Ir o contido principal

Calidade

O Sistema de Garantía e Calidade marco da USC está deseñado seguindo o modelo das axencias de calidade nacional e autonómica, ANECA e ACSUG, e está articulado en 9 criterios e 46 directrices englobados en 5 eixes, que se corresponden cos programas elaborados polas axencias a estes efectos, denominados AUDIT e FIDES.

A USC aprobou o primeiro SGC marco en decembro de 2009, e a Comisión de Calidade e Planificación delegada do Consello de Goberno, na sesión que celebrou o 31 de maio de 2013, aprobou unha revisión, na que se recolleu unha simplificación e revisión global do sistema.

O noso centro adaptou o manual simplificado ás nosas particularidades, que foi aprobado o 23 de marzo de 2015 pola Comisión de Calidade e Planificación da USC. As últimas versións do Manual de Sistema de Garantía de Calidade e do Manual de Procesos da Facultade de Dereito foron aprobadas pola Comisión de Calidade e Planificación da USC o 6 de outubro de 2021.

As liñas estratéxicas definidas na Facultade de Dereito correspóndense con cinco grandes liñas: 

  1. Calidade da docencia
  2. Calidade da investigación
  3. Sistema de garantía interno de calidade do centro (SGIC)
  4. Relacións cos grupos de interese externos
  5. Xestión. 

Cada unha destas liñas concrétase en obxectivos estratéxicos, á vez que estes quedan definidos polas correspondentes accións estratéxicas.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.11.2021.