Ir o contido principal

Política de calidade

A Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela desenvolve a súa política de calidade a través do seu plan estratéxico, do plan de melloras e da memoria de calidade anual, e é consciente da importancia que ten a calidade no contexto universitario, de cara a garantir programas formativos que dean resposta ás demandas de excelencia da sociedade actual.

A política de calidade da Facultade de Dereito está en liña cos obxectivos estratéxicos establecidos no Plan Estratéxico. O Plan Estratéxico, en vigor ata 2022, tamén establece a misión, visión e valores do centro. No futuro, sempre que se aprobe un novo plan estratéxico deberá revisarse a política de calidade para incluír os obxectivos, a misión, visión e valores establecidos no novo Plan Estratéxico.
O documento que na actualidade establece a política de calidade da Facultade de Dereito foi aprobado na Comisión Permanente da Xunta de Facultade o 30 de novembro de 2021.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.11.2022.