Ir o contido principal

Máster Universitario en Avogacía (Lugo)

  • En extinción
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro(s)
Facultade de Dereito
Avda. Dr. Ángel Echeverri, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881814626 (Conserxaría)
881814658 (Decanato)
dereito.decanato [at] usc.gal
Campus
Lugo
Coordinador/a
Lotario Vilaboy Lois
Contacto
lotario.vilaboy [at] usc.es
+info
Web do centro

De acordo coa regulación do réxime de acceso á profesión de avogado en España, este máster forma avogados e avogadas, non só coa finalidade de acadar os mellores resultados nas probas de avaliación da aptitude profesional, senón co obxectivo primordial de formar profesionais altamente capacitados en coñecementos xurídicos prácticos e deontolóxicos.

Duración: 2 anos académicos
Código RUCT: 4313724
Número de ECTS: 90
Número prazas: 25

Decano/a ou director/a do centro:
ANA MARIA GUDE FERNANDEZ

Coordinador-a do título:
Lotario Vilaboy Lois
lotario.vilaboy [at] usc.es

Linguas de uso:
Castelán, Galego

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
Orde do 1 de febreiro de 2013 (DOG do 12/02/2013)

Data de publicación no BOE:
06/03/2014

Data da última acreditación:
22/01/2021

O Máster universitario en Avogacía prepara aos graduados e licenciados en Dereito para o exercicio da profesión de avogado, de acordo co establecido na Lei 34/2006.

A Lei 34/2006, do 30 de outubro, sobre o acceso ás profesións de avogado e de procurador dos tribunais, e o Real Decreto 775/2011, do 3 de xuño, que a desenvolve, regulan as condicións para obter o título profesional de avogado e de procurador; á vez que establecen, entre outros aspectos, os requisitos de contido que deben reunir os cursos de formación e períodos de prácticas que permitan obter a capacitación profesional necesaria para o exercicio da avogacía. Esta normativa obriga aos novos graduados interesados no exercicio da avogacía a cursar un Máster universitario oficial de 90 ECTS e a superar as probas de avaliación da aptitude profesional convocadas ao efecto.

A normativa referenciada pon de manifesto a importancia da formación práctica que deben recibir os futuros avogados para o seu adecuado exercicio profesional no labor de asesoramento en Dereito e defensa xurídica dos cidadáns tanto nas vías xudiciais, como nas preventivas e compositivas, ao tempo que mostra a insuficiencia da obtención dunha titulación universitaria de grao para a súa capacitación profesional.

O título oficial de Máster universitario en Avogacía impartido pola USC coa colaboración do Ilustre Colexio de Avogados de Lugo posúe un gran interese académico, ao tratarse dun título que durante os cursos académicos nos que se imparte ofrece ao alumnado unha formación especializada e profesionalizante de carácter teórico-práctico para un inicial desempeño profesional, outorgando competencias profesionais e abordando todos os contidos que son obxecto da proba estatal de avaliación da aptitude profesional.

Polo tanto, ten un dobre perfil: é valido como formación específica comprensiva do "curso de formación" e do período de "prácticas externas" esixidos na normativa vixente para acceder ás avaliacións de aptitude profesional que permiten obter o título profesional de avogado/a; e, ao mesmo tempo, configúrase como un título de máster oficial universitario, integrándose como tal dentro do espazo europeo de ensino universitario, polo que posúe unha marcada orientación laboral e práctica, favorecendo o seu deseño curricular a empregabilidade.

Créditos que deberá cursar o alumno para obter a titulación:

Obrigatorios 54
Optativos 0
Prácticas Externas OB 30
Traballo Fin de Máster 6
Total 90

Non se contemplan

Práctica xurídica civil I

  • P3351105
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 6 créditos

Práctica xurídica civil II

  • P3351106
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 6 créditos

Práctica xurídica mercantil

  • P3351107
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 4,5 créditos

Práctica xurídica laboral I

  • P3351108
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 3 créditos

Práctica xurídica laboral II

  • P3351109
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 3 créditos

Práctica xurídica administrativa I

  • P3351110
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 3 créditos

Práctica xurídica administrativa II

  • P3351111
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 6 créditos

Práctica xurídica penal I

  • P3351112
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 4,5 créditos

Práctica xurídica penal II

  • P3351113
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Práctica xurídica tributaria, constitucional, internacional e da Unión Europea

  • P3351114
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

De acordo coa regulación do réxime de acceso á profesión de avogado en España, este máster forma avogados e avogadas, non só coa finalidade de acadar os mellores resultados nas probas de avaliación da aptitude profesional, senón co obxectivo primordial de formar profesionais altamente capacitados en coñecementos xurídicos prácticos e deontolóxicos.

Non se contempla

Créditos que deberá cursar o alumno para obter a titulación:

Obrigatorios 54
Optativos 0
Prácticas Externas OB 30
Traballo Fin de Máster 6
Total 90

Entre as accións de apoio e orientación aos estudantes, ten especial importancia a designación dun titor do alumnado que vai efectuar un seguimiento directo e continuado de todas as actividades que realicen e que, ademais, se configura como a canle a través da cal os alumnos van canalizar todas as dúbidas e incidentes que se lles presenten. Esta designación de titor efectuarase en todos e cada un dos módulos que integran o "curso de formación" e para cada un dos períodos de "prácticas externas" que integran o contido formativo do Máster.

Dun xeito máis concreto, cabe indicar que:
a) Período de realización de prácticas en administracións públicas: designación dun titor por cada alumno/s que realiza as prácticas nunha determinada dependencia, ademais do coordinador do equipo de titoría.
b) Período de realización de prácticas en xulgados: designación dun titor por alumno/s designados nun mesmo órgano xudicial, ademais do coordinador do equipo de títoría.
c) Período de realización de prácticas en despachos de avogados: designación dun titor por cada alumno/s designados nun mesmo despacho, ademais do coordinador do equipo de titoría.
c) Período de realización de prácticas de aula: designación dun titor por cada un dos módulos.

No caso das materias do "curso de formación" a designación do titor recaerá, como regra xeral, nalgún dos coordinadores dos módulos.

Acceso

Para acceder aos ensinos oficiais de Máster será necesario estar en posesión de:
A.1. Un título universitario oficial español.
A.2. Un título expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro Estado integrante do Espazo Europeo de Educación Superior que faculte no mesmo para o acceso a ensinos de Máster.
A.3. Un título pertencente a un sistema educativo alleo ao Espazo Europeo de Educación, previa comprobación pola Universidade de que o citado título acredita un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinos de posgrao.
A.4. Un título superior das Ensinanzas Artísticas Superiores do sistema educativo español.

Admisión

Modalidade: criterios específicos

Titulacións de acceso:

Titulados en Dereito

(Se quedaren prazas vacantes no campus de Santiago ofreceranse aos alumnos que non obtivesen praza en Lugo)

Criterios de Selección

Expediente Académico ponderado: 50%
Currículo : 20%
Experiencia profesional no campo da titulación: 20%
Carta de motivación 10%

Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

Modalidade: criterios específicos

Titulacións de acceso:

Titulados en Dereito

(Se quedaren prazas vacantes no campus de Santiago ofreceranse aos alumnos que non obtivesen praza en Lugo)

Criterios de Selección

Expediente Académico ponderado: 50%
Currículo : 20%
Experiencia profesional no campo da titulación: 20%
Carta de motivación 10%

Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

1. Capacidade de traballo en equipo e de relación interpersoal nun contexto profesional.
2. Capacidade de iniciativa, creatividade, liderado, adaptación a novas situacións e espírito de superación.
3. Motivación pola calidade e a excelencia profesional.
4. Capacidade de organización e planificación.
5. Compromiso ético e deontolóxico analizado, ademais, dende unha perspectiva solidaria.
6. Capacidade de obtención e xestión da información.
7. Capacidade de comprensión, análise e síntese.
8. Capacidade de resolución de problemas.
9. Desenvolvemento dos principios de lealdade e confidencialidade.
10. Capacidade de argumentar tanto de forma oral como escrita, cunha linguaxe fluída e técnica, utilizando termos xurídicos, precisos, claros e comprensibles.
11. Desenvolvemento dun espírito crítico, lóxico e creativo.
12. Capacidade de manexo das tecnoloxías da información e comunicación no desenvolvemento da súa actividade laboral.

Os cursos de formación para o acceso á profesión de avogado garantirán a adquisición polo menos das seguintes competencias profesionais:

1. Coñecer as técnicas dirixidas á investigación e establecemento dos feitos nos distintos tipos de procedemento, especialmente a produción de documentos, os interrogatorios e as probas periciais.
2. Coñecer e ser capaz de integrar a defensa dos dereitos dos clientes no marco dos sistemas de tutela xurisdicionais nacionais e internacionais.
3. Coñecer e saber aplicar os dereitos e deberes deontolóxicos profesionais nas relacións do avogado co cliente, as outras partes, o tribunal ou autoridade pública e entre avogados.
4. Coñecer e avaliar as distintas responsabilidades vinculadas ao exercicio da actividade profesional, incluíndo o funcionamento básico da asistencia xurídica gratuíta e a promoción da responsabilidade do avogado.
5. Saber identificar os conflitos de intereses e coñecer as técnicas para a súa resolución, establecer o alcance do segredo profesional e da confidencialidade.
6. Desenvolver destrezas e habilidades para a elección da estratexia correcta para a defensa dos dereitos dos clientes tendo en conta as esixencias dos distintos ámbitos da práctica profesional.
7. Desenvolver destrezas que permitan ao avogado mellorar a eficiencia no seu traballo e potenciar o funcionamento global do equipo ou institución en que o desenvolve mediante o acceso a fontes de información, o coñecemento de idiomas, de xestión do coñecemento e o manexo de técnicas e ferramentas aplicadas.
8. Saber desenvolver traballos profesionais en equipos específicos e interdisciplinares.
9. Familiarizarse co funcionamento e a problemática de institucións relacionadas co exercicio da profesión de avogado.
10. Recibir información actualizada sobre o desenvolvemento da carreira profesional e as posibles liñas de actividade, así como verbo dos instrumentos para a súa xestión.
11. Dominio da terminoloxía xurídica máis usual.
12. Dominio da organización institucional e colexial da avogacía española, autonómica e europea.
13. Coñecemento das condicións de acceso e exercicio da avogacía en España e en Europa e das distintas modalidades de exercicio profesional.
14. Dominio do funcionamento dos servizos de quenda de oficio, asistencia ao detido e de orientación xurídica.
15. Adquisición de nocións sobre recursos humanos, mercadotecnia, captación e fidelización de clientes, comunicación, dirección estratéxica, xestión do tempo, dirección de equipos, e outras relacionadas coa xestión do despacho.
16. Coñecemento e manexo da lexislación básica sobre protección de datos referida aos ficheiros dos clientes do despacho.
17. Coñecemento das distintas prestacións da Mutualidade Xeral da Avogacía Española, das demais mutualidades profesionais da avogacía e da Seguridade Social, así como os requisitos de adscrición a cada unha desas modalidades.
18. Coñecemento dos fundamentos básicos do proxecto tecnolóxico da avogacía e a presentación telemática de escritos xudiciais.
19. Coñecer as técnicas dirixidas á averiguación e establecemento dos feitos nos distintos tipos de procedeimento, especialmente a producción de documentos, os interrogatorios e as probas periciais
20. Capacidade de análise de textos xurídicos sobre as materias en cuestión para a súa correcta interpretación e aplicación.
21. Dominio das técnicas xurídicas e investigadoras.
22. Capacidade para elaborar un traballo de investigación

Mobilidade

A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional

Prácticas

As prácticas externas desenvolveranse en asesorías e gabinetes xurídicos de administracións públicas, durante un total de 75 horas, no segundo semestre; do mesmo xeito que en órganos xurisdiccionais e fiscalías, durante un total de 75 horas, no segundo semestre, e en despachos profesionais de avogados, durante un total de 600 horas, no terceiro semestre. En función das dispoñibilidades das institucións receptoras dos alumnos, procurarase que as prácticas realícense con continuidade durante un período de tempo determinado.

A cada alumno asignaráselle un titor na entidade colaboradora para a realización das prácticas, que será designado pola devandita entidade, o cal encargarase do seguimento da aprendizaxe do alumno. Os titores deberán informar mensualmente da actividade, evolución e rendemento do estudante. Ao final do período de formación, cada titor redactará unha memoria explicativa das actividades que levaron a cabo no exercicio das súas funcións, que deberá comprender, entre outros extremos, unha referencia sucinta ás actividades programadas e realizadas polo estudante, á súa evolución e á súa cualificación.

Co Traballo Fin de Máster preténdese un dobre carácter: como ferramenta para comprobar a asimilación dos coñecementos, técnicas, habilidades e actitudes impartidas ao longo do Máster e como medio para comprobar a capacidade de investigación, interdisciplinariedade, solución de problemas do alumno. A Coordinación do Máster fará cada curso unha oferta de traballos, tendo en conta os contidos formativos incluídos no plan de estudos e de titores. Os alumnos seleccionarán o tema do traballo dentro desa oferta. O titor/es será/n designado/s a cada alumno en función do contido do traballo e da capacidade docente do profesorado. A avaliación levará a cabo sobre a base dun informe emitido polo titor.

O profesorado do "curso de formación" do Máster está integrado por:

  • un 40% de profesorado universitario.
  • un 60% de profesorado pertencente a avogacía e a outras profesións xurídicas relevantes para a formación do futuro avogado.

As materias de Introdución ao exercicio profesional e Quenda de oficio, Deontoloxía profesional e Réxime de responsabilidade e Escritura e Oratoria forense son impartidas por profesorado pertencente a avogacía e a outras profesións xurídicas.

Non hai información dispoñible neste momento.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.06.2024.