Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Máster Universitario en Investigación en Ciencias da Visión

  • En extinción
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias da Saúde
Centro(s)
Facultade de Medicina e Odontoloxía
Rúa de San Francisco, s/n , 15782
Santiago de Compostela
881812219 (Conserxería)
881812237 (Decanato)
medicina.decanato@usc.gal
Facultade de Medicina e Odontoloxía
Rúa Entrerríos, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881812343 (Conserxería)
881812340 (Negociado)
odontoloxia.negociado@usc.gal
Facultade de Medicina e Odontoloxía
Rúa Choupana, s/n, 15782
Santiago de Compostela
981956183 (Conserxería)
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Maria Teresa Rodriguez Ares
Contacto
mariateresa.rodriguez@usc.es

O máster, de carácter interuniversitario, busca potenciar a calidade da investigación mediante a cooperación das diferentes Universidades con programas de investigación en Oftalmoloxía e Ciencias da Visión, proporcionando unha formación investigadora máis completa aos estudantes, potenciando a súa mobilidade e a colaboración con empresas.

  • Duración: 1 ano académico
    Código RUCT: 4316947
    Número de ECTS: 60
    Número prazas: 10

    Decano/a ou director/a do centro:
    Julián Álvarez Escudero

    Coordinador-a do título:
    Maria Teresa Rodriguez Ares
    mariateresa.rodriguez@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Valladolid

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela Universidade Complutense de Madrid Universidade de Murcia Universidade de Valladolid Universidade de Alcalá

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Orde do 5/08/2019 (DOG do 14/08/2019)

    Data de publicación no BOE:
    10/03/2020

    Data da última acreditación:
    05/06/2019

    Este máster é un título interuniversitario coas universidades de Alcalá, Complutense de Madrid, Murcia, Navarra, Valladolid e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

  • Condicións de terminación:

    Obrigatorias: 6
    Optativas: 24
    Traballo fin de máster: 30
    Total: 60

    As materias agrúpanse en perfís ou itinerarios formativos que dan lugar ás seguintes especializacións:

    - Técnicas en Investigación e Diagnóstico en Ciencias da Visión
    - Enfermidades do Aparello Visual
    - Óptica Visual ou Fisiolóxica
    - Neurofisioloxía da Visión

    Cada itinerario está constituídos por diversas materias específicas e unha obrigatoria, denominada Fundamentos da Visión, máis un quinto itinerario mixto, que non conduce a ningunha especialización. A materia Fundamentos da Visión estabelece o nivel mínimo de coñecementos xerais que todos os estudantes que están formándose no programa deben ter sobre os aspectos anatómicos, histopatolóxicos, xenéticos, ópticos, fisiolóxicos e oftalmolóxicos (clínicos) do proceso da visión.

    Deses itinerarios, un posúe un perfil Físico-Óptico e está orientado fundamentalmente á formación nos aspectos ópticos da visión. Outro é de perfil Biomédico e achega coñecementos útiles en aspectos xerais das liñas de investigación biomédicas. O terceiro está orientado á formación nos aspectos neurofisiolóxicos da visión.

    Finalmente, poderíanse seleccionar combinacións de materias deses itinerarios sen conducir a unha especialización definida. É o que denominamos itinerario mixto.

    Para obter unha especialización o alumno debe cursar un mínimo de 12 créditos do itinerario específico elixido.

    • Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

  • Fundamentalmente a titulados/as en Medicina, Bioloxía, Química, Bioquímica, Farmacia, Física, Veterinaria, Estatística, Óptica, Optometría e Enfermaría.

    Tamén se pode realizar coas seguintes titulacións: Enxeñaría en Informática, Telecomunicacións, Industrial e Electrónica.

    No caso de haber máis solicitudes que prazas ofertadas aplicaranse os seguintes criterios específicos de selección:

    • Nota media mínima do expediente: 1,6 (escala 1-4) (este criterio é excluínte. De non chegar o solicitante a esta nota media desestimarase a solicitude, agás que concorran circunstancias excepcionais)
    • Cualificacións das materias relacionadas co máster obtidas na titulación de acceso.
    • Traballos, cursos, seminarios realizados co perfil do máster.
    • Coñecemento de inglés (nivel B1 ou equivalente)
    • Outros méritos
    • Carta de motivación e interese na investigación neste campo.
  • - Potenciar a calidade da investigación en Oftalmoloxía e Ciencias da Visión, axuntando para iso os esforzos de diferentes Departamentos e Institutos Universitarios con programas de investigación relacionados con ese tema.

    - Promover a cooperación científica entre os diferentes grupos de investigación participantes no programa, tanto nacionais como estranxeiros, e o intercambio para unha abordaxe máis completa da formación en investigación e en técnicas docentes dos estudantes.

    - Potenciar a mobilidade dos estudantes entre os centros de investigación participantes e outros centros internacionais co fin de favorecer a súa incorporación futura a equipos de investigación distintos do de procedencia.

    - Promover a colaboración con empresas para conseguir unha formación investigadora non só
    específica, tamén útil á sociedade.

  • Mobilidade

    Este Máster potencia a mobilidade dos estudantes. De entrada, está concibido para impartirse nas diferentes universidades que o conforman. Ten diversas sedes de impartición das materias, tantas como organismos participantes, en diversas cidades españolas (Alcalá, Madrid, Murcia, Santiago de Compostela e Valladolid). Nelas realízanse as diferentes actividades formativas repartidas segundo que organismo sexa o responsable académico. O obxectivo desta distribución é familiarizar aos estudantes con outros contextos de investigación e inicialos no camiño das estancias predoutorais noutros Centros, nacionais ou internacionais.

    Ademais, a única materia obrigatoria (Fundamentos da Visión), se imparte tradicionalmente en Valladolid, de tal xeito que todos os estudantes matriculados en cada curso académico, sexa cal for a súa universidade de matriculación, desprázase a Valladolid. Iso fai que todos os estudantes de cada ano se coñezan e empecen a formar lazos. O obxectivo desta práctica é potenciar outro dos aspectos craves da investigación: a colaboración.

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    Non se contemplan

  • A materia denominada “Traballo de Fin de Máster” (TFM) outorga os compoñentes prácticos para o deseño e presentación, por parte do estudante, dun proxecto de investigación orixinal, tendo en conta todos os aspectos que son relevantes cando se suscita unha investigación: os antecedentes e estado actual do tema obxecto do estudo, a hipótese e os obxectivos do traballo, a metodoloxía a empregar, a análise dos posibles resultados e a discusión dos mesmos tendo en conta a literatura específica.

    Para desenvolver esta materia asignarase un titor/a a cada estudante que será necesariamente un profesor do Máster con título de doutor.

  • O máster reúne cada ano a especialistas con recoñecida experiencia docente e investigadora que participan nas diferentes materias que conforman o programa.

    Non hai información dispoñible neste momento.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.06.2024.