Ir o contido principal

Calidade

A Facultade de Medicina e Odontoloxía é consciente da importancia que ten a calidade no contexto universitario, de cara a garantir programas formativos que dean resposta ás demandas de excelencia da súa contorna económica e social.

Tomando como referencia a política de calidade da USC, a Facultade elabora a súa política, marcando como principal obxectivo desta o desenvolvemento de programas formativos que estean avalados por unha xestión de calidade, como elemento clave e estratéxico para establecer un compromiso de máxima eficacia cos seus grupos de interese.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.05.2021.