O TFG é unha materia que consiste na elaboración, por parte do estudante, de forma individual, baixo a supervisión dun ou máis titores/as académicos, dun traballo orixinal no que se integren e desenvolvan os contidos formativos recibidos, capacidades, competencias e habilidades en investigación e comunicación, adquiridas durante os estudos do Grao. Para poder presentar o TFG é preciso ter superados todos os créditos da titulación, agás os do TFG.
O TFG formúlase como un primeiro traballo de investigación dos/as alumnos/as do Grao. Recoméndase que, en canto a estrutura e contido, se planifique como un traballo de investigación que puidera culminar nun artigo susceptible de ser publicado nas revistas científicas propias da disciplina e/ou ser presentado en congresos científicos, cunha extensión de entre 30 e 50 páxinas nas que o/a alumno/a dispoña de espazo axeitado para demostrar os seus coñecementos sobre o estado do problema a investigar; os obxectivos e planeamento do traballo; o material e métodos; os resultados; a discusión, e as conclusións.
- Julián Álvarez Escudero. Decano e presidente
- María del Pilar Fernández Rodríguez. Secretaria Académica e Secretaria da Comisión
- José Martín Carreira Villamor. Vicedecano e Coordinador do TFG
- Álvaro Hermida Ameijeiras. Coordinador da ACOE
- José Ignacio Muñoz Barús. Director do Departamento de Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia, e Pediatría
- José Luis Labandeira García. Director do Departamento de Ciencias Morfolóxicas
- Angel Luis Fernández González. Director do Departamento de Cirurxía e Especialidades Médico- Cirúrxicas
- Francisco Caamaño Isorna. Director do Departamento de Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Medicina e Enfermaría.
- Francisco Javier Martín Cora. Director do Departamento de Fisioloxía
- Julián Álvarez Escudero. Decano e presidente
- María del Pilar Fernández Rodríguez. Secretaria Académica e Secretaria da Comisión
- María Jesús José Mora Bermúdez. Vicedecana e Coordinadora do TFG
- Mario Pérez-Sayáns García. Coordinador da Área de Estomatoloxía
- José Ignacio Muñoz Barús. Director do Departamento de Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia, e Pediatría
- José Luis Labandeira García. Director do Departamento de Ciencias Morfolóxicas.
- Ángel Luis Fernández González. Director do Departamento de Cirurxía e Especialidades Médico- Cirúrxicas
- Francisco Javier Martín Cora. Director do Departamento de Fisioloxía
- Francisco Caamaño Isorna. Director do Departamento de Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Medicina e Enfermaría
- Jesusa Rico Picón. Xestora de Centro