Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Máster Universitario en Condicionantes Xenéticos, Nutricionais e Ambientais do Crecemento e Desenvolvemento NUTRENVIGEN G+D Factors

Modalidade
Virtual
Rama de coñecemento
Ciencias da Saúde
Ámbito de coñecemento
Interdisciplinar.
Centro(s)
Facultade de Medicina e Odontoloxía
Rúa de San Francisco, s/n , 15782
Santiago de Compostela
881812219 (Conserxería)
881812237 (Decanato)
medicina.decanato@usc.gal
Facultade de Medicina e Odontoloxía
Rúa Entrerríos, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881812343 (Conserxería)
881812340 (Negociado)
odontoloxia.negociado@usc.gal
Facultade de Medicina e Odontoloxía
Rúa Choupana, s/n, 15782
Santiago de Compostela
981956183 (Conserxería)
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
María Rosaura Leis Trabazo

Este máster proporciona unha formación avanzada, de orientación multidisciplinar, para a especialización académica, profesional e investigadora de titulados interesados en diversos campos da investigación en Pediatría. É un máster interuniversitario coas universidades de Cantabria, Granada, Rovira i Virgili e Zaragoza.

  • Duración: 1 ano académico
    Código RUCT: 4316885
    Número de ECTS: 60
    Número prazas: 25

    Decano/a ou director/a do centro:
    JOSE MARTIN CARREIRA VILLAMOR
    josemartin.carreira@usc.es

    Coordinador-a do título:
    María Rosaura Leis Trabazo

    Linguas de uso:
    Castelán

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Granada

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Granada Universidade de Zaragoza Universidade Rovira I Virgili

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Orde do 5/08/2019 (DOG do 14/08/2019)

    Data de publicación no BOE:
    -

    Data da última acreditación:
    05/06/2019

    O Máster conxunto interuniversitario NUTRENVIGEN-G D Factors trátase dun único título oficial organizado conxuntamente por 4 Universidades o “Joint Programme”, de gran interese científico e académico.

    O carácter internacional deste Máster propiciou o convenio establecido coa Early Nutrition Academy (ENA), a través do cal, entre outras actividades, todos os alumnos do Máster NUTRENVIGEN-G D Factors están convidados a participar nos Postgraduate Courses que anualmente se celebran nunha das Universidades participantes no consorcio.

  • Condicións de terminación:

    Obrigatorias: 15
    Optativas: 21
    Prácticas externas: 9
    Traballo fin de máster: 15
    Total: 60

    Non se contemplan

    O Plan de Estudos actualizado estruturouse en 6 Módulos:
    1) Mód. 1: Xenética, nutrigenómica e terapias avanzadas en Pediatría, composto por 3 Materias Temáticas.
    2) Mód. 2: Estilos de vida, nutrición e metabolismo infantil e xuvenil, composto por 11 Materias Temáticas.
    3) Mód. 3: Crecemento e Desenvolvemento Humano, composto por 3 Materias Temáticas.
    4) Mód. 4: Metodoloxía da Investigación, composto por 5 Materias
    5) Mod. Prácticas externas
    6) TFM

  • Este máster proporciona unha formación avanzada, de orientación multidisciplinar, para a especialización académica, profesional e investigadora de titulados interesados en diversos campos da investigación en Pediatría. É un máster interuniversitario coas universidades de Cantabria, Granada, Rovira i Virgili e Zaragoza.

  • campo insuficiente

  • Mobilidade

    Na USC, a mobilidade de estudantes propios e de acollida está regulada por: Regulamento de intercambios interuniversitario de estudantes da USC e información: https://www.usc.gal/es/normativa/alumnado/index.html
    https://www.usc.gal/gl/servizos/area/internacional

    Prácticas

    Prácticas curriculares presenciais externas. Permitirán ao alumno coñecer de primeira man como se traballa en diferentes contornas nos que se utilizan de forma práctica os coñecementos que se imparten no Máster, dándolle a oportunidade de elixir entre diferentes tipos de actividades, segundo a súa formación e experiencia.

  • O programa obriga ao alumno para investigar nun tema seleccionado entre as diferentes liñas de investigación que se ofertan, a formular novas hipóteses e traballar intensamente para desenvolver as actividades que se lle propoñen ao longo do curso académico de forma continuada. Ademais, os alumnos deben deseñar un estudo, elaborar protocolos característicos de investigación en embarazadas, lactantes, placenta, nenos e adolescentes, coñecer, comprender e ter en conta as implicacións éticas, realizar a investigación, facer as análises estatísticos, e aprender como se publican e diseminan os resultados. Os titores asignados supervisarán o traballo do alumno.

  • Todo o profesorado está implicado na docencia a nivel europeo, pertence a grupos consolidados de investigación de máximo impacto e colaboran coas Universidades do consorcio NUTRENVIGEN-G+D Factors no desenvolvemento de diferentes Proxectos Europeos dende hai máis de 10 anos.

    Isto permite que quede garantida a formación actualizada dos alumnos e que a relación establecida entre os profesores das diferentes universidades participantes favorezan a realización de convenios entre diferentes centros de recoñecido prestixio nacional e internacional.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.05.2024.