Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Grao en Odontoloxía

  • En extinción
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias da Saúde
Centro(s)
Facultade de Medicina e Odontoloxía
Rúa de San Francisco, s/n , 15782
Santiago de Compostela
881812219 (Conserxería)
881812237 (Decanato)
medicina.decanato@usc.gal
Facultade de Medicina e Odontoloxía
Rúa Entrerríos, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881812343 (Conserxería)
881812340 (Negociado)
odontoloxia.negociado@usc.gal
Facultade de Medicina e Odontoloxía
Rúa Choupana, s/n, 15782
Santiago de Compostela
981956183 (Conserxería)
Campus
Santiago de Compostela
estudantes de odontoloxía

O Título de Grao en Odontoloxía ten como obxectivo a formación de profesionais con adecuados coñecementos e habilidades para servir a sociedade mediante a satisfacción das súas demandas sanitarias odontolóxicas, tanto na faceta de prevención, como de diagnóstico e tratamento, dun modo ético e con eficiencia e seguridade.

  • Duración: 5 anos académicos
    Código RUCT: 2502223
    Número prazas: 50

    Decano/a ou director/a do centro:
    Julián Álvarez Escudero

    Coordinador-a do título:
    Pilar Gandara Vila
    pilar.gandara@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Nivel MECES: 3

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Decreto 150/2010 de 16 de setembro de 2010

    Data de publicación no BOE:
    BOE do 3 de marzo de 2011

    Data da última acreditación:
    11/07/2017

    Habilitación profesional:
    Este título habilita en España para o exercicio da profesión regulada de Dentista.

    O Título de Grao en Odontoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela ten como obxectivo a formación de profesionais con adecuados coñecementos, habilidades, actitudes e competencias, que estean capacitados para servir a sociedade mediante a satisfacción das súas demandas sanitarias odontolóxicas, tanto na faceta de prevención, como de diagnóstico e tratamento, dun modo ético e con eficiencia e seguridade. Estes profesionais deben apreciar a necesidade do desenvolvemento profesional e a formación continuada ao longo da vida, ser capaces de utilizar con eficiencia os avances no coñecemento e a tecnoloxía e entender o papel central do paciente na toma de decisións terapéuticas.

  • 1. Para acceder ás materias do módulo IV o alumno terá que ter aprobados 90 ECTS dos módulos I, II e III que obrigatoriamente deben incluír as materias: Morfología e Función do Aparello Estomatognático, Introdución á Odontoloxía .Clínica e laboratorio, Radioloxía xeral e Protección Radiológica.
    2. Establécense as seguintes incompatibilidades entre materias do módulo IV debido a que o alumno realiza actividade clínica en pacientes:
    Incompatibilidade: Patoloxía e Terapéutica Dental I /
    Materia afectada: Patoloxía e Terapéutica Dental II
    Incompatibilidade: Oclusión e Odontoloxía Protésica I /
    Materia afectada: Oclusión e Odontoloxía Protésica II
    Incompatibilidade: Cirurxía Oral I /
    Materia afectada: Cirurxía Oral II
    Incompatibilidade: Ortodoncia Básica /
    Materia afectada: Ortodoncia Clínica
    3. Para acceder ás prácticas tuteladas o alumno debe superar as materias:
    a. Patoloxía e Terapéutica Dental II
    b. Oclusión e Odontoloxía Protésica II
    c. Cirurxía Oral II
    d. Periodoncia
    e. Odontopediatría
    4. Para o acceso ao módulo IV e ás prácticas tuteladas existirá unha avaliación conxunta previa á cualificación definitiva das incompatibilidades para a súa valoración global , que será levada a cabo por unha comisión de Calidade da Avaliación constituída polos Profesores Coordinadores das materias obxecto de avaliación e presidida polo Profesor Responsable da Calidade do Grao ou polo Coordinador do Título.

  • Non se contemplan

  • O edificio de Odontoloxía conta con 6 aulas de propósito xeral, unha aula de seminario con capacidade para 24 alumnos, así como diversos laboratorios, salas de xesos e plantas de asistencia clínica.

    Existen tamén espazos habilitados para o alumnado:

    • Unha aula de informática de acceso libre que está dotada con ordenadores.
    • Unha sala de estudos con 30 postos.

    Ademais, os estudos de Grao en Odontoloxía utilizan parte das instalacións do edificio de Medicina.

    O centro dispón dunha Biblioteca, que consta dunha sala de lectura con aproximadamente 120 postos, e unha sala de traballo en grupo, con 12 postos de traballo.

    Tamén hai que destacar que desde calquera punto da Facultade é posible a conexión sen fíos a Internet.

  • O Título de Grao en Odontoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela ten como obxectivo a formación de profesionais con adecuados coñecementos, habilidades, actitudes e competencias, que estean capacitados para servir a sociedade mediante a satisfacción das súas demandas sanitarias odontolóxicas, tanto na faceta de prevención, como de diagnóstico e tratamento, dun modo ético e con eficiencia e seguridade. Estes profesionais deben apreciar a necesidade do desenvolvemento profesional e a formación continuada ao longo da vida, ser capaces de utilizar con eficiencia os avances no coñecemento e a tecnoloxía e entender o papel central do paciente na toma de decisións terapéuticas

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    Prácticas Tuteladas
    As Prácticas Tuteladas organizaranse en forma de prácticas profesionais seguindo o concepto de clínica odontolóxica integrada co obxectivo de alcanzar a suficiente experiencia clínica para que os alumnos poidan realizar a avaliación final de competencias, non só das puramente clínicas, senón tamén aquelas que permitan incorporar os valores profesionais, competencias de comunicación asistencial, de xestión clínica, de razoamento clínico e xuízo crítico. Deberán incluír traballo clínico do estudante en pacientes de todas as idades e condicións dun modo integrado e baixo a adecuada supervisión.

  • O traballo de fin de grao organizarase como unha materia transversal asociada ás distintas materias do grao na que se poderán avaliar competencias alcanzadas polo estudante.
    Para a defensa do TFG o alumno terá que superar o resto dos créditos do Grao

  • Non hai información dispoñible neste momento.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.06.2024.