e situacións. Neste traballo realizouse unha procura bibliográfica para pescudar que determinaran diferentes estudos sobre o carácter filoxenético da resposta condicionada do medo en humanos. Nos primeiros estudos as conclusións levaban a confirmar a proposta de Seligman, con todo, estudos posteriores e os máis recentes non son tan unánimes. Nos experimentos revisados arañas e serpes utilizadas como estímulos elicitan sempre unha resposta diferencial, o que parece apoiar a hipótese da resposta de medo evolutiva, con todo, as pistolas, estímulos evidentemente ontoxenéticos, provocaron, en situacións de excitación alta e cando apuntan ao suxeito, respostas de medo maiores, o que induce a expor a posibilidade de que os estímulos relevantes de medo non sexan, polo menos unicamente, filoxenéticos.

REDONDO LAGO, JAIME MAURO (Titoría)
REDONDO LAGO, JAIME MAURO (Titoría)
Tribunal
REDONDO LAGO, JAIME MAURO (Titor do alumno)

Vantaxe bilingüe no control inhibitorio
Autoría
C.M.G.
Grao en Psicoloxía
C.M.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2024 12:30
15.07.2024 12:30
Resumo
O bilingüismo é hoxe importante para a población mundial, polo que resulta de interese coñecer qué supón esta experiencia lingüística no desenvolvemento da mente. O bilingüismo é, ademiss, un factor que beneficia a capacidade de control inhibitorio ao longo da vida. O obxetivo principal deste traballo é profundizar acerca da relación entre o bilingüismo e a posible vantaxe bilingüe no control inhibitorio, a través da consulta de investigacións que utilizan diferentes modalidades da tarefa Stroop como paradigma. Realizamos una búsqueda sistemática de investigacións e revisións sobre esta cuestión nas bases bibliográficas de referencia. Os resultados refinaronse para configurar o corpus académico sobre a cuestión, composto por once artigos publicados entre 2000-2024. Estas investigacións demostran que os mecanismos do control inhibitorio son compartidos por todas as persoas bilingües dos experimentos, en contraste cos das monolingües. Observouse una clara vantaxe bilingüe en persoas maiores, frente as monolingües e concluiuse que esta vantaxe vese, ademáis, influenciada por diversos factores. Identificaronse como moduladores da vantaxe bilingüe: o dominio da L2, a frecuencia de uso e o tempo pasado nun entorno de L2. En definitiva, a práctica do bilingüismo podería ser beneficiosa para mitigar o declive na capacidade de control inhibitorio relacionado coa idade no caso de adultos maiores. No sector infantil, se determina que un ambiente familiar onde cada proxenitor fale un idioma diferente resulta positivo para o desenvolvemento da vantaxe bilingüe. Conclúese que, ainda que a vantaxe bilingüe no control inhibitorio é firme, está modulada por múltiples factores.

Álvarez Cruz, Antonio Alfonso (Titor do alumno)

Fear Of Missing Out e Redes Sociais: o papel da Nomofobia e da Necesidade de Pertenza
Autoría
M.D.P.M.D.L.
Grao en Psicoloxía
M.D.P.M.D.L.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2024 13:00
15.07.2024 13:00
Resumo
Resulta inconcibible tratar de comprender a sociedade actual sen a presenza das Tecnoloxías da Información e a Comunicación. Os progresos nesta área transformaron os dispositivos tecnolóxicos e as redes sociais en compoñentes fundamentais do noso día a día. Aínda que as súas vantaxes son evidentes, un uso inapropiado pode orixinar problemas que algúns expertos xa denominan adicións tecnolóxicas. A presente investigación se centra no estudio do Fear of Missing Out e a súa relación coas redes sociais, a Nomofobia, a Necesidade de Pertenenza, a Autoestima e a Ansiedade Social na rede. Ademais, para o FoMO utilizamos unha versión expandida da escala orixinal. Empregamos unha mostra de 238 estudantes da Facultade de Psicoloxía da USC. Os resultaros amosaron que a Necesidade de Pertenenza é o factor que maior capacidade explicativa ten sobre o FoMO. A súa vez, observouse unha relación entre o FoMO, a Nomofobia e o abuso de redes sociais, que pode levar a experimentación de síntomas negativos. Tamén se estudaron as diferenzas con relación ao xénero e foron significativas en todas as variables, excepto nos factores II e III da Nomofobia. Asimismo, as diferenzas entre horas promedio de uso de redes sociais foron estatisticamente significativas en todas as variables menos na dimensión Ansiedade por interacción do SAS-SMU.

Relacion entre aprendizaxe autoregulado e menores con dificultades de aprendizaxe
Autoría
L.P.C.
Grao en Psicoloxía
L.P.C.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2024 13:00
15.07.2024 13:00
Resumo
O obxectivo principal deste traballo é mostrar a relación entre o aprendizaxe autorregulada e o alumnado menor de idade con dificultades de aprendizaxe. Para a realización deste traballo fin de grao realizamos unha revisión sistematizada de artigos científicos relacionados coa temática. A busca dos documentos realizouse en Eric, Web of Science, PsychInfo e Scopus, utilizando como termos de busca learning difficult* AND learning strateg*. Inténtase mostrar como aparece esta relación nos contextos educativos e que estratexias de aprendizaxe son efectivas para este alumnado, así como as diferenzas existentes entre o alumnado con e sen dificultades de aprendizaxe que utiliza estratexias de aprendizaxe autorreguladas. Os principais achados son que o alumnado con dificultades de aprendizaxe enfróntase a debilidades cognitivas, que afectan á súa capacidade para utilizar estratexias de aprendizaxe autorreguladas, o que condiciona o seu rendemento académico. Tamén se demostrou que estas estratexias non só melloran o rendemento académico do alumnado con dificultades de aprendizaxe, senón que tamén aumentan a súa confianza nas súas propias capacidades. Comprobouse que é importante adaptar as prácticas a estes alumnos con dificultades de aprendizaxe, para favorecer a súa autonomía e o seu desenvolvemento integral mediante unha aprendizaxe autorregulada. En base a estes resultados, suxírese que para futuras investigacións o ideal sería realizar estudos lonxitudinais que permitisen seguir o desenvolvemento da aprendizaxe autorregulada ao longo do proceso educativo deste alumnado con dificultades de aprendizaxe.

Tinajero Vacas, Carolina (Titoría)
Tinajero Vacas, Carolina (Titoría)
Tribunal
Tinajero Vacas, Carolina (Titor do alumno)

Saúde mental das Coidadoras Informais de Pacientes con Enfermidade de Alzheimer
Autoría
C.M.G.
Grao en Psicoloxía
C.M.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2024 13:30
15.07.2024 13:30
Resumo
A enfermidade de Alzheimer (EA) é unha enfermidade neurodegenerativa caracterizada por síntomas cognitivos, problemas físicos e alteracións emocionais e conductuais que se inicia de maneira gradual progresando con lentitude. É o tipo de demencia máis frecuente e en España o número de afectados supera os 700.000, estimando que en 2050 duplíquense os casos. Con todo, a EA require prestación de coidados a longo prazo, polo que non soamente afecta o benestar e saúde do enfermo, senón tamén na familia e particularmente ás súas coidadoras/é, as cales teñen que enfrontarse a situacións dolorosas e de sufrimento que afectan gravemente á súa saúde, repercutindo tamén na súa saúde mental. O obxectivo do presente traballo é buscar evidencias das consecuencias negativas ao redor da saúde mental que padecen as coidadoras informais de pacientes con EA. Por iso, realizouse unha procura sistemática na que se seleccionaron un total de 13 estudos. Unha vez levada a cabo a revisión de todos os artigos observouse a alta prevalencia das coidadoras informais de pacientes con EA a padecer sobrecarga, síntomas depresivos, de ansiedade, estrés e máis problemas relacionados coa vida en xeral, e presentando unha peor calidade de vida que a poboación xeral. Atopáronse maior prevalencia de ansiedade que depresión, e os síntomas depresivos atopábanse asociados ao contexto de coidado, máis que pola predisposición para desenvolver un trastorno de ánimo. Tamén se atopou unha maior presenza de mulleres coidadoras en todos os estudos e finalmente, que as características sociodemográficas poden chegar a exercer influencia na presenza ou ausencia dos problemas.

PEREIRO ROZAS, ARTURO JOSE (Titoría)
PEREIRO ROZAS, ARTURO JOSE (Titoría)
Tribunal
PEREIRO ROZAS, ARTURO JOSE (Titor do alumno)

A discriminación do colectivo LGTBI+ no ámbito laboral
Autoría
L.R.S.
Grao en Psicoloxía
L.R.S.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2024 13:30
15.07.2024 13:30
Resumo
A discriminación laboral por razóns de identidade de xénero e orientación sexual é un problema de grande alcance en todo o mundo. É unha cuestión moi heteroxénea, xa que existen diversas formas de discriminación, tales como o estigma, os prexuízos, as microagresións ou o ostracismo, entre outros. Un dos obxectivos deste traballo foi analizar a relación entre a pertinencia ao colectivo LGTBIQ+ e a discriminación laboral. Os resultados informaron que existe discriminación por motivos de orientación sexual e identidade de xénero, así como unha interseccionalidade nos patróns de discriminación. Por outro bando, as medidas anti-discriminatorias son políticas aplicadas nas organizacións para diminuír a exclusión no ámbito laboral, polo que outro dos obxectivos deste traballo foi analizar os efectos das políticas anti-discriminación. Os resultados foron claramente positivos, pero con certos matices en canto á súa aplicación. Deste xeito, recálcase a importancia da existencia dun protocolo a nivel nacional e homoxéneo para todas as organizacións. Finalmente, este traballo foi realizado co obxectivo de visibilizar os problemas que o colectivo LGTBIQ+ sofre de xeito cotián.

IGLESIAS CRIADO, MARIA DEL MAR (Titoría)
IGLESIAS CRIADO, MARIA DEL MAR (Titoría)
Tribunal
IGLESIAS CRIADO, MARIA DEL MAR (Titor do alumno)

Aplicacións da tarefa Stroop emocional no estudo da preocupación pola dor.
Autoría
A.C.I.
Grao en Psicoloxía
A.C.I.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2024 10:30
15.07.2024 10:30
Resumo
A tarefa Stroop consiste en indicar a cor da tinta na que están escritas unha serie de palabras o antes posible. A dificultade aparece cando o os estímulos entran en conflito, é dicir, cando o proceso de ler a palabra e o de nomear a cor son incongruentes. O resultado é un maior esforzo cognitivo, que fai incrementar o tempo de reacción (TR) e recibe o nome de efecto Stroop. A tarefa ten numerosas aplicacións, pero neste caso é empregada no estudo da preocupación pola dor, en concreto, en pacientes con dor crónica. Por este motivo emprégase unha tarefa de Stroop emocional, na cal, en vez de que as palabras escritas sexan cores, son palabras cunha connotación afectiva, relacionadas co que se pretende investigar. O obxectivo do presente traballo é comprobar se a preocupación pola dor inflúe na realización da tarefa Stroop, producindo un nesgo atencional. Para a elaboración do estudo, levouse a cabo unha revisión bibliográfica da literatura e incluíronse dez artigos que empregan Stroop emocional en pacientes con dor crónica. En canto aos resultados, o 70% dos estudos incluídos no traballo, atoparon un nesgo atencional nas persoas que sofren dor crónica, a diferencia das persoas sans: este nesgo podía ser de facilitación, isto é responder rapidamente ante estímulos relacionados ca dor; así como de interferencia, tardar máis en responder a estes estímulos.

ALCARAZ GARCIA, MIGUEL ANGEL (Secretario/a)
DONO MARTIN, MARCOS (Vogal)

Introversión e Negociación: Unha Análise a través da Teoría de Xogos
Autoría
L.F.P.
Grao en Psicoloxía
L.F.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2024 10:30
15.07.2024 10:30
Resumo
O conflito é unha característica inherente das relacións entre persoas, polo que é importante xestionalo adecuadamente. A negociación, proceso no cal dúas partes discuten acerca dos seus intereses co obxectivo de chegar a un acordo, pode ser unha ferramenta efectiva da resolución de conflitos. Neste punto, as diferencias individuais poden influir na forma na que os confilctos son abordados e resoltos. Por exemplo, a personalidade pode afectar ás estratexias de negociación utilizadas e aos resultados. Por tanto, o obxectivo desde Traballo de Fin de Grado é explorar as diferenzas entre persoas introvertidas e extrovertidas no seu desempeño nunha negociación. Para isto, levouse a cabo unha adaptación do Xogo do Ultimátum, na que 417 participantes debían responder a tres rondas de ofertas: unha oferta inxusta, unha oferta asimétrica e unha oferta simétrica. Os resultados revelan a existencia de diferenzas estatísticamente significativas na oferta inxusta. Concretamente, as persoas introvertidas mostraron unha maior tendencia a rexeitar as ofertas inxustas, o que se pode deber a unha maior sensibilidade á inequidade e inxustiza. Non obstante, nas ofertas asimétrica e simétrica non se atoparon diferenzas. Estos resultados teñen relevancia posto que parecen indicar que os rasgos de personalidade inflúen na toma de decisións en contextos de negociación, en concreto, na avaliación e resposta a situacións percibidas como inxustas. Non obstante, é importante recalcar que estas conclusións deben interpretarse con cautela, debido ás limitacións do estudo.

Redes sociais e anorexia en adolescentes
Autoría
M.N.R.
Grao en Psicoloxía
M.N.R.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 10:00
09.07.2024 10:00
Resumo
A anorexia nerviosa é un dos trastornos alimentarios máis graves, especialmente prevalecente entre os adolescentes, e a súa relación co uso de redes sociais suscitou atención nos últimos anos. O obxectivo principal deste traballo é analizar a relación entre as redes sociais e a anorexia nerviosa en adolescentes. Para iso, levou a cabo unha revisión sistemática das publicacións dispoñibles nas bases de datos PsycInfo e Pubmed entre 2014 e 2023, seleccionándose finalmente un total de 22 artigos. Os resultados indican que a exposición a contidos relacionados coa delgadez e a idealización de corpos irreais nas redes sociais pode contribuír significativamente ao desenvolvemento da anorexia nerviosa. Ademais, identificáronse variables individuais como a baixa autoestima, a insatisfacción corporal e a internalización de ideais de beleza pouco realistas como factores de risco destacados. A nivel social, a presión entre iguais e a necesidade de aprobación nas redes sociais son os que teñen un papel importante. En conclusión, a análise da relación entre a anorexia nerviosa adolescente e o uso das redes sociais salienta a importancia de investigar e promover estratexias de prevención e intervención que aborden o tema.

Avaliación da ansiedade en pacientes en hemodiálise: unha revisión sistemática dos instrumentos de avaliación
Autoría
A.P.B.
Grao en Psicoloxía
A.P.B.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 10:00
09.07.2024 10:00
Resumo
Os pacientes que se atopan en tratamento de hemodiálise a miúdo sofren outro tipo de comorbilidades como son os trastornos de ansiedade. Sen embargo, esta patoloxía non sempre se diagnostica. O obxectivo deste estudio é coñecer os instrumentos utilizados para avaliar ansiedade en pacientes en hemodiálise, os puntos de corte empregados e cales deles foron validados para esta poboación. Levouse a cabo unha busca sistemática nas bases de datos PsycInfo, Pubmed e Web Of Science de estudos nos que se avalía ansiedade en pacientes adultos que se atopan en tratamento de hemodiálise. Seleccionáronse 148 estudos, dos cales 6 validaban instrumentos que avalían ansiedade, 8 utilizaron entrevistas para avaliar ansiedade y 134 empregaron cuestionarios para avaliar o constructo. O instrumento máis utilizado foi o cuestionario HADS-A cun punto de corte maior ou igual a 8. En conclusión, a ansiedade é un aspecto fundamental para avaliar en pacientes en hemodiálise. Sen embargo, hai unha gran disparidade nos instrumentos seleccionados e nos seus puntos de corte. Ademáis, moi poucos cuestionarios están validados para esta poboación.

Percepción do estrés en poboacións rurais e urbanas: factores de estrés e diferenzas na poboación
Autoría
I.A.B.
Grao en Psicoloxía
I.A.B.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 10:00
09.07.2024 10:00
Resumo
Esta investigación tenta discernir se os ambientes rurais, considerados espazos máis naturais que os urbanos, están asociados a menores niveis de estrés nos seus habitantes. Os participantes foron 383 residentes en Galicia (71,3% mulleres) cunha idade media de 27,15 anos (DE = 11,14). As variables avaliadas foron estrés percibido, conectividade coa natureza, apego ao lugar, percepción de oportunidades, idade e xénero. Realizáronse análises descritivas, correlacionais, de comparacións de medias e de regresión lineal. Os resultados obtidos mostraron niveis de estrés similares en ambos os ambientes. Aínda que non se atoparon diferenzas significativas nos niveis de estrés nas zonas rurais e urbanas, observáronse diferenzas noutras variables. Os residentes do rural presentaron unha maior conectividade coa natureza, mentres que a percepción de oportunidades era maior nos ámbitos urbanos. Ademais, atopáronse correlacións significativas nos medios rurais entre o estrés percibido e a idade e o xénero (sendo maior en mulleres e poboación xove). En ambientes urbanos, o estrés percibido correlacionouse negativamente coa adhesión ao lugar e á idade (r = -,210). A análise de regresión lineal mostrou que as variables do estudo explican o 19,2% da varianza do estrés nas poboacións rurais, fronte ao 8,8% das urbanas. Estes achados suxiren que o estrés é un fenómeno multicausal influenciado por diversos factores, e que as características físicas da topografía galega poderían explicar a falta de diferenzas significativas nos niveis de estrés entre as zonas urbanas e as rurais.

DURAN RODRIGUEZ, MARIA DEL MAR (Presidente/a)
Tinajero Vacas, Carolina (Secretario/a)
Álvarez Cruz, Antonio Alfonso (Vogal)

Infancia, televisión e mediación parental
Autoría
N.M.G.
Grao en Psicoloxía
N.M.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 10:00
09.07.2024 10:00
Resumo
A televisión ocupa gran parte do tempo das familias de hoxe en día. En especial, os nenos pasan gran parte do seu tempo consumindo contido na televisión. A forma na que interactúan coa pantalla está sometida a un cambio constante. O obxectivo deste traballo é explorar como inflúe no desenvolvemento dos nenos o consumo de televisión e que papel desempeñan os pais nesta dinámica. Para iso, levouse a cabo unha revisión da literatura e examináronse diversos estudos que trataban a relación tanto do desenvolvemento infantil coa televisión como a importancia da implicación parental para un bo desenvolvemento en presenza da televisión. Os resultados da revisión suxiren que a cantidade de tempo fronte á televisión en idades temperás asóciase de forma negativa co desenvolvemento infantil, aínda que o contido educativo pode ter efectos positivos. A mediación parental, que inclúe diferentes estratexias, resulta crucial para amortecer os efectos negativos e potenciar os positivos do consumo televisivo infantil. Encontrouse que os nenos expostos a pantallas sen unha correcta mediación por parte dos seus pais tiñan menores puntuacións en medidas de desenvolvemento cognitivo e social. Ademais, a co-visualización e a interacción activa dos pais durante o contido televisivo, mellora a comprensión e habilidades sociais dos nenos. É necesario que estudos futuros aborden non só a exposición xeral á televisión senón tamén o contido específico ao que se expoñen os nenos. Ademais, é conveniente que se utilicen mostras máis diversas e métodos lonxitudinais.

Tras as Pegadas do Curupira: Autoritarismo, Polarización e Monopolio da Verdade en Brasil
Autoría
L.R.D.
Grao en Psicoloxía
L.R.D.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 10:00
09.07.2024 10:00
Resumo
A fragilización da democracia e o rexurdimento de movementos autoritarios no mundo fixeron que este tema sexa especialmente relevante na actualidade. En Brasil, a recente insatisfacción e inseguridade respecto das institucións representativas facilitou a ascensión de líderes populistas, tanto dende a esquerda como dende a extrema dereita. Este estudo investigou a actitude autoritaria en función da identificación ideolóxica, e se esta se relaciona cun estilo cognitivo impositivo, nunha mostra de 134 adultos brasileiros residentes en Brasil. Tamén se explorou se a polarización xerada polo contexto político recente se vincula co autoritarismo. Medíronse o autoritarismo de dereita (RWA), o autoritarismo de esquerda (LWA), o Monopolio da Verdade (MoT) e a polarización, ademais de solicitar aos participantes que se situasen nunha escala de identificación ideolóxica. Para as análises, utilizouse unha correlación para examinar as relacións entre as variables estudadas, e un ANOVA para verificar as diferenzas entre os grupos de esquerda, dereita e centro. Os resultados do estudo confirmaron que o autoritarismo pode manifestarse tanto en individuos de perfil conservador como progresista. Así mesmo, atopouse que tanto a polarización como a crenza de que as propias ideas políticas son obxectivamente superiores para a sociedade están relacionadas co autoritarismo, aínda que isto só se observou en relación co LWA. Estes achados subliñan a necesidade de comprender mellor as dinámicas autoritarias en diferentes contextos ideolóxicos e resaltan a importancia de seguir investigando neste campo para promover unha maior estabilidade democrática.

A mediación parental nas novas tecnoloxías
Autoría
V.S.S.
Grao en Psicoloxía
V.S.S.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 10:00
09.07.2024 10:00
Resumo
As TIC propagáronse de forma xeralizada por todo o mundo, e o seu fácil acceso fainas atractivas ata para os máis pequenos. Os menores pasan cada vez máis tempo conectados, o que fai necesario que, dende o contexto familiar, se instauren formas para mediar ese contido e evitar usos inadecuados das TIC. A investigación sobre as estratexias de mediación parental poñen de manifesto a súa elevevada importancia no emprego das novas tecnoloxías e o predominio da mediación activa e restrictiva. A presente revisión sistemática busca analizar os estilos de mediación parental predominantes, as variables que determinan a súa elección e a súa relación co uso problemático. Os resultados mostran o predominio das estratexias basadas no diálogo e as restricións. Arredor das variables, son a idade dos menores e o nivel socioeconómico dos pais os que máis influen sobre a elección de unha ou outra estratexia. Finalmente, o uso problemático asóciase principalmente co non control e as formas de mediar máis estrictas, aínda que é preciso ter en conta as variables mediadoras. A pesares de dispoñer de consenso nalgúns puntos, vólvese preciso seguir investigando e profundizando na temática, e así poder aportar resultados máis sólidos.

Prevalencia das condutas de victimización de acoso sexual na adolescencia.
Autoría
C.L.V.
Grao en Psicoloxía
C.L.V.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 10:00
09.07.2024 10:00
Resumo
O acoso sexual na infancia e na adolescencia converteuse nunha realidade cada vez máis frecuente, que vulnera os seus dereitos e xera un impacto na saúde que compromete o seu benestar físico e psicoemocional. Baixo este marco, o presente estudo pretende examinar a prevalencia das condutas de victimización por acoso sexual nunha mostra con poboación adolescente. Para iso contouse cunha mostra de 752 adolescentes, 406 mozas (54.0%) e 346 mozos (46.0%), cun rango de idade que oscila entre os 15 e 18 anos (M= 15.64, DT= 0.789), que cumprimentaron o Inventario de condutas ou estratexias de acoso sexual (Marcos et al., 2023) para o diagnóstico deste. Os resultados mostraron unha taxa do 25.3% de victimización sexual e evidenciaron que a conduta máis reportada cun 11.8% foi “Fixéronche comentarios, bromas, movementos ou botado miradas sexuais”. Adicionalmente, acháronse diferenzas en función do xénero, obtendo maiores puntuacións as mozas. Do mesmo xeito, acháronse pequenas diferenzas en función da idade, con puntuacións máis elevadas no grupo de 17 a 18 anos. Tendo en mente as limitacións do noso estudo, propóñense futuras liñas de investigación no marco da prevención para a violencia sexual na infancia e adolescencia.

ANDRADE FERNANDEZ, ELENA MARIA (Presidente/a)
IGLESIAS CRIADO, MARIA DEL MAR (Secretario/a)
PEREIRO ROZAS, ARTURO JOSE (Vogal)

A reincidencia nos agresores de xénero: unha revisión de sentenzas
Autoría
B.P.F.
Grao en Psicoloxía
B.P.F.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 10:00
09.07.2024 10:00
Resumo
A violencia de xénero é considerada unha problemática social que afecta a un gran número de mulleres; sen embargo, estímase que menos dun 30% dos casos son denunciados. As consecuencias para as vítimas son diversas, asociadas con múltiples problemas físicos e psicolóxicos; así como a revitimización que poden sufrir cando se leva a cabo o proceso xudicial. Débese considerar tamén a reincidencia dos agresores como outra gran dificultade coa que lidar, xa que as condenas deben ser adaptadas a cada un dos penados para evitar que volvan cometer os mesmos delitos. O obxectivo deste traballo é estudar o proceso xudicial e as medidas interpostas, así como a súa eficacia en casos de violencia de xénero. Para levalo a cabo, seleccionáronse 156 sentenzas deste delito cuxos agresores foran xulgados con anterioridade. Para coñecer a relación entre as variables realizouse unha análise coas probas estatísticas Chi cadrado e t de Student. Obtivéronse resultados sobre as características da violencia, da vítima e do agresor, así como as asociadas ao proceso legal, sobre a denuncia e os medios probatorios, e as penas ditaminadas. Conclúese coa importancia de empoderar ás vítimas para que denuncien, e de mellorar as medidas de protección; así como a imperiosa necesidade de instaurar programas de reeducación para os condenados.

Influencia das falsas memorias implantadas sobre o testemuño de eventos visionados
Autoría
A.P.C.
Grao en Psicoloxía
A.P.C.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2024 10:30
15.07.2024 10:30
Resumo
Moitos estudos demostraron que a información posterior ao evento pode distorsionar os detalles orixinais dun recordo. Nembargantes, o fenómeno da centralidade no paradigma da desinformación é relativamente recente e os resultados presentados na literatura son variados. Neste estudo, utilizouse o paradigma de desinformación para investigar os efectos da introdución da introdución de información falsa posterior ao evento na memoria de aspectos centrais e periféricos. Os participantes viron un vídeo sobre unha discusión e despois completaron unha tarefa de recordo libre e unha tarefa de recordo con chaves. Ademais, antes das tarefas de recordo, o grupo experimental respondeu unha serie de preguntas nas que se introducía información central e periférica falsa. Os resultados mostraron un mellor rendemento dos contidos centrais e unha maior taxa de erros de comisións nesta mesma condición. Non obstante, non se observou diferenzas significativas entre os grupos na calidade da información recordada. Estes achados teñen importantes implicacións a nivel teórico e aplicado.

Análise do autoconcepto, do perfil psicolóxico e ansióxeno en xogadores de balonmán
Autoría
L.D.L.T.P.
Grao en Psicoloxía
L.D.L.T.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2024 10:30
15.07.2024 10:30
Resumo
O balonmán é un deporte moi dinámico con constantes accións que causan incertezas, require de unha gran axilidade e habilidade de pensamento técnico-táctico, polo que exixe aos xogadores posuír un idóneo desenvolvemento psicolóxico. No presente estudo tratamos de establecer o perfil psicolóxico, o autoconcepto, os niveis de ansiedade e a autoconfianza dunha mostra de xogadores de balonmán (N=121), buscando se existen relacións entre estes e explorando as diferenzas que poidan xurdir en función dunha serie de variables sociodeportivas (xénero, éxito deportivo, experiencia e posto táctico). A información foi recollida de forma online a través da plataforma Microsoft Forms, na que se fixeron diversas preguntas sociodeportivas e na que se aplicaron os cuestionario de Test of Performance Strategies 3 (TOPS-3), o Inventario de Ansiedade Competitiva (CSAI-2R) e o Cuestionario de Autoconcepto Físico (CAF). Os resultados obtidos indican que o perfil psicolóxico dos balonmanistas caracterízase por unha alta competencia en Automaticidade, Establecemento de obxectivos, Activación e Control atencional, xunto con altos niveis de Ansiedade cognitiva, unha firme Autoconfianza e elevadas puntuacións en Habilidade física, en Condición física e en Autoconcepto xeral. Atopáronse diferenzas nos perfís en función do xénero, do éxito deportivo, dos anos de experiencia e do posto táctico. Tamén se atoparon relacións significativas entre as habilidades avaliadas polos tres cuestionarios.

Adicción á compra. Revisión de estudos sobre satisfacción coa vida e coa compra.
Autoría
P.A.M.
Grao en Psicoloxía
P.A.M.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2024 10:00
16.07.2024 10:00
Resumo
A adicción á compra, un fenómeno cada vez máis relevante na sociedade contemporánea, foi obxecto principal de estudo neste traballo. As numerosas repercusións que pode chegar a xerar este problema, demostran a importancia de coñecer, tanto a súa orixe como as súas posibles consecuencias. Con isto, o obxectivo principal deste traballo é realizar unha revisión bibliográfica exhaustiva para poder comprender mellor esta problemática e a súa relación con dúas temáticas da satisfacción. En primeiro lugar, co constructo de satisfacción coa vida e, en segundo lugar, coa satisfacción que experimentan as persoas tras realizar as súas compras. Para iso, levouse a cabo unha procura sistemática de artigos nas bases de datos Scopus e PsycInfo, na cal se incluíron diferentes investigacións empíricas para a súa posterior revisión. A revisión de estudos constata o vínculo entre a adicción á compra e ambas temáticas da satisfacción, así como outras variables (materialismo, comportamento de compra, motivación de compra hedónica, compra impulsiva, intelixencia emocional).

Arce Fernández, Ramón (Presidente/a)
GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Secretario/a)
BECOÑA IGLESIAS, ELISARDO (Vogal)
Arce Fernández, Ramón (Presidente/a)
GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Secretario/a)
BECOÑA IGLESIAS, ELISARDO (Vogal)
Diferenzas neurofuncionais entre homes e mulleres ante a presentación de estimulos visuais sexuais.
Autoría
L.C.P.
Grao en Psicoloxía
L.C.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2024 10:00
16.07.2024 10:00
Resumo
A excitación ou arousal sexual é un proceso neurofisiolóxico complexo que supón a implicación de numerosos procesos cerebrais relacionados coa atención visual, a evaluación, a memoria, a interocepción e outros procesos somatosensoriais, entre outros. A modalidade sensorial máis empregada en estudos previos é a visual, utilizando estímulos en forma de imaxes ou vídeos, sendo esta tamén unha das formas de consumo máis utilizadas en entornos non experimentais, por exemplo, a pornografía. Non obstante, existen moitas diferenzas na maneira de expresar e percibir a excitación sexual en homes e mulleres e é interesante coñecer os correlatos neurais deste proceso. O presente traballo ten como obxectivo estudar mediante unha revisión bibliográfica as diferenzas na activación neural de homes e mulleres ante a presentación de estímulos sexuais visuais mediante Imaxe por Resonancia Magnética Funcional (fMRI). Os estudos revisados emplearon como tarefa a observación de estímulos visuais e a avaliación da excitabilidade experimentada mentres os participantes se sometían a escáner. as áreas que se mostraron activadas nos diferentes estudos son na súa maioría coincidentes e as súas funcións comprenden unha parte fundamental do estudo da estimulación sexual visual. Os procesos relacionados coa emoción, a recompensa, a interocepción, os procesos somatosensorials e atencionais, a memoria e a avaliación e procesamento da información están moi relacionados con estas áreas. Porén, a explicación a que estos estudos mostren unha resposta máis intensa nos homes podería estar influída por unha maior atención aos estímulos ou unha maior motivación de recompensa.

B.M.C.R.
Grao en Psicoloxía
B.M.C.R.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2024 10:00
16.07.2024 10:00
Resumo
A psicopatía é un trastorno da personalidade caracterizado por afectar ao individuo a nivel interpersoal, emocional e condutual. Un dos aspectos que máis afecta a psicopatía é a cognición social xa que entre as características máis representativas deste trastorno están a falta de empatía, a impulsividade e a dificultade para establecer relacións estables. Tendo en conta que a cognición social está especialmente deteriorada na psicopatía, o obxectivo desta revisión sistemática é recompilar e interpretar literatura científica recente na que se estuda a relación entre a psicopatía ou trazos psicopáticos e a cognición social. Para iso, realizouse unha busca sistemática na que se seleccionaron 13 estudos, dos cales 11 atoparon unha alteración na execución de tarefas que avalían a cognición social cando están presentes trazos psicopáticos. Aínda que se atopan diferenzas, os resultados atopados non son nin consistentes nin concluíntes.

Rodríguez Salgado, Dolores (Titoría)
Rodríguez Salgado, Dolores (Titoría)
Tribunal
Arce Fernández, Ramón (Presidente/a)
GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Secretario/a)
BECOÑA IGLESIAS, ELISARDO (Vogal)
Arce Fernández, Ramón (Presidente/a)
GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Secretario/a)
BECOÑA IGLESIAS, ELISARDO (Vogal)
Influencia da visualización de sucesos posteriores na memoria das testemuñas
Autoría
S.C.C.
Grao en Psicoloxía
S.C.C.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2024 10:00
16.07.2024 10:00
Resumo
A investigación en memoria de testemuñas ten un percorrido moi amplo debido a súa gran relevancia, especialmente no ámbito legal. Un gran número de variables relacionadas co recordo das testemuñas foron estudadas ao longo destes anos, sendo particularmente relevante o efecto da información percibida tras o evento que se pretende recordar, un efecto estudado empregando información de diferentes tipos, como narrativa ou en forma de preguntas capciosas. No presente traballo, preséntase unha investigación que persegue como obxectivo principal coñecer a influencia que exerce sobre o recordo a información postevento de tipo visual. Ademais, búscase comprobar se existen diferenzas entre ambos grupos respecto á calidade do recordo na proba de recordo libre, así como a diferenza no rendemento dos suxeitos en dous tipos de proba: recordo libre e preguntas de opción múltiple. Tras a realización de diferentes análises estatísticos para analizar os datos obtidos e dar resposta ás hipóteses formuladas, determinouse que a información visualizada non exerceu influencia no recordo no conxunto das probas, influíndo so parcialmente na súa calidade. Por outra banda, mostrouse un rendemento máis alto no caso da proba de recordo a través de preguntas, fronte ao desempeño no relato, evidenciando especialmente a importancia do xeito en que se recupera o recordo, e por tanto, da forma en que se lles toma declaración ás testemuñas. Non foi esquecida tampouco a presenza de limitacións no estudo, como o número da mostra ou o tempo transcorrido ata a visualización da información postevento; factores que contribúen a explicar os resultados obtidos.

D.C.F.
Grao en Psicoloxía
D.C.F.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2024 10:00
16.07.2024 10:00
Resumo
O presente traballo de fin de grao ten como obxectivo examinar a relación entre o uso de redes sociais por parte dos adolescentes e a depresión e ansiedade neste colectivo, dada a alta prevalencia destas psicopatoloxías na sociedade, o delicada que resulta esta fase da vida debido aos cambios vitais que supón e o uso cada vez máis estendido das tecnoloxías dixitais, os efectos das cales aínda non son coñecidos na súa totalidade. Para isto realizouse unha revisión bibliográfica na que se empregou a base de datos de PubMed utilizando os termos de busca “depression”, “anxiety”, “social media” e “adolescen*” dende 2018 ata marzo de 2024. Tras realizar a selección, 17 artigos foron elixidos e sometidos a revisión, o cal pasou pola identificación dos autores, obxectivos, mostra, material e instrumentos, resultados, conclusións e limitacións de cada un. O principal resultado é o que tanto o tipo e o tempo de uso das redes como a importancia que a xuventude lles dá e as razóns que teñen para utilizalas son factores que teñen relación coa depresión e a ansiedade neste colectivo, sendo esta asociación máis acentuada no caso das mulleres. Estes resultados atópanse na liña de revisións previas e poñen de manifesto a importancia dun uso moderado e consciente destas ferramentas por parte dos adolescentes que garanta a súa saúde e dignidade.

RODRIGUEZ GONZALEZ, MARIA SOLEDAD (Presidente/a)
López Durán, Ana (Secretario/a)
DOALLO PESADO, SONIA (Vogal)

Implicacións psicolóxicas nas mulleres na prostitución: unha ollada ás súas historias silenciadas.
Autoría
C.G.E.
Grao en Psicoloxía
C.G.E.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2024 10:00
16.07.2024 10:00
Resumo
A prostitución constitúe un gran problema invisible na nosa sociedade, e do que as mulleres que se dedican a ela sofren a diario as duras consecuencias. O obxectivo principal desta revisión bibliográfica é explorar as condicións psicopatolóxicas que se dan nestas mulleres, e as súas principais causas. Así, comprobouse que os trastornos máis prevalentes nestas mulleres son os Trastornos do Estado de ánimo (especialmente a Depresión), cunha prevalencia do 53,5%, seguidos dos Trastornos de Ansiedade (TA), cunha prevalencia do 36,7%, o Trastorno por Estrés Postraumático (TEPT), que segundo varios estudos oscila entre o 8% e o 71,7%, e o Trastorno por Consumo de Substancias (TCS), que sofren practicamente a maioría das mulleres que exercen a prostitución. Tamén se destaca que a maioría das mulleres están en situación de prostitución por razóns socioeconómicas, non voluntarias. O estigma que experimentan, así como os problemas sociais, familiares e económicos, son factores que dificultan o desenvolvemento dunha saúde mental saudable. Ao mesmo tempo, as condicións de violencia extrema (violacións, humillacións, ameazas, etc.) coas que teñen que convivir a diario, tanto por parte do consumidor como do proxeneta, lévanos directamente cara a unha caída precipitada da seu propia integridade física e psicolóxica.

Factores de risco de suicidio en persoas con esquizofrenia. Unha revisión sistemática.
Autoría
U.R.P.
Grao en Psicoloxía
U.R.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 10:00
09.07.2024 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao pretende realizar unha revisión documental exhaustiva e actualizada e, específicamente, busca identificar os factores de risco de suicidio en persoas con esquizofrenia, e determinar a particularidade destes factores de risco para esta poboación en concreto. Levouse a cabo unha revisión sistemática na base de datos Web of Science (WOS) e encontráronse 13 artigos que cumprían os criterios de inclusión e que foron válidos tras ler o resumo. Deles, obtívose que existen factores de risco de suicidio comúns en esquizofrenia e poboación xeral, como a depresión, as experiencias infantís adversas, a historia de suicidio previa, o abuso de sustancias, o estado civil, o sexo e a idade; e factores de risco específicos da enfermidade como a adherencia ao tratamento, o alta hospitalaria recente, a duración do tratamiento, a duración da enfermidade, o periodo de inicio da enfermidade, o número de hospitalizacións, a idade de inicio da enfermidade, os ingresos mensuais e, de maneira indirecta, o afecto embotado e o insight ou a conciencia da enfermidade.

REAL DEUS, JOSE EULOGIO (Titoría)
REAL DEUS, JOSE EULOGIO (Titoría)
Tribunal
ANDRADE FERNANDEZ, ELENA MARIA (Presidente/a)
IGLESIAS CRIADO, MARIA DEL MAR (Secretario/a)
PEREIRO ROZAS, ARTURO JOSE (Vogal)
ANDRADE FERNANDEZ, ELENA MARIA (Presidente/a)
IGLESIAS CRIADO, MARIA DEL MAR (Secretario/a)
PEREIRO ROZAS, ARTURO JOSE (Vogal)
Efectos da HD-tACS en frecuencias theta e gamma sobre a memoria episódica e a memoria de traballo
Autoría
A.A.S.R.
Grao en Psicoloxía
A.A.S.R.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 10:00
09.07.2024 10:00
Resumo
A estimulación eléctrica transcranial con corrente alterna (tACS) é unha técnica de neuromodulación que permite inducir cambios nas oscilacións cerebrais endóxenas involucradas en diferentes procesos cognitivos. En estudos previos, a estimulación mediante oscilacións theta (4-7 Hz) e gamma (30-80 Hz) tivo a capacidade de modular a memoria episódica (ME) e a memoria de traballo (MT). Entón, o obxectivo deste traballo é determinar a efectividade da HD-tACS-theta (6 Hz) e HD-tACS-gamma (60 Hz) aplicada sobre a cortiza prefrontal dorsolateral (CPFDL) esquerda nunha mostra de 21 persoas novas sas para mellorar o rendemento nunha tarefa de ME e unha de MT. Primeiro, esperábase que a HD-tACS-gamma, en comparación co placebo, mellorase o rendemento da ME e que influíse na amplitude dos potenciais evocados asociados coa memoria de recoñecemento (P600 e LPC) nunha tarefa de tipo vello/novo. Segundo, confiábase en que a HD-tACS-theta mellorase o rendemento da MT en comparación cunha condición placebo nunha tarefa 3-back. Para comprobar estes efectos, todas as persoas participantes pasaron por tres condicións experimentais diferentes de xeito contrabalanceado: HD-tACS-theta, HD-tACS-gamma e HD-tACS-sham (placebo). Os resultados obtidos nas análises estatísticas (t de Student, probas de Wilcoxon) evidencian que a HD-tACS-gamma aplicada sobre o CPFDL esquerdo prexudicou o rendemento na tarefa de ME, relacionándose con menores amplitudes dos compoñentes P600 (provocado polas imaxes “vellas”) e LPC, en comparación con HD-tACS-sham e HD-tACS-theta, indicando que a HD-tACS-gamma pode interferir negativamente cos procesos de recuperación da información e de monitorización post-recuperación. Na tarefa de MT, nin a HD-tACS-theta nin a HD-tACS-gamma tiveron efectos significativos de modulación en comparación co placebo, amosando unha incapacidade da HD-tACS de afectar aos procesos da MT.

CORREA JARABA, KENIA SHAILY Cotitoría
CID FERNANDEZ, SUSANA (Titoría)
CORREA JARABA, KENIA SHAILY Cotitoría
Tribunal
ANDRADE FERNANDEZ, ELENA MARIA (Presidente/a)
IGLESIAS CRIADO, MARIA DEL MAR (Secretario/a)
PEREIRO ROZAS, ARTURO JOSE (Vogal)
ANDRADE FERNANDEZ, ELENA MARIA (Presidente/a)
IGLESIAS CRIADO, MARIA DEL MAR (Secretario/a)
PEREIRO ROZAS, ARTURO JOSE (Vogal)
Traballo fin de grao
Autoría
A.B.N.
Grao en Psicoloxía
A.B.N.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 12:30
09.07.2024 12:30
Resumo
O abuso sexual infantil (ASI) é un problema grave e infradenunciado en España, xa que se estima que só se denuncian entre o 5% e o 10% dos casos. A literatura estableceu que as vítimas de abuso sexual infantil corren un risco significativo de sufrir unha ampla gama de trastornos médicos, psicolóxicos, conductuais e sexuais. O obxectivo do presente traballo é incrementar o coñecemento sobre os casos xudiciais de ASI en España analizando as características das vítimas e os acusados, así como as diferenzas entre os casos segundo a etapa evolutiva do/a menor, a súa relación co agresor e o tipo de agresión producida. Ademais, ponse atención ao papel que desempeña a proba pericial psicolóxica nestes xuízos. Para iso, levouse a cabo un estudo de 100 sentenzas penais, ditadas entre 2023 e 2024. Para a elaboración das análises realízanse probas estatísticas de Chi cadrado e t de Student, que permiten estudar a relación entre distintas variables. Os resultados amosan relacións entre a idade da vítima e a súa relación co agresor, a idade deste e a frecuencia do episodio, así como entre esta última e o tipo de agresión (con ou sen penetración). Ademais, constátase a relevancia da pericial psicolóxica nas sentenzas condenatorias e conclúese sobre a importancia de incrementar as medidas de protección para as vítimas

CID FERNANDEZ, SUSANA (Presidente/a)
ARCE FERNANDEZ, CONSTANTINO (Secretario/a)
Leirós Lobeiras, Luz Isabel (Vogal)

Relación entre a posible adicción aos videoxogos e a violencia filio-parental: un estudo exploratorio
Autoría
J.L.R.M.
Grao en Psicoloxía
J.L.R.M.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 12:30
09.07.2024 12:30
Resumo
Os videoxogos, máis que unha simple forma de lecer, convertéronse nun importante axente socializador, a través do cal, os menores aprenden patróns de comportamento e modelos de conduta que, segundo o tipo de videoxogo consumido, poden ser positivos ou negativos. Así mesmo, hai unha crecente e relevante preocupación social polo fenómeno da Violencia Filio-Parental, onde existe certa controversia sobre as posibles implicacións que poden ter os videoxogos sobre os consumidores, en especial sobre nenos e adolescentes. Atendendo ao uso cualitativo e cuantitativo que fai o individuo dos videoxogos, este pode desenvolver unha posible adicción aos videoxogos, o cal aparece nas clasificacións diagnósticas da OMS (CIE-11) e da APA (Sección III do DSM-5). Este traballo ten como obxectivo analizar a posible relación entre a adicción aos videoxogos na adolescencia e a violencia filioparental. Realizouse un estudo cunha mostra de 6892 adolescentes de entre 12-16 anos, observándose elevadas taxas de consumo de videoxogos en termos de frecuencia de uso (78.7% xoga polo menos mensualmente) e horas investidas (X= 9,27; DT= 12.848). Ademais, observáronse índices significativamente superiores de violencia filio-parental, onde a pesar, de que os homes presentan taxas máis elevadas de uso problemático e posible adicción aos videoxogos, as taxas de violencia filio-parental, son superiores para o xénero feminino, fóra da conduta de violencia física, tanto naqueles usuarios cun uso saudable de videoxogos, como aqueles que presentan unha posible adicción

Sintomatoloxía e proceso do perdón en población penitenciaria
Autoría
L.R.A.
Grao en Psicoloxía
L.R.A.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 12:30
09.07.2024 12:30
Resumo
A evidencia científica incide en que as persoas privadas de liberdade presentan unha serie de consecuencias psicolóxicas debidas ao estado de “prisionización”. Baixo o enfoque da Xustiza terapéutica, un paradigma legal que pretende estudar a lei como axente terapéutico e que inclúe o estudo de variables psicolóxicas como o perdón e as prácticas restaurativas, o presente estudo examina en poboación penitenciaria a sintomatoloxía psicolóxica e como esta pode verse influenciada polo proceso do perdón. Para isto, contouse cunha mostra formada por 60 persoas privadas de libertade, para as cales o 93,3% son homes (n = 56) e o 6,7 mulleres (n = 4), con un rango de idade entre os 21 e os 70 anos (M = 40.93, DT = 9.92), que cumplimentaron os instrumentos de medida. Os resultados mostraron que a mostra presenta unha sintomatoloxía moi por encima da media en todas as escalas e valores baixos nos niveis de perdón. Adicionalmente, encontráronse diferencias significativas según o nivel de perdón (baixo/alto) en somatización, obsesión-compulsión, sensibilidade interpersoal, depresión, ansiedade, hostilidade, ansiedade fóbica, ideación paranoide e psicoticismo, obtendo maiores puntuacións aqueles que presentaron baixo nivel de perdón en todas elas. Tendo en mente as limitacións do noso estudio, discútense os resultados obtidos e propóñense futuras liñas de investigación para orientar o diseño de programas de intervención que permitan promover a disposición a perdoar e, en consecuencia, a mellora do benestar psicolóxico en poboación penitenciaria.

Comparación da eficacia da Terapia Cognitivo Conductual e da EMDR para o Trastorno por Estrés Postraumático: Unha revisión sistemática
Autoría
B.A.T.
Grao en Psicoloxía
B.A.T.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 12:30
09.07.2024 12:30
Resumo
Esta revisión sistemática compara a eficacia da Terapia Cognitivo-Conductual (TCC) e a Desensibilización e Reprocesamento por Movimentos Oculares (EMDR) no tratamento do Trastorno por Estrés Postraumático (TEPT). Realizouse unha busca exhaustiva nas bases de datos PsycINFO, PubMed, Scopus e Web of Science ata febreiro de 2024, incluíndo ensaios clínicos controlados e aleatorizados (ECA) que avaliaron a eficacia da TCC e a EMDR para o TEPT. Os estudos que comparan TCC e EMDR non amosan diferenzas significativas na eficacia global para reducir os síntomas de TEPT. A EMDR demostrou unha redución máis rápida dos síntomas e unha maior eficiencia no tempo de procesamento do trauma. Ambas terapias foron eficaces na redución dos síntomas comórbidos de depresión e ansiedade. Desta forma, TCC e EMDR son tratamentos viables para o TEPT, coa EMDR ofrecendo algunhas vantaxes en velocidade e eficiencia. A elección da terapia debe considerar as preferencias do paciente, a dispoñibilidade de terapeutas e contextos clínicos específicos.
Esta revisión sistemática compara a eficacia da Terapia Cognitivo-Conductual (TCC) e a Desensibilización e Reprocesamento por Movimentos Oculares (EMDR) no tratamento do Trastorno por Estrés Postraumático (TEPT). Realizouse unha busca exhaustiva nas bases de datos PsycINFO, PubMed, Scopus e Web of Science ata febreiro de 2024, incluíndo ensaios clínicos controlados e aleatorizados (ECA) que avaliaron a eficacia da TCC e a EMDR para o TEPT. Os estudos que comparan TCC e EMDR non amosan diferenzas significativas na eficacia global para reducir os síntomas de TEPT. A EMDR demostrou unha redución máis rápida dos síntomas e unha maior eficiencia no tempo de procesamento do trauma. Ambas terapias foron eficaces na redución dos síntomas comórbidos de depresión e ansiedade. Desta forma, TCC e EMDR son tratamentos viables para o TEPT, coa EMDR ofrecendo algunhas vantaxes en velocidade e eficiencia. A elección da terapia debe considerar as preferencias do paciente, a dispoñibilidade de terapeutas e contextos clínicos específicos.
Dirección
BLANCO RIAL, MANUEL JOSE (Titoría)
BLANCO RIAL, MANUEL JOSE (Titoría)
Tribunal
CID FERNANDEZ, SUSANA (Presidente/a)
ARCE FERNANDEZ, CONSTANTINO (Secretario/a)
Leirós Lobeiras, Luz Isabel (Vogal)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Presidente/a)
ARCE FERNANDEZ, CONSTANTINO (Secretario/a)
Leirós Lobeiras, Luz Isabel (Vogal)
O Papel da Disociación no Trastorno Límite da Personalidade: Análise e Implicacións
Autoría
P.A.R.
Grao en Psicoloxía
P.A.R.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 10:00
09.07.2024 10:00
Resumo
O trastorno límite da personalidade (TLP) é unha condición psicopatolóxica grave, heteroxénea, común e altamente comórbida, que, actualmente, se considera un asunto de saúde pública notorio. Así mesmo, a súa gravidade vese aumentada coa presenza de experiencias disociativas, as cales se amosan cunha elevada prevalencia neste trastorno. Por conseguinte, lévase a cabo unha revisión bibliográfica que pretende examinar o rol da disociación no TLP, en canto a manifestacións, correlatos, determinantes e implicacións clínicas. Para elo, selecciónase un total de 16 artigos publicados nos últimos dez anos. Tras a correspondente revisión, pode constatarse que a disociación postúlase coma un fenómeno diverso no TLP, o cal pode reflictir a propia heteroxeneidade do trastorno, así como axudar a profundizar nela. Ademais, esta experiencia disociativa é unha manifestación distinta á presente noutros trastornos, coma o trastorno de identidade disociativo (TID). No TLP, atópase un claro vínculo entre dous dos seus síntomas centrais, a alteración da identidade e os déficits de regulación emocional, e a disociación. Así mesmo, as experiencias de trauma infantil postúlanse como potentes preditoras da presenza destes síntomas disociativos. En conxunto, a presenza e severidade das experiencias disociativas, así como das traumáticas, supón un incremento na gravidade da condición límite. O mencionado ata agora conleva numerosas implicacións clínicas. Concretamente, no que respecta ao tratamento, plantéxase a necesidade de avaliar a presentación da disociación en cada paciente límite, coa finalidade de adecuar a intervención ás demandas e optimizar a resposta terapéutica.

El impacto del mindfulness en la reducción del estrés y la ansiedad en estudiantes universitarios: una revisión de la literatura
Autoría
A.B.M.
Grao en Psicoloxía
A.B.M.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
09.07.2024 10:00
09.07.2024 10:00
Resumo
El estrés y la ansiedad son dos síntomas muy comunes entre los estudiantes universitarios en la actualidad. Desde hace años se estudia la eficacia del mindfulness en la población general para mejorar el bienestar, pero no se centraba de forma extensa en esta población tan afectada. El objetivo de este trabajo fue llevar a cabo una revisión de la literatura sobre la eficacia de la técnica del mindfulness para reducir la ansiedad y el estrés en los estudiantes universitarios. La búsqueda se realizo en las bases de datos de PsycINFO y Web of Science, seleccionándose 10 estudios controlados aleatorizados. De estos, cuatro usaron el programa de Reducción del Estrés basado en Mindfulness (MBSR); otros cuatro usaron la Terapia Cognitiva basada en Mindfulness (MBCT); y dos la Intervención basada en Mindfulness (MBI), aunque algunos es estos estudios realizaron adaptaciones para que se ajustara a sus intereses. A partir de los resultados se llega a la conclusión de que las técnicas de mindfulness son eficaces para mejorar la salud mental y el bienestar de los estudiantes, aportando una herramienta para esta etapa educativa. No obstante, es necesario continuar la investigación en este ámbito para poder generalizar los resultados para aportar solidez a estas técnicas. Además, es de considerar realizar estudios a largo plazo para comprobar si esta eficacia se mantiene y/o tiene algún posible efecto secundario.

COTARDO VALCARCEL, TANIA Cotitoría
VAZQUEZ GONZALEZ, FERNANDO LINO (Titoría)
COTARDO VALCARCEL, TANIA Cotitoría
Tribunal
PICON PRADO, EDUARDO (Presidente/a)
GOMEZ FRAGUELA, Xosé Antón (Secretario/a)
AMENEDO LOSADA, MARIA ELENA (Vogal)
PICON PRADO, EDUARDO (Presidente/a)
GOMEZ FRAGUELA, Xosé Antón (Secretario/a)
AMENEDO LOSADA, MARIA ELENA (Vogal)
2023_24TFG_VeronicaPayoEstevez_Regulacion
Autoría
V.P.E.
Grao en Psicoloxía
V.P.E.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2024 10:00
16.07.2024 10:00
Resumo
O trastorno límite da personalidade (TLP) constitúe un patrón de inestabilidade nas relacións interpersoais, na imaxe dun mesmo e nos afectos, caracterizado por dificultades na regulación emocional, así como unha marcada impulsividade. Os obxectivos da presente revisión sistemática son, polo tanto, examinar o papel da regulación/desregulación emocional no TLP (na súa manifestación e gravidade); así como analizar que estratexias de regulación emocional se asocian coa conducta autolesiva, un comportamento comunmente observado en suxeitos con TLP. Para levar a cabo este estudo realizouse unha busca sistemática de investigacións empíricas relativas aos últimos dez anos en tres bases de datos como PsycInfo, Web of Science (WOS) e Medline, rematando por seleccionar quince artigos para a revisión. En base ás investigacións revisadas puido constatarse o papel desempeñado pola desregulación emocional como unha das características centrais do TLP e a súa relación coa conducta autolesiva como estratexia disfuncional de regulación emocional empregada ante niveis elevados de emocionalidade negativa, buscando a evitación experiencial ou a obtención dun breve alivio emocional a curto prazo, a pesar de contribuír ao deterioro do estado de ánimo a longo prazo. Observouse tamén que este modo de conduta disfuncional podería cumprir outras funcións como o castigo autoinflinxido, o manexo de sentimentos de vergoña, culpa ou autocrítica, a externalización física da dor emocional ou a busca de autonomía, entre outros.

Rehabilitación neuropsicolóxica no síndrome post-COVID-19
Autoría
M.H.M.
Grao en Psicoloxía
M.H.M.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2024 10:00
16.07.2024 10:00
Resumo
Os déficits cognitivos asociados á condición post-COVID-19 constitúen actualmente un gran problema, tanto social coma sanitario. Debido á elevada propagación e transmisión do virus SARS-CoV-2, existe un gran número de persoas que a día de hoxe aínda seguen sufrindo as consecuencias desta infección, resultando nunha importante afectación na súa funcionalidade e calidade de vida. Porén, ata o momento dispónse de limitada información sobre o seu tratamento. Realizouse unha revisión nas bases de datos PsycInfo e MEDLINE, identificando 12 estudos sobre intervencións neuropsicolóxicas na condición post-COVID-19. Analizáronse as súas características, técnicas empregadas, eficacia e variables relevantes nos resultados da intervención. Inicialmente, estes estudos mostran unha mellora no rendemento e poñen de manifesto a efectividade das técnicas, tanto de estimulación cerebral non invasiva como de restauración, para o tratamento das secuelas cognitivas da condición post-COVID-19. Non obstante, é necesario que a investigación continúe para coñecer mellor esta condición e dar o tratamento máis efectivo posible a aqueles que a sofren.

Relación entre a aprendizaxe autorregulada e as altas capacidades en estudantes
Autoría
M.D.L.M.M.V.
Grao en Psicoloxía
M.D.L.M.M.V.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2024 10:00
16.07.2024 10:00
Resumo
O presente traballo de fin de grao examina a aprendizaxe autorregulada (AAR) en estudantes con altas capacidades (AC) co obxectivo de coñecer a relación existente entre ambos. Para iso, realizouse a busca de documentos nas bases de datos Psycinfo, Scopus e Web of Science. Do total dos artigos atopados utilizáronse 19, ademais de 5 que se engadiron posteriormente a través de busca manual pola súa relevancia á hora de redactar este informe e de comprender, en maior medida, a temática para abordar. Os principais achados atopados indican a ausencia dunha relación intrínseca entre a AC e o AAR, mostrando que esta está mediada por distintas dimensións motivacionais, como a autoeficacia e o autoconcepto; así como pola orientación a metas que os estudantes posúen e o contexto no que estes se desenvolven. Estes resultados suxiren a importancia crear espazos estimulantes nos que se promova entre o alumnado o uso de estratexias que posibiliten o control da propia aprendizaxe para lograr un bo rendemento académico. O que se recolle nesta revisión ten implicacións na práctica útiles para implementar na aula; do mesmo xeito que para futuras investigacións que poden centrarse en explorar a relación entre as características propias dos individuos con AC e os compoñentes concretos do AAR, como os xa mencionados previamente.

Rivas Torres, Rosa María (Presidente/a)
GUTIERREZ GARCIA, EMILIO (Secretario/a)
CORRAL VARELA, MARIA MONTSERRAT (Vogal)
Rivas Torres, Rosa María (Presidente/a)
GUTIERREZ GARCIA, EMILIO (Secretario/a)
CORRAL VARELA, MARIA MONTSERRAT (Vogal)
Funcionamento en memoria de pacientes con fibromialxia: unha revisión sistemática.
Autoría
L.P.D.
Grao en Psicoloxía
L.P.D.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2024 10:00
16.07.2024 10:00
Resumo
A fibromialxia (FM) caracterízase pola presenza de dor musculoesquelética xeneralizada, non obstante os pacientes presentan outros síntomas relevantes, a nivel diagnóstico e funcional, como a disfunción cognitiva. En particular, o dominio cognitivo sobre o que os pacientes expresan máis queixas é a memoria. O obxectivo desta revisión sistemática é buscar probas para determinar o funcionamento da memoria, tanto a nivel obxectivo como subxectivo, dos pacientes con FM. Para iso, realizouse unha busca bibliográfica sistemática da que se seleccionaron 11 estudos nos que se realizou unha avaliación neuropsicolóxica do funcionamento da memoria obxectiva e/ou subxectiva dos pacientes con FM. Tras a revisión dos artigos, observouse que os pacientes mostraban unha maior prevalencia de queixas sobre o seu funcionamento da memoria que as persoas sanas, así como problemas de memoria verbal a longo prazo. Atopáronse resultados contradictorios en canto á memoria visuoespacial a longo prazo, o que dificulta a extracción de conclusións debido ao escaso número de estudos ao respecto. En canto ao funcionamento dos pacientes con FM na memoria de traballo, aínda que se atoparon discrepancias entre os estudos sobre este aspecto, parecen apuntar a presenza de déficits na memoria de traballo visuoespacial, mentres que hai poucas evidencias de déficits na memoria de traballo verbal.

Conduta suicida no período perinatal: Prevalencia e factores de risco
Autoría
S.S.P.
Grao en Psicoloxía
S.S.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2024 10:00
16.07.2024 10:00
Resumo
O suicidio constitúe un dos maiores problemas de saúde pública a nivel mundial. Na muller o período perinatal é especialmente crítico pola súa maior vulnerabilidade a desenvolver problemas de saúde mental. Como consecuencia, é esencial coñecer a prevalencia desta conduta e os seus factores de risco, para poder desenvolver medidas efectivas de prevención e intervención. O obxectivo principal desta revisión sistemática é dar a coñecer a prevalencia e os factores de risco da conduta suicida no embarazo e posparto. Para isto, realizouse unha busca sistemática en PsycInfo, Web of Science e PubMed, na que se seleccionaron 17 artigos publicados entre 2015 e 2024. Tras a revisión dos estudos, observouse unha elevada variabilidade nas prevalencias do comportamento suicida, tanto no embarazo (entre o 0,01% e o 6,00%) como no posparto (entre o 0,01% e o 5,06%). Durante a xestación, a prevalencia media foi de 2,14%, e no posparto, de 1,04%. Atopáronse factores de risco propios de cada período, en especial aqueles relacionados co propio embarazo ou parto. Tamén se identificaron factores de risco comúns a ambas as etapas. Os factores sociodemográficos máis frecuentes foron o de ter unha menor idade e condicións socioeconómicas baixas. Os factores psicosociais que máis se repiten nos estudos foron o de presentar trastornos mentais e antecedentes de comportamento suicida.

Míguez Varela, María del Carmen (Titoría)
Míguez Varela, María del Carmen (Titoría)
Tribunal
Rivas Torres, Rosa María (Presidente/a)
GUTIERREZ GARCIA, EMILIO (Secretario/a)
CORRAL VARELA, MARIA MONTSERRAT (Vogal)
Rivas Torres, Rosa María (Presidente/a)
GUTIERREZ GARCIA, EMILIO (Secretario/a)
CORRAL VARELA, MARIA MONTSERRAT (Vogal)
Prácticas docentes promotoras da aprendizaxe autorregulada: efectos e antecedentes
Autoría
N.S.F.
Grao en Psicoloxía
N.S.F.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2024 10:00
16.07.2024 10:00
Resumo
A educación é un dos maiores retos da sociedade actual. Conseguir que o alumnado se converta en persoas autónomas, capaces de aprender e cun bo axuste educativo e social considérase unha prioridade. A aprendizaxe autorregulada (AAR) é clave para conseguir estes propósitos, e a súa ensinanza unha vía para alcanzalos. É por isto, que o obxectivo desta revisión é coñecer as prácticas de promoción da AAR (PAAR), os efectos que teñen no alumnado e as posibles variables asociadas ó proceso. Para elo, realizouse unha busca sistemática da que se seleccionaron 19 artigos nos que se exploran as PAAR e as variables docentes que se asocian ás mesmas. A revisión amosou que os/as docentes de distintos niveis educativos fan uso de diversidade de PAAR, tanto directas como indirectas. Ademais, as PAAR mostran efectos favorables sobre as vertentes motivacional e estratéxica da AAR. Así mesmo, variables como o coñecemento da AAR, as crenzas e a autoeficacia do/a docente asócianse á promoción da autorregulación nas súas aulas. En conclusión, se ben a investigación no eido está a crecer e amosa resultados prometedores, de cara á intervención, é prioritario ter en conta variables do/a docente, así como do alumnado, ademais de dotar ós primeiros cos coñecementos e recursos necesarios para ser quen de fomentar a autorregulación nas aulas.

Motivación Intrínseca e Características Persoais
Autoría
L.M.C.V.
Grao en Psicoloxía
L.M.C.V.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2024 10:00
16.07.2024 10:00
Resumo
A motivación intrínseca, considerada a verdadeira motivación, é un aspecto fundamental no ámbito organizacional, dado que se vincula cun maior rendemento. Autores como Bandura sinalan a relación entre a motivación e os procesos de autorregulación, tales como a autoeficacia ou o establecemento de obxectivos. @Teniendo en cuenta que a motivación é unha interacción entre a persoa e o contexto, o obxectivo deste estudo piloto é determinar cales son as características persoais que inflúen na motivación intrínseca dos traballadores e que permiten, á súa vez, predicila. Para iso, elaborouse un cuestionario en liña formado por unha serie de variables sociodemográficas, o NEO-FFI, a Escala de Autoeficacia de Quijano e Navarro, o Work Domain Goal Orientation Instrument e as escalas de Motivación Interna e Satisfacción coa Autorrealización do JDS. A mostra estivo composta por 334 participantes, sendo o 86.2% deles mulleres. Os resultados revelaron que a Responsabilidade, as Metas de Aprendizaxe, as Metas de Evitación e a Amabilidade son predictores significativos da Motivación Intrínseca dos traballadores. Estes resultados poderían ser útiles para a selección ou promoción de candidatos atendendo a esas características persoais que os fan máis propensos a motivarse de forma intrínseca. Tamén se quixo estudar a existencia de diferenzas significativas entre a Xeración Z e xeracións anteriores, e aínda que non se atoparon diferenzas significativas, sería interesante profundar neste tema dada a súa recente incorporación ao mundo laboral.

Extremismo e Populismo: unha Análise Conceptual e Preditiva
Autoría
A.C.P.
Grao en Psicoloxía
A.C.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2024 10:00
16.07.2024 10:00
Resumo
Nos últimos anos Europa atopouse cun escenario no que novos actores populistas e extremistas pasaron a ter un rol principal, cuestionando o sistema sociopolítico vixente e poñendo en xaque a sociedade democrática, e foron e son cada vez máis as persoas que se decantaron por escoller este tipo de alternativas políticas. Este traballo tivo como obxectivos delimitar os conceptos extremismo e populismo e establecer a súa relación cunha serie de variables utilizadas en investigación como preditoras deles (mentalidade conspiranoica, envexa disposicional e confianza política) para observar que leva a que a cidadanía escolla estas opcións. Os resultados das correlacións e regresións lineais amosaron unha diferenza entre os conceptos extremismo e populismo e tamén a capacidade de mentalidade conspiranoica e envexa disposicional para predicir o populismo e o extremismo, e a da confianza política para predicir o extremismo